
O Concello de Boborás e a Deputación de Ourense acaban de firmar un convenio de cooperación para a mellora de dous accesos en Vecoña, un en Vilachá, Sande e o arranxo da Fonte de Barro en Brués.
A contía do convenio para a execución de ditas obras ascende a un total de 35.250 euros a cargos dos orzamentos do ano 2015 da institución provincial.
En concreto no lugares de Vecoña, con dous accesos, e Vilachá as obras consistirán en mellorar o firme existente e así facilitar o transito con vehículos de motor.
No caso de Sande, o acceso que será obxeto da mellora está moi deteriorado por motivo da falta de canalización das augas pluviais sumadas a un exceso de auga pola proximidade dun pequeno regato que reborda en determinadas épocas do ano polo que se lle dará solución a problemática, ademais da mellora do firme.
Por último, tamén se arranxará a fonte de Barro en Brués, encintadoa e cambiándolle o tellado, entre outras melloras.

O novo adestrador do Arenteiro Manel Vázquez debutou con derrota na visita do Arenteiro ao Novo Campo da Estrada, e eso que os verdes fixeron o máis difícil, adiantarse no marcador no minuto 55 de partido por medio de Martín Pérez, pero en apenas 15 minutos os locais deronlle a volta ao marcador aproveitando as facilidades defensivas do Arenteiro. Despois, o Estradense e malia xogar en inferioridade numérica a última media hora aguantou o resultado.
CD Arenteiro: Pachi, Marcos Castro, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte (73 m. Gele), Bardelás (Oli, m. 89), Martín Pérez, Dani Vázquez, Vitti (lesionado, foi reemplazado por Marc no m. 16), e Marcos Sotelo (Esteban, m.77)
Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, anticipandose ao rival e levando a inicitativa no xogo, pero os carballiñeses non tiveron continuidade no segundo tempo e propiciaron a remontada do Estradense.

O concelleiro socialista Iago Fariñas ven de presentar unha moción para o seu debate no pleno da corporación municipal na que pide o acordo dos grupos políticos para adoptar medidas contra o despoboamento que sufre o municipio, concretamente, propón o representante do PSdeG unha axuda municipal de tres mil euros a cada neno nacido ou adoptado no Irixo.
Para acceder á proposta socialista prema no arquivo adxunto:
As obras de reparación de viais da zona industrial do Carballiño, levadas a cabo o pasado mes de outubro, "foron realizadas en tempo e forma, cumpríndose os termos previstos no proxecto", aseguran dende o concello tras a denuncia por supostas irregularidades feita polo Partido Popular.
"Na acta de comprobación material, asinada o 18 de novembro polo técnico enxeñeiro industrial da Xunta de Galicia, se expresa a conformidade coa documentación da obra, coa conxunción dos obxectivos e cocumprimento da normativa vixente", manifestan dende o concello carballiñés.
Engaden, ademáis, que"houbo un incremento do custo da capa asfáltica, que se fixodun grosor moi superior ao previsto inicialmente, compensando o aforro dalgún tramo no que non se considerou necesario picar máis a fondo para colocar unha base de zahorra".
Finalmente, subliñan que "a premura de tempo para poder executar esta reparación, que se realizou prácticamente nunha semana, non permitía máis atrasos nin modificacións significativas que imposibilitasen a súa conclusión".

