O C.D. Arenteiro empatou en Espiñedo ante o Ribadumia nun partido que foi gañando ata o minuto 80 e pudo incluso perder nos minutos finais, cando o equipo do Salnés dispuxo dun par de ocasións para levarse os 3 puntos.
C.D. Arenteiro: Macía, Carlos Escudero (Cristián, m. 88), Xurxo, Dabarca, Tazos, Iago, Roberto Dacosta (Bardelás, m. 83), Cancelas ( Gabriel, m.60), David Soares, Iglesias e Javi López (Marcos Sotelo, m. 69).
Goles:
1-0. Minuto 29, nunha das contadas xogadas do Arenteiro ante a portería rival, David Soares leva un balón pola banda dereita, cede a Cancelas e o seu centro vai a cabeza de Javi López que cruza o balón en diagonal ao fondo da portería visitante.
1-1. Minuto 80, en pleno dominio do Ribadumia, un rechace ao borde da área é aproveitado por un dianteiro visitante que envia un zurdazo inalcanzable para Macía.
Comentario: O Ribadumia tivo a posesión do balón e dominou no xogo claramente no cómputo dos 90 minutos de partido, pero atopouse cun inconmesurable Xurxo na defensa carballiñesa, convertido esta tarde no gran baluarte da liña defensiva do Arenteiro, que foi o mellor do equipo neste encontro.
Pontevedra B - Arenteiro, o sábado 22 ás 5 da tarde no campo da Xunqueira.
O carballiñeses chegan á quinta xornada de liga coa idea de sorprender ao filial pontevedrés. Dacosta non poderá contar neste partido con Prada, que xa é baixa segura por unha enfermidade, que o terá aproximadamente mes e medio apartado do equipo.
Asemade, son dúbidas para este desplazamento o lateral Pana, que xa non pudo estar no partido do pasado domingo ante o Ribadumia, recuperandose dunha pequena lesión, e Iago, pendiente dun feliz acontecememento, xa que está a punto de ser pai.
Polo demáis, Dacosta poderá contar co resto da plantilla. O partido xogaráse ás 5 da tarde no sintético da Xunqueira, na zona universitaria de Pontevedra, preto do Estadio de Pasarón.
VERÍN - ARENTEIRO NA COPA DEPUTACIÓN
Non se pode decir que tivese fortuna o Arenteiro no sorteo dos oitavos de final da Copa Deputación, xa que correspondeulle en sorte o Verín C.F., na única eliminatoria na que se van enfrontar equipos de Preferente. Ademáis, a eliminatoria, que segue sendo a partido único, deberá xogarse no José Argiz, o dia 12 de outubro.
A reunión celebrada este pasado sábado na escola de Punxín tivo unha numerosa asistencia, arredor de 120 veciños acudiron á convocatoria, o que representa o 14% da poboación deste municipio.
Na xuntanza acordouse por unanimidade declararse insubmisos no pago do recibo da auga ata que non se chegue a un acordo con Aquagest e o concello sobre as tarifas, ao entender os veciños que os prezos son abusivos e ademáis, non existen garantias sanitarias sobre o estado da auga que abastece algunhas localidades, como é o caso de Ourantes, onde as analíticas encargadas polos propios veciños desvelaron un alto grao de contaminación.
Os veciños que acudiron a esta reunión puxeron de manifesto o seu malestar tanto pola actitude da empresa concesionaria como do Alcalde do municipio "por negarse a negociar unha solución ante as demandas veciñais".
O lume declarouse as 23,30 horas do xoves 13 e deuse por extinguido ás 7 horas do venres 14, pola superficie queimada, representa o incendio máis grande no municipio carballiñés no que vai de verán.
As primeiras estimacións de Medio Rural apuntan a que o lume arrasou 34,8 hectáreas de monte arborado, nas inmediacións da localidade de Bertamil, nunha zona próxima á carballeira da Madanela. Nos traballos de extinción participaron 3 axentes forestais, 5 birgadas, 4 motobombas, 1 pala e o Grumir do Carballiño.
Dase a circustancia que na pasada semana, tamén en idéntico horario da noite, declararase outro incendio nas inmediacións da localidade de Arcos, aínda que daquéla a superficie afectada foi bastante menor.

Un cubo adaptado aos 50 establecementos que participan na iniciativa e colectores de rúa con boca específica para a hostalaría son as novidades desta campaña que ponse en marcha no Carballiño en colaboración coa asociación "Ecovidrio".
No acto de presentación da campaña, o Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualificou o Medio Ambiente como unha prioridade na xestión que desenvolve a institución provincial "a prol da mellora de servizos para os cidadáns e os concellos" e salientou como a Deputación "fai especial fincapé na xestión das augas e os residuos porque a protección do noso medio natural é clave para sermos competitivos e xerar emprego e benestar na poboación".
O Alcalde do Carballiño subliñou como "a recollida do lixo ten experimentado unha gran melloría desde que delegamos o servizo na Deputación, como creo que recoñece toda a veciñanza". Marnotes destacou, asemade, este tipo de campañas "que teñen como obxetivo sensiblizar á poboación da necesidade de impulsar a reciclaxe, neste caso do vidro nos establecementos hostaleiros do municipio".
Germán Rodríguez, xerente de zona de "Ecovidrio" referíuse aos aceptables datos que se rexistraron no último ano no municipio do Carballiño "cun total de 180.140 kilos de vidro, o que siñifica que cada cidadán reciclu unha media de 12,7 kilos de vidro en 2011", unhos datos que se pretende agora mellorar con esta nova campaña dirixida á hostalaría local.
Coa posta en marcha deste novo servizo o goberno municipal do Carballiño pretende "mellorar o contacto entre concello e veciños e ofrecer aos propios gobernantes unha magnifica ferramenta para afondar na problemática local".
A oficina estará aberta na planta baixa da casa do concello, de lúns a venres en horario de 8,30 a 14,30 horas. Calquera veciño que o desexe poderá presentar unha suxerencia, queixa ou reclamación, tras cumprir un impreso que será facilitado na mesma oficina.
Despois, tras o seu rexistro, será estudiada na Comisión Especial presidida pola Concelleira Pilar Caride, que deberá presentar un informe anual ao pleno da corporación. A comisión poderá emitir informes extraordinarios no caso de que as queixas ou suxerncias teñen carácter urxente.
Este novo descenso rexistrado no mes de agosto deixa o número de persoas en situación oficial de desemprego no municipio carballiñés en 1.445, o paro tamén descendeu no conxunto da comarca un 4% no último mes.
Desta maneira, encadenanse catro meses consecutivos -de maio a agosto- nos que o paro baixou no concello do Carballiño en 155 persoas, asi e todo, se comparamos o dato de agosto co mesmo mes do ano 2011, constatase un aumento do 16% na cifra oficial do paro, 201 persoas máis como demandantes de emprego.
No ámbito comarcal, o paro tamén baixou en agosto entorno ao 4%, tras reducirse o número de persoas inscritas como demandantes de emprego en todos os concellos, agás nos de Beariz e Punxín, nos que se rexistrou un leve incremento. Maside e Boborás, con 280 e 204 persoas en paro -respectivamente- encabezan o ranking comarcal, tras os últimos datos actualizados, correspondentes ao pasado mes de agosto.
O Arousa S.C. impuxose por 3-1 ao C.D. Arenteiro no partido xogado no campo municipal da Lomba de Vilagarcia, tras intensos 90 minutos de futbol por ambos equipos, con tres goles locais que chegaron noutros tantos desaxustes defensivos dos carballiñeses, que maquillaron o marcador cun gol de penalti transformado por Dabarca.
C.D. Arenteiro: Macía, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana (Carlos Escudero, m. 61), Iago, Roberto Dacosta, Bardelás, Cancelas ( Marcos Sotelo, m. 45), David Soares e Javi López.
Goles:
1--0 : minuto 3, centro desde a esquerda, a defensa do Arenteiro non se entende, e deixa que Hugo remate de cabeza.
2-0 : minuto 50, outro despiste defensivo dos carballiñeses, aproveitao novamente Hugo libre de marca ao borde da área pequena para marcar o segundo do Arousa.
2-1 : minuto 65, penalti sobre David Soares. A pena máxima é transformada por Dabarca.
3-1 : mintuo 78, Ramón Caamaño, libre de marca, cruza o balón inalcanzable para Macía.
Comentario: Unha magoa os erros do Arenteiro en defensa, porque se non fose asi, o partido probablemente rematase cun marcador máis equilibrado. De feito, na primeira parte, Javi López e David Soares a punto estiveron de marcar, e xa no segundo periodo, có 2-1 no marcador, o Arenteiro pudo empatar o partido nun balón medido de Dacosta á cabeza de Soares, que éste desperdiciou. Asi e todo, o Arousa xogou cunha velocidade máis e foi xusto vencedor do encontro, ainda que o Arenteiro tivo as súas opcións para traerse polo menos un punto da súa visita a Vilagarcia.
ARENTEIRO - RIBADUMIA, O DOMINGO 16 ÁS 6 DA TARDE
En plena celebración das festas do Setembro, os carballiñeses reciben en Espiñedo ao potente Ribadumia, según todas as quinielas ún dos máximos favoritos este ano a acadar o ascenso á terceira división. O equipo do Salnés presentaráse en Espiñedo con xogadores da talla de Luis Alberto, Rubén ou Fran Castaño, sen esquecer ao seu central Sergio Portela, outra das figuras do equipo.
O Arenteiro recupera para este partido a Gabriel, Iglesias, Prada e Cristián, e sen novidades no resto do plantel, polo tanto Dacosta poderá presentar o mellor once posible.
ARRANCA A COMPETICION NA LIGA GALEGA XUVENIL E INFANTIL.
Na categoria xuvenil, o equipo da E.M.F. Arenteiro recibe ao Vilalonga, o sábado 15 ás 6 na Uceira. Antes, as 12 do mediodia, na liga infantil debuta o conxunto da E.M.F. Arenteiro ante o Ribeiro, tamén no campo da Uceira.

Socialistas e nacionalistas fixeron balance de lexislatura autonómica en clave comarcal. O BNG desplazou ata O Carballiño aos deputados Alfredo Suárez e Tareixa Paz, e os socialistas difundiron un comunicado de prensa.
O BNG considera que "Feijóo só se acordou da comarca para traer a incineradora"
Para os nacionalistas do BNG "o balance da lexislatura no ámbito da economia productiva é demoledor" e como consecuencia desa política do goberno do Partido Popular "está a situación dramática que representa o aumento do número de persoas desempregadas, O Carballiño foi no segundo trimestre deste ano a comarca na que máis se incrementou o número de persoas desempregadas, e no último ano incrementouse en 500 as persoas desempregadas, o que representa o 30% en relación a súa poboación activa", asegurou a deputada Tareixa Paz.
O desolador panorama comarcal que describiron os nacioanalistas fan "que a única perspectiva de futuro, sobre todo para os máis xóvenes, sexa a sangria da emigración, algo que xa ven sendo habitual no Carballiño".
Como exemplos máis negativos dos efectos do goberno de Feijóo na comarca carballiñesa están "as políticas no sector primario, que foron nefastas, como podemos ver coas explotacións de carne de vacún que aínda existen na comarca, e que están en situación crítica, ou o momento polo que atravesa a o pequeno comercio local, que coas últimas medidas do goberno de Rajoy, foi practicamente a estocada final", subliñaron os deputados do Bloque Nacionalista Galego, que compareceron na sede local acompañados pola concelleira Aúrea Francisco e membros do consello local da formación nacionalista.
A Agrupación Comarcal do PSdG-PSOE afirma que "a comarca tocou fondo baixo o mandato de Feijóo"
Tamén os socialistas inciden nas "taxas de desemprego máis altas da súa historia" e fan especial fincapé "nos 3 anos de nulas inversións, e coa paralización de anteriores proxectos".
Desde a Agrupación Socialista falan de "castigo e escarmento particular" á comarca do Carballiño e apuntan incluso entre as motivacións "as desavenencias e falta de relacións entre os rexidores do Partido Popular e o propio Feijóo, que non fixeron máis que empeorar os problemas que sufre a nosa poboación".
Como exemplos do "castigo" de Feijóo á comarca do Carballiño poñen os socialistas "o peche da Fundación Comarcal, o Instituto Termal, a suspensión da ampliación da residencia do Cornuval, o centro de interpretación castrexa de San Cibrán de Lás, a promesa incumplida de instalación dunha gran empresa no parque empresarial do Carballiño e outra en Cea, a construcción dun centro sanitario no Carballiño que quedou en nada, o peche de centros educativos, o abandono da residencia de tempo libre ou a inoperancia do plan Agader", relatan.
Dunha parte, o pleno da corporación carballiñesa, e doutra o consello da Xunta, aprobaban de forma practicamente simultánea o convenio entre ambas administraccións para realizar as obras da praza da Veracruz.
O acordo da continuidade ás obrigas asumidas polo executivo autonómico no convenio asinado en 2006 e actualiza e regula o marco xurídico-administrativo, unha vez que o proxecto inicialmente previsto foi obxeto dunha reforma, tras ser paralizado o mesmo pola alta contestación social que suscitou entre a poboación carballiñesa.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesctruturas, ten orzamentado un importe para a execución das obras que ascende a 1,2 millóns de euros, dos que algo máis de 775.000 xa están executados. A cantidade restante, algo máis de 430.000 euros, están contemplados nos orzamentos de 2012.
Este novo convenio regula as bases de colaboración e cooperación técnica e económica, entre Xunta e Concello, en substitución do acordo asinado o 11 de setembro de 2006, que finalizou na súa vixencia o 31 de decembro de 2011.
Ambas partes comprometense ao inminente reinicio das obras, que teñen como obxetivo a urbanización neste espazo que rodea ao templo da Veracruz..
O Candidato dos socialistas á Presidencia da Xunta elixíu O Carballiño "como non podía ser doutro xeito para o primeiro acto serio que fago nesta campaña", subliñou Pachi Vázquez.
Nun dos salóns do Aparthotel Arenteiro, acompañado de varios membros das agrupacións locais da comarca, o ex-alcalde do Carballiño comezou a súa intervención proclamando que "teño a Galicia na cabeza pero O Carballiño no corazón, donde realmente empezei e temos que empezar por aquí, por eso vamos traballar coa xente toda do Carballiño, e queremos traballar con alguén máis que coa xente do partido, traballar cos cidadáns, ésta vai ser a nosa campaña, para chegar a todas e cada unha das esquinas da comarca", enfatizou.
Vazquez anunciou unha campaña de proximidade "casa a casa, sen que quede un solo colectivo, social, cultural, deportivo, empresarial, de discapacidade, ó que non lle vaiamos pedir o seu apoio para cambear a dirección desta crise".
"Singularmente no Carballiño quero facer un chamamento especial a 3 sectores que necesitamos para poñer de novo en marcha un modelo distinto fronte a un Partido Popular que cada vez máis o único que fai é máis paro e máis recesión, nos vamos a parar esto", manifestou o candidato socialista, referindose expresamante a eses 3 sectores "os xóvenes, vamos apostar pola política de emprego, maiores, non pode ser que o Partido Popular queira cargarlle a crise ós nosos maiores, un pensionista que cobra 400 euros non pode pagar os medicamentos, que os pensionistas do Carballiño sepan que se nós ganamos a Xunta nos 100 primeiros dias de goberno suspenderémos o decreto de copago, e finalmente, ás mulleres, a dereita está poñendo en marcha unha política que bota á muller do mundo do traballo, a dereita sempre quixo a muller na casa traballando sen cobrar", subliñou.
O líder dos PSdG-PSOE á presidencia da Xunta nestas vindeiras eleccións manifestou "o compromiso có Carballiño e a Comarca, o que vai siñificar se acadamos os nosos obxetivos, non vamos a insultar a Feijóo nin a pelearnos có PP, senón pedirllle axuda á xente para cambear este país, e eu podo decirlle á toda a xente do Carballiño que dimos mostras cando gobernamos o concello e na Xunta que sempre atendimos todas as reivindicacións, autovia, depuradoras, carreteras, parque municipal, locales sociales, sempre nos volcamos có Carballiño, imaxínádevos agora o que nos pode tocar a todos", sentenciou o candidato socialista.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 676
- 677
- 678
- 679
- 680
- 681
- 682
- 683
- 684
- …
- seguinte ›
- última »