
Asi o anunciou nesta emisora de radio o portavoz do Partido Popular, Martín Nogueira, que ademáis enviou un recado aos socialistas "o problema non é que desaparezan agora 100 prazas no entorno da Veracruz, senón as 900 que supriron eles nos 16 anos de goberno socialista".
Contestaba asi o portavoz popular ás criticas do grupo socialista, que viña de denunciar como "no proxecto de urbanización da Veracruz eleminaronse máis de 50 aparcamentos previstos polo anterior goberno, na desastrosa e incomprensible reforma-desaparición da Praza de San Ramón desapareceron outras 17, e na última e improvisada feita para Curros Enríquez, a reserva de prazas para residentes restará outras 43, en total máis de 100 prazas desaparecidas e o peor, sen aportar solucións alternativas de ningún tipo", denunciaron os socialistas.
Martín Nogueira lamentou "a hipocresia destes socialistas, que durante anos suprimiron prazas e máis prazas de aparcamento, e non teño moi claro por qué motivo ou intereses", manifestou.
O portavoz do goberno municipal adiantou que "estamos traballando coa Policía Local nun proxecto co que esperamos crear arredor de 250 novas prazas de aparcamento, pensamos que podemos conseguilo co aparcamento en batería que esperamos implantar en algunhas rúas", asegurou.
O veterano deportista proclamouse campión galego en 100 e 200 metros lisos, no campionato celebrado en Santa Uxía de Riveira.
Chema Ferreiro sigue en forma, e colleitando éxitos, aínda que agora non son políticos senón deportivos. Proba delo foi o seu triunfo nas finais das carreiras de 100 e 200 metros lisos, na categoria reservada para maiores de 60 anos.
O acto está previsto para as seis e media da tarde deste xoves dia 20 de Xuño, e será solemnizado por un grupo de gaiteiros que interpretarán o himno do antigo reino de Galicia.
Os asistentes terán ocasión de comprobar nun panel o estado anterior e posterior á execución desta obra. No transcurso do acto intervirán o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Agustín Hernández, e o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes.
Os socialistas carbaliñeses instalaron unha mesa na rúa do Paseo, na que conseguiron numerosos apoios en forma de sinaturas en demanda da apertura da Residencia de Tempo libre durante os 12 meses do ano.
Según os datos aportados polo grupo municipal socialista, son xa máis de 2.000 as sinaturas recollidas en apenas unha semana dende que se puxo en marcha esta iniciativa, coa que colaboran varios colectivos e asociacións carballiñesas.
O obxetivo é "evitar que no futuro se repita a lamentable situación deste anos, no que por desidia da Xunta e do Concello do Carballiño, esta residencia só vai permanecer aberta durante catro meses, co conseguinte perxuízo para os 27 traballadores do centro e tamén para todo o comercio e hostelería do pobo", remancan dende o Partido Socialista.

A Mesa pola Nornalización Lingüística do Carballiño- O Ribeiro presentou un escrito dirixido ao alcalde do Carballiño no que pide que sinalización e carteis sexan redactados en lingua galega.
A Mesa lamenta que a sinaización que ven de instalarse na Praza da Veracruz está en castelán "facendo caso omiso da Ordenanza de Normalización Lingúíistica do Concello do Carballiño, aprobada co consenso das organizacións políticas". Sinala a Ordenanza que "os rótulos e servizos públicos dependentes do concello ou instalados polas súas empresas adxudicatarias e concesionarias, serán redactadas en galego".
Mostran dende a Mesa Pola Normalización Lingüística do Carballiño-O Ribeiro a súa sorpresa por esta sinalización en castelán, toda vez que -manifestan- "este concello sempre se caracterizou polo seu respecto pola lingua galega".
Finalmente, no escrito asinado por Eladino Cabanelas, como responsable da Mesa nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro, solicitase "a sustitución da sinalización e carteis instalados por outros redactados en lingua galega, ou como mínimo, nas dúas linguas oficiais, cumplindo deste xeito co espírito e a letra da ordenanza de normalización lingüística do concello do Carballiño".
O club carballiñés ten asi garantida a súa continuidade como institución, tras a celebración dunha asamblea extraordinaria celebrada no salón de actos da casa do concello e a que asistiron 32 socios.
No transcurso da mesma Cadavid entregou o relevo na presidencia do club a Xan Pinal, que adquiríu o compromiso ante os socios de convocar unha nova asamblea extraordinaria nun prazo apróximado de 20 dias, na que presentará o seu equipo directivo e o proxecto social e deportivo, unha vez que se resolva tamén a incognita de saber en que categoria competirá a próxima tempada o club, na preferente ou en autónimica.
Cadavid deu conta das negociacións que culminaron unhas horas antes da asamblea, e que permiten entregar o relevo a un novo equipo directivo. O xa Expresidente condonou unha parte importante da débeda, que ascendia a 55.000 euros. Cadavid S.L. e Construcciones Balgón publicitaránse nas camisetas do equipo durante as próximas tempadas, é a única condición que puxeron para condonar 31.000 euros desa débeda. Desta maneira, a nova directiva asume unha débeda de 24.000 euros que deberán abonar durante o seu mandato.
Os ecoloxistas tamén piden á Audiencia que procese penalmente a dous traballadores municipais, o encargado de persoal e a concelleira de medio ambiente da época, polos feitos rexistrados na canceira do Carballiño.
O suceso remontase aos primeiros meses de 2009, tras descubrirse a morte masiva de cans na instalación municipais, unhos feitos que corroborou daquéla a Garda Civil tras a denuncia dos ecoloxistas.
Dende entón o Xulgado carballiñés acorda o arquivo do caso, e sucesivamente, a Audiencia ordena que se practiquen dilixencias. Agora, tras o último auto do Xulgado carballiñés, os ecoloxistas volven presentar un novo recurso ante a Audiencia no que piden a suspensión do arquivo e ademáis solicitan o procesamento pola vía penal para as persoas con responsabilidade na canceira da Medela durante os primeiros meses de 2010, cando aconteceron os feitos denunciados.

A Garda Civil prendeu a M.R.C., de 43 anos de idade, veciño da parroquia de Moreiras, como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
As plantas foron localizadas pola Garda Civil nun anexo da vivenda deste veciño nesta localidade do municipio de Boborás. Instrúe dilixencias o Xulago nº 2 do Carballiño.
A rúa seguirá aberta ao tráfico dende as 8 ás 20 horas diariamente de lúns a venres, e será peonil no resto das horas e tamén durante os fines de semana e festivos.
A este acordo chegouse no transcurso dunha tensa e prolongada reunión entre comerciantes e hostaleiros e o alcalde, Argimiro Marnotes. O proxecto de mellora e embelecemento consistirá no empedrado da calzada e instalación de mobilidario urbano.
Os vehículos non poderán soprepasar os 20 kilómetros hora, e crearánse zonas de estacionamento controlado e gratuíto, cunha permanencia máxima de media hora.
Dende o concello do Carballiño dan por bo un acordo "no que se respectan as ideas do concello e os intereses dos comerciantes, e vaise probar de forma progresiva a posible peonalización total deste tramo, creando unha zona mixta que permita o tráfico rodado a determinadas horas, quedando no resto como un bulevar comercial", apuntan dende a institución municipal.
O negocio da oficina carballiñesa será traspasado á sucursal que o banco manterá operativa na cidade de Ourense.
A oficina de Bankia no Carballiño, sita na rúa Curros Enríquez, pechará as suas portas antes do próximo mes de agosto. Aos traballadores, que son catro, a entidade ofrécelles a alternativa de baixas incentivadas e prexubilacións, fundamentalmente.
O banco nacionalizado pechará un total de 34 oficinas en Galicia, o que representa o 65% da actúal rede galega. As previsións apuntan a que tan só permanecerán abertas 15 oficinas en todo o territorio galego. Bankia pretendia traspasar estas oficinas a outros bancos, pero non tivo ofertas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 675
- 676
- 677
- 678
- 679
- 680
- 681
- 682
- 683
- …
- seguinte ›
- última »