24, Novembro 2011

Os feitos ocurriron de madrugada no edificio Medela, sito no número 17 da Avenida de Pontevedra, dentro do casco urbano do Carballiño. As 04,26 horas recibíuse unha chamada na central de emerxencias e de inmediato ao lugar do sinistro acudiron os efectivos do GRUMIR do Carballiño, Policia Local e 061.

 Procedeuse ao desaloxo de 15 persoas, aínda que con algunhas dificultades debido a existencia de fume nas escaleiras, Afortunadamente, desta vez, non houbo que lamentar feridos e todas as persoas residentes no edificio poideron ser desaloxadas sen incidentes reseñables. Ás 04,46 o lume estaba controlado e as 06,28 horas da madrugada,  tras refrixerar con auga o piso afectado polo incendio, o operativo deuse por rematado. Os veciños poideron regresar ás súas vivendas e tán só foi necesario reubicar a 4 persoas.

22, Novembro 2011

O aproveitamento dos solares baleiros para a súa utilización como aparcadoiros públicos e gratuítos de vehículos pode convertirse en realidade no Carballiño, se finalmente prospera a idea na que traballa o grupo de goberno do Partido Popular no Concello do Carballiño. O Alcalde, Argimiro Marnotes considera que con esta iniciativa  "dotarémos ao Carballiño de espazos suficientes para vehículos, sen necesidade de cobrar por eso". A cámbeo da cesión dos terreos para este fin, os seus propietarios obterían algunhos beneficios, como a exención de pago de impostos municipais como o IBI.

Marnotes tamén confirmaba que vai trasladar á Mesa Local do Comercio a decisión do Goberno Municipal de paralizar o proceso de implantación da ORA nas rúas carballiñesas, un proxecto que deixou en marcha o anterior goberno socialista, e que finalmente descartan os responsables muncipais do Partido Popular, tal como anunciaran durante a campaña electoral do pasado mes de maio.

No lugar do proxecto de ORA dos socialistas, que tiña prevista a afectación de 800 prazas de aparcamento de pago nas rúas do casco urbán do Carballiño, os populares propoñen un sistema de control horario para o estacionamento de vehículos nas rúas máis céntricas, que sería gratuíto durante un periodo de tempo aínda por determinar, e os conductores abonarían unha sanción unha vez que sobrepasasen o tempo permitido "creemos que é a mellor  forma de regular o aparcadorio nas ruás sen necesidade de cobrar por iso", manifestou o Alcalde Carballiñés.

20, Novembro 2011

O Partido Popular acadou nas eleccións xerais deste domingo o maior número de votos de toda a historia da democracia nunhos comicios no municipio do Carballiño, ao lograr 4.966 votos, o que representa o 60,72 % sobre o voto válido emitido polo electorado carballiñés. Mentres, os Socialistas quedanse nos 2.092 votos, cunha porcentaxe do 25,58% de voto válido.O Bloque Nacionalista Galego obtén 676 votos, o 8,27. Outras formacións políticas sumaron no municipio do Carballiño 311 sufraxios, en branco contabilizaronse 134 e finalmente, nulos foron declarados un total de 117 votos. A participacion nesta xornada electoral no Carballiño situose no 72,13 do censo.

Os populares avanzan no municipio do Carballiño 11,57 puntos en relación ás eleccións xerais de 2008, mentres que o PSOE perde 11,29 puntos con respecto a fai 4 anos atrás, 1.047 votos menos. Algo máis leve é a caida do BNG, que acada o 8,27 fronte o 11,31 de 2008, o que representa un retroceso de 288 votos.

Especialmente siñificativas son tamén as comparativas que se poden establecer coas porcentaxes tanto en Galicia como na provincia de Ourense, polo que respecta tanto a PSOE como ao BNG, xa que os seus resultados no Carballiño están un par de puntos por debaixo tanto da media galega como provincial. Mentres o Partido Popular obtén mellores porcentaxes no municipio, 4 puntos por enriba da media provincial e case 8 puntos por enriba da media galega. Mírese como se mire, un resultado espectácular para o PP carballiñés.

O PARTIDO POPULAR TAMÉN ARRASA NO RESTO DOS CONCELLOS

A victoria do Partido Popular resulta escandalosa no caso dalgunhos concellos, onde chega a acadar atá o 88% dos sufraxios, éste é o caso de Avión e Beariz, 1.011 votos e 576 respectivamente, mentres que o resto dos partidos repartense apenas o 12% dos votos emitidos nos dous concellos.

Tampouco se queda moi atrás nesta goleada popular o Concello do Irixo, onde o Partido Popular recibíu o 75% de apoios, mentres que en Boborás os populares lograron o 71,81% de votos. No municipio de Cea o Partido Popular acadou o 69% dos votos válidos neste municipio, o 67% en San Amaro,e no de Maside o PP suma o 59% de sufraxios, seguido do 56% de apoio popular en Punxín. No concello ribierán de Leiro onde seu Alcalde da localidade foi elexido Senador do Partido Popular, éste conseguíu o 64% dos votos emitidos.

Finalmente, no Concello de Piñor, onde os socialistas obstentan o goberno municipal e gañaran nas xerais de 2008, o PSOE retrocede 10 puntos en favor do Partido Popular, que se alza co 54% dos votos neste municipio.

19, Novembro 2011

E con ésta son xa catro as  xornadas consecutivas que levan os carballiñeses sen gañar un partido.  O Arenteiro sigue deixando moitas dúbidas, e ante o Nogueira volveu a repetir erros de anteriores partidos, parece que mellora en defensa, pero sigue con moitos problemas no centro do campo e no ataque, onde tanto Alén -que tivo que abandoar o campo lesionado e deixou o equipo con 10 nos últimos minutos - como Iglesias, que tan só xogou a última media hora de partido, non parecen estar no seu mellor momento. 

 Sen embargo, a alarmante falta de gol de este Arenteiro tamén tén seguramente outras causas, que pasan por un centro do campo que da escasas asistencias aos dianteiros, e asi é moi complicado marcar goles. En todo o partido, o Arenteiro dispuxo dunha única e clara ocasión fallida de gol, foi no minuto 35 da segunda metade, un balón metido polo centro sobre Alén, éste salva a saída do porteiro índose cara a dereita pero o seu tiro vaise fora de portería. A outra única vez en toda a tarde na que o Arenteiro pudo adiantarse no marcador foi no minuto 26 do primeiro periodo, nun magnifico tiro desde fora da área de Marcos Sotelo que se foi o longueiro. Esta foi toda a pólvora dos carballiñeses no partido.  Enfronte tivo a un Nogueira que chegaba e saíu de Espiñedo como líder da categoria, tampouco é que fixera máis que o Arenteiro, creou outro par de ocasións de perigo e para de contar, bastoulle estar ben plantado en defensa para levarse un punto e seguir comandando a clasificación.

  E pouco máis deu de sí un partido xogado no día de reflexión previo á xornada dominical de votaciós, tamén este Arenteiro debería flexionar un chisco sobre qué obxetivos quere para esta liga, porque desde logo facer 3 puntos de 12 posibles nos 4 últimos partidos non parece que sexa ir polo mellor camiño.

18, Novembro 2011

Será a partir do vindeiro dia 11 de decembro, coincidindo coa entrada en funcionamento da liña da alta velocidade entre Ourense e Santiago de Compostela. Desde esa data, o talgo deixará de pasar polo Carballiño, o que obrigará aos viaxeiros carballiñeses a desplazarse atá a Estación de Ourense.

Ademáis, desde ese mesmo dia, Renfe reestructurá os servizos e horarios na Estación do Carballiño. En dirección Ourense ofrecerá cinco trenes diarios, suprimindose o Media Distancia das 21,41 horas, no seu lugar haberá un Rexional que terá a súa parada na estación carballiñesa ás 20,45 horas. Mantense o Rexional da mañá, que adiantará unhos minutos o seu horario, ás 08,02 horas. Completarán o oferta diaria, o tren Arco ás 10,31 horas, un Rexional ás 15,04 e o Tren Hotel a Madrid ás 23,51 horas.

En dirección Santiago-A Coruña, manteránse outros cinco servizos diarios. Os Rexionais, ás 7,04, 15,03, e 20,42 horas, respectivamente. O Tren Arco circulará pola Estación Carballiñesa ás 18,53 horas, e finalmente, o Tren Hotel terá a súa parada ás 05,49 horas.

16, Novembro 2011

As últimas noticias sobre o estado de saúde dos feridos máis graves comezan a ser algo esperanzadoras. No caso concreto de Edelmiro Mateo parece confirmarse que está saíndo do pior momento, ao seu estado referíase esta maña o Secretario Xeral do PSdG Pachi Vázquez. Nun improvisado mítin electoral na rúa Principal comunicou aos presentes "unha das mellores noticias desta campaña electoral, que vai mellor o noso compañeiro Edelmiro e todos os afectados na traxedia que vivimos no Carballiño, por eso as primeiras verbas teñen que ser para pedir que o neno e os maiores, e o noso Edelmiro sigan mellorando, e sen botar as campás o vuelo, parece que colle mellor cara a cousa", asegurou o dirixente socialista.

Pola súa parte, tamén confirmaba esta melloría dos feridos o Alcalde do Carballiño "o rapaciño dentro da gravidade, xa non corre perigo. Edelmiro tén complicacións e ainda que acaso sexa o que está en pior situación, parece que xa con menos medicación está respondendo ben, o que non deixa de ser unha noticia esperanzadora". Marnotes confirmou, ademáis, que o resto dos feridos "manteñense estables no seu estado de saúde", e en canto os dous Policias Locais "Maricarmen xa está en planta, e Carbajal volveu a UCI, pero xa está fora de perigo, agora o que toca é mellorar", dixo.

15, Novembro 2011

As obras no entorno da Igrexa Vella, que comezaron esta semana, consistirán no adoquinado da rúas e a ampliación das beirarúas, de tal maneira que a partir da reforma manteráse un único carril para a circulación de vehículos. A intervención, que executa a empresa Proyecon, conta cun orzamento de 149.921 euros, que son aportados pola Xunta de Galicia.

As beirarúas construiránse en pedra, e ademáis reformaráse a rede de saneamento nesta zona. Fronte á entrada da Igrexa procederáse a ampliación das escaleiras de acceso desde Cesáreo Tizón, eliminando o petril de cemento existente.

Doutra parte, o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Magin Daparte, acompañado dos técnicos municipais, elaboraban un estudio de todo o mobiliario urbano e elementos ornamentais ubicados nos accesos á rúa do Paseo. Tralo incendio do pasado sábado, quedou patente que os servizos de emerxencias tiveron moitos problemas para acceder ao lugar do sinistro para a evacuación dos feridos. A intención dos responsables municipais do Carballiño é retirar a maioria deste mobiliario urbano das entradas á rúa Principal.

15, Novembro 2011

O cativo está fora de perigo, ainda que transcurridas as primeiras 72 horas que se consideran decisivas, o seu estado de saúde sigue sendo grave. ¿Cómo te chamas ? "Chámome Marcos e veño dun incendio no Carballiño", asi lle contestou aos médicos que o atenden no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

A familia do cativo sopesa a posiblidade de trasladar ao hospital herculino á súa nai, Elena, que de momento continúa en Povisa evolucionando satisfactoriamente das feridas sufridas, aínda que de momento este traslado aínda non se decidíu. En Povisa, e tamén grave, continua a aboa do neno.

En canto o resto dos feridos, a maior preocupación está no estado de saúde de Edelmiro Mateo. O Ex-Concelleiro de Obras do Carballiño sigue en estado moi grave e a súa situación non mellora, ademáis de ser o ferido maís afectado polas queimaduras, outros factores, como a súa idade e outros problemas de saúde anteriores ao sinistro, complican a situación. Ainda asi, " está peleando, él é un home forte, acostumado a pelear e a esperanza é que desa pelea salga victorioso", un desexo que expresaba a través de esta emisora de radio Paco Fumega, o portavoz do grupo municipal do PSOE, do que nos últimos 16 anos formou parte Mateo.

Outra das feridas, precisamente a esposa do ex-concelleiro, sigue unha evolución moi satisfactoria, e finalmente, en canto o estado de saúde dos dous axentes da Policia Local, Antonio Carbajal sigue aínda en cuidados intensivos, pero xa fora de perigo, igual que Maria del Carmen Martinez, que xa foi trasladada a planta.

14, Novembro 2011

O Xefe de Protección Civil do Carballiño, Juan Miguez, explicou en COPE o operativo que se levou a cabo o pasado sábado no incendio do edificio Magariños e recoñeceu que "houbo moitos problemas para o acceso o lugar do sinistro porque no cruce de Ribadavia había vehículos de curiosos que impedian a entrada dos vehículos de emerxencias, e tendo en conta que todas as bocarúas están con elementos decorativos ou con mobilidario urbán e non se podia entrar, polo que houbo unha situación moi complicada para a evacuación dos feridos".

O aviso da incidencia recibíuse no teléfono do GRUMIR ás 12,06 horas, e as 12,15 horas chegan o lugar do incendio "os dous efectivos que estaban de servizo, xa que o terceiro tén que quedarse na base, cando os 2 efectivos que se desplazan ver o alcance do que sucede piden reforzos, e en 36 minutos rescatan a todas as persoas que se atopaban no edificio, os últimos as 12,51, que son os dous policias locais", indicou o responsable da agrupación carballiñesa de Protección Civil.

Miguez tamén recoñeceu que nos primeiros momentos, cando os Bombeiros do GRUMIR chegan ao edificio ninguén os informou da presenza no interior do edificio dos dous Policias Locais, "non se sabía onde estaban atá que chegou o Xefe da Policia Local e se interesou por eles e é o que se dá conta que estaban dentro", asegurou.

 

13, Novembro 2011

Nin A Peroxa nin  Arenteiro conseguiron marcar, asi que empate a cero goles, e tamén empate en canto a ocasións, as máis claras chegaron na segunda parte en ambas porterias, pero tanto o gardameta local Rubén como o carballiñés Pachy resolveron ben as situacións comprometidas que se lle presentaron.

En consecuencia, o reparto de puntos pode considerarse un resultado xusto. Con este marcador, o Arenteiro sigue fora de postos de ascenso, e ademáis acumula xa 3 xornadas sen conseguir a victoria, con dous empates e unha derrota nos 3 últimos partidos, e tan só dous puntos, unha bagaxe moi pobre para un equipo coas máximas aspiracións nesta liga e cun único obxetivo, como é o ascenso á preferente.

RESULTADOS DA XORNADA

J11 UD Barbadas B 2 - 2 CD Allariz
J11 Ponte Ourense SAD 2 - 1 CF Monterrey
J11 Maside CF 3 - 2 CF Cortegada
J11 AT Villarino 1 - 2 Poligono San Ciprian
J11 CD Velle 4 - 1 CD Maceda
J11 SD Nogueira Ramuin 3 - 2 SD Melias
J11 A Peroxa CF 0 - 0 CD Arenteiro
J11 CD Ramiranes 2 - 4 AD Covadonga
J11 UP Taboadela 1 - 1 SD Valenza

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 SD Nogueira Ramuin 24 11 7 3 1 22 12
2 UP Taboadela 21 11 6 3 2 19 11
3 CD Arenteiro 21 11 6 3 2 17 9
4 CD Velle 21 11 6 3 2 21 16
5 CD Ramiranes 20 11 6 2 3 20 14
6 CD Allariz 19 11 5 4 2 20 12
7 AD Covadonga 19 11 6 1 4 27 21
8 A Peroxa CF 18 11 5 3 3 18 11
9 Ponte Ourense SAD 18 11 5 3 3 15 13
10 SD Valenza 17 11 4 5 2 12 7
11 CF Monterrey 14 11 4 2 5 18 25
12 Poligono San Ciprian 13 11 3 4 4 13 13
13 UD Barbadas B 11 11 3 2 6 11 17
14 SD Melias 10 11 2 4 5 12 12
15 Maside CF 9 11 2 3 6 13 24
16 AT Villarino 8 11 2 2 7 13 22
17 CF Cortegada 5 11 1 2 8 12 25
18 CD Maceda 3 11 0 3 8 9 28

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS