Victoria ante a A.D. Covadonga nunha tarde de chuvia, incluso intensa por momentos, e no municipal de Espiñedo a mellor entrada nas gradas do que vai de tempada, notandose unha nutrida presenza de seguidores do equipo visitante que, malia a derrota, en ningún momento deixaron de animar aos seus. A chuvvia puxo o campo moi rápido para a circulación do balón, aínda que o céspede presentou un aspécto aceptable atá o final.
O partido tivo dúas partes nítidamente diferenciadas, unha para cada equipo. O Arenteiro presentabase cunha dianteira inédita na liga debido as baixas de Iglesias, por sancíón, e de Alén, lesionado, sen embargo, os verdes conseguirían encarrilar pronto o partido, na primeira media hora . No minuto 16 Pablo Dabarca cabecea un saque de esquina e logra o primeiro gol da tarde para o Arenteiro, tan so unhos minutos despois, no 22, Gele fai o segundo ao aporveitar un centro que lle chegou desde a dereita e desde o borde da área grande e tal como lle viña envia o balón pola escadra da portería visitante, un gran gol moi aplaudido pola afección local. E aínda non se cumplira a media hora de partido, no minuto 28, outra bonita combinación dos verdes é culminada por Carlos escudero cun centro-chut desde a banda dereita que, coa axuda do vento, colase na portería da AD. Covadonga.
Xa na reaunadación, os visitantes tomaron o mando no xogo, sobre todo a partir do minuto 56 tras a expulsión de Pablo Dabarca, por doble cartón amarelo. Desde ese momento a A.D. Covadonga convirtese en claro dominador do encontro, pero non consigue materializar con éxito ningunha das súas numerosas aproximacións á portería de Pachi, nin xiquera de Penalti cometido polo defensor local Igor, xa que Dacosta enviaría o balón ao longueiro. Aínda asi, o Arenteiro aínda tería unha clarísima ocasión para ampliar a súa victoria, tras un mal entendemento entre o porteiro e a defensa visitante, Canexón atopouse cun balón e o seu tiro, a porta valeira, pegou nun defensor e foise fora. Cos 3 puntos logrados esta tarde, o Arenteiro recupera o liderato na táboa de clasificación, desbancando precisamente dese posto á A.D. Covadonga.
RESULTADOS DA 8ª XORNADA
J8 | Ponte Ourense SAD | 0 - 1 | UP Taboadela |
J8 | CD Allariz | 3 - 1 | AT Villarino |
J8 | CF Monterrey | 3 - 4 | CD Velle |
J8 | CF Cortegada | 0 - 3 | SD Nogueira Ramuin |
J8 | Poligono San Ciprian | 3 - 1 | A Peroxa CF |
J8 | CD Maceda | 2 - 4 | CD Ramiranes |
J8 | SD Melias | 1 - 0 | SD Valenza |
J8 | CD Arenteiro | 3 - 0 | AD Covadonga |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 15 | 6 |
2 | UP Taboadela | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 14 | 6 |
3 | AD Covadonga | 16 | 8 | 5 | 1 | 2 | 21 | 14 |
4 | CD Ramiranes | 16 | 8 | 5 | 1 | 2 | 16 | 9 |
5 | SD Nogueira Ramuin | 15 | 8 | 4 | 3 | 1 | 15 | 8 |
6 | CD Velle | 15 | 8 | 4 | 3 | 1 | 14 | 12 |
7 | CD Allariz | 14 | 8 | 4 | 2 | 2 | 14 | 8 |
8 | A Peroxa CF | 13 | 8 | 4 | 1 | 3 | 16 | 10 |
9 | SD Valenza | 12 | 8 | 3 | 3 | 2 | 8 | 5 |
10 | Ponte Ourense SAD | 12 | 8 | 3 | 3 | 2 | 12 | 10 |
11 | SD Melias | 8 | 8 | 2 | 2 | 4 | 9 | 8 |
12 | CF Monterrey | 8 | 8 | 2 | 2 | 4 | 13 | 22 |
13 | Poligono San Ciprian | 7 | 8 | 1 | 4 | 3 | 9 | 10 |
14 | UD Barbadas B | 7 | 8 | 2 | 1 | 5 | 7 | 13 |
15 | AT Villarino | 5 | 8 | 1 | 2 | 5 | 9 | 18 |
16 | CF Cortegada | 5 | 8 | 1 | 2 | 5 | 8 | 17 |
17 | Maside CF | 5 | 8 | 1 | 2 | 5 | 8 | 18 |
18 | CD Maceda | 3 | 8 | 0 | 3 | 5 | 7 | 21 |
El Ayuntamiento de Avión, en colaboración con la Fundación Avión, en su apuesta por el fomento y uso de las nuevas tecnologías entre toda su población, convoca nuevamente diversos cursos de informática.
CURSOS BÁSICOS, para personas con ningún o escasos conocimientos informáticos:
- Curso de Iniciación a Internet (para aprender a navegar por la red)
- Curso de Iniciación al Correo Electrónico (para aprender a enviar y recibir e-mails)
- Curso de Iniciación al Word (para aprender las directrices básicas de este programa, redactar textos etc)
CURSOS ESPECÍFICOS, para personas con conocimientos informáticos ya adquiridos con el fin de aprender, recordar o practicar con aplicaciones más avanzadas:
- Curso de Word (manejo avanzado de este procesador de textos)
- Curso de Excel (manejo avanzado de hojas de cálculo)
- Curso de Autocad 3D (manejo de diseño gráfico asistido por ordenador, siendo uno de los más extendidos)
Todos estos cursos son totalmente gratuitos y se impartirán en grupos reducidos, con un máximo de 15 alumnos por turno para pdoer ofrecer una atención personalizada a cada uno de ellos, con horario a convenir entre los asistentes. Los interesados sólo deberán cubrir un formulario que les será facilitado en el Ayuntamiento, Biblioteca Municipal o en la sede Fundación Avión, en la 1ª Planta de la Casa Roja.
El plazo para inscribirse finaliza el próximo día 11 de Noviembre. En caso de haber más solicitantes que plazas disponibles la selección se hará por riguroso orden de presentación de instancias, teniendo preferencia aquellos que nunca asistieron a los cursos presentados en anteriores ediciones
Este venres 21 de outubro comenzan as Xociviga Animación, centradas no cine de animación e na banda deseñada, co debuxante galego David Rubín como un dos protagonistas destacados. As proxeccións comenzarán ás 18:00 horas, tanto na Casa da Cultura, cunha escolma de traballos do Festival de cine de animación de Barcelona, Xinacittà, como no Auditorio Municipal, coa proxección de Corto Maltés, a película, un clásico da animación baseado nunha historia do famoso persoaxe creado polo debuxante Hugo Pratt. As 20:00 horas presentaranse no auditorio os traballos premiados no Anirmau, festival internacional de cine de animación do IES Manuel Aller, que se está a convertir nun referente no panorama estatal de cine de animación. Pola noite, ás 23:00 horas, proxectarase Vals con Bashir, considerada por moitos críticos como unha obra maestra.
O sábado será un día cheo de cine e actividades, que comenzarán ás 12:00 da mañá coa firma de libros por parte de David Rubín na libraría Escolma. Pola tarde, ás 18:00 horas, presentará no Auditorio co director Marcos Nine o documental Radiografía de un escritor de tebeos, que trata de analizar e profundizar nas claves da súa obra, de recoñecido prestixio tanto dentro como fora das nosas fronteiras. Tamén se fará a inauguración dunha exposción da súa obra máis recente que se poderá ver na sala de exposicións do auditorio, onde se proxectará ás 23:00 horas a película franco-iraní Persépolis, baseada no coñecido cómic de Marjane Satrapi. As 16:00 horas haberá unha sesión de curtas de animación adicada ao público infantil, a cargo de Cinemas dixitais, que se repetirá o domingo co mesmo horario. Ás 20:00 horas repetirase Vals con Bashir.
Na casa da Cultura terá lugar ás 18:00 horas a presentación do curso de banda deseñada e outro de cine de animación, coa exhibición de traballos realizados por escolares de diferentes centros educativos de Galicia.
O domingo a actividade estrela será a película Arrugas. A cinta foi presentada no pasado festival de cine de San Sebastián, onde obtivo unha moi boa acollida entre o público e a crítica especializada. O seu estreo comercial será no 2012, e no Carballiño poderase ver unha parte da película, que será comentada polo seu equipo técnico, que explicará os pormenores da súa realización. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. As proxeccións continuaran este día tanto na Casa da Cultura como no Auditorio Municipal.
Aparte da expoción de David Rubín, no auditorio poderase ver outra exposición de banda deseñada do colectivo Polaquia e unha exposicion de cómics e novela gráfica.

Principio de acordo entre o equipo de goberno do Concello, Bispado e a Asociación Adro Novo, tras varias reunións chegouse a "un punto de encontro", asi o definíu o Alcalde do Carballiño ao anunciar que se abre agora un periodo no que tamén se escoitarán outras opinións, coma as dos grupos da oposición municipal ou o resto dos veciños que se viñeron involucrando neste proceso que, trala presión veciñal e a oposición do Bispado, motivaron a paralización do proxecto que inicialmente fora aprobado tanto polo concello como pola Xunta de Galicia.
Do polémico proxecto desaparecen todos os muros de formigón, que tanto rexeitamento provocaran, e tamén se suprimen en relación ao proxecto inicial a masa arborea de gran altura e as planchas de formigón que estaban previstas para o chan. No seu lugar, crearáse unha gran zona axardinada, según Marnotes, a solución dada "suprimirá os muros de formigón e todo se resolverá con taludes vexetais, a idea é crear un gran xardín no entorno da Veracruz", apuntou.
O Alcade, e mailo concelleiro de obras e urbanismo, Magín Daparte, tamén avanzaron que no proxecto que agora se remitirá á Xunta de Galicia, introduciránse cámbeos siñificativos nos dous viais que estaban contemplados. En relación á rúa de nova apertura que enlazará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde, manteráse o seu trazado "porque asi aparece no PXOM" pero terá dous tramos diferenciados, o primeiro aberto ao tráfico rodado pero dunha única dirección, e o segundo terá carácter peonil para "desta maneira unir as dúas partes verdes da praza", explicacaron os responsables municipais. En canto a rúa dos Canteiros "correxiuse a alineación que aparecía no primeiro proxecto, e en vez de ir recto faráse cunha pequena curva para salvar o cerre de pedra xa existente".
A entrada en funcionamento desde esta semana de novos múltiplex instalados no centro reemisor de Lebosende, no concello de Leiro, permitirá a mellora da oferta televisisa a centos de veciños de distintas parroquias dos concellos de Leiro, O Carballiño e San Amaro, e incluso de outros concellos limítrofes que reciben o sinal televisivo desde este centro reemisor. Calcúlase que aproximadamente unhos 1.800 veciños poden sintonizar xa estas novas canles, como Teledeporte, Marca TV, Nitro, 13 TV e os diversos programas en alta definición da Sexta e Antena 3, entre outras.
Para asegurarse de que a recepción é a correcta, as persoas interesadas deben chamar ao teléfono 981 572 154. Para sintonizar a televisión en alta definición, evidentemente deberán contar cun sintonizador en HD. Esta mellora técnica forma parte do plan de homoxenización da TDT, da Xunta de Galicia.
A maior parte dos edificios e instalacións municipais carecen de seguro para o "continente e o contido". Os responsables do equipo de goberno do Partido Popular solicitaron semanas atrás aos servizos administrativos do concello unha copia das pólizas que ten contratadas o concello do Carballiño e atopáronse con esta sorpresa.
As únicas pólizas de seguro existentes son as que foron contratadas para as pallozas do camping muncipal e os seguros obrigatorios de responsabilidade civil e dos vehículos dos que o concello é o seu titular. A preguntas desta emisora de radio asi o confirmaba o Alcalde Argimiro Marnotes "atopámonos con que non temos nin seguro de roubo nin tampouco de incendio para a practica totalidade dos edificios públicos municipais, é unha cousa grave e moi seria coa que nos encontramos e que estamos tratando de solucionar ". Nesta situación, atópase a propia casa do concello, e tamén outras edificicacións, como o auditorio ou a casa da cultura.
Tampouco contan con ningunha cobertura o resto das instalacións municipais, agás a nave-almacén municipal sita á entrada do polígono industrial da Uceira, que foi reconstruída tralo incendio que a destruíra no ano 2007, daquéla o concello non tivera ningún tipo de indemnización ao carecer a insfraestructura de póliza algunha. Unha achega económica de 600.000 euros da Xunta de Galicia fixera posible a súa construcción.
O grupo municpal de goberno do Partido Popular xa encargou a redacción dun informe de todas a propiedades muncipais, coa intención de solicicitar posteriormente propostas ás distintas compañías aseguradoras para correxir esta deficiencia.
Domingo para esquecer do Arenteiro en Taboadela, onde os locais foron mellores durante os 90 minutos ante un Arenteiro que en ningún momento logrou meterse no partido, quizás o esforzo do pasado mércores ante o Barbadás ou acaso que tampouco este equipo está aínda suficientemente rodado, o certo é que, tras irse con empate sen goles ao descanso, na segunda parte a U.P. Taboadela foi moi superior e cada vez que chegaba á portería de Samuel creaba perigo, tapouco é que chegase moitas veces, en realidade chegou catro veces e marcou tres goles.
Non necesitou a U.P. Taboadela facer máis para derrotar a un pobre Arenteiro, con enormes fisuras en defensa e sen o máis mínimo control do xogo no centro do campo. Se ben durante a primeira parte ambos comxuntos repartironse as ocasións de gol, na reanudación, nos primeiros 10 minutos o Taboadela sentenciou o partido con dous goles nun breve intervalo de tempo. Por se todo esto fora pouco, Alén tiña que retirarse do campo lesionado e Iglesias era expulsado por cartón vermello, antes xa vira o amarelo, ao enfrontarse a un xogador da U.P. Taboadela despóis de recibir un pisotón, o árbitro nin tan xiquera amonestou ao futbolista local e mandou a Iglesias ao vestiario, tras esa mesma xogada tamèn expulsou ao adestrador Dacosta por protestarlle a decisión.
Mal partido do Arenteiro ante un Taboadela que, polo visto atá agora entre os equipos que se enfrontaron ao Arenteiro, está chamado a estar no grupo de arriba. O Arenteiro, ou ofrece outra imaxe moi distinta ou terá dificultades para optar o ascenso, que é a única meta que se lle supón nesta liga. Trala derrota en Taboadela, os carballiñeses perden o liderato en favor do Covadonga, que será precisamente o próximo visitante en Espiñedo o vindeiro domingo.
RESULTADOS DA 7ª XORNADA
Maside CF | 1 - 5 | Ponte Ourense SAD | |
AT Villarino | 1 - 0 | UD Barbadas B | |
CD Velle | 1 - 4 | CD Allariz | |
SD Nogueira Ramuin | 1 - 2 | CF Monterrey | |
A Peroxa CF | 4 - 1 | CF Cortegada | |
CD Ramiranes | 2 - 1 | Poligono San Ciprian | |
SD Valenza | 2 - 0 | CD Maceda | |
AD Covadonga | 1 - 0 | SD Melias | |
UP Taboadela | 3 - 0 | CD Arenteiro |
A clave desta diferencia en relación aos 11,5 millóns que apuntaran desde o Partido Popular estaría no saldo con Aquagest, según os socialistas a empresa debe ao concello unhos 9 miilóns de euros, unha cantidade que compensaría os 9 millóns que á súa vez o concello adébeda á empresa que xestiona o servizo municipal de abastecemento de auga.
O portavoz do PSOE, Paco Fumega, desvelaba como "na pasada semana tivemos unha comisión de contas na que estaban presentes a interventora e a secretaria, e a preguntas do noso concelleiro Victor Tato sobre a débeda que Aquagest mantén có concello, a intervención municipal enmendou dunha maneira clara ao concelleiro de facenda, o concello ten un contrato con Aquagest polo que a empresa tén que pagar unhas cantidades que practicamente compensan as cantidades que tén que pagar o concello". Según os socialistas, esa cifra ascende aos 9 millóns de euros, o que deixaría as facturas pendientes de pago aos proveedores nos 2,5 millóns de euros ao cerre do exercicio contable de 2010 "e estaría nos 3 millóns de euros a final deste ano 2011", dixo Fumega.
O Portavoz dos socialistas no concello carballiñés considera que "a débeda cos proveedores é normal, como a de calquera outro concello", e ademáis, suliñou que o remanente líquido en tesoureira co que se atoparon os populares "foi de 1,9 millóns de euros, o que rebaixa esa débeda cos proveedores, ademáis agora estanse cobrando os ibis e demáis impostos". Fumega considera que o Partido Popular persigue despistar á opinión pública con esta polémica sobre a débeda "o problema é non ter ideas, non ter proxectos e ir as eleccións cun programa que sabes que non podes cumplir", sentenciou o portavoz dos socialistas.
Un solitario gol do ex-Arenteiro Martín no minuto 39 de partido apeou aos carballiñeses da copa Deputación. Durante a primeira parfte o Barbadás foi o equipo que dominou máis claramente o partido, aínda que tán só conseguia levar perigo ante a portería do Arenteiro a balón parado, nunha desas xogadas logrou o argentino o gol que daria a victoria aos azulóns, saque de esquina e Martin libre de marca dentro da área cabecea ao fondo da portería carballiñesa. Na segunda parte o partido equilibrouse e ambos equipos tiveron ocasións de facer gol, ainda que o marcador xa non se movería, nun partido no que o Arenteiro deu a cara ante un discreto Barbadás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 708
- 709
- 710
- 711
- 712
- 713
- 714
- 715
- 716
- …
- seguinte ›
- última »