
O portavoz do Partido Popular, Argimiro Marnotes, asegurou que o concello do Carballiño vai perder a subvención da Xunta para a cuberta das pistas de padel do Polideportivo Paco Chao ao incumplir os prazos de remate, certificación e pagamento da obra subvencionada, neste caso por importe de 40.000 euros.
O prazo, xa prorrogado, remataba o 20 de Outubro e según Marnotes a obra "non está executada nin ao 50%, é lamentable que o goberno socialista non saiba xestionar os moitos recursos que lles deixou o Partido Popular, que foi quen tramitou ante a xunta esta subvención".
O portavoz popular recordou que "no último pleno que foi o 30 de Setembro fixémoslle unha pregunta ao señor alcalde sobre si esta obra de cubrición xa estaba contratada e empezada e díxo que si, xa daquela eramos sabedores que a data do 30 de Setembro non estaba feito nin o contrato de obra, nin o plan de seguridade, nin a apertura do centro de traballo nin a acta de inicio da obra".
Marnotes pediulle ao alcalde que deixe a súa actividade docente "na universidade e aterrice na realidade do concello"
Nos micrófonos de COPE O Carballiño, o portavoz do goberno municipal, Adolfo Nogueira, comentou que Marnotes "tiña moita presa en facerse a foto, habería que preguntarlle que persigue con esto, debería valorar se o que quere é que os veciños do Carballiño perdan 40.000 euros dunha subvención".
Nogueira engadíu que "non se vai perder ningunha subvención porque a obra está certificada dende o dia de onte, fai dous dias que xa estaba alí o material que faltaba por instalar, as planchas da cuberta, como fixo aire non se poideron instalar pero o compromiso da empresa era rematar hoxe".

O domingo 25 de octubro daranse cita no carballiño máis de 1.000 gaiteiros, que participarán na XXV edición da final da liga de bandas de gaitas de Galicia. O Acto comenzará as 10:00 horas ca chegada das formacións musicais a praza da Veracruz, en total 20 bandas de gaitas de toda Galicia e Cataluña. As 10:30 comenzará a fase final desta liga galega de bandas de gaitas, que está dividida en tres categorías, según o nivel de cada agrupación.
Na presentación desta final o edil de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, agradecía os organizadores o feito de escoller a vila caballiñesa como sede para esta final “no concello, en concreto na nosa área de Cultura, estamos traballando para ofrecer os veciños una ampla e completa programación cultura, por elo é de rigor agradecer que este tipo de actividades pensen no Carballiño para desenrolarlas, xa que sempre estaremos dispostos a facer os esforzos necesarios para acollelos”.
O presidente da Federación de Bandas de Gaitas de Galicia, Hipolito Cabezas organizadores desta liga, sinalaba que, dende que eles colleron a dirección deste colectivo, remodelaron a dinámica da liga, facendo solo dúas fases, e non tres como antes, sendo unha delas nun esceario pechado “na que a banda de gaitas pode estar acompañadio doutros instrumnentos, o que permite ofrecer un repertorio distinto o das actuacións na rúa, e ofrece un mallor mercado para a contratación destas formacións”.
Ca celebración da segunda fase da liga no carballiño, este vindeiro domingo, se recupera a provincia de Ourense como sede da mesma, xa que dende hai cinco anos esta final no se celebraba nesta provincia. Sobre as formacións participantes Hipolito Cabezas destacaba “as bandas de primeira división como son as de Mos, Cartelle, Xinzo, Manzaneda ou Esgos, sen esquecer a banda Xuntanza, que chega dende Cataluña e é dun gran nivel”.
Entre as novidades desta XXV edición o presidente da Federación destacaba a entrega da medalla de prata a Deputación de Ourense “polo gran apoio que nos brindou dende o inicio desta actividade musical, e que agardamos siga facendo”.
Tralas actuacións, sobre as 14:00 horas, terá lugar a clausura desta edición, na que interbirán as autoridades e presidente da Federación, se fará entrega da citada medalla de prata, así como a entrega dos trofeso os gañadores deste ano.

As concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega e do Rural, Charo González, organizaron unha reunión cos presidentes e representantes do movemento asociativo veciñal carballiñés, aos que pediron colaboración para favorecer a participación en distintas actividades.
Concretamente, as concelleiras presentaron aos dirixentes veciñais a celebración dunhas xornadas de envellecemento saúdable orientadas a persoas de todas as idades.
Estas xornadas, promovidas dende AFAOR, consistirán fundamentalmente en diversos talleres divididos en función da temática, hábitos alimenticios, mellora das capacidades cognitivas ou saúde mental.
As actividades desenvolveránse en función das demandas tanto nas parroquias do rural como no Carballiño, as inscricións e horarios de celebración daránse a coñecer nos próximos dias.
Ata sete goles poideron ver os espectadores que en bo número asistiron ao Estadio de Espiñedo, e o mellor para a afección verde, cinco deses goles foron obra do Arenteiro ante un Porriño Industrial que chegou a empatar na segunda parte un partido que gañaban os carballiñeses ao descanso por 1-0. Logo, na segunda parte chegou o festival goleador.
Por dúas veces tivo o Porriño ocasións para adiantarse no marcador, pero os seus dianteiros erraron. No minuto 36 chegou o primeiro gol do Arenteiro obra de Dani Arbo, logo xa na reanudación o Porriño empatou no minuto 52, e tan so catro minutos máis tarde outra vez a estratexia, outra vez Dani Arbo, outra vez de cabeza, volveu adiantar aos verdes. O terceiro gol, tamén en xogada de estratexia, culminada, tamén de cabeza por Vitti. Despois, chegaron dúas xogadas fabricadas por Sanginés que puxo balóns de ouro a Marc e Victor Gallego, que fixeron -respectivamente- o cuarto e o quinto. Xa co tempo cumplido maquillou o resultado o Porriño Industrial co derradeiro gol da tarde.
C.D. Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Váquez. Tamén xogaron Lois, Marc, Sanginés e Victor Gallego.
Na próxima xornada, o domingo 25, o Arenteiro desplázase a Vigo, para enfrontarse ao sempre complicado Valladares.

A Lei De Saúde de Galicia (DOG 24 de Xullo de 2008), aproba a creación de Consellos de Saúde de Área Sanitaria consistente en “ órganos colexiados de natureza consultiva, a través dos que se articula a participación comunitaria no terreo das áreas sanitarias”. No punto 2 diseñase a composición destas áreas “integradas por entidades locais, agrupacións ouf ederacións de asociación de veciños, organizacións empresarias, sindicais , representantes da área de saúde, asociaciónde de pacientes, e outras..
Entre as funcións dos Consellos están as de propoñer medidas de carácter sanitario que eleven o nivel de saúde da poboación, emitir informes sobre o Plan de Saúde da Área, coñecer a memoria anual, coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvencións, propoñer medidas de melloras de xestión, entre outras
Alternativa Veciñal do Carballiño manifesta que "con independencia dos cometidos dos Consellos de Saúde de Área e á busca dunhafuncionalidade adaptada aonoso entorno municipal, Alternativa Veciñal do Carballiño levaba no seu programa a recuperación do Consello Municipal de Saúde que estivo activo fai anos e que tan positivo foi para garantir a calidade sanitaria dos nosos vecinos e veciñas".
Qué é un Consello de Saúde?
É un órgano de participación que materializa o dereito da cidadanía á saude formulando e implementando políticas sanitarias públicas.Mediante reunións periódicas discutense as accións e servizos de saúde do municipio. Controla que as instalacións sanitarias sexan suficientes , estén en bon estado e conten coa ratio necesaria de personal. Coordina os servizos sociais e a atención primaria de saúde. Apoia e colabora coas asociacións de enfermos e familiares. Promove programas de hábitos saudables.Recolle e trata de resolver as reclamacións dos usuarios.
Quenes integran o ConselloMunicipla de Saúde?
TodOS usuarios da sanidade pública, ben a título individual ou a través de asociacións veciñais, depacientes, culturais, ecoloxístas e empresariais, cuxo ámbito de actuación esté no concello do Carballiño. Un representante por cada grupo político con presenza na corporación municipal. Un representante do personal médico e outro do personal de enfermaría do Centro de Saúde do Carballiño. Un representante do SERGAS que pode ser a persona responsable do Centro ou outra que designe a administración sanitaria.
A fin de acadar os obxectivos sanitarios aos que se aluden no apartado expositivo desta moción, ALTERNATIVA VECIÑAL somete á aprobación da corporación municipal do Carballiño os seguintes acordos :
1º O Concello do Carballiñoa corda a creación do Consello Municipal de Saúde coa finalidade de velar pola calidade da prestación sanitaria pública deste municipio..
2º Delega no Sr.Alcalde para que no prazo dun mes convoque a todolos posibles integrantes do futuro Consello Municipal de Saúde para que constituán ese organismo e elaboren un regulamento de funcionamento.

Tras o episodios recentes de caida de árbores e o anuncio do goberno municipal de encargar un estudo para facer un diagnóstico da situación medioambiental deste espazo, o BNG quere que o parque do futuro se planifique dende o consenso da sociedade carballiñesa.
"Non podemos deixar a evolución do parque á improvisación e a ocurrencia do alcalde ou do concelleiro de turno, para levar a cabo este proxecto non se pode facer doutro xeito sen darlle participación á cidadanía e a todos os axentes sociais do Carballiño", proclaman os nacionalistas.
O concelleiro Marco Antonio Reboredo anunciou que o BNG presentará ante o pleno da corporación municipal unha moción na que detallarán as distintas propostas que aportan, entre elas, pedir a colaboración do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e co Centro Superior de Investigacións Científicas "para tratar os graves problemas de erosión e degradación do solo nalgunhas partes emblemáticas do parque municipal".
O BNG tamén propón dotar ao parque dunha dotación orzamentaria anual, asi como conseguir a declaración do parque municipal como Espazo Natural de Intererse Local e inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras da zona onde existe esa gran cantidade de espécies botánicas diferentes.

Un córner lanzado por Marcos Sotelo na primeria parte, que salvou con apuros o meta local, foi toda a pólvora mostrada neste partido polo Arenteiro ante a portería rival, á que so conseguíu aproximarse nun par de accións máis a balón parado, pero sen crear perigo, asi dificilmente pode sacarse algo positivo nun partido. E aínda asi estivo a punto de facélo, porque o equipo vigués marcou o gol e pouco máis. Como circustancia atenuante para os verdes, subliñar que xogou dende o minuto 56 con 10 futbolistas ao resultar expulsado Ocampo por doble cartón amarelo. Tres minutos despois, no 56, chegou o gol local nunha boa combinación da dianteira viguesa.
CD Arenteiro: Israel, Gele, Maxi, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Victor Gallego, Martín Pérez, Dani Vázquez, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Marc, Bardelás, Lois e Esteban.
Partido xogado no campo Manuel Pahiño da barriada viguesa de Navia, e que siñificou a segunda derrota dos verdes no presente campionato de liga. O vindeiro domingo recibirá en Espiñedo ao Porriño Industrial na que será a 9ª xornada da Preferente Galicia Sur.

En plena campaña preelectoral o agora tenente alcalde solicitara a incrición no padrón municipal de habitantes do concello de Piñor, pero o concello, daquéla gobernado polo alcalde socialista Francisco Fraga denegáralle a petición por entender que non cumplía os requisítos.
Uxío Rodríguez acudíu a vía do contencioso, e agora o xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Ourense ven de darlle a razón, recoñecendolle o seu dereito a figurar no padrón municipal como veciño do lugar de Albarona.
A sentencia estima o recurso que promoveu contra a resolución do concello de Piñor e acorda a súa alta no padrón municipal do concello de Piñor.
A sentencia, que ordena o pagamento das costas á administracción denunciada, observa "desviación de poder e ilícito penal" na conducta do concello e mesmo manifesta que "lamentablemente en el caso que nos ocupa cuestiones políticas han provocado esta situación y la reticencia de la adminstracción de proceder a su incripción".
Pola súa parte, o grupo socialista fixo público un comunicado no que afirma que o exacalde non ten coñecemento da sentencia e reafirmanse nos motivos polos que no seu momento o concello de Piñor denegou a solicitude de inscrición, nin residía antes nin reside agora no concello de Piñor, sentencian os socialistas.
O

O Carballiño contará en pouco tempo cun centro de dia para a atención de persoas maiores, un proxecto que promove a empresa Gesmedical, recentemente adxudicataria do servizo de axuda a domicilio do concello carballiñés.
As instalacións ocuparán unha superficie de 1.500 metros cadrados, nos baixos dun edificio sito na rúa de Ourense, fronte á gasolineira Piteira.
A empresa ten moi avanzado o proxecto para a apertura deste centro de dia no Carballiño, que terá inicialmente 65 prazas dispoñibles para a atención das persoas usuarias, fundamentalmene, persoas maiores.
Dase a circustancia que, no último pleno celebrado pola corporación carballiñesa aprobouse por unanimidade dos grupos políticos unha moción do goberno municipal para instar á Xunta á construcción dun centro de dia no Carballiño de xestión pública, que no caso de concretarse, sumaríase a este outro promovido pola iniciativa privada.

O anuncio de instalación dun proxecto industrial dedicado á reciclaxe de neumáticos no municipio de Maside, ven de reactivar á "Plataforma Masidá", que se constituira en 2012 para opoñerse á privatización do servizo público de abastecemento de auga.
Agora anuncia a súa postura contraria a este proxecto industrial ao considerar que é altamente contaminante.
Comunicado da "Plataforma Masidá"
Plataforma Masidá es una iniciativa vecinal que surgió con motivo del rechazo social que provocaba el proceso de privatización del agua de Maside en diciembre de 2012.
En la actualidad Maside se enfrenta a uno de los mayores desafíos de su Historia. Una empresa pretende instalar una incineradora de neumáticos en territorio masidao, muy próxima a un núcleo muy poblado como es Outeiro Grande, y próxima a un colegio público, el CPI de Maside. Debemos llamarla incineradora en virtud de la legislación española. Está recogido como tal en la Directiva 2000/76/CE de incineración de residuos y en el REAL DECRETO 653/2003 de 30 de mayo, que incorpora la citada Directiva al ordenamiento jurídico español. Dice su Artículo 3: “Instalación de incineración: cualquier unidad técnica o equipo, fijo o móvil, dedicado al tratamiento térmico de residuos mediante las operaciones de valorización energética o eliminación, tal como se definen en los apartados R1 y D10 del anexo 1 de la Orden MAM/304/2002, de 8 de febrero, con o sin recuperación del calor. A estos efectos, en el concepto de tratamiento térmico se incluye la incineración por oxidación de residuos, así como la pirólisis, la gasificación u otros procesos de tratamiento térmico, como el proceso de plasma, en la medida en que todas o parte de las sustancias resultantes del tratamiento se destinen a la combustión posterior en las mismas instalaciones.
A fecha de hoy conocemos que la empresa en cuestión ya tiene una instalación en Alcázar de San Juan. Es una planta de incineración de neumáticos mediante el sistema de pirólisis, tambien llamado termólisis.
Ante las numerosas noticias relacionadas con la planta entre las que podemos destacar una apertura de diligencias de la Fiscalía por presunto delito ambiental, y un procedimiento judicial por presunta prevaricación administrativa, un grupo de vecinos decide desplazarse por sus propios medios a las instalaciones de Alcázar de San Juan. Las conclusiones a las que llegan los vecinos están expuestas en la página de Facebook Plataforma Masidá.
Las líneas de actuación de Plataforma Masidá serán las siguientes:
1) Informar a todos los vecinos de Maside en todo lo relativo a la Planta, para ello contamos con la página de Facebook (Plataforma Masidá).
2) Si llegado el momento, este proyecto se concreta, Plataforma Masidá se constituirá como Asociación para tener plena capacidad jurídica.
3) Estamos estudiando la posibilidad de recurrir a los servicios de consultoría jurídica especializados en materia ambiental.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 589
- 590
- 591
- 592
- 593
- 594
- 595
- 596
- 597
- …
- seguinte ›
- última »