7, Marzo 2011

O Presidente Provincial do PP, Manuel Baltar, presentou no auditorio do Carballiño ante máis de 400 persoas, a  Argrimiro Marnotes como "un candidato sobradamente preparado para dirixir un Concello chamado a convertirse nun dos motores da provincia". Nun acto que contou coa presenza do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, o Presidente dos Populares na provincia avanzou todos os cabezas de lista do Partido Popular nos Concellos da Comarca "que nos darán esa gran victoria electoral", entre os que se atopan os cinco Alcaldes que gobernan na actualidade os Concellos de San Cristovo de Cea, San Amaro, Beariz, Boborás e O Irixo. As novidades para estas vindeiras elecciós municipais estarán en Piñor, ónde o candidato será Luis González Rodríguez e en Punxín, onde se estreará como cabeza de lista Manuel Vázquez Fernández. Mentres, en Maside, o Partido Popular confia en Casimiro Campo para recuperar a Alcaldia da localidade. Xa na interveción de Argimiro Marnotes, éste asegou que "faltan poucos dias para que se produza o cámbeo que necesita O Carballiño, ónde os actúais gobernantes contan os dias para escapar do Concello". Marnotes prometeu facer as reformas necesarias e os cámbeos que necesita o Concello do Carballiño "xestionarémos os recursos con sentido común, non gastarémos máis do que temos, e pagrarémos o que debemos". Tampouco escatimou críticas o actúal goberno municipal bipartito, ó que se referíu decindo que "demostrou que o PSOE non estaba capacitado para gobernar en solitario, e e tampouco souberon facélo xuntos cando perderon a Xunta". A gran aposta do Partido Popular para o vindeiro mandato municipal será "a creación de emprego no noso pobo, cada concelleria que dependa do Partido Popular fomentará o emprego e a creación de novas oporunidades"

5, Marzo 2011

Na xornada 27 do campionato, o Arenteiro consigue forzar un empate na súa visita ó Morrazo, no campo de Aldán,  fronte ó equipo local do Rápido de Bahía, con resultado final de empate a un gol no marcador. O Arenteiro volveu a dar a cara neste partido, aínda que un punto non sirve para moito na crítica situación na que se atopa o equipo, no penúltimo posto da táboa clasificatoria, e con tan so 17 puntos a esta altura da competición, só un milagro salvaría o Arenteiro do descenso de categoria. Neste partido en Aldán, o empate final non fixo xustiza ós méritos do Arenteiro, que foi superior ós locais durante os 90 minutos, desaprovietando numerosas ocasións para acadar unha victoria incluso cómoda, sen embargo a falta de definicicón condenou o Arenteiro a este inxusto empate. Iago Csas marocou o gol carballiés no minuto 21, empantando os locais no 78, con gol de Hugo.

3, Marzo 2011

O historiador, museólogo e estudioso da Veracruz, Felipe-Senén López Gómez, é un dos promotores da nova asociación, e moi probablemente, podería ser tamén o seu primeiro Presidente. A nova asociación cultural nace no entorno da "plataforma cidadán pola defensa do legado de Evaristo Vaamonde", cosntituída no  mes de outubro do ano pasado, para esixir a reforma do proxecto de acondicionamento da praza que rodea o Templo da Veracruz, opoñendose á obra que se està executando por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia. Agora, un grupo de persoas vencelladas a esta plataforma, entre as que se atopan varios membros da familia Otero, descendentes de Adolfo Otero, constructor da Veracruz, apostan pola fundación dunha asociación cultural aberta ó cunxunto da veciñanza e que terá como finalidade primordial a defensa da obra de Palacios, tanto do monumento coma do seu entorno. Ademáis, tamèn promoverá todo tipo de  iniciativas de defensa do patrimonio histórico-arttístico do Carballiño, asi como todo tipo de actividades que contribuian á dinamización cultural do Carballiño. Entre esas iniciativas inmediatas, estarán os actos conmemorativos do 50 cabodano do pasamento de D. Evaristo Vaamonde, o párroco do Carballiño finado en 1962, promotor da construcción da Veracruz.

28, Febreiro 2011

O funcionamento da alarma, nin tampouco as recriminacións de algunos veciños que sairon as ventás alarmados polo ruido, non impediron ós ladróns consumar ó roubo de diversos obxetos de xoiería e reloxería no establecemento "Espa Quarz", sito na rúa Martinez Avellanosa do Carballiño. Os ladróns, que según as testemuñas que presenciaron parte da escea, eran tres e vestian de negro, conseguiron forzar a persiana de seguridade da tenda, e tras romper cun mazo os vidros do escaparate, levaronse os obxetos que estaban ó seu alcance. Os feitos ocurrian entorno ás 6,15 da mañá, e unhos momentos despóis unha dotación da Garda Civil intentaba interceptar o  vehículo, que resultou ser roubado, e que utilizaban os ladrós, sen embargo non obedeceron ó alto dos axentes e conseguían fuxir da presenza policial. Os propietarios da xoiería aínda non completaran á última hora desta mañá a avalición dos danos materiais, que son cuantiosos,  asi como dos obxetos roubados.

28, Febreiro 2011

Ante o mellor equipo que pasou este ano por Espiñedo, O Nigrán, nova derrota do Arenteiro que o deixa, aínda que non matematicamente descendido, practicamente cun pé e medio na 1ª autonómica. E eso que o Arenteiro volveu comezar ben o partido, e nos primeiros 25 minutos, atá que chegou o primeiro gol visitante, controlaba e atá dominaba ó seu rival, ó que o árbitro perdonaba no minuto 3 de partido un clarísimo penalti por  mans dun defensor dentro da área, sen embargo, ó árbitro non quxo velo, unha decisión que moi ben pudo cambear o rumbo do partido. Despois, e antes do descanso viñeron os dous goles do NIgrán nas dúas primeiras chegadas á porteria carballiñesa, xa na continación, un Arenteiro sen ningúnha capacidade de reacción, entregou o partido a un equipo que, xusto é recoñecelo, foi o bloque máis sólido que pasou esta tempada por Espiñedo, e xusto vencedor deste partido. Ö final, 0-3 no marcador.

24, Febreiro 2011

O Grupo Municipal Socialista de Leiro afirma que o PP incumpre a lei non convocando o pleno ordinario que tería que celebrarse este xoves 24 de febreiro, para silenciar á oposición e obstaculizar o control á acción de gobernó. O portavoz, Manuel Rodríguez, explica que a través dun escrito o alcalde en funcións de Leiro suspendeu a celebración do pleno ordinario escusándose nas obras que se están a realizar no Concello.

 “Pero o obxectivo de aplazar o pleno non é máis que evitar o punto de rogos e preguntas na orde do día e non deixar falar á oposición, xa que o pleno que se celebrará en marzo será extraordinario”, sinala.

 Rodríguez considera que se está incumprindo a lei e menoscabando os dereitos dos concelleiros socialistas como representantes dos cidadáns, polo que anuncia que se emprenderán as accións legais pertinentes.

 Ademais, salienta “a ineptitude do alcalde en funcións, que non é máis que un monicreque do alcalde, que actúa con medo ao rexedor municipal e utiliza artimañas pouco democráticas, como negar o uso dun local público a unha asociación para unha charla informativa”. “Como sempre utilizando as institucións dende una óptica partidista como se os locais públicos foran do Partido Popular", engade.

 Por último, Rodríguez apunta que o alcalde en funcións nin sequera fixo ben o aplazamento,  porque o escrito chegou o día anterior á data do pleno, e tería que ser como mínimo dous días antes ou ben convocar unha xunta de portavoces; eso si, para cobrar por facer mal o seu traballo non se equivoca”, conclúe.

 

22, Febreiro 2011

Rodeada dunha gran expectación mediática, a visita dos inspectores da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia resultou infructuosa, xa que igual que acontecera unhas semanas atrás, cando realizaron a primeira visita, os inpectores non puideron acceder ó interior da propiedade, xa que ninguén respondeu as sucesivas chamadas que fixeron ás portas, polo que tras unha espera de 20 minutos, optaron por abandoar o lugar, sen poder desenvolver o seu traballo. A investigación sobre o pazo de Pachi Vázquez, enclavado na localidade de Montes, no Concello de San Amaro, obedece ó expediente aberta pola inspección urbaanistica, despois de saltar á opinión pública diversas irregularidades tanto urbanísticas como fiscais que o Ex-Alcalde do Carballiño e actúal Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, tería cometido en relación ás obras feitas desde o ano 2006 na súa propiedade, que ocupa unha parcela de varias hectáreas, con varias construccións, piscina, e instalacións hípicas.

Pachi Vázquez afirmou sentirse acosado e xustificou que "a investigación non ten base legal", ademáis anunciou que acudirá a via xudicial, querelandose contra o Concello de San Amaro e a Xunta. Mentres, desde o Partido Popular, preguntanse qué ten que esconder o dirixente socialista para non abrir as portas da súa propedade e non deixar entrar na mesma ós Inspectores de Urbanismo.

 

21, Febreiro 2011

A boa sorte do líder e a mala estrela do vicecolista puxeronse de manifesto no partido que C.D.Lalín e C.D. Arenteiro desputaron no patacal do Manuel Anxo Cortizo, ante unhas 250 persoas, a maioria desplazadas desde O Carballiño. A boa sorte do líder, que tirou tres veces a porteria en todo o partido e marcou dous goles, o primeiro deles nunha xogada embarullada na área carballiñesa, e o segundo en apenas 5 minutos, cando o Arenteiro trataba de repoñerse despois do mazazo do gol dezano. A mala estrela do vicecolista, que durante toda a primeira parte non só tuteou ó lider da categoria, senón que tivo varias chegadas con perigo á porteira lalinense. O signo do partido pudo cambear se o árbitro pitase un penalty sobre Kennedy cando estaba a punto de rematar a primeira parte, aínda có 0-0 no marcador. Marcone marcaría o gol do Arenteiro cando xa era tarde para a reacción, xa que se xogaba o último minuto dun partido que o Lalín gañou sen facer moito más có Arenteiro, e no que debutaron os dous novos xogadores brasileiros chegados esta semana, ún deles, o central Marcone, foi o mellor dos verdes neste partido.

18, Febreiro 2011

O Arenteiro espera poder hoxe tramitar as fichas federativas de dúas novas incorporacións, ás que Francisco Romero deu o visto bó, tralo adestramento do pasado xoves. Trátase de dous xogadores brasileiros que proceden da da 2ª B portuguesa, aínda que ún deles chegara incluso a debutar na 1ª división brasileira, é o caso do defensa central Costa Damasceno, de 24 anos. "Marcone" é o seu nome futbolístico. Tamén se incorpora á disciplina do Arenteiro o lateral de 22 anos Abner Dasilva. Ambos poderían xa debutar este próximo domingo no partido do Arenteiro ante o lider C.D.Lalín, no Miguel Anxo Cortizo. Con ambas fichaxes, a Xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" sigue facendo un esforzo económico, e pensando en que a salvación aínda é posible.

17, Febreiro 2011

Dende o Partido Popular do Carballiño, tense posto de manifesto en varias ocasións  que a finca da Labandeira,sobre a que se está a construir o Museo do Papel recuperando unha edificiación xa utilizada como fábrica de papel no seu día, prantexaba moitas dúbidas sobre a titularidade do Concello e sobre as condicións de parcela edificable polo seu tamaño. O Concello do Carballiño, asinara sendo alcalde Pachi Vázquez, un documento de compravenda no ano 2001. Este documento sempre se dixo que era “raquítico” administrativamente, para ser feito por unha administración que pretende facerse con patrimonio e por un importe de 90.000 €, e que nunca se rexistrou por non poder ser segregada ao non ter condición de parcela mínima en rústico, pola mesma razón que tampouco se pudo poñer a disposición da Xunta aínda que sendo Conselleiro de Medio Ambiente Pachi Vazquez, púxose a disposición da súa Consellería para o inicio das obras.
 
Xa coas obras escomenzadas, os lexítimos donos rexistrais da finca que afecta tanto á labandeira como á Pena dos Namorados, entran en Fase Concursal de bens, sendo estes parte dos seus bens afectados e que poden responder da súa débeda ante varios acreedores.
As propiedades en cuestión atópanse rexistradas sen cargas e sen anotacións que diran pé a pensar que fosen doutro dono.
 Recentemente, o xuzgado que leva o asunto do trámite concursal, e logo incluso de que o Concello se persoara para defender estos bens como propios, falla decindo que os mesmos son propiedade da familia Otero e que se entende que os 90.000 euros xa pagados a eles polo concello, non son suficientes por non terse cumprido a totalidade dos acordos tomados no seu día, referíndose a que non se rematou coa aprobación do planeamento necesario para desnvolver urbanísticamente o resto da finca, sobre a que os propios donos xa estaban a facer vendas de futuras parcelas para a construcción de vivendas unifamiliares. Di tamén o Xuiz que o Concello pasa a ser un acreedor máis no propio proceso concursal por importe de 90.000 €, tendo que polo tanto, esperar o seu turno xunto cos demás acreedores para poder cobrar, afirma o Partido Popular.
 Todo este proceso se xestionou mal dende o principio, pois nin é un contrato digno dunha administración o que se fixo, nin se pode esperar máis de 10 anos a rexistrar esta propiedade, nin se pode deixar de rematar cos compromisos durante tanto tempo, e tampouco agora é de recibo, que non se dé unha información exaustiva sobre este asunto, nin ao grupo da oposición nin a os veciños e veciñas do Carballiño.
Con todo esto, a Xunta de Galicia, está a envestir unha importante cantidade de cartos, sobre esta finca posta a disposición dende o Concello a favor da Xunta, polo que, se pode asegurar que as obras se están a facer en finca de titularidade privada, tendo serias dúbidas de que dende o Concello se lle teña informado á Xunta sobre esta cuestión, pois a obra será moi complicado por non dicir imposible o poder entregarlla ao Concello.
Débese recordar tamén que sobre a Pena do Namorados tense feito unha obra de recuperación paisaxsitica por medio dun Obradorio de Emprego, e que por lóxica agora pertenecerán aos donos da finca.
Xa estamos no fin do mandato do actual goberno municipal, e casi non vale a pena pedir a demisión dun alcalde que se está marchando, aínda que a súa dimisión sería un feito que lle dignificaría políticamente, pois a cuestión é sumamente importante, mais cando as costas xa acumuladas polo proceso xudicial e sobre as que o Concello ten que facer frente ascenden a 100.000 €, engade o Partido Popular.
Sobre este fallo, pouco se pode facer para conquerir que esta propiedade sexa do Concello, a non ser por medio dunha negociación na que teríamos que participar todos os grupos políticos cos seus portavoces e cos novos candidatos ao frente e sentarnos cos representantes dos lexítimos donos da finca labandeira e Pena dos Namorados, pois calqueira recurso que se presente ante a xusticia, neste caso, e imposible gañalo e solo conseguiríamos retrasar o asunto seis meses e incrementar alomenons nun 60% o importe das costas.
Dende o Partido Popular do Carballiño solicítase que se den todas as esplicacións que se teñan que dar, e que non se oculte algo tan importante para o Carballiño.
 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS