5, Agosto 2011

A visita institucional do Presidente da Xunta ao Concello do Carballiño, que servíu para inaugurar a nova depuradora de residuais do Carrás, motivou a reacción da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, emitindo un comunicado no que afirman "que a inauguración da nova pranta depuradora é un mérito do PSdeG, e máis concretamente do seu secretario xeral, Pachi Vázquez, que promoveu, sendo conselleiro de medio ambiente, o proxecto, a licitación e execución de esta obra esencial para o saneamento integral do Carballiño". Os socialistas tamén se adxudican a consecución de outras actuacións no Carballiño, con investimentos que elevan atá os 9,3 millóns de euros, entre os que estarían  a ampliación da depuradora do Arenteiro, o saneamento do rural ou as urbanizacións ras rúas Marcelino Parrondo ou a urbanización Ben-cho-sei, "ésta é a verdadeira herencia que lle deixamos os socialistas a todos os carballiñeses", afirman.

Alberto Núñez Feijóo foi recibido na casa do concello polo Alcalde Argimiro Marnotes e unha parte da corporación municipal, tras interesarse por algunhos aspectos da vida municipal, o Presidente da Xunta asinou no libro de honra do Concello, para logo trasladarse atá as instalacións da nova EDAR do río Carrás, nas inmediacións do Penedo de Partovia, acompañado do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, e varios Alcaldes da Comarca que se uniron a este acto celebrado baixo carpa. No mesmo, Feijóo referíuse ó Carballiño "como ún dos poucos lugares de Galicia que levan á natureza no seu propio nome, que naceu ó pé dun carballo...e con este concello que leva a natureza no seu nome, a Xunta de Galicia tiña que ter unha especial sensibilidade co seu medio ambiente, naceu asi un proxecto, o de esta EDAR, alá polo 2007, que mellora a calidade das augas do río Carrás, e polo tanto do Arenteiro, o Avia e o mesmo Miño".  O investimento autonómico desta obra, incluidos os 10 kms. de colectores, ascende a 6.916.252 euros.

O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, aprobeitou a súa intervención, para repasar outros proxectos que deberán resolverse durante este mandato, con axuda autonómica, entre os que citou como prioritario a urbanización do entorno da Veracruz, tamén o museo do papel, con serios problemas -dixo- sobre a titularidade legal dos terreos, a posta en marcha do parque intercomarcal de bombeiros e a modificación do Plan Xeral, "no que se planifique unha circunvalación que sexa factible facer por medio dun convenio". Tamén se referíu Marnotes a cosntrucción dunha estación intermodal de transportes e a un novo centro de saúde.

5, Agosto 2011

A XI edición da festa do cabalo do Concello do Irixo, que se celebra este domingo 7 de agosto na carballeira do Tellado, ofrécenos este ano varias novidades na súa programación, entre elas, unha exhibición de doma clásica que estará a cargo dos xinetes do club deportivo ecuéstre de Ourense, que terá lugar ás 6,30 da tarde. O Tenente-Alcalde do Irixo e coordenador da festa, Manuel "Lito" Cerdeira, tamén confirmaba a participación de xinetes procedentes de Santiago e Pontevedra e que protagonizarán un concurso de beleza e estampa para cabalos árabes, outra das actividades que se incluen por vez primeira na programación da festa.

 A outra novidade para este domingo estará na celebración dunha ruta cabalar que sairá ás 10 da mañá desde a propia carballeira do Tellado para percorrer unha distancia dunhos 20 kms. que Lito Cerdeira destacaba "pola súa impresionante beleza paisaxística, e que nos levará pola Lama e Menaz atá Orosa, dese alí subirémos atá o parque eólico, para divisar unha visión completa do Concello do Irixo, adentrándonos despois no Concello de Piñor atá Marañis e regresando á carballeira do Tellado a través da Cruz da Grade". Ademáis na programación de activdades tamén nos encontramos cos xa tradicionais concursos de andadura e beleza e estampa, e unha jinkana tanto para nenos como adultos. As persoas que se acheguen ata a emblemática carballeira do Tellado poderán degustar un xantar popular, no que non faltarán o polbo á feira, a carne ó caldeiro e o churrasco. Á tardiña, un dúo musical amenizará a despedida festiva.

3, Agosto 2011

Antes do vindeiro dia 31 de agosto será adxudicado o contrato para a realización dunha auditoria das contas muncipais dos anos 2007, 2008, 2009, 2010 e o primeiro semestre de 2011. O Concello elexirá a unha das 3 empresas auditoras ás que invitou a presentar as súas ofertas, que non deberán exceder dos 18.000 euros "éste será pois o coste máximo que terá este encargo para o concello do Carballiño", según avanzou o Alcalde Argimiro Marnotes ao dar a coñecer esta decisión do goberno municipal que xustificou "porque entendemos que éste é un tema moi importante para o Concello do Carballiño, porque son moitos os veciños que queren saber a situación real do concello, e é importante porque para o novo equipo de goberno saber de esta situación é imprescindible para organizar os catro anos de este mandato que temos por diante".

A auditoria que se realizará por parte da empresa que resulte adxudicataria, deberá contemplar 5 capítulos, que son os seguintes:

1.- Grao de cumplimento da instrucción contable.

2.- A determinación da débeda con terceiros.

3.- Revisión do remanente de tesoureiría e remanentes de crédito.

4.- Revisión dos gastos con financiación afectada.

5.- Determinación dos dereitos pendientes de cobro.

Marnotes tamén deu a coñeder outras xestións que ven de facer en relación as facturas que deixou pendientes o anterior goberno municipal, concretamente refeíruse a unha negociación coa antiga empresa que se ocupaba da recadación municipal, e coa que o Alcalde asegurou "acadar un principio de acordo para que retirase a reclamación que xa estaba no xulgado, e asi aforrar intereses e costas xudiciais". esta reclamación ascende a 189.000 euros, en varias facturas que son anteriores todas elas ó ano 2009, e que tampouco foron incluidas no plan de saneamento. Tamén acudíu xa ó xulgado para reclamar o pago de facturas ó concello carballiñés a SGAE, que embargou as contas municpais para cobrar un importe de 3.000 euros.

 

2, Agosto 2011

Unha discusión entre estremeiros dunha finca, na localidade de Fabeiros, no Concello do Irixo, estivo a punto de rematar de forma tráxica. Nun momento da rifa que mantiñan polas desavencias en relación á estrema dunha leira, unha muller, de 79 anos de idade, perdeu o equilibrio, caendose ó chan e golpeando entón a cabeza contra un poste de pedra, tivo que ser trasladada ao centro de saúde ónde recibiíu 7 puntos de sutura. A Garda Civil do Carballiño, que tivo coñecemento do suceso ocurrido nesta localidade de Fabeiros, na parroquia de San Cosme de Cusanca, localizou e detivo esta mañá como presunto autor da agresión a A.L.F, de 53 anos de idade, con veciñanza na mesma localidade da víctima.

1, Agosto 2011

O Arenteiro abre os partidiños de pretempada o venres dia 5 de agosto ás 8,30 da tarde enfrontandose no campo dos Remedios de Ourense o equipo do Pabillón, da liga nacional xuvenil. O xoves 11, no sintético da Uceira recibirá ao Sportig Celanova, e xa na víspera da festa do polbo, o sábado dia 13 en Espiñedo, presentaráse o novo Arenteiro ante o primeiro equipo do C.D. Ourense. Como queira que o equipo quedou exento da primeira ronda da copa Deputación, están aínda pendientes de confirmarse novos amigables, antes do inicio da competición de liga na 1ª autonómica, que será o dia 4 de setembro.

Desde o pasado dia 27 de xullo, un total de 20 futbolistas están adestrando baixo as ordes de Ramón Dacosta, son os seguintes:

PORTEIROS: Pachi, que procede do Ourense B e Samuel, que continua da tempada anterior.

DEFENSAS: Continuan no equipo do ano anterior, Igor e Diego Viñas. Chegan novos Marcos Sotelo ( Barbadás), Carlos Escudero (At. Vilariño), Rubén (C.D. Barco), Luis Vilachá (Verín) e Gabriel Carballeda (Pabillón, liga nacional xuvenil).

MEDIOS: César, que continua da pasada tempada. Incorporanse, Brandan ( xuvenil da EMF), Iago Canexón (xuvenil da EMF), Miguel Prada (Melias), Pana (xuvenil da EMF), Gele (Sp.Celanova), e Alex Bardelás (Maside F.C.).

DIANTEIROS: Continúa no equipo Cancelas. E chegan este ano Julio Alén (Cortegada), Fabián (xuvenil EMF), e Adrián Iglesias.

 

1, Agosto 2011

O Partido Popular mantén o seu compromiso electoral e logo anunciará a contratación dunha auditoria das contas municipais dos últimos anos no Concello do Carballiño. Mentres, siguen transcendendo datos sobre a existencia de facturas impagadas e que quedaron fora do plan de saneamento, en algunhos casos chaman a atención pola súa elevada contía económica, asi o puxo de manifesto no transcurso dunha intervención a través desta emisora de radio o Portavoz do grupo de goberno Martín Nogueira "estou que alucino ao saber que a unha empresa de autobuses se lle deben 300.000 euros, cando cheguei ó concello e vín as facturas que se lle debian a unha empresa de autobuses, quedei alucinado, nunca pensei que poidesen deberselle tantos cartos a unha empresa de autobuses, máis de 300.000 euros é moito diñeiro".

 A esta empresa de autobuses, que non é a única do sector do transporte con facturas pendientes de cobro -aínda que en cantidades menores-, o concello do Carballiño débelle facturas -algunha aínda en pesetas- en concepto de servizos prestados á institución municipal, tales como excursións, desplazamentos das escolas deportivas e os servizos do "noitebús" dos últimos anos. Martín Nogueira calificou como de "total descontrol" a xestión económica que facía o anterior goberno socialista e puxo de exemplo "unha factura de 250 euros en concepto da compra dunha fregona, da que se fala moito no Concello", e engadíu como "pouca xente ven ó concello para pedir traballo ou pedir un favor persoal, o 90% da xente que estamos recibindo acude ó concello para que lle paguen as súas facturas, estaban acostumados a que os botasen do concello", enfatizou.

29, Xullo 2011

Un novo éxito dos polbeiros de Arcos, como sempre alá onde van, o polbo a feira do Carballiño deixa satisfeitos os padais máis esixentes e recolle parabéns, asi foi tamén desta vez, con motivo do acto de presentación e promoción da festa do polbo 2011 dedicada ó sector productivo do cogombro. O Castelo de Santa Ana da localidade almeriense de Roquetas de Mar acolleu este acto ó que acudiron un grupo de carballiñeses e ourensanos afincados na provincia de Almeria e que non quederon perderse a ocasión de saudar ós seus paisanos nin tampouco, por suposto, degustar o auténtico polbo a feira, e de esta vez en maridaxe cos productos da horta ofrecidos polos anfitrións. 

O Alcalde de Roquetas de Mar e Presidente da Deputación de Almeria, Gabriel Amat, destacou na súa intervención a decisiva importancia que para a economia local ten a horta e os seus productos, lembrando a "enorme ledicia" coa que no seu dia recibíu a chamada telefónica desde O Carballiño, cando foi informado da decisión do Concello Carballiñés de dedicarlle a festa ós productores almerienses, tras a crise orixinada polas falsa alarma provocada desde Alemania polas infeccións do "E coli". Precisamente, O Alcalde do Carballiño, recoñecía que "ese foi o motivo da nosa decisión, non dudamos en elexir a dedicatoria de este ano porque tocaba ser solidarios, tocaba destacar a marca España como un refrente de todos, e por eso consideramos que a horta do poniente español debía de ter este recoñecemento por parte dunha festa con tanto poder de convotoria, sobre todo tras as inxustas agresiós sufridas", suliñou.

Compartiron a mesa de presentación de este acto, xunto ós rexidores municipais de Roquetas de Mar e O Carballiño, o Concelleiro de agricultura de Roquetas Nicolás Manzano e a Concelleira de turismo do Carballiño Pilar Caride, tamén estiveron presentes representantes dos Concellos de El Ejido e Almeria. Por parte carballiñesa completaban a expedición o Concelleiro de Cultura Rodrigo González e o técnico de turismo do concello carballiñes, Gustavo Ledo.

 

28, Xullo 2011

A festa concebiuse como "unha homenaxe anual a  todos os veciños emigrados, aínda que leve o nome de festa mexicana por ser ésta a nacionalidade na que residen a maioria dos emigrantes deste concello de Avión", asi o explicaba a organizadora deste evento festivo e gastronómico que na súa séptima edición ten lugar este venres 29 de xullo desde as 8 da tarde atá a unha da noite, na praza da Igrexa de Avión. Isabel Gabián recordaba como, efectivamente, aínda que México fose o destino maioritario para os miles de avionenses que emigraron desde este concello nos últimos 50 anos, tamén o fixeron a outros países como Venezuela, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil, e mesmo a destinos europeos, sobre todo a Holanda e Alemania, "no concello de Avión, somos como unha pequena ONU", suliñaba a representante da "Fundación Avión" e coordenadora desta festa mexicana. A música popular e a gastronomia tradicional do país azteca volven ser os grandes atractivos deste evento, que tampouco se esquece dos nenos e os tradicionais xogos das piñatas, este ano confeccionadas para a ocasión polas persoas maiores residentes no centro social "Albetus", que asi colaboran activamente na organización da festa. Tres restaurantes especializados en comida mexicana instalarán as súas cociñas para preparar os típicos "antojitos", que tanta aceptación teñen tamén na nosa terra, "o ano pasado declarouse a cociña tradicional mexicana patrimonio inmaterial da humanidade por parte da UNESCO, o que nos dá unha idea do seu recoñecento", reocordaba Isabel Gabián. Outro dos alicientes da festa é a música en directo, que correrá este ano a cargo dos mariachis "Fiesta Ranchera" e "Garibaldi".

26, Xullo 2011

A situación económica na que se encontra o Concello do Carballiño continúa sendo unha das preocupacións para o novo goberno municipal do Partido Popular, conforme pasan os dias e van coñecendo novos datos, concretamente sobre a existencia de facturas pendientes de pago, os novos gobernantes carballiñeses non disimulan a súa inquietude pola situación. O Portavoz do grupo de goberno, Martín Nogueira confirmou a esta emisora de radio que tan só con Fenosa a débeda municipal ascende a dia de hoxe a 404.700 euros "son facturas que foron quedando atrasadas e que corresponden a mensualidades que en algunhos casos se remontan a unha antiguidade de 5 anos", asegurou. O Concello do Carballiño debe a Fenosa todas a mensualidades correspondentes o ano 2010. Precisamente, no pleno da Corporación convocado para este dia 27 de xullo, deberá aprobarse un expediente de recoñecemento extraxudicial de facturas, por importe de 173.000 euros, tratase dun lote no que figuran facturas que -según confirmou o Alcalde Argimiro Marnotes- remontanse incluso aos anos anteriores ó plan de saneamento económico ó que se acolleu o Concello do Carballiño, e aínda en vigor.

Ademáis, nesta mesma sesión plenaria, a corporación carballiñesa será informada dos reaxustes que se introducirán na tramitación do novo Plan Xeral de Urbanismo (PXOM) do Concello do Carballiño, xa que as últimas condicións fixadas pola Xunta determinan que a aprobación definitiva do futuro regulamento urbanístico do Carballiño deberá acordarse antes do mes de febreiro de 2015. Tamén se tratará neste pleno a bonificación do 95% na licenza municipal para a obra de ampliación e modernización do balneario das Caldas de Partovia. 

24, Xullo 2011

"Asi son as mañás de Cope" trasladouse esta semana atá o concello de Carballedo, co que a nosa comarca mantén unha gran interrelación, tal como se puxo de manifesto durante a emisión do programa, que se transmitíu desde o salón de actos da casa do Concello, na localidade de A Barrela, que celebra atá o dia 26 as festas do Santiago. No transcurso do programa, no que varios invitados expuxeron a realidade social, económica, cultural e festiva deste municipio lucense limítrofe con San Cristovo de Cea, tamén participou o Alcalde da localidade, Julio Yebra-Pimentel, que aproveitou a súa intervención radifónica para defender a continuidade dos Concellos, incluso dos pequenos, mostrandose abertamente contrario á fusión de municipios como agora mesmo se propón desde algunhos ámbitos porque "sería un grave erro, e non aforraría costes como se está decindo, non vexo onde está o aforro que se dí, porque o mantemento das estradas hai que facélo o mesmo, igual que a recollida do lixo ou as iluminacións, os gastos son os mesmos xestionese desde onde se xestione, e polo contrario perderíase unha institución coa que os veciños están plenamente idenficados, é a administracción máis próxima e a que acuden para expoñer os seus problemas do dia a dia e para os que hai que dar resposta". Tamén se referíu a "particular idiosincrasia do habitat galego" e como exemplo puxo o Concello de Carballedo "con 160 kms. cadrados e 201 entidades de poboación, se desconto as vacacións e festivos e fines de semana, o Alcalde necesitaría todo o ano se quere estar un dia nun dos 201 pobos que tén este concello", ironizou. Yebra-Pimentel, que o pasado 22 de maio conseguíu para o Partido Popular 9 dos 11 concelleiros que integran a corporación de Carballedo, logrando un resultado histórico tras 28 anos exercendo como Alcalde, pedíu cámbeos urxentes na financiación dos concellos "xa que  son a gran asignatura pendiente do sistema democrático, a parente pobre das administraccións, cunhos recursos moi limitados para a gran cantidade de competencias e servizos que teñen que desenvolver, e non podemos estar permanentemente pendientes das achegas doutras administraccións, porque eso non é forma de gobernar", remarcou.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS