18, Abril 2011

Miguel P.G., de 68 anos de idade, fixo constar na denuncia presentada ante a Garda Civil, que persoas descoñecidas accederon ó seu domicilio a través da porta principal, e xa no interior apoderaronse de 6.200 euros en varios billetes, asi como xoias valoradas en 5.300 euros. Instrúe dilixencias o xulgado nº 1 do Carballiño. Doutra parte, Cesáreo Fernández, tamén veciño do Carballiño, denunciou o roubo no piso, neste caso, os ladróns levaronse xoias de ouro, valoradas en 2.000 euros. Ambas vivendas atopanse sitas no mesmo edificio, na rúa Cánovas del Castillo, a escasos metros da Praza Maior. Neste mesmo edificio, os ladróns conseguiron entrar noutros dous pisos, ambos desabitados, sen os seus propietarios botasen nada en falta. Os roubos cometeronse no intervalo de tempo que foi das 4 ás 8 da tarde, do pasado sábado dia 16.

17, Abril 2011
16, Abril 2011

A actúal concelleira Pilar Caride é, xunto ó Candidato á Alcaldia, Argimiro Marnotes, os únicos que repetirán entre os 10 primeiros postos da candidatura dos populares carballiñes para as eleccións municipais. Da lista, caense, pois, Roberto Ameijeiras e Anayansi Rodriguez, que nin tan xiquera figuran na candidatura, mentres que Emilio García faino no posto 17 "como mostra de apoio a esta renovación". As novidades chegan con Martín Nogueira, ó que o Partido Popular presenta como un profesional de prestixio como aval "para a atención social e sanitaria", mentres que "para o fomento do emprego e as problemáticas sociais buscaronse a "persoas comprometidas e con moitas gañas de traballar polo Carballiño e con experiencia contrastada na súa traxectoria profesional", como a sicóloga Purificación Alberte que ocupa o 5º posto, a orientadora laboral Teresa Valiñas no nº 8 ou o técnico en desenvolvemento rural Rodrigo González, noveno na lista. Tamén se incorpora á candidatura popular o inxeñieiro técnico agrícola Magín Daparte, séptimo, o empregado de banca Emilio Carballeda, que figura no cuarto posto da lista, e tamén o fan entre os 10 primeiros dous  empresarios, Jesús Rodríguez, sexto, e Maria Elena González, na décima posición. O Candidato Argimiro Marnotes manifesta "a satisfacción polo apoio que esta lista te do Partido, unha lista preparada para cambear o rumbo político do Carballiño"

11, Abril 2011

Os independentes de Maside e Boborás xa teñen nome e siglas para a cita electoral do 22 de maio. O Grupo que lidera Gustavo Alvarez concurrirá ás eleccións no Concello masidao baixo as siglas "AIMAS" (Agrupación Independientes de Maside), farano como candidatura electoral, e xa contan coas sinaturas que precisan para poder participar no proceso electoral, o propio Gustavo Alvarez será o cabeza de lista de "AIMAS". Mentres, en Boborás, está en marcha unha nova formación política, "MOVE BOBORÁS" (Movemento Veciñal de Boborás), que tén o Concelleiro do Partido Popular José Benito "Lito" González Trigás como ún dos seus promotores. Neste caso, está aínda por confirmar quen vai encabezar a candidatura, aínda que soa con forza o nome de Eva Pardo, que no pasado mes de novembro presentara a súa demisión como concelleira do grupo municipal do Partido Popular. Os promotores da nova formación política non esconden as súas criticas á xestión do Alcalde e Candidato á reelección polo PP, Cipriano Caamaño.

9, Abril 2011

O secretario Xeral Provincial, Raúl Fernández, participou hoxe no acto de presentación da candidatura socialista no concello de Leiro, onde advertiu que “coñecendo a forma de actuar do PP, os socialistas deben manterse alerta respecto da posible ubicación da incineradora-vertedoiro no Ribeiro”, ao que engadiu que “se finalmente non se instala alí será gracias á presión da poboación”.Así mesmo, Fernández amosou a súa preocupación “polos incendios que estos días de calor arrasaron máis de 2.000 hectáreas na nosa provincia, e polo que a Xunta terá que responder ante os cidadáns”. “Por que non está en marcha xa o plan de prevención de lumes? Por que tendo a información meteorolóxica sobre a calor e a seca non se reforzaron os equipos? Quen solicitou as queimas que ao parecer se solicitaron e por que Medio Rural as permitiu?”, preguntou o dirixente socialista.

 O candidato socialista á alcaldía de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, presentou o seu equipo, “persoas novas comprometidas, con ideais e ilusión para darlle un sopro de aire fresco á política do noso Concello”.

 No seu discurso, Rodríguez lamentou que nestes últimos catro anos vivíronse situacións antidemocráticas no Concello, facendo uso de insultos e calumnias nos plenos, e mesmo persecucións e nivel persoal e laboral, pintadas, panfletos e anónimos, “actitudes que hai que desterrar para sempre no noso pobo e que só conseguiron darnos máis forza para loitar polos intereses dos nosos veciños”.

 “Ante o goberno caduco do PP e a parálise das súas políticas en todos os ámbitos, os socialistas nos presentamos co único obxectivo de mellorar os servizos básicos do noso pobo, das súas infraestruturas, de ofrecer un Centro de Día aos nosos maiores, espazos de xogo para os nenos, e oportunidades laborais e vivenda para que os nosos mozos non teñan que facer a maleta e marchar”, dixo.

 “Temos un proxecto de renovación de xente e ideas”, dixo, e prometeu cercanía, transparencia, austeridade, participación, flexibilidade “e por suposto traballo e máis traballo en defensa dos dereitos de todos os veciños”.

 “Pola contra, o Partido Popular ofrece máis do mesmo: retroceso, caciquismo, oscurantismo e a busca do beneficio duns poucos a costa do benestar xeral”, afirmou, e puxo como exemplo a planta de lodos que tanto malestar ocasionou aos veciños de Leiro.

 O acto foi presentado polo alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco.

7, Abril 2011

A Concelleira do BNG convertiuse na primeira muller nacionalista en ocupar o cargo de Alcaldesa en funcións no Concello do Carballiño, tralo decreto asinado polo Alcalde Carlos Montes, que por motivos personais tivo que ausentarse do Carballiño esta semana. Aúrea Francisco Lorenzo asumiu o cargo de Alcaldesa en Funcións con "moita responsabilidade e co orgullo de ser muller, e tamén con ledicia polo cariño que sinto ó pobo do Carballiño, e pola miña vontade de servizo". Como Concelleira de Igualdade e Benestar e desta vez, tamén como Alcaldesa en funcións no Concello do Carballiño, Aúrea Francisco reuniráse este venres cos represetantes do Concellos da Comarca, nunha xuntanza de traballo para avanzar no desenvolveento do Plan de Igualdade e "noutros proxectos conxuntos, porque O Carballiño debe estar coa Comarca, axudando a todos os Concellos, por enriba das cores políticas, buscando o mellor para atender as necesidades da cidadanía".

6, Abril 2011

A nova formación política foi presentada no rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior por 3 promotores, presentado a acta notarial da súa constitución e fixando o domicilio social na localidade de Cameixa, no Concello de Boborás. O seu ámbito de actuación será local, e a idea dos promotores sería participar nas eleccións municipais do 22 de maio no Concello de Boborás, para o que terán que presentar a correspondente candidatura ante a Xunta Electoral, unha vez que se abra o prazo legal, o feito de estar constiuido como partido político facilitaría a tramitación para presentarse ó proceso electoral, que sería máis complexo no caso de ser unha candidatura independente. Según pudo saber Cope O Carballiño, entre os promotores do novo partido figura José Benito González Trigás, actúal Concelleiro do Partido Popular na Corporación Municipal de Boborás.

5, Abril 2011

Asi o adiantou a través desta emisora de radio o candidato do Partido Popular á Alcaldia do Carballiño, Marnotes confirmou que "de nº 2 vaime acompañar Martín, o pediátra, está moi ilusionado con este proxecto do Partido Popular,  porque él tamén pensa que é o momento do cámbeo político no Carballiño". Martín Nogueira Martínez ocupará, pois, o segundo posto na candidatura dos populares, da que Marnotes non quixo desvelar outros nomes, xa que "quedan aínda algunhos flecos por cerrar nas próximas horas". Sen embargo, dase por feito que a renovación será importante no primeiro tramo da lista, xa que do actúal grupo do PP no concello carballiñés tan só repetirá a concelleira Pilar Caride, caendose dos postos de saída Roberto Ameijeiras,Emilio García "Riobóo" e Anayansi Rodríguez.

4, Abril 2011

O propietario da vivenda, J.C.G, presentou denuncia ante a Garda Civil, facendo constar que os ladróns entraron no domicilio tras forzar a porta de entrada, durante a mañá do pasado venres dia 1 de abril, apoderandose de 1.500 euros en efectivo, asi como de xoias por valor de 14.000 euros. Tamén se levaron un ordenador portátil, unha cámara de fotos e outra cámara de vídeo, que o denunciante valorou en 2.600 euros. Instrúe dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño.

29, Marzo 2011

A empresa Cepsa instalará no municipio de Maside unha planta de envasado de botellas GLP, botellas de gases licuados do petróleo. O GLP é unha mestura de butano e propano e outros hidrocarburos. Esta nova planta ubicaráse no antigo aparcadoiro da estación de ferrocarril da Estación de Maside, nunha parcela adquirida por Cepsa Gas Licuado ó Adif.  Precisamente, o transporte deste tipo de gas faise fundamentalmente a través do ferrocarril.

O proxecto atópase en periodo de exposición pública no Concello de Maside, dando cumprimento ao decreto que regula a avaliación de incidencia ambiental, e ós efectos de presentación de posibles reclamacións ou observacións que se consideren oportunas. O expediente pode examinarse no Concello de Maside atá mediados do vindeiro mes de abril.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS