As charlas serán impartidas polo Tenente da Garda Civil Emilio Martínez Núñez Licenciado en Antropoloxía e cunha ampla experiencia profesional nos Servizos de Policía Xudicial e Información, estas versarán principalmente sobre os beneficios e perigos das Redes Sociais.
Instruirase alumnos e pais do Carballiño sobre o uso e abuso de Internet grazas a un acordo para impartir charlas nos colexios durante o presente curso. A iniciativa responde ao "incremento" no número de usuarios que se achegan aos servizos municipais "demandando información sobre ou uso e abuso dás novas tecnoloxías" e á disposición mostrada pola responsable da Área de educación do Concello do Carballiño Pilar Caride e o Tenente da Garda Civil.
As páxinas de xogos de pagamento, redes sociais ou compras a través da Rede son algunhas cuestións sobre as que se pretende incidir nunha serie de charlas dirixidas a profesores, educadores, pais, nais e alumnos. Mentres tanto, advírtese que en xeral, os nenos e nenas pasan demasiado tempo diante do ordenador, sobre todo facendo uso e de páxinas de xogos que, en moitas ocasións, empezan sendo gratuítas e acaban sendo de pagamento, xa que só permiten avanzar aboando diñeiro a través de mensaxes SMS ou tarxetas de pagamento que con frecuencia están ao alcance dos menores.
Outros dos problemas máis graves son as suplantacións de identidade, o Ciberbullying ou acoso psicolóxico ao que se ven sometidos algúns menores a través da rede. No lugar máis perigoso encontraríase o Grooming que se pode definir como o conxunto de estratexias que unha persoa adulta desenvolve para gañar a confianza dos menores a través de Internet co fin último de obter concesións de índole sexual.
Sen lugar a dúbidas, as bondades e prestacións que as redes sociais ofrecen, superan de sobra os riscos e perigos puntuais que destas se derivan para a privacidade, protección de datos persoais, intimidade e demais dereitos dos usuarios.
Por este motivo, debe apoiarse e alentarse o seu uso responsable, procurando ao usuario a información e o coñecemento efectivo dos riscos que delas se derivan antes de que estes teñan lugar e as súas consecuencias
O Arenteiro tan só pudo sumar un punto na súa visita ao campo do antepenúltimo clasificado, o Cortegada, na vixésima xornada do campionato de liga na 1ª autonómica.
O empate final a cero goles no partido xogado no campo da Cancela é unha pobre bagaxe para un equipo que aspira ao ascenso de categoria, de feito desputada esta nova xornada, o Arenteiro é rebasado na clasificación polo Ramirás, co que empata a 38 puntos e desplaza ao carballiñeses á terceira posición -fora de postos de ascenso- mentres que o líder Nogueira de Ramuín -que gañou o seu partido en Maside- volve distanciarse a 7 puntos. Por detrás do Arenteiro, a tan só 3 puntos, apreta agora a A.D. Covadonga.
No campo da Cancela de Cortegada, o Arenteiro volveu a ser un equipo plano, sen ideas, confiando a súa sorte á calidade individual de algunhos dos seus xogadores, que esta tarde non foi suficiente para doblegar ao antepenúltimo clasificado, e eso que o Cortegada quedouse con 10 xogadores no tramo final do partido, pero foi igual, o Arenteiro dominou e dominou pero atopouse cun Cortegada ben armado atrás que controlou ben as anárquicas acometidas carballiñesas sobre a área local.
Kennedy tivo a ocasión máis clara do partido aos 13 minutos cando o seu remate de cabeza se foi á cruceta da portería local, tamén pudo cambear o resultado do partido un par de oportunidades que tivo Iglesias, unha bastante clara nun man a man có meta local, pero de esta vez o dianteiro carballiñés non pudo resolver.
Varios miles de persoas asistiron aos actos de protesta celebrados na mañá do domingo no Carballiño, convocados polo Concello e a Plataforma Incineradora Non. Según os datos aportados desde a Policia Local, arredor de 4.500 persoas participaron na protesta, unha citra que desde a organización se eleva atá os 7.000 manifestantes. Algunhos medios de comunicación rebaixan a participación a "máis de 1.500 persoas".
Ao seu paso pola rúa Aldara, a manifestación tardou 10 minutos en pasar, desde que o fixo a cabeceira atá o final da mesma, o que da unha idea da multitudinaria asistencia, probablemente, a manifestación máis numerosa que se recorda no Carballiño.
Minutos despois do mediodia, o Alcalde do carballiño e os concelleiros e concelleiras da Corporación municipal desplegaron unha pancarta na que podía leerse "Acordo unánime. O Carballiño contra a incineradora", que logo subiron atá o balcón do consistorio, onde quedou colocada. Foi entón cando o Alcalde Argimiro Marnotes dirixíu aos concentrados unha breve alocución na que deu conta do acordo plenario da corporación que fixa a postura institucional do concello carballiñés contra a ubicación elixida no municipio do Irixo para instalar a incineradora.
Tralo acto institucional, puxose en marcha a manifestación convocada pola Plataforma Incineradora Non. Abrían a marcha un grupo de 6 nenos que portaban unha parcanta coa lenda "non envelenedes, a nosa terra é o noso futuro". Aos berros de de "todos xuntos facemos máis" saíu a cabeceira da manifestación, na que se situaron os representantes da Federación de Veciños do Concello do Carballiño, e detrás deles a Coordenadora Veciñal do Irixo. Nos primeiros metros da manifestación tamén se situaron os pescadores da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro coa súa pancarta "en defensa dos nosos ríos" e outros colectivos ecoloxistas asi como a Plataforma Incineradora no Deza Non, que tamén apoiou a protesta. Conforme foi avanzando a marcha, foron incorporandose máis manifestantes. Entre as consignas que máis se escoitaron "Penedo traidor, dimite por favor" ou "se é tan boa que vaia para a Moncloa"
Tralo recorrido polas rúas máis céntricas do carballiño, a marcha regrresou novamente ata a Praza Maior, ónde os membros do grupo de teatro Tiruleque, que participaron na protesta portando un cadaleito cos nomes dos concellos e os rios da Comarca, foron os encargados de dar lectura ao manifesto final, no que falaron do Carballiño do pasado, do presente e "futuro no que a incineradora apoderouse do meu corpo, un animal devorador de lixo que logo vomita para facernolo tragar, xa case non queda nada do que fun"
Na manifestación participou o líder do PSdG e Ex-Alcalde do Carballiño Pachi Vázquez. Tamén o fixeron os Alcaldes Socialistas de Maside, Piñor e Carballeda de Avia. Mentres, a representación do Partido Popular do Carballiño, incluido o Alcalde, limitaronse a participar na concentración da Praza Maior e no acto institucional desde o balcón da casa do concello.
Os portavoces de PSOE e BNG, así como o Alcalde do Carballiño, do Partido Popular, fixeron un chamamento dirixido a toda a cidadanía para que acuda masivamente á concentración-manifestación contra a incineradora do Irixo, convocada para este domingo ás 12 do mediodia na Praza Maior.
Nunha comparecencia conxunta dos 3 responsables políticos, o Rexedor Municipal explicou que tras debatir esta posiblidade na comisión de seguimento do acordo plenario que fixou a postura municipal contra a instalación da planta incineradora "chegamos ao acordo de participar na concentración convocada pola Plataforma, para que quede reflexada claramente a posición institucional do Concello do Carballiño ante a opinión pública e dunha forma visible". Argimiro Marnotes anunciou que "ás 12 da mañá estarémos na Praza Maior os concelleiros que poidan estar, portarémos unha pancarta cun texto que xa temos consensuado, e esa mesa pancarta colgarémola despóis do balcón do Concello e ahí estará o tempo que se considere necesario".
Poa súa parte, a Portavoz do BNG, Aúrea Francisco recordou como "éste non é un problema do Irixo, senón de toda a Comarca, e da súa resolución depende o desenrolo do Carballiño, e para decirlle á Xunta que queremos futuro pero non destruindo o medio ambiente". A Concelleira Nacionalista engadíu, ademáis, "este pobo que naceu como unha encrucillada de camiños, está hoxe nunha encrucillada e para saír dela pedimos ao pobo do Carballiño que arroupe este acordo do Concello".
En representación do grupo socialista, o Concelleiro Adolfo Nogueira resaltou o consenso ao que chegaron os grupos políticos da corporación "congratulámonos do acordo que tivemos os 3 grupos" e advertíu que "esto non é maís que un primeiro paso, ésta é unha ardua taréa, Argimiro vai ter que poñer as cartas sobre a mesa e deixar patente o compromiso cos veciños do Carballiño", dixo.
Un numeroso grupo de veciños achegouse atá a casa do concello para facer entrega no rexistro municipal de diversa documentación desfavorable á incineración de residuos e conseguiron trasladar a súa inquietude ao Alcalde Manuel Penedo, que os recibíu no seu despacho.
Os veciños tiñan pensado "que un burro levase os documentos atá a casa do concello, pero ó final non pudo ser, non houbo maneira, o burro non quixo ír e houbo que deixalo", declarou en COPE O Carballiño o Presidente da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, José Castro, "a nosa intención era chamar a atención, e responderlle ao Alcalde que reiteradamente nos está decindo a través dos medios que lle aportemos documentación que desaconselle a incineración".
Unha vez que os veciños se achegaron atá o consistorio atopáronse có Alcalde, que se dispoñía a marchar no seu coche "interpelárono e pedironlle que os atendese", ao que finalmente accedeu o Rexedor Municipal. Nese encontro, os veciños volveron insistir ante o Alcalde para que reconsidere a súa postura, mentres, Penedo díxolles que "esto é bó para O Irixo, se non fose asi non se faría, vai crear moitos postos de traballo e que non podía dar marcha atrás porque decepcionaría a moita xente".
O madrugador pleno da Corporación de Boborás, convocado ás 8 da mañá, non ofreceu sorpresas. O grupo de goberno do Partido Popular respaldou sen fisuras e de forma unánime a postura que ven mantendo o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, que non ve motivos para opoñerse a instalación da incineradora no Irixo.
Os 3 grupos da oposición, BNG, PSOE e MOVE Boborás, presentaran conxuntamente a solicitude desta convocatoria extraordinaria para demandar do grupo de goberno unha postura oficial sobre a planta incineradora. A petición da oposición, defendida pola portavoz de MOVE Boborás, Eva Pardo, foi rexeitada polos votos do grupo maioritario do Partido Popular.
Malia a actualidade da polémica e a gran contestación social que está xerando a instalación da incineradora, a este pleno extraordinario da Corporación de Boborás tan só asistiron como público 2 persoas.
PLAN PROVINCIAL DE OBRAS 2012
Na segunda das sesións plenarias celebradas pola Corporación Municipal aprobouse a proposta presentada pola Alcaldia para a execución do Plan Provincial de Obras correspondente ao ano 2012, e que consistirá no acondicionamento de camiños nas localidades de Sande, Sobredo, Cameixa e Figueroa.
Será o venres dia 27 de xaneiro ás 17,30 horas na igrexa monacal de Oseira. A Comunidade Cisterciense recordará asi a quen consideran "foi amigo e gran benefactor deste mosteiro de Santa María A Real de Oseira".
Manuel Fraga, falecido o pasado dia 15, estivo en varias ocasións en Oseira, mesmo durante a súa etapa como Presidente da Xunta de Galicia. Incluso, nun par de ocasións, Fraga reuníu aos seus conselleiros e celebrou consellos do goberno autonómico no propio mosteiro de Oseira, nos famosos "retiros monacais" que Manuel Fraga celebraba cos seus colaboradores unha vez ao ano.
Representantes das asociacións integradas na Plataforma Incineradora Non fixeron un chamamento á poboación para que apoie masivamente a manifestación convocada para o vindeiro domingo no Carballiño contra a instalación da incineradora de lixo no Irixo. Será o vindeiro 29 de xaneiro ás 12.30 horas na Praza Maior.
Consideran que “do éxito desta manifestación depende do futuro do Carballiño, en perigo pola incineradora anunciada para o Irixo”, polo que na rolda de prensa participaron representantes de máis de vinte colectivos de toda índole da comarca; asociación xuvenís, culturais, veciñais, ecoloxistas, deportivas, empresariais, e incluso doutras zonas como o Deza e o propio Irixo.
Os encargados de pedir aos cidadáns que o vindeiro domingo acudan a esta manifestación foron Miguel Ángel García, do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Miguel Ángel Rodríguez, da asociación cultural “8 notas”, José Manuel Míguez, da asociación ecoloxista Outeiro, e Eulogio Alonso, portavoz da Federación de Asociacións de Veciños.
Foi no transcurso dunha comparecencia ante os medios de comunicación onde José Luis Baltar anunciou a súa renuncia aos cargos institucionais que ocupa "é o momento de deixalo", manifestou quen durante os últimos 22 anos presidíu a Deputación de Ourense.
Baltar presentará este mesmo mércores dia 25 a renuncia como Presidente e Deputado. Antes de facer pública a súa decisión, reuníuse nun xantar cos deputados do Partido Popular, ao que tamén acudíu o seu fillo José Manuel Baltar, a quen fai dous anos cedera a presidencia provincial do Partido Popular, despois de conseguir consecutivas victorias electorais durante o tempo que dirixíu aos populares na provincia de Ourense.
Os Concelleiros e Concelleiras dos 3 grupos políticos da Corporación Municipal do Carballiño acudirán á concentración convocada pola Plataforma Incineradora Non.
A protesta contra a planta de residuos que pretende intalarse no Irixo terá lugar ao mediodia deste vindeiro domingo dia 29 de xaneiro na Praza Maior do Carballiño. O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, asinou unha nota infjormativa na que confirma que, trala celebración dunha reunión da comisión de seguimento do acordo plenario do pasado dia 5 de xaneiro " e co fin de que os veciños e veciñas se sintan representados na concentración que está prevista na Praza Maior, acordase por parte desta comisión, que a esa concentración asistirán os Concelleiros e Concelleiras da Corporación do Carballiño, polo que se convida a todos os que o consideren oportuno a que asistan á Praza Maior do Carballiño o vindeiro domingo ás 12 do mediodia".
COMUNICADO DA PLATAFORMA INCINERADORA NON
Coincidindo con este anuncio do Concello do Carballiño, a Plataforma convocante remitíu aos medios un comunicado, que reproducimos na súa integridade:
"Dende esta Plataforma queremos manifestar que Carballiño non deixará de loitar a pesares das declaracións efectuadas no día de onte polo conselleiro de medio ambiente, Agustín Hernández, que aseguraba que a Xunta de Galicia mantense na súa disposición de construir unha planta incineradora no concello do Irixo. Para empezar, quixéramos recordar as palabras do actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, quen aseguraba en precampaña electoral que non se construiría unha incineradora na comarca do Ribeiro e inmediacións no caso de que gañara as eleccións. Queremos lembrar que a denominación de orixe destes viños comeza a menos de 10 kilómetros de onde se pretende instalar esta planta. O Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, señor Hernandez, parece empeñado en ignorar o sentir dos veciños desta comarca e fai ouvidos xordos ás peticións de paralización do proceso de construcción da planta incineradora, a escasa distancia do núcleo do Carballiño e con perxuicios directos para outras zonas densamente poboadas do interior galego como o Ribeiro ou o Deza.
Por outra banda, queremos destacar que o conselleiro non fai mención ningunha ó aspecto legal da súa construcción en terreos con catalogación patrimonial e a escasos metros do nacemento das augas termais que alimentan os afloramentos mineromedicinais desta comarca e dos seus perímetro de protección dos balnearios. Neste sentido, esta Plataforma anuncia que vixiará polo cumprimento da lei non soamente relacionada coa normativa medioambiental, senón tamén polas que rixen noutro tipo de materias como as anteriormente mencionadas e onde aínda a Xunta de Galicia non deu resposta. Inevitablemente, xurden unha serie de preguntas que aínda non foron clarexadas polas distintas administracións: Cómo pode afirmar o conselleiro que a ubicación é a ideal se todavía non coñece os pormenores socioeconómicos e medioambientais desta zona? Por qué o interese inusitado en acelerar o proceso administrativo do proxecto sen atender a tódolos requisitos esixidos pola lei? Por qué o presidente da Deputación, Sr. Baltar, que asegura que non desexaría unha planta deste tipo cerca da súa casa castiga a esta comarca ? Por què o Sr. Baltar aproba esta decisión cando aseguraba nun pleno que non avalaría ningún proxecto que contara coa oposición veciñal? Acaso non se da conta que o seu propio partido rexeita esta incineradora no concello máis poboado da comarca? Estas preguntas non teñen resposta salvo que todo sexa unha grande mentira política para castigar a esta zona da provincia que non conta con ningún peso político dentro do Partido Popular e rinden o seu contrato de vasallaxe, ben directamente ou ben escudándose nun telón que pretende enganar ós cidadáns.
Esta plataforma tamén se fai unha pregunta que supoñemos é clave en todo este círculo de mentiras que nace na Xunta de Galicia. Así, se este proxecto é tan bó por qué non se realiza onde se xenera o lixo e así se aforrarían en custes de transporte? Por qué se mete todo en mans privadas e se relaciona todo cunha empresa adscrita ó plan e concurso eólico? Qué garantías pode haber de seguridade cando temos todos os antecedentes e accidentes acaecidos noutras incineradoras? Por qué se utiliza a demagoxia da creación de postos de traballo cando sabemos que moitos van ser destruídos en sectores tan sensibles como o agrogandeiro e termal? Por qué se pretende dar unha imaxe non contaminante cando toda a comunidade científica está dacordo nos perxuicios que causa na saúde? O que non acepta esta plataforma é que dende a Xunta de Galicia e Deputación se pretenda tratar ós veciños desta comarca como súbditos destas grandes preguntas que non teñen resposta e que esta Plataforma vese na obriga de informar arreo para evitar que as confusiós enganen á poboación.
Deste xeito, a Plataforma desexa animar a tódolos afectados por esta inciativa, que consideramos son todos os veciños desta comarca e anexas, á manifestación que terá lugar o vindeiro domingo no Carballiño. Na mesma esperamos que todas as forzas políticas que aprobaron unha moción neste concello estean presentes en dito acto así como tódolos colectivos, asociacións e sectores de todo tipo para que se unan a esta marcha e se concentren no rexeitamento deste proxecto que pretende hipotecar o noso futuro e dos nosos fillos. Lembramos que fora de toda ideoloxía política está o benestar da saúde como principio básico da convivencia entre veciños, rexeitando o vasallaxe ó que nos pretende sumir a administración.
Ademais, dende a Plataforma Incineradora Non do Carballiño, convidamos ao señor Hernandez a que o vindeiro domingo visite a nosa vila e lle explique aos milleiros de persoas que van acudir ás 12.30 á Praza Maior a mostrar a súa repulsa á Incineradora, porque as súas opinions non contan, porque non se consultou, xa non ós veciños do Carballiño, senón tan siquera ó seu alcalde a disposición de todos nós sobre este asunto.
Para rematar, alégranos ver que existen institucións que sí dan a cara abertamente para manifestar o que consideran unha inxustiza e se poñen de lado dos veciños porque saben perfectamente das consecuencias negativas que a execución deste proxecto traería consigo".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 697
- 698
- 699
- 700
- 701
- 702
- 703
- 704
- 705
- …
- seguinte ›
- última »