Tomás Lorenzo Fariña, Vocal da entidade Menor de Berán rexistrou o día 4 de xullo un escrito de solicitud de Pleno extraordinario, lembra que en reiteradas ocasións, ata tres veces solicitou a celebración dunha sesión extraordinaria para aclarar diversas cuestións importantes para o pobo de Berán. Insta ao concello, para que a través da celebración do Pleno Extraordinario lle aclare a situación das antigas instalacións Balnearias, a das novas, a economía da entidade Local Menor , indicando movementos de ingresos e gastos dos últimos dous anos, as subvencións que se solicitaron e recibiron dende o 1 xaneiro de 2010 ata a fecha, información sobre as xestións realizadas referentes a mocións presentadas polo PSdeG-PSOE con data de 23 de decembro de 2008 e que foron aprobadas por unanimidade en sesión extraordinaria celebrada o 13 de abril de 2009, o patrimonio da entidade , a limpeza do cemiteiro, do pobo , a creacións de novos panteóns.
Lorenzo Fariña, afirma “hai total falta de transparencia ”, non se celebran sesións ordinarias dende fai un ano e conclue que “a paralización que sofre a entidade so vai en detrimento dos intereses desta parroquia”
O Concello do Carballiño convocará un concurso público para adxudicar a un operador a contratación dos servizos de telefonía, será ésta unha das medidas que próximamente se levarán a cabo según por parte do Alcalde Argimiro Marnotes e según manifestou "coa idea de reducir o gasto neste capítulo, que ascende de media a unhos cinco mil euros ó mes", unha cantidade que se considera "excesiva" por parte dos novos gobernantes do Carballiño. O Partido Popular pretende reducir á metade as liñas de telefonía móbil que tiña contratadas o anterior goberno socialista, en total 36 liñas de telefonía móbil, que se repartían entre os Concellais do grupo de goberno e outros responsables municipais, como a Policia Local ou os varios que estaban asignados ó electricista e o servizo eléctrico muncipal, que contaba con varias liñas para a alerta de averias nas iluminacións públicas mediante SMS, algunas de esas liñas que estaban contratadas "nin xiquera se utilizaban", dixo Marnotes, que ademáis xa ordenou a pasada semana que foran dadas de baixa. Agora, o Partido Popular plantexase como obxetivo inmediato abaratar o gasto telefónico, racionalizando e mesmo restrinxindo o uso do móbil a aqueles despartamentos e responables municipais nos que se fai necesario e imprescindible.
O Alcalde de Cea considera que as posiblidades de que a empresa británica "Xero" elixa o polígono industrial de Cea para instalar a factoria na que fabricaría un vehículo eléctrico son moitas e van en aumento conforme pasan as semanas. José Luis Valladares, que participou no programa "Asi son as mañás de Cope" que se emitíu desde Cea, manifestou que "dentro de pouco haberá unha noticia importante, porque unha gran empresa se vai instalar en Cea, e será un gran impulso para a dinamización económica non xa do Concello de Cea, senón para o resto da Comarca"
. Preguntado por Xan Pinal sobre se "esa empresa" era a multinacional británica, Valladares dixo que "efectivamente, e ademáis podo decir que temos xa o seu visto bó polos terreos, eso sí, unha empresa desta magnitude necesita a financiación para esa gran obra e poder desenvolver o seu proxecto". O Alcalde ceano tamén confirmou que a operación contaba coa aprobación da empresa "Las 5 Jotas", que promoveron a creación de este espazo industrial e que cederían á empresa birtánica "a cámbeo de unha compensación económica".
Finalmente, Valladares destacou tanto a céntrica ubicación xeográfica como as extraordinarias comunicacións das que dispón o municipio de Cea, a carón da autoestrada de Santiago, no eixo do Ribeiro e moi preto da futura autoestrada de Lugo, pola que se dirixirá o tráfico cara Europa a través da autoestrada do Cantábrico, polo que "son varias as empresas, e asi nos consta, para as que o polígono infustrial de Cea tén un actractivo especial". Fai varios meses, "Xero" amosara o seu interés por ubicar o seu proxecto de fabricación de coches eléctricos no Concello de Melón, daquéla apuntárase que o proxecto industrial crearía unhos mil postos de traballo directos.
O portavoz socialista no Irixo, Francisco Javier Rodríguez, denuncia “a parálise do Concello que ten o seu fiel reflexo nas obras do millonario pavillón de deportes, paradas dende hai tres meses, e no deteriorado parque infantil do colexio público”. Rodríguez critica a falta de sensibilidade do alcalde que conseguiu chegar ás vacacións escolares sen arranxar as instalacións do colexio, perigando incluso o seu mantemento. “O feito de que o colexio estivera case a punto de ser pechado manifesta a falta de interese por aumentar poboación ou fixar a que aquí vive. A este paso os poucos nenos que nos quedan terán que marchar a outras vilas, e o Irixo esmorecerá lentamente”, afirma. O portavoz socialista considera que “non hai máis que ver o estado de ambas obras para decatarse de que o último que interesa ao Grupo de Goberno Popular son os nenos e a xente nova”.
A falta da chegada dun lateral, que está aínda por concretar, o Arenteiro 2011-2012 tén xa configurado e practicamente cerrado o seu plantel. Ramón Dacosta terá as súas ordes 20 xogadores, a metade deles da Comarca do Carballiño, ós que se suman 4 futbolistas do veciño Ribeiro, que xunto ós foráneos, forman un grupo no que en opinión do Técnico "primará o compromiso colectivo, o valor do grupo por enriba das individualidades". En canto á confección final da plantilla, ademáis das xa anteriormente anunciadas incorporacións, confirmase a continuidade do brasileiro Marconi, que será unha das pezas importantes sobre as que pivotará o equipo. En canto as novas caras, chegan ó Arenteiro Miguel Prada, un interior de 23 anos que procede do Melias; Gabriel Carballeda, mediocentro de 19 anos e procedente do Pabellón da liga nacional xuvenil; Marcos Sotelo, defensa de 26 anos que xogou a pasada tempada no Barbadás de Preferente; Michel, o xoven valor carballiñés que regresa a Espiñedo tralo seu paso polo Calasancio de Monforte, có que competíu na liga nacional xuvenil; Alex Bardelás, procedente do Maside, un mediocentro de moita calidade técnica e prometedor futuro; e xa finalmente, a falta de confirmación oficial, é moi probable a fichaxe do defensa Luis Vilachá, ex-Ourense e ex-Verín. A data de inicio da pretenpada está fixada para o mércores 27 de xullo.
Os responsables do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño esperan que os novos gobernantes municipais do Partido Popular reactiven a "Mesa do comercio local", recentemente constituída, e que agora deberá renovarse na súa representación política, como consecuencia das eleccións municipais. Foi éste ún dos asuntos que se trataron na primeira reunión institucional que mantivo o Alcalde Argimiro Marnotes cós directivos de ambas asociacións e na que se abordaron outras cuestiós de interese para o comercio local, como a creación dun "centro de negocios" que quere poñer en marcha o novo goberno municipal carballiñés, a idea -salientou Manolo Blanco "Celta", ún dos asistentes a esta reuniíón- é "utilizar as instalacións que temos para que poida levarse a cabo esta iniciciativa, de orientación á xente que queira montar un negocio, e tamén de información e tramitacións de subvencións, asi como de calquera trámite e contactos necesarios para poñer en marcha un negocio, consideramos que é unha idea moi interesante tanto para o Concello como para nós". Os comerciantes agardan que sexa a través da "Mesa local do comercio" ónde poida chegarse a un acordo sobre a implantación ou non da ORA nas rúas carballiñesas, unha vez que o novo goberno do Concello é partidario de negociar coa empresa concesionaria da súa explotación a rescisión da adxudicación adiministrativa feita polo anterior goberno muncipal, a este respecto Manolo Blanco é partidario de buscar algún tipo de solución para solventar a carencia de aparcamentos nas rúas do Carballiño "nós eramos partidarios de probar coa ORA, pero díxosenos que o Partido Popular estudiaría outras posibilidades, e nós apoiarémos calquera outra solución, porque para o comercio é un problema grave o que temos pola falla de aparcamentos, polo que sexa o parking non foi unha solución, e os nosos clientes queixanse de que non teñen onde aparcar", recalcou.
O portavoz socialista na Entidade Menor de Berán, Tomás Lorenzo, censura “o mal pe con que o Partido Popular comeza a nova lexislatura en Berán, incumprindo a legalidade”, e advirte que “se non convocan os plenos tomaremos medidas e pediremos a dimisión do presidente”. Explica que o presidente deste organismo non cumpre a lei ao desconvocar o pleno previsto para o pasado luns, antes da constitución da nova corporación , que finalmente tivo lugar onte, polo que solicitará un pleno extraordinario para tratar temas cruciais para Berán, “pendentes dende hai moito tempo pola incapacidade de xestión do Partido Popular”. Lorenzo lembra que “a falta de plenos é xa algo habitual na Entidade Menor, inadmisible tanto dende o punto de vista legal como democrático, e mesmo hai o costume implantado de convocar plenos e desconvocalos a última hora alegando unha urxencia”.
O vocal socialista sinala que fará unha oposición “seria, responsable e antepoñendo os intereses dos veciños da parroquia”, polo que non permitirá “ningún tipo de mangoneo a quen goberna, nin que busque o seu lucro persoal ou familiar”.
“En Berán hai moitas cousas en xogo, e os socialistas non estamos dispostos e que se manteña unha situación de pasividade ante as necesidades dos veciños, e de parálise que inclúe o bloqueo da acción política da oposición coa falta de celebración de plenos na Entidade Menor”, sinala.
“Se non queren gobernar a Entidade Menor, que deixen paso aos que si queren traballar polo presente e futuro de Berán”, conclúe.
A Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño renovará a súa composición na segunda quincena do mes de xullo, asi o espera o Presidente Manuel Prado, no transcurso das vindeiras semanas os cinco concellos que a integran na actualidade, Boborás, Beariz, San Amaro, O Irixo e San Cristovo de Cea, designarán ós seus representantes, de tal maneira que unha vez formalizado este trámite, procederáse a constitución da nova Mancomunidade. Será entón cando se decidirá ou non a continuidade do actúal Presidente, a este respecto, Manuel Prado manifestou que "é un tema que sempre consensuamos entre os Alcaldes e nestes momentos calquera posibilidade é aventurada, aínda non temos falado". Sí admitíu Prado que nos últimos dias xa tivera "conversas informais" có novo Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e con vistas á reincorporación do concello carballiñés na entidade supramunicipal, que non sería a única cara un futuro inmediato, xa que tamén se agarda o regreso do concello de Punxín, desta maneira só quedarían fora da entidade comarcal os concellos de Piñor e Maside, ónde gobernan os socialistas. Manuel Prado considera que "é unha boa noticia para a Comarca e para a Mancomunidade o retorno do Carballiño, porque é a capitalidade e tén que ser o motor da Comarca, e porque eso vai permitir ampliar e mellorar, e tamén abaratar os costes dos servizos que se prestan". O Presidente da entidade intermunicipal calcula que si as conversas fructifican, a finais deste ano "tería que haber unha solución para a incorporación do Carballiño, de maneira que o seu ingreso na mancomunidade sería efectiva a partir do 1 de xaneiro de 2012". Finalmente, Manuel Prado amosouse partidario de introducir algunhos posibles cámbeos no funcionamento da Mancomunidade, entre os que estarían a creación da figura da xerencia, que aportaría unha dirección técnica e máis profesional da entidade, tampouco descartou o Alcalde de Beariz unha reforma dos estatutos da Mancomunidade "para adaptala mellor os nosos tempos", unha modificación estatutaria que "permitiría ademáis que estivesen representados os grupos políticos que están na oposición nos distintos Concellos", de feito Prado recoñeceu que no anterior mandato xa se mantiveran algunhas conversas neste senso cós concelleiros carballiñeses do BNG, Bernardo García e Manuel Amil.
Ainda como Alcalde en Funcións e unhos dias antes de rematar o seu mandato municipal, o Ex-Alcalde Carlos Montes viaxaba a cidade alemana de Oberhausen, e ó seu regreso deixaba sobre a mesa unha proposta, dedicarlle a festa do polbo deste ano a Alemania, en sinal de gratitude pola gran campaña publicitaria da que se beneficiou O Carballiño con motivo da historia do polbo "Paul". A proposta queda en suspenso, o novo Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes adiantou hoxe no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio que "está decidido que non se lle vai dedicar a Alemania, por varias razóns, entendemos que non é o momento, non somos merecedores de que O Carballiño saise nos medios de comunicación por facerlle un desprecio a un producto do territorio nacional con esta invitación a Alemania, e ademáis a este país xa se lle dedicou unha edición". A decisión do novo goberno municipal do Carballiño é dedicar a festa do polbo deste ano ó sector productivo do pepino español, afectado nas últimas semanas pola crise que estivo provocada precisamente polas falsa alarma orixinada en Alemania en relación a un brote infeccioso do que inicialmente se culpou ó pepino español, que sufríu por este motivo cuantiosas pérdidas económicas.
O novo equipo de goberno do Partido Popular que xestionará o Concello carballiñés nos próximos catro anos estará encabezado por un Alcalde con dedicación exclusiva, Argimiro Marnotes ocuparáse directamente da política de persoal. Martín Nogueira será o portavoz do grupo, e ademáis da área de sanidade, asumirá as tarefas de coordinación entre os distintos departamentos municipais. Para a área de benestar social, que se ocupará de servizos sociais, terceira idade, emigración e inmigración, igualdade e dependencia, a concelleira será Purificación Alberte. Outro dos departamentos dos que máis directamente se visualiza o seu traballo por parte da cidadanía, o de medio ambiente e servizos públicos, foi encomendado ó Concelleiro Jesús Rodríguez, que terá o seu cargo a recollida do lixo, o punto limpo, a limpeza, os servizos eléctricos e de augas, saneamento e depuración e concesións públicas. Pilar Caride ocuparáse das relacións coa veciñanza, e ademáis xestionará a dinamización turística, educación e feiras, e terá baixo a súa responsabilidade un novo departamento municipal que atenderá reclamacións e suxerencias veciñais. Para deporte, cultura, comercio, lecer e festas, o concelleiro designado é Rodrigo González, mentres que Teresa Valiñas exercerá como máxima responsabe de industria, emprego e promoción económica. As competencias sobre a xestión do Plan Xeral de Urbanismo e a coordenación de todo tipo de obras no termo municpal son delegadas en favor do Concelleiro Magín Daparte, que dirixirá a área de obras e urbanismo. E finalmente, Emilio Carballeda ocuparáse doutra das macro-áreas municipais, a de facenda, orzamentos, réxime interior, contratación administrativa, dinamización rural, seguridade e mobilidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 716
- 717
- 718
- 719
- 720
- 721
- 722
- 723
- 724
- …
- seguinte ›
- última »