
O PSdeG-PSOE conta cunha nova agrupación local no concello de Boborás, que quedou constituída no transcurso dun acto ao que acudiron representantes provinciais e comarcais do partido, como o secretario comarcal Guillermo Dopazo ou o deputado provincial Francisco Fraga.
Tralas eleccións municipais do pasado mes de maio, o PSdeG quedouse por vez primeira na historia da democracia sen representación na corporación municipal de Boborás, ao acadar tan so o 6,45% da porcentaxe de votos.
Agora, os socialistas tratan de recuperar a presenza na vida política do concello de Boborás e para elo veñen de constituir unha nova agrupación local que encabeza Javier Lamas Míguez, cabeza de lista da candidatura do PSdeG nas pasadas eleccións municipais.
O xoves 5 de novembro, a planta de Cepsa Comercial Petróleo, emprazada no concello de Maside, realizará unha nova proba de son da serea do seu Plan de Emerxencia Exterior (PEE) que servirá para avaliar o seu correcto funcionamento e así dar a coñecer o seu son aos cidadáns.
Este exercicio, que aparece recollido dentro do texto do PEE, repítese periódicamente e consistirá nunha simulación da activación do Plan, coa proba de serea, que no caso dunha activación real do Plan serviría como elemento de aviso á poboación. Así, a realización deste exercicio contribuirá a que a poboación da zona de Maside afectada por un hipotético accidente se familiarice co son da serea. A última proba da serea levouse a cabo hai case un ano, no pasado mes de decembro.
A Xunta de Galicia, coa colaboración do concello, procedeu estes días a un reparto de notas informativas entre os veciños que avisan de que se trata soamente dunha proba da serea.
Dende a Dirección xeral de Emerxencias e Interior recordan tamén as medidas a levar a cabo en caso da devandita activación , sinalando ademais que esta proba non afectará á actividade diaria dos veciños. “ Máis alá dos sinais acústicos, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coa súa rutina”, explícase nas notas informativas que se repartiron entre os veciños da zona.
Aposta pola prevención
Desde a Xunta quérese destacar a importancia da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os plans de emerxencia exterior elaborados polo Goberno galego.
Os PEE teñen como obxectivo determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta adecuada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente.

A policía local do Carballiño localizou este domingo o foco onde estaba a producirse o verquido de gasoleo á rede municipal de alcantarillado. Según fontes policiais tratabase da caldeira dun edificio da avenida de Julio Rodríguez Soto, a cal presentaba una fuga que levaba días perdendo o combustible, que pasaba os sumideiros e dende alí á rede de alcantarillado.
Según informaron os responsables da policía local, unha vez localizado ese verquido procedeuse a reparación e selado da caldeira para evitar que continuara o verquido. Dende que tiveron constancia dos olores que emanaban das alcantarillas en distintas zonas do casco urbano, os axentes da policia local iniciaron as investigacións, que diron resultado a primeira hora da tarde do domingo.
Pese a estar solventado o problema as autoridades locales advertiron que ainda, durante unhos días, pode que continuen os cheiros en algunhas zonas da vila, xa que eliminar todo o verquido da rede de alcantarillado leva máis tempo.
No transcurso dos últimos dias, varios veciños denunciaron ante a Policía Local os cheiros que desprendían as alcantarillas no seu barrio. A alerta foi ainda maior cando estas denuncias chegaban de varias zonas do casco urbano, e non precisamente próximas,. o que fixo sospeitar as autoridades locais que se trataba dun verquido directo á rede de alcantarillado.
Os verdes derrotaron ao equipo arousano grazas a unha primeira media hora na que bordearon a perfección, non obstante todo o que o fixo de ben o Arenteiro na primeira parte, fixoo de mal no segundo periodo, paradóxicamente cando gozaba de superioridáde numérica no terreo de xogo por doble explusión no bando visitante.
Non parecía que fose o mesmo partido, pero en efecto, atá que se adiantou no marcador no minuto 34 por medio dun pelalti transformado por Martín Pérez, o Arenteiro foi moi superior ao seu rival. Foi a partir desa xogada, na que ademáis os arousanos se quedaron con 10 xogadores, cando o Arenteiro entrou nunha deriva no xogo que a piques estivo de causarlle un disgusto, de feito Israel evitou o empate nunha magnífica intervención.
Xa nas postrimerías do encontro, pudo sentenciar o Arenteiro, pero Vitti, Sanginés e Marcos Sotelo non acertaron ante o meta visitante Marcos Bermúdez, que ademáis, moi atento, sacou un balón que Marc enviara á escadra, ao exectuar un libre directo.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Bardelás, Martín Pérez, Marcos Castro, Victor Gallego e Dani Vázquez. Tamén xogaron Marc, Marcos Sotelo, Sanginés e Vitti.
Con este resultado ante un rival dos chamados a estar arriba, o Arenteiro consolida a súa privilexiada posición na táboa clasificatoria tras desputadas once xornadas, é 3º a 2 puntos do segundo - O Gondomar- e 7 do líder Villalonga. O vindeiro domingo o Arenteiro desplázase a Mondariz.
A solicitude de compatibilidade presentada polo alcalde Francisco Fumega para exercer actividade privada, neste caso como profesor nunha universidade portuguesa, foi rexeitada pola corporación municipal ao sumar os 9 votos en contra dos 3 grupos da oposición municipal, PP, BNG e Alternativa Veciñal.
Ao tratarse este punto ausentabase da sesión, por imperativo legal, o propio alcalde. Dende o grupo de goberno, o seu portavoz, Adolfo Nogueira, explicou ao pleno que Fumega tiña previsto abandonar a súa actividade docente cando no pleno de organización deste mandato municipal se acordara a dedicación exclusiva ao seu cargo de alcalde, pero a insistencia dende a universade portuguesa fixo cambear a súa decisión.
Os grupos da oposición consideran que as responsabilidades de Fumega como alcalde e o salario que recibe do concello do Carballiño non deben ser compatibles con outras funcións e retribucións que non sexan as propias do seu cargo como alcalde.
O concelleiro de Alternativa Veciñal, Bernardo García, propuxo que o alcalde cambiase a dedicación exclusiva que ten recoñecida por unha dedicación plena, e desa maneira compatibilizar a alcaldía coa súa actividade privada como docente, unha posibilidade que rexeitaron os socialistas, que tampouco aceptaron a proposta do Partido Popular para "deixar sobre a mesa" este punto.
Polo menos, 16 vehículos -según o balance aínda provisional- resultaron con danos en lunas e cristais esta pasada noite, todos eles estacionadas na vía pública, en distintas rúas do casco urbano do Carballiño.
Aínda que inicialmente barallabase a idea de que se trataba dun caso de gamberrismo, conforme os seus propietarios foron dando parte á Policia Local e Garda Civil, son varios os obxetos de valor que foron roubados.
O turno de noite da Policia Local non advertíu ningunha incidencia sospeitosa durante a noite-madrugada deste mércores, cando aconteceron os feitos.
Os ladrós tamén conseguiron entrar no establecemento comercial "Golosos" na rúa Julio Rodríguez Soto, e no garaxe do edificio onde se ubica o supermercado Mercadona, neste garaxe tamén resultaron con danos varios vehículos.
O Grupo Municipal do PSdeG cuestiona " a oposición destructiva e carroñera que está a desenvolver o PP, baseada na denuncia e o alarmismo que os leva incluso a ir en contra dos intereses dos veciños", manifestan.
Para acceder ao comunicado de prensa do PSdeG, asi como á contestación do PP, prema nos arquivos adxuntos:

A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, acompañada dos responsables locais do BNG, deu conta das dúas enmendas parciais que promoveu ao proxecto de lei dos orzamentos xerais do Estado para 2016, ambas relacionadas coas operacións de compra da antiga fábrica de papel e a casa da antiga ferraxería Soto, ambas operacións promovidas polo concello carballiñés nas últimas semanas do anterior mandato municipal de goberno do Partido Popular.
A nova corporación, agás o Partido Popular- decidía anular o acordo de compra da casa da antiga ferrexaría Soto, mentres -co voto en contra do BNG-daba continuidade a operación de compra por parte do concello da propiedade da antiga fábrica de papel da Lavandeira, onde o concello pretende ubicar un museo do papel.
Nas dúas enmendas presentadas polo BNG aos orzamentos xerais do Estado pedíase financiación económica por parte do Ministerio de Cultura para que o concello do Carballiño levase a cabo estas dúas operacións de compra "nun momento no que o Estado recortou siñificativamente as aportacións aos concellos, parecianos oportuno que se colaborase na adquisición destas dúas infraestructuras nas que está interesado o concello do Carballiño", subliñou a deputada nacionalista.
Olaia Fernández, e tamén o concelleiro carballiñés do BNG, coincidiron en salientar que ambas enmendas foron rexeitadas polo Partido Popular "cos votos tanto dos deputados de Ourense como o resto do deputados galegos".

A Banda de Gaitas de Fornelos de Montes ( Pontevedra ) foi a gañadora da fase final da liga galega de bandas de gaitas celebrada este domingo na Praza da Veracruz, celebrada ante numeroso público.
No terceiro grao logrou un meritorio segundo posto a banda de gaitas do concello de Boborás, única banda das comarcas do do Ribeiro- O Carballiño participante nesta liga 2014-2015, unha competición na que partiicparon un total de 19 agrupacións.
Clasificación:
3º Grado: 1-Tremiñado
2-Boborás
3-Agarimo de Catabois B
2º Grado: 1-Concello de Vilariño de Conso
2-Escola de gaitas Provincial Pontevedra-Sede Pontevedra
3-Escola Municipal de Gaitas e Percusión Xinzo de Lima 2
1ª Grado: 1-Ledicia Fornelos de Montes
2-Nova Fronteira de Cartelle
3-Xuntanza de Cataluña
O Arenteiro acabou empatando un partido que tivo controlado dende o inicio, tanto no desenvolvemento do xogo como no marcador, pero sabido é o que recorda o tópico, no fútbol o que perdoa, acabao pagando, e esto é o que lle sucedeu aos verdes na súa visita ao campo da Gándara de Valladares, en Vigo.
Tras adiantarse cun golazo de Dani Vázquez xa na primeira parte, tras o descanso o Arenteiro pudo sentenciar en inmellorables ocasións nas botas de Marcos Castro e Victor Gallego, pero primeiro un defensor baixo paus e despois unha estelar intervención do meta local impediron os goles carballiñeses.
Despois empatou o Valladares, volveu cobrar ventaxa o Arenteiro con gol de Vitti, e cando parecía que o partido non se lle escaparía aos verdes, chegou o empate definitivo a dous tantos nos últimos minutos do encontro, eso si, nunha xogada precedida dunha falta sobre Vitti que o árbitro non quixo ver. Ao final, un punto que sabe a pouco tal como se desenvoveu o partido.
CD Arenteiro: Israel, Gele, Maxi, Arbo, Ocampo, Dafonte, Bardelás. Victor Gallego, Marcos Castro, Marc e Dani Vázquez. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Viiti, Lois e Vilachá.
Con este resultado, o Arenteiro sitúase cuarto na clasificación, igualado a 18 puntos co terceiro clasificado, o Céltiga CF, precisamente o próximo visitante en Espiñedo o vindeiro domingo 1 de Novembro. Para este partido o Arenteiro non poderá contar con Dafonte, que cumplirá ciclo de amonestacións.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 588
- 589
- 590
- 591
- 592
- 593
- 594
- 595
- 596
- …
- seguinte ›
- última »