O concelleiro de Persoal e Seguridade, Adolfo Nogueira, asinou o contrato cos dez membros do Grupo de Emerxencias Municipal, "tras un longo período de incertidume sobre o seu futuro, que viña dende o pasado mandato municipal", manifestan dende o concello carballiñés. O pasado dia 21 de Decembro venceron os anteriores contratos de traballo.
Ao acto, que se desenvolveu no salón de sesións do concello, tamén asistiu o alcalde, Paco Fumega, quen agradeceu a súa dedicación e pediu disculpas polo retraso na consecución do obxectivo para a súa continuidade.
Asemade, Nogueira salientou que, "malia ás dificultades, os carballiñeses en ningún momento estiveron desprotexidos e que agora se regulariza unha situación anómala á que nunca se debeu chegar".
Felicitouse polo acordo acadado e asegurou que "se facía un esforzo a prol da seguridade des veciños e veciñas do Carballiño".
O contrato formalizouse con a oitop eóns e dous capataces, co que o Grupo queda conformado por doce persoas, xa que outros dous capataces xa forman parte da plantilla municipal.
Desta maneira constitúense catro brigadas de tres persoas (douspeóns e un capataz), de xeito que se cubran as 24 horas do día en turnos de 8 horas, mentres descansa a cuarta brigada.
O concello destina unha partida anual de 350.000 euros, co que se cubre a totalidade do custo do Grupo.

Necesitábase a sinatura do 20% do censo electoral do concello de Maside -508 sinaturas- e finalmente foron 771 veciños e veciñas de Maside os que suscribiron a presentación desta Iniciativa Popular Local.
A petición formalizouse por parte de Plataforma Masidá ante o rexistro municipal do concello de Maside.
Propoñen unha "deliberación no Pleno da Corporación que teña como consecuencia un acordo de rexeitamento a unha instalación dunha fábrica de incineración de neumáticos", que pretende ubicarse no monte comunal do pobo de Bouzas.
Para elo, a corporación deberá elaborar unha norma de carácter orgánico pra a participación da veciñanza no pleno do conello, según o previsto na lei reguladora de Bases de Réxime Local.
Os promotores desta IPL consideran que o proxecto sería altamente contaminante, e por tante perxudicial tanto para a saúde das persoas como para o medio ambiente. Mentres, o alcalde Celso Fernández, defende a viabilidade deste proxecto que crearía unhos 20 postos de traballo.
Impugnan a constitución da Xunta Rectora da comunidade do M.V.M.C. de Bouzas
Seis veciños do pobo entenden que a constitución da Xunta Rectoral foi ilegal, por non reunir os requisitos legais para a convocatoria da asemblea. Por este motivo, presentaron impugnación ante a Consellería do Medio Rural solicitando a nuliddade de pleno dereito de esta Xunta Rectora e de calquera acorde que fora adoptado pola mesma.
Na obra realizada polo Concello na zona industrial, subvencionada pola xunta de Galicia, O Grupo municipal do Partido Popular "detecta cambios importantes en partidas de Obra".
Partidas como "a demolición de pavimentos asfálticos existentes, extendido de zahorra artificial, base de firme de macadam e aglomerado de 6 ctm nun tramo de 2.590 m2 foi sustiruida por partida onde se extendeu aglomardo por riba dun simple fresado do piso existense", aseguran.
Tamén se detectan -afirman os populares- tramos que terían que ir en aglomerado e que se resolveron cun rego asfáltico.
O Grupo Municipal do Partido Popular, ven de solicitar documentación ao Concello, do expediente administrativo e técnico desta obra, na que entenden que se realizaron modificacións importantes en partidas de obras "que poideron aforrar moitos cartos á empresa, aínda que esta cobrara a obra na súa totalidade", manifestan.
Esta obra saíu a concurso por 129.106,47€ e adxudicouse por 111.108,87€ e obligábanse a executar todas e cada unha das partidas recollidas no proxecto técnico de obra.
"A falta de analizar en profundidade o expediente, que se fará tan pronto o faciliten, pódese falar dun aforro dunhs 35.000€ que non se viron, nin recollidos en nigún expediente administrativo, nin modificado de obra, nin reformado de obra, e que ademáis tampouco se viu refrexado nun aforro para a administración. O único que tivo aforro foi a empresa adxudicataria que cobróu íntegramente o que o proxecto marcaba" subliñan dende o grupo municipal do Partido Popular.

O grupo carballiñés “Andasoa”, alzouse co triunfo do Primeiro Festival de Canto de Taberna ”Un bico no cantar”, que se desenvolveu en 29 bares e cafeterías do Carballiño, na tarde-noite do sábado.
O grupo "Andasoa" fórmano Andrés, Dario, Sonia e Alícia. En segundo lugar quedou o grupo “Os de Maside”, e en terceiro lugar, o grupo "Faíscas - Os Biruxes”.
Os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente, destacaron a magnífica participación de grupos e público, que acolleu este evento con grande entusiasmo. Ambos concelleiros salientaron que foi unha excelente experiencia para organizar novas edicións e agradeceron a colaboración recibida de hostaleiros e patrocinadores.
A convocatoria tivo tanto éxito, que incluso se sumaron cantores e músicos procedentes de Santiago, ou da Estrada, por citar dous lugares de fóra da comarca, para acompañar aos grupos.
Os premios establecéronse segundo o criterio dos hostaleiros, que emitiron nunha puntuación dos grupos participantes nos seus locais.
Carballiñeses e ponteareáns repartiron puntos na primeira xornada da segunda volta no municipal de Espiñedo, moi encharcado polas continuas chuvias dos últimos dias, nun partido marcado polo derroche físico, sobre todo dos xogadores do Arenteiro, que volveron levar o peso do partido e mereceron algo máis que un empate. Foi a despedida do Arenteiro do adestrador eventual e preparador físico Diego López, na grada presenciou o partido o novo adestrador verde, Manel Vázquez.
Non deixou de chover durante todo o partido, nunha tarde invernal que levou a Espiñedo menos público do habitual. Do Arenteiro foron as mellores ocasións de gol do partido, pero a falta de definición nos útlimos metros sigue penalizando aos verdes e desta vez, ademáis, a boa actuación do meta visitante Aarón, cun par de intervencións moi meritorias.
Aínda que a Cultural Areas encontrouse coa fortuna da súa parte para adiantarse no marcador, non lle perdeu a cara ao partido o Arenteiro. A recompensa chegou no minuto 42 co empate de Marcos Castro, logo no m. 66 Dani Arbo dáballe a volta ao marcador cun perfecto testarazo tras un lanzamento de Sanginés. Xa na postrimería do partido empataban os de Ponteareas.
A nota máis negativa do encontro foi a lesión na dentadura de Dani Vázquez tras un lance no xogo cun rival.
CD Arenteiro: Pachi, Ocampo, Maxi, dani Arbo, Pana, dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sangines, Bardelás, Gele e Esteban.

O técnico ourensano Manel Vázquez será presentado á plantilla este martes dia 12 ás 21 horas no campo da Uceira, e logo dirixirá xa o primeiro adestramento da semana. Co novo adestrador chega tamén o seu equipo de confianza, Julio Nóvoa que exercerá as funcións de 2º adestrador e Gabriel González que será o responsable da preparación física.
O novo adestrador xa vestíu a camiseta do Arenteiro como xogador fai 14 anos, como técnico conta xa con experiencia na Preferente tras o seu paso polo desaparecido Ourense B, último equipo que adestrou na tempada 2013/2014 e co que se proclamou campión da Copa Deputación.
O primeiro partido que dirixirá Manel Vázquez como adestrador do Arenteiro na Preferente Galicia -onde colle ao equipo clasificado na octava posición- será o domingo dia 17, no desplazamento dos verdes ao campo do Estradense.
Pendientes de Espiñedo e do tempo para o partido co Cultural Areas
As previsións de fortes chuvias para esta fin de semana, sobre todo na xornada dominical, ademáis do empeoramento do tempo debido á previsión de fortes ventos, fai perigar a celebración do partido deste domingo ante a Cultural Areas. Haberá que agardar ao estado do terreo de xogo e a evolución das condicións meteorolóxicas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- 588
- 589
- 590
- 591
- …
- seguinte ›
- última »