Este sábado 30 de junio se celebra el XV Encuentro Autonómico de Voluntariado de Cruz Roja que reunirá en O Carballiño a más de 350 personas procedentes de las diferentes sedes que la Institución tiene en Galicia. Es uno de los actos más importantes del año y se ha preparado un completo programa para compartir una jornada que tiene como objetivos reconocer la importante labor que realiza día a día el voluntariado y sensibilizar sobre su valor y su papel en la sociedad.
El acto de inauguración del Encuentro se celebrará a las 11 de la mañana en el Centro Multifuncional de O Carballiño y estará presidido por Carmen Colmeiro Rojo, presidenta autonómica de Cruz Roja en Galicia, que estará acompañada por Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado de la Xunta de Galicia, Argimiro Marnotes Fernández, alcalde de Carballiño, y Teresa Rodríguez Babarro, presidenta provincial de Cruz Roja en Ourense.
Este año se han concedido 14 distinciones de la Institución, que se entregarán a continuación de la inauguración y que han recaído en:
Medalla de Oro: Rufino Constantino Pérez Outes (ex presidente de la Asamblea Comarcal de Santiago de Compostela).
Medallas de Plata: Rocío Soto Canosa (ex presidenta de la Asamblea Local de Vimianzo); Antonio Soto García (voluntario de la Asamblea Local de Burela); Andrea Cumanda Ayala Flores (presidenta comarcal de O Ribeiro), Manuel Vázquez Gallego (voluntario de la Asamblea Comarcal de Pontevedra) y el Concello de Carballiño.
Diplomas: Albino Dieguez Gómez, Mónica Míguez Rey, Mª del Carmen Rey Rionegro, Guadalupe Vizcaya González, Luis Saul Cid Verna, Teresa Iglesias Pérez, Mª Evangelina Atienza Lobos y Mª José Fernández Devesa.
A las 12:30, Cándido Pazó hará un monólogo titulado “Solidaridad en tiempos de crisis: voluntariado saludable”. Posteriormente Fernando Prado, del departamento de Salud y Socorros de Oficina Central, hablará de los Equipos de Respuesta Inmediata en Emergencias (ERIEs), ya que después se visitará una exposición, instalada en el parque de Carballiño, en la que se podrán ver los materiales que emplean estos equipos especializados y preparados para intervenir en catástrofes o emergencias que se produzcan en la geografía nacional como ocurrió, por ejemplo, en la tragedia del Orzán o en el terremoto de Lorca. El programa se completa con una comida de confraternización y con un paseo guiado al Molino de As Lousas.
Actualmente hay 18.588 voluntarios y voluntarias de Cruz Roja en Galicia, son 5.516 en Pontevedra, 4.889 en A Coruña, 4.170 en Ourense y 4.013 en Lugo.
No transcurso da semana vindeira reuniráse a asemblea de afiliados para proceder á renovación da executiva local do PSdG-PSOE, igual que o farán antes do 10 de xullo o resto das agrupacións locais socialistas.
O actúal portavoz do grupo municipal no concello do Carballiño, Paco Fumega, avanzou a presentación da súa candidatura ao cargo de secretario local coa idea "de implicar a unha boa parte da sociedade carballiñesa nun proxecto que pensamos que ten que ser ilusionanante, un proxecto que pensamos que ten que crear un programa electoral que permita que O Carballiño dentro de 3 anos salga do impasse no que se atopa", suliñou.
Fumega chegou mesmo a calificar como "situación de bloqueo institucional que sufre O Carballiño desde Santiago" e como exemplo do mesmo puxo o proxecto da obra no contorno da Veracruz "que nin está nin se lle espera, dando unha imaxe aos turísticas dun pobo desastroso que perdeu o rumbo e non sabe onde vai", afirmou.
Desta maneira, os socialistas do Carballiño volven apostar por Paco Fumega, xa o fixeron como cabeza de cartel nas pasadas eleccións municipais e volven a facélo agora confiándolle o máximo cargo orgánico do partido a nivel local, en sustitución de Guillermo Dopazo.
Os catro primeiros xogadores en asinar a súa ficha para a tempada que ven na preferente son David Soares, Cristian Dacosta, Xurxo Bouzo e Iago Garrigo.
Son os catro primeiros, e nos próximos dias chegarán máis. David Soares -dianteiro centro- de 28 anos de idade, procede do C.D. Lalín, equipo do que foi ún dos seus máximos goleadores nas últimas tempadas. Tamén é dianteiro Cristian Dacosta, que xogou esta pasada tempada no Ourense B, e que agora estará ás órdes do seu primo e adestrador do C.D. Arenteiro, Ramón Dacosta.
Regresan ó Carballiño Xurxo e Iago, defensa e medio centro, que xa xogaron no Arenteiro de fai dúas tempadas en preferente. Ambos estiveron este ano ligados ao Sp. Celanova.
En canto a baixas, están xa confirmadas as de Gele, Viñas, Vilachá, Kennedy e César. Esta relación de baixas aínda está pendiente de cerrarse, toda vez que o club quere manter a varios xogadores da tempada pasada, ainda que negocia con eles unha posible cesión a equipos da comarca.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou esta mañá ao alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, que a Secretaría Xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo vén de emitir a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro.
Esta decisión foi comunicada ao rexedor municipal no transcurso dunha reunión de traballo celebrada esta mañá na Casa consistorial, xornada na que tamén se visitou a estación de tratamento de auga potable de Leiro.
O conselleiro destacou que os técnicos da Secretaría analizaron a integridade e suficiencia dos documentos do plan, a conformidade do mesmo coa lexislación urbanística vixente e a adecuación das súas determinacións á protección do medio rural, así como a incidencia do plan sobre as materias de competencia autonómica e sobre as políticas autonómicas de desenvolvemento sostible.
O concello ten unha superficie de 3.830 km2, da cal un 95% é de solo rústico de protección, e un 3,21% é solo de núcleo rural. En relación cos solos urbanizables, o plan xeral prevé un total de cinco para completar a trama entre os núcleos existentes.
Tamén sinalou que neste municipio ordénanse máis de 85.000 m2 de solo de espazos libres e zonas verdes e máis de 50.000 m2 dedicados ao equipamentos comunitario. Unhas cifras que son o dobre no caso dos espazos libres e e máis do triplo no caso dos comunitarios, e que superan os mínimos establecidos por lei (39.500 para espazo libres e preto de 30.000 para o equipamento comunitario.
Hernández engadiu que en relación coas novas vivendas previstas, o PXOM cuantifica 900 novas vivendas que, sumadas ás vivendas existentes, fan un total de 2.401. Estas repártense do seguinte xeito:
- Núcleos rurais: 1.780 vivendas nos 31 núcleos rurais (74 % do total)
- Solo urbano: 474 vivendas no núcleo urbano de Leiro, que é o núcleo principal e á súa vez o único urbano existente (20% do total)
- Solo urbanizable: 147 vivendas (6% do total)
Recordou o conselleiro que a Xunta destinou un total de 118.000 euros para a a redacción do planeamento.
Os responsables municipais esperan que no transcurso da semana se adxudiquen por parte da Deputación as obras na rúa Ourense, de tal maneira que o inicio dos traballos sexa inminente.
O problema da focha aberta nesta rúa remontase a fai case dous anos. Aínda que o actúal grupo de goberno anunciou como prioritarira esta obra ao pouco tempo de tomar posesión, non obstante a mesma non pudo executarse polo seu elevado coste, unhos 50.000 euros, polo que optouse por incluila nos planos provinciais da Deputación.
A obra consistirá en repoñer o colector existente por un novo (a avaría produciuse precisamente polo estado do anterior colector, que era moi antigo e deterioraba todo o ámbito con continuas avarías). Así mesmo procederase á reparación de todos os ramais e enganches dese colector. Os traballos ampliaranse nuns 70 metros lineais, co que se garante un arranxo total da zona de actuación.
Argimiro Marnotes e Magín Daparte, alcalde e concelleiro de obras respectivamente, mantiveron unha reunión cos veciños afectados por esta obra, aos que explicaron a situación de proxecto e as xestións realizadas polo concello para solucionar o problema. Neste sentido o alcalde agradecía a todos os veciños a comprensión que en todo momento mostraron neste asunto "temos que agradecerlles a paciencia durante este tempo, pero eles entenderon tamén que a nosa intención era facer un proxecto bo, e non algo que tivésemos que arranxar en pouco tempo".
A actuación non se centrará só en tapar a focha, senón no cambio do colector e da rede da zona, e ao mesmo tempo unha mellora da capa de rodadura nese tramo.
O Concello de Boborás ven de abrir o prazo de matricula para o Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2012-2013. A data límite para facer a inscrición remata o vindeiro 27 de xullo.
As familias interesadas poderán solicitar información e cubrir a solicitude de inscrición nas oficinas do concello ou no propio Punto de Atención á Infancia situado no recinto do CEIP “Nosa Señora de Xuvencos”.
O prezo para aqueles nenos e nenas que están empadroados/as no concello de Boborás é de 30 euros ao mes por xornada completa, mentres que aqueles/as que non o están teñen un prezo público de 45 euros. Así mesmo existen bonificacións do 25% no caso de familias numerosas e do 50 % cando se ten máis dun/dunha neno/a matriculado/a no PAI.
Para máis información poden chamar as oficinas do concello ao 988402600-988402008 en horario de 8.30 a 14.30 horas.
As piscinas municipais do Carballiño están abertas ao público desde o 22 de xuño, prolongando a tempada como é habitual ata o próximo mes de setembro. Durante o día de apertura a entrada será gratuíta, en horario de 11:00 a 20:30 horas. Este será o horario que rexerá durante todo o verán.
Os prezos das entradas durante o presente 2012 serán de 1,10 para os menores de 16 anos, e de 1,80 euros para os maiores desa idade. Tamén, e como en anos anteriores se dará a posibilidade de adquirir bonos mensuais ou de tempada. Os prezos destes bonos, ao igual que os cursos de natación que se impartirán durante o verán estarán a disposición do público nos despachos da propia piscina.
O concello do Carballiño cedeu a explotación destas instalacións municipais a unha empresa, a mesma que durante o pasado verán estivo a animar varios días as piscinas con inchables e outras actividades, e será esta a responsable do seu funcionamento dende o venres 22 de xuño. Entre as esixencias que estableceu o concello están as da seguridade, e por iso contarase cun equipo de 4 socorristas, que velarán polos bañistas durante todo o tempo en que as instalacións estean abertas.
A Ruta sairá da Praia Fluvial de Valderías facendo un traxecto circular, volvendo ao mesmo sitio, pero percorrendo a Ruta dos Canastros, nunha distancia aproximada de 17,7 quilómetros, estando todo o percorrido sinalizado e con dous puntos de control e avituallamento con auga, bebidas isotónicas e alimentos enerxéticos. A Andaina celebraráse o domingo dia 1 de xullo ás 8,30 da mañá.
Tras a saída da Praia Fluvial de Valderías iremos a Beresmo, chegando á zona coñecida como a Murada onde encontraremos os primeiros hórreos da ruta. Seguiremos por unha parte da zona vella e dende alí iremos ao Couto de Santa Eugenia para ver unhas vistas espectaculares do encoro de Albarellos, seguindo por unha das rutas de sendeirismo que ten habilitadas o Concello. Despois volveremos a Beresmo e iremos a unha eira na que se encontran 26 hórreos restaurados por un obradoiro de emprego, saíndo por Portocarro para coller un sendeiro que nos levará a Cendóns, onde veremos 2 eiras de hórreos tamén recuperadas. Por outro sendeiro rodeado de árbores e vexetación autóctona chegaremos a Cernadas, onde volveremos encontrarnos con máis hórreos antigos e dende aquí a Barroso, pasando polo coñecido como ponte Gabián, non sen antes admirar unha impresionante paisaxe co río Valderías ao fondo discorrendo entre montañas cheas de vexetación frondosa. Tamén poderemos ver o coñecido como "Pozo Negro", famoso pola súa profundidade. Unha vez en Barroso chegaremos a unha das eiras máis grandes de hórreos non só de Galicia senón de Europa, con 29 canastros restaurados. Dende aquí continuaremos por un vello camiño que nos conducirá finalmente de novo á Praia Fluvial de Valderías e con iso fin da Andaina.
Ao rematar, todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa e darán boa conta dunha suculenta comida, ademais dalgunha sorpresa, para facer que unha xornada de exercicio e convivencia remate nunha gran festa.
O prezo da actividade é de 20 €.
O prazo para anotarse remata o próximo 25 de Xuño. Podes facelo no Concello de Avión, na Biblioteca Municipal, na Casa Vermella e no Pavillón Polideportivo.
Para máis información poden falar con Darío Vázquez, no teléfono 609.77.09.73
O BNG vén de rexistar no Concello de O Carballiño unha moción a favor da constitución dunha Banca Pública Galega e para que se convoque de imediato un referendo que permita á cidadanía pronunciarse ante un rescate ao Estado español que significa un “roubo ao pobo”.
A portavoz municipal do BNG,Àurea Francisco Lorenzo, manifesta que “en realidade, o que se vai rescatar son os bancos -únicos beneficiarios desta operación- e quen vai pagar a factura da operación, en forma de xuros e de novos recortes no seu benestar, é o conxunto da sociedade. E ademais vai significar a destrución do sistema financeiro galego”.
“É por isto que a única alternativa para salvar o aforro galego, e impedir que sexa espoliado por entidades foráneas é a aposta pola Banca Pública Galega, instando á Xunta de Galiza a que demande do Estado a transferencia da participación que o FROB detenta en NGB”, engadiu a portavoz do BNG.
Asemade, Àurea Francisco Lorenzo, manifesta que “queremos que se rescate ás miles de persoas afectadas pola estafa das preferentes, así que con esta moción demandamos unha solución para elas. Solución que non pode ser outra que a da restitución até o último céntimo de todos os seus aforros. Se hai 100.000 millóns de euros para rescatar a banca, debe haber, de existir vontade política, capacidade económica máis que de abondo para devolver o estafado ás vítimas desta xigantesca fraude”.
A depuración das responsabilidades ás que houber lugar polo enorme burato deixado na economía polos xestores do sistema financeiro atopa tamén acomodo na moción do BNG que demanda a creación de comisións de investigación no Parlamento de Galiza e no Congreso dos Deputados. Até agora foron vetadas por un PP que claramente ampara os responsábeis dunha catástrofe financeira que, rescate á marxe, xa lle ten custado ao contribuínte 118.000 millóns de euros (máis de dúas veces o PIB galego).
A moción tamén se preocupa do impacto que a nova reestruturación financeira imposta polo rescate vai ter no cadro de persoal de Novagaliciabanco e na atención aos veciños e veciñas, sobre todo da zona rural. Neste sentido, o BNG demanda a adopción de medidas políticas que permitan que non se destrúa nin un só posto de traballo máis no sistema financeiro galego e se preste atención adecuada aos clientes.

O Bañiño de Arcos acolleu a presentación da dedicatoria da 50 festa do polbo, un acto que contou coa presenza da maior parte dos patrocinadores da convocatoria gastronómica carballiñesa.
Tamén se achegaron a esta presentación varios membros do grupo de goberno do Partido Popular, e os concelleiros socilalistas Paco Fumega e Manolo Dacal. O Alcalde, Argimro Marnotes, explicou que non era casual que se elixise o Bañiño para este acto "porque queremos simbolizar asi que o termalismo e a gastronomia do pulpo son dous dos eixos fundamentais da nosa economia e do noso potencial turístico, e tamén porque aquí no Bañiño estamos na parroquia de Arcos".
Marnotes suliñou que a deste ano, ao cumplirse a idade de ouro da festa é unha edición moi especial e por eso tamén se pensou "nunha dedicatoria moi especial, plantexamonos a quén podia dedicarse esta 50 edición, preguntámonos quen podia merecelo, qué institución ou cidade, acaso unha persoa, producto ou país, e chegamos a conclusión de que ninguén mellor podía simbolizar os 50 anos de tradición festiva como os propios pulpeiros e pulpeiras, porque ésta é a súa festa", dixo.
O rexedor municipal asegurou ademáis que "estamos en contacto case diario có Ministerio, porque a nosa intención é que cando chegue o dia da festa deste ano poidamos contar xa coa declaración de interés turístico nacional para unha festa que sabemos consta xa co recoñecemento internacional". Marnotes rematou o acto agradecendo a colaboración que prestan os patrocinadores a unha festa " que é certo, e témolo que decir todos os anos e sentirnos orgullosos delo, é a festa gastronómica máis importante de Galicia".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 682
- 683
- 684
- 685
- 686
- 687
- 688
- 689
- 690
- …
- seguinte ›
- última »