1, Agosto 2011

O Arenteiro abre os partidiños de pretempada o venres dia 5 de agosto ás 8,30 da tarde enfrontandose no campo dos Remedios de Ourense o equipo do Pabillón, da liga nacional xuvenil. O xoves 11, no sintético da Uceira recibirá ao Sportig Celanova, e xa na víspera da festa do polbo, o sábado dia 13 en Espiñedo, presentaráse o novo Arenteiro ante o primeiro equipo do C.D. Ourense. Como queira que o equipo quedou exento da primeira ronda da copa Deputación, están aínda pendientes de confirmarse novos amigables, antes do inicio da competición de liga na 1ª autonómica, que será o dia 4 de setembro.

Desde o pasado dia 27 de xullo, un total de 20 futbolistas están adestrando baixo as ordes de Ramón Dacosta, son os seguintes:

PORTEIROS: Pachi, que procede do Ourense B e Samuel, que continua da tempada anterior.

DEFENSAS: Continuan no equipo do ano anterior, Igor e Diego Viñas. Chegan novos Marcos Sotelo ( Barbadás), Carlos Escudero (At. Vilariño), Rubén (C.D. Barco), Luis Vilachá (Verín) e Gabriel Carballeda (Pabillón, liga nacional xuvenil).

MEDIOS: César, que continua da pasada tempada. Incorporanse, Brandan ( xuvenil da EMF), Iago Canexón (xuvenil da EMF), Miguel Prada (Melias), Pana (xuvenil da EMF), Gele (Sp.Celanova), e Alex Bardelás (Maside F.C.).

DIANTEIROS: Continúa no equipo Cancelas. E chegan este ano Julio Alén (Cortegada), Fabián (xuvenil EMF), e Adrián Iglesias.

 

1, Agosto 2011

O Partido Popular mantén o seu compromiso electoral e logo anunciará a contratación dunha auditoria das contas municipais dos últimos anos no Concello do Carballiño. Mentres, siguen transcendendo datos sobre a existencia de facturas impagadas e que quedaron fora do plan de saneamento, en algunhos casos chaman a atención pola súa elevada contía económica, asi o puxo de manifesto no transcurso dunha intervención a través desta emisora de radio o Portavoz do grupo de goberno Martín Nogueira "estou que alucino ao saber que a unha empresa de autobuses se lle deben 300.000 euros, cando cheguei ó concello e vín as facturas que se lle debian a unha empresa de autobuses, quedei alucinado, nunca pensei que poidesen deberselle tantos cartos a unha empresa de autobuses, máis de 300.000 euros é moito diñeiro".

 A esta empresa de autobuses, que non é a única do sector do transporte con facturas pendientes de cobro -aínda que en cantidades menores-, o concello do Carballiño débelle facturas -algunha aínda en pesetas- en concepto de servizos prestados á institución municipal, tales como excursións, desplazamentos das escolas deportivas e os servizos do "noitebús" dos últimos anos. Martín Nogueira calificou como de "total descontrol" a xestión económica que facía o anterior goberno socialista e puxo de exemplo "unha factura de 250 euros en concepto da compra dunha fregona, da que se fala moito no Concello", e engadíu como "pouca xente ven ó concello para pedir traballo ou pedir un favor persoal, o 90% da xente que estamos recibindo acude ó concello para que lle paguen as súas facturas, estaban acostumados a que os botasen do concello", enfatizou.

29, Xullo 2011

Un novo éxito dos polbeiros de Arcos, como sempre alá onde van, o polbo a feira do Carballiño deixa satisfeitos os padais máis esixentes e recolle parabéns, asi foi tamén desta vez, con motivo do acto de presentación e promoción da festa do polbo 2011 dedicada ó sector productivo do cogombro. O Castelo de Santa Ana da localidade almeriense de Roquetas de Mar acolleu este acto ó que acudiron un grupo de carballiñeses e ourensanos afincados na provincia de Almeria e que non quederon perderse a ocasión de saudar ós seus paisanos nin tampouco, por suposto, degustar o auténtico polbo a feira, e de esta vez en maridaxe cos productos da horta ofrecidos polos anfitrións. 

O Alcalde de Roquetas de Mar e Presidente da Deputación de Almeria, Gabriel Amat, destacou na súa intervención a decisiva importancia que para a economia local ten a horta e os seus productos, lembrando a "enorme ledicia" coa que no seu dia recibíu a chamada telefónica desde O Carballiño, cando foi informado da decisión do Concello Carballiñés de dedicarlle a festa ós productores almerienses, tras a crise orixinada polas falsa alarma provocada desde Alemania polas infeccións do "E coli". Precisamente, O Alcalde do Carballiño, recoñecía que "ese foi o motivo da nosa decisión, non dudamos en elexir a dedicatoria de este ano porque tocaba ser solidarios, tocaba destacar a marca España como un refrente de todos, e por eso consideramos que a horta do poniente español debía de ter este recoñecemento por parte dunha festa con tanto poder de convotoria, sobre todo tras as inxustas agresiós sufridas", suliñou.

Compartiron a mesa de presentación de este acto, xunto ós rexidores municipais de Roquetas de Mar e O Carballiño, o Concelleiro de agricultura de Roquetas Nicolás Manzano e a Concelleira de turismo do Carballiño Pilar Caride, tamén estiveron presentes representantes dos Concellos de El Ejido e Almeria. Por parte carballiñesa completaban a expedición o Concelleiro de Cultura Rodrigo González e o técnico de turismo do concello carballiñes, Gustavo Ledo.

 

28, Xullo 2011

A festa concebiuse como "unha homenaxe anual a  todos os veciños emigrados, aínda que leve o nome de festa mexicana por ser ésta a nacionalidade na que residen a maioria dos emigrantes deste concello de Avión", asi o explicaba a organizadora deste evento festivo e gastronómico que na súa séptima edición ten lugar este venres 29 de xullo desde as 8 da tarde atá a unha da noite, na praza da Igrexa de Avión. Isabel Gabián recordaba como, efectivamente, aínda que México fose o destino maioritario para os miles de avionenses que emigraron desde este concello nos últimos 50 anos, tamén o fixeron a outros países como Venezuela, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil, e mesmo a destinos europeos, sobre todo a Holanda e Alemania, "no concello de Avión, somos como unha pequena ONU", suliñaba a representante da "Fundación Avión" e coordenadora desta festa mexicana. A música popular e a gastronomia tradicional do país azteca volven ser os grandes atractivos deste evento, que tampouco se esquece dos nenos e os tradicionais xogos das piñatas, este ano confeccionadas para a ocasión polas persoas maiores residentes no centro social "Albetus", que asi colaboran activamente na organización da festa. Tres restaurantes especializados en comida mexicana instalarán as súas cociñas para preparar os típicos "antojitos", que tanta aceptación teñen tamén na nosa terra, "o ano pasado declarouse a cociña tradicional mexicana patrimonio inmaterial da humanidade por parte da UNESCO, o que nos dá unha idea do seu recoñecento", reocordaba Isabel Gabián. Outro dos alicientes da festa é a música en directo, que correrá este ano a cargo dos mariachis "Fiesta Ranchera" e "Garibaldi".

26, Xullo 2011

A situación económica na que se encontra o Concello do Carballiño continúa sendo unha das preocupacións para o novo goberno municipal do Partido Popular, conforme pasan os dias e van coñecendo novos datos, concretamente sobre a existencia de facturas pendientes de pago, os novos gobernantes carballiñeses non disimulan a súa inquietude pola situación. O Portavoz do grupo de goberno, Martín Nogueira confirmou a esta emisora de radio que tan só con Fenosa a débeda municipal ascende a dia de hoxe a 404.700 euros "son facturas que foron quedando atrasadas e que corresponden a mensualidades que en algunhos casos se remontan a unha antiguidade de 5 anos", asegurou. O Concello do Carballiño debe a Fenosa todas a mensualidades correspondentes o ano 2010. Precisamente, no pleno da Corporación convocado para este dia 27 de xullo, deberá aprobarse un expediente de recoñecemento extraxudicial de facturas, por importe de 173.000 euros, tratase dun lote no que figuran facturas que -según confirmou o Alcalde Argimiro Marnotes- remontanse incluso aos anos anteriores ó plan de saneamento económico ó que se acolleu o Concello do Carballiño, e aínda en vigor.

Ademáis, nesta mesma sesión plenaria, a corporación carballiñesa será informada dos reaxustes que se introducirán na tramitación do novo Plan Xeral de Urbanismo (PXOM) do Concello do Carballiño, xa que as últimas condicións fixadas pola Xunta determinan que a aprobación definitiva do futuro regulamento urbanístico do Carballiño deberá acordarse antes do mes de febreiro de 2015. Tamén se tratará neste pleno a bonificación do 95% na licenza municipal para a obra de ampliación e modernización do balneario das Caldas de Partovia. 

24, Xullo 2011

"Asi son as mañás de Cope" trasladouse esta semana atá o concello de Carballedo, co que a nosa comarca mantén unha gran interrelación, tal como se puxo de manifesto durante a emisión do programa, que se transmitíu desde o salón de actos da casa do Concello, na localidade de A Barrela, que celebra atá o dia 26 as festas do Santiago. No transcurso do programa, no que varios invitados expuxeron a realidade social, económica, cultural e festiva deste municipio lucense limítrofe con San Cristovo de Cea, tamén participou o Alcalde da localidade, Julio Yebra-Pimentel, que aproveitou a súa intervención radifónica para defender a continuidade dos Concellos, incluso dos pequenos, mostrandose abertamente contrario á fusión de municipios como agora mesmo se propón desde algunhos ámbitos porque "sería un grave erro, e non aforraría costes como se está decindo, non vexo onde está o aforro que se dí, porque o mantemento das estradas hai que facélo o mesmo, igual que a recollida do lixo ou as iluminacións, os gastos son os mesmos xestionese desde onde se xestione, e polo contrario perderíase unha institución coa que os veciños están plenamente idenficados, é a administracción máis próxima e a que acuden para expoñer os seus problemas do dia a dia e para os que hai que dar resposta". Tamén se referíu a "particular idiosincrasia do habitat galego" e como exemplo puxo o Concello de Carballedo "con 160 kms. cadrados e 201 entidades de poboación, se desconto as vacacións e festivos e fines de semana, o Alcalde necesitaría todo o ano se quere estar un dia nun dos 201 pobos que tén este concello", ironizou. Yebra-Pimentel, que o pasado 22 de maio conseguíu para o Partido Popular 9 dos 11 concelleiros que integran a corporación de Carballedo, logrando un resultado histórico tras 28 anos exercendo como Alcalde, pedíu cámbeos urxentes na financiación dos concellos "xa que  son a gran asignatura pendiente do sistema democrático, a parente pobre das administraccións, cunhos recursos moi limitados para a gran cantidade de competencias e servizos que teñen que desenvolver, e non podemos estar permanentemente pendientes das achegas doutras administraccións, porque eso non é forma de gobernar", remarcou.

22, Xullo 2011

Benigna P.R., de 81 anos de idade e veciña da rúa Calviño do Carballliño recibíu onte a primeira hora da tarde a visita de dous supostos funcionarios do Estado, ós que abríu as portas da súa vivenda co pretexto de ver a casa para outorgarlle unha axuda para a súa rehabilitación. Despois da visita, a muller comprobou como lle desapareceran unha cadea e unhos pendentes de ouro, asi como 2.200 euros que gardaba no domicilio, polo que de inmediato chamou á Policia Local do Carballiño. A rápida intervención dos axentes locais e dunha patrulla da Garda Civil logo localizou a ún dos presuntos ladrós nun monte próximo á vivenda onde se cometeu o roubo, na rúa Calviño do Carballiño, nas inmediacións do campo de fútbol e o camiño vello de Mesego. As forzas de seguridade procederon a detención de Luis Antonio P.D, de 46 anos de idade, e veciño de Valladolid, que levaba con él as xoias roubadas. Posteriormente, no interior dun sobre abandonado no monte, atoparanse 2.200 euros en diñeiro efectivo. Xunto co detido, participou no roubo unha segunda persoa, un home dunhos 25 anos de idade que conseguíu burlar a presencia policial.

20, Xullo 2011

O futbolista carioca que chegara ó plantel de Espiñedo no tramo final da pasada tempada, e incialmente ía continuar formando parte do proxecto para a 1ª autonómica, xa está fora do Arenteiro. Costa Damasceno "Marconi" causou baixa por falla de entendemento tanto có adestrador como coa xunta directiva, ó entender que o xogador non se adaptaba ás esixencias do club presidido por Antonio Iglesias "Cadavid". A baixa do central brasileiro quedaba cuberta no transcurso desta semana coa fichaxe de Rubén, ex-xogador da Ponte e o Melias, que chega procedente do C.D.Barco, no que militou na pasada tempada e acadando cos valdeorreses o ascenso á preferente autonómica. Trátase dun xogador de 22 anos moi do agrado de Ramón Dacosta, tras esta fichaxe dase por cerrada a composición do plantel, cun total de 22 fichas, salvo que como recoñecia o propio adestrador "aparezca un mirlo branco, non sendo asi estou satisfeito co que temos, e creo que será suficiente para cumplir os obxetivos".

19, Xullo 2011

Cando están a punto de cumplirse os dous meses desde as eleccións muncipais do pasado 22 de maio, o que fora candidato dos socialistas á Alcaldia do Carballiño e agora xefe da oposición na súa condición de portavoz do grupo municipal socialista, Paco Fumega, repasou nunha entrevista en Cope O Carballiño este inicio do mandato municipal, e mesmo se referíu a outras cuestiós de carácter interno no seu partido, como as críticas que se produciron no entorno do PSOE local tras a designación de Gillermo Dopazo como Deputado Provincial en representación dos concellais socialistas da Comarca do Carballiño.En relación a este asunto, Fumega dixo "teño que ser nitidamente claro, eu non quixen ser, ofreceronmo, o partido, os compañeiros todos, pero nin eu nin o Alcalde de Piñor nin tampouco o Alcalde de Maside consideramos que fora oportuno nin bó para os nosos concellos dedicarnos á Deputación Provincial, considero que o traballo de oposición no Carballiño ten a suficiente entidade como para dedicarme en corpo e alma a él ", xa de forma máis explícita sobre a designación de Dopazo engadíu que " dentro das posibilidades que se barallaron considerouse por unanimidade que fora Dopazo, que tampouco se postulou, pero o partido considerou que era a persoa que tiña máis tempo e dispoñibilidade, e mellor podía representarnos".

Xa en canto a cuestiós da actualidade municipal no concello carballiñés, o Portavoz Socialista lamentou a suspensión das Xociviga "preocupame porque son valores que unha vez que se perden é moi dificil recuperar, e debemos procurar manter as nosas señas de identidade, porque solo asi acadarémos un desenvolvemento endóxeno. Preguntado sobre as manifestacións do grupo de goberno do Partido Popular, que culpou ó anterior equipo de goberno socialista de non deixar nada previsto para as xociviga deste ano, Fumega manifestou que "tamén é certo que según os responsables do Cine-Club ninguén do Concello os chamou aínda para interesarse por este tema". Tampouco considera o xefe da oposición acertada a decisión de dedicarlle a festa do polbo deste ano ó sector productivo do cogombro, xa que "Alemania fíxonos un favor moi grande de publicidade a nivel nacional e internacional, O Carballiño deuse a coñecer e penso que podía ser unha boa liña, sectores productivos en Galicia temos bastantes que o están pasando moi mal...como para buscar un producto tán exótico como o pepino".

18, Xullo 2011

O suceso ocurríu sobre as 14,30 horas deste lúns na rúa Antón Rega, que da acceso a Martinez Avellanosa desde a parte posterior do Supermercado Mercadona, a esa hora recibíuse unha chamada no  Servizo de Emerxencias 112 dando conta "que unha muller caera desde o balcón da súa vivenda e morrera". Logo pudo comprobarse a veracidade da chamada, e o persoal médico desplazado atá o lugar só pudo certificar a morte desta veciña. A víctima resultou ser Dolores Casal Domínguez, de 83 anos de idade, estaba enferma de alzheimer, e precipitouse sobre a rúa desde o balcón do seu domicilio, sito a altura dun 3º piso. Atá o lugar do accidente tamén se desplazaron patrullas da Garda Civil e Policia Local, asi como efectivos de Protección Civil, que procederon a acordoar a zona atá que se autorizou o levantamento do cadáver.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS