O xogador belga de orixe africana Lamíl pode ser a nova sensación deste novo Arenteiro, alomenos polo visto no partido xogado no campo do Marco da Peroxa, ónde os carballiñeses gañaron os 3 puntos en xogo no primeiro partido da segunda volta da actúal competición de liga, e na que o Arenteiro necesita gañar 12 dos 19 partidos, agora xa só restan 11, nesta conta atrás para acadar unha salvación que de momento aínda é posible, necesitaríanse gañar todos os partidos da casa e un par máis de encontros fora, a tarefa non é doada pero tampouco imposible, para sumar un total de 45 puntos. O novo dianteiro- centro do Arenteiro, Lamíl, podería ser ese goleador que necesitaba con urxencia o equipo, polo visto na Peroxa é un xogador que pode cumplir as expectativas coas que foi fichado. Ademáís, a seguridade atrás do meta portugués Pedro e a chegada ó equipo do Carballiñes Takón, o ourensano Breogán Pereiro ou o Marroquino Munir, poden ser reforzos moi importantes. Eso sí, Romero deberá traballar a tope para correxir as moitas carencias que aínda presenta o equipo. Na Peroxa, a endeblez dos locais, que remataron o partido con 3 expulsados, tampouco vale para sacar moitas conclusións. O partido do vindeiro domingo ante o Porriño sí que xa pode marcar ese momento de inflexión para ver se o equipo é capaz ou non de reconducir a situación.
O paro volveu aumentar no Concello do Carballiño no pasado mes de decembro, desta vez un 2,42%, e o número de traballadores sen emprego na capitalidade comarcal ascende xa a 1.314, un 5,46% máis en relación a un ano atrás. Outras 31 persoas perderon o traballo no municipio do Carballiño no pasado mes de decembro de 2010. Os datos tamén son especialmente negativos no Concello de Maside, onde o paro aumentou no último ano un 6,47 %, que se traduce en cifras record neste Concello, no que 285 persoas están inscritas como demandantes de emprego.
Os números do paro empeoran en todos os Concellos da Comarca, agás en Boborás e Beariz, onde no pasado mes de decembro se puxeron en marcha obradoiros de emprego. No Concello bearicense, o paro descendeu no mes de decembro un 51,28%, desta maneira tan só 19 persoas están sen traballo en Beariz, mentres en Boborás as contratacións do obradoiro de emprego reducíu o número de parados nun 15,84%, deixando o número total de persoas en situación de desemprego en 177 neste municipio.
No cómputo total dos 9 Concellos da Comarca, son 2.301 persoas as que -según os datos oficiais do pasado mes de decembro- están buscando tabrallo. Noutros Concellos do noso ámbito, en Leiro 141 persoas están anotadas no paro, e 77 no Concello de Avión.
A actúal normativa en vigor no Concello do Carballiño tan só permite a intalación de terrazas desde xuño a setembro. Agora, as ordenanzas municipais serán modificacadas para permitir a instalación de terrazas de forma permanente e durante os 12 meses do ano, foi ésta a decisión que os responsables municipais comunicaron ós 30 hosteleiros que acudiron á convocatoria feita para tratar esta petición que, desta maneira, é atendida polo goberno do Concello do Carballiño. O acordo cumple asi as expectativas da hostelería local, que poderán ofrecer no exterior dos locais unhos espazos acondicionados para os fumadores. Trala reunión, a Concelleira de servizos públicos, Maria José Pérez, avanzou que mentres non se aproba a nova normativa e tendo en conta que aínda levará o seu tempo "tratarémos de buscar unha vía legal para que os hosteleiros poidan instalar as terrazas xa a partir da semana que vén". A Concelleira recordou como a instalación de terrazas permanentes "é algo habitual nos países europeos, ademáis é un atractivo máis para ver os pobos máis bonitos e animados". Pola súa parte, o Concelleiro de turismo, Manolo Dacal, que tamén participou nesta reuníon cós hosteleiros, informou dos aspéctos técnicos e estéticos que deberá regular a instalación de terrazas, con mesas de aluminio e toldos en 2 cores,granate e verde. Na actualidade, son 65 os locais que tiñan concedida autorización para a instalación de terrazas no Carballiño.
A aula “Conectad@s ó Mundo”, punto de encontro da Federación Provincial de Mulleres Rurais , no Carballiño rematou o ano 2010, con un total de participación de 252 usuarios/as que realizaron formación de alfabetización dixital, dende a iniciación ata a introdución nas redes sociais. O avance das TICS e as distintas posibilidades de acercamento que as mesmas ofrecen, suscitaron o interese da poboación A participación na formación e nas distintas actividades, si ben é superior no sexo feminino, é de destacar o interese e aumento da participación masculina no ano rematado en canto a formación dixital, ou a distintas actividades desenvoltas para orientación e busqueda de emprego, realización de curriculums, informacións de subvencións e axudas para creación de emprego propio. Dende FEMURO realizaronse coma sempre as actividades en datas sinaladas como o Día da Muller traballadora, no que cada comarca tivo unha xornada de confraternidade e exposición fotográfica, sendo esta última obxeto tamén de exposición pola asociación de Mulleres Rurais de Avión, na pasada data do 25 de novembro. O día da Muller Rural, no concello de Sarreaus, ou actividades desenvoltas para marcar a data contra a Violencia de Xénero; a participación nos distintos Foros da Igualdade que no ano 2010 fixo o VII; a camiñata e participación no Xubileo 2010; actividades todas elas que unen e mesturan vivenzas das 7000 e pico mulleres que conforman a entidade, 2000 das mesmas da nosa comarca.
Na comarca Carballiñesa os distintos programas levados a cabo por FEMURO continúan a ser aqueles que revaloricen, axuden, informen e faciliten todos os obxetivos que a Federación se propuxo na súa creación fai xa 13 anos O programa de atención a Familias monoparentais, ou o programa de atención a nais xestantes ou lactantes mantivo a atención e axuda nesta comarca, neste caso de tres familias que previamente solicitaron a participación no mesmo, para posibilitar o emprego e formación, de nais, contando co coidado dos pequenos, no espazo de tempo solicitado.
Dende o mes de outubro levouse a cabo un curso formativo-preparatorio de Competencias clave, programa desenvolto dentro de II Plan de Inclusión Social de Galicia, que rematou en decembro; financiado polo fondo social europeo e a Conselleria de Traballo e Benestar; realizándose o mesmo no Centro Comarcal da nosa Vila, en horario de maña. No devandito 10 persoas seleccionadas a través da oficina comarcal do Plan de Inclusión Social, se formaron nas materias de Nivel II das cales se examinan este vindeiro fin de semana (13,14 e 15 de xaneiro) no recinto feiral de Silleda, punto previo para poder acceder os distintos certificados de profesionalidade.
Se traballou en cursos formativos e actividades deportivas nas distintas asociacións pertecentes a federación nesta comarca, como exemplo o curso de cociña saudable vexetariana que se desenvolveu na asociación de mulleres Pena da Sela do concello do Irixo, o curso de risoterapia que favoreceu ás mulleres da asociación Sta. Agueda de Maside, ou os de Ximnasia adaptada de Novas Vivenzas, A Revolta, e a Madanela, así como cursos de música tradicional.
A Ludoteca invitou a participación na lectura, así como a busqueda da creatividade infantil dos pequenos/as, nas instalacións do punto de encontro, no que un total de 20 rapaces ocuparon algúns venres na creatividade e actividade artística.
As distintas actividades de FEMURO e da aula Conectad@s ó mundo da vila Carballiñesa para o ano 2011, se poden observar nos distintos blogs da entidade:: www.blogoteca.com/conectadas ou www.blogoteca.com/femuro, neste mes de xaneiro voltan de novo os cursos de acercamento a tecnoloxía dixital e as distintas actividades das cales poden ter información directa no Punto de encontro en Rúa Castelao nº15.
Dez anos despois Francisco Romero volverá adestrar ó Arenteiro. A Xunta Xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" comunicou hoxe a Mindo o seu cese á fronte da dirección técnica do equipo, agradecendolle o traballo feito durante os últimos meses. A derrota do pasado domingo en Ribadumia foi o detonante dunha decisión que busca un revulsivo que obre o milagre que se necesita para salvar a categoria, co equipo clasificado como penúltimo, e con só 9 puntos tralo remate da primeira volta. Para reconducir a situación, a Xestora contratou a Francisco Romero "Romerito", que se fará cargo desde esta mesma semana do equipo e xa o dirixirá o vindeiro domingo na Peroxa, iniciando asi unha nova etapa como adestrador do Arenteiro, do que antes xa fora tamén xogador. Romero regresa asi o fútbol activo, tras o seu cese no C.D. Ourense, fai xustamente agora un ano, en xaneiro de 2010.
O Centro de Servizos Sociais Alvetus de Avión incluirá, entre as súas prestacións, unha nova modalidade "as estadías nocturnas", que convertirá novamente ó Concello de Avión en pioneiro na creación de novas fórmulas de servizos , como xa o foi no seu dia coa lavandería social, o comedor e o xantar sobre rodas ou o transporte adaptado. O Pleno da Corporación Municipal ven de aproba a tariifa que deberán abonar os usuarios, mediante a creación da correspondente ordenanza fiscal, que regulará o funcionamento deste novo servizo. As "estadías nocturnas" abrirán a posibilidade ás persoas residentes no municipio que queiran pasar a noite no Centro Integral Alvetus", á inversa do que é un centro de dia, no que os usuarios pasan o dia nas intalacións municipais e regresan ós seus domicilios ó completarse o horario diurno. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, destacaba no programa "Asi son as mañás de Cope" que coa implantación destas estadias nocturnas, O Concello avionense sigue apostando decididamente polos servizos sociais "os veciños que o desexen e cumplan os requisitos poderán benefiarse destas estadias nocturnas desde a tardiña atá as 10 da mañá do día seguinte, mentres que polo dia poderán seguir activos e desenvolvendo a vida cotián nos seus pobos". Montero dixo que a idea xurdíu "de escoitar á xente e as súas necesidades, xa que a dispersión poboacional e o envellecemento da mesma, leva a algunhos veciños a non sentirse cómodos nos seus domicilios cando chega a noite, sen embargo polo dia sintense a gusto no seu hábitat de sempre, foi o que nos levou a idear este novo servizo"
As intensas choivas caídas nas últimas xornadas provocaron o desbordamento do río Arenteiro en distintos tramos, afectando a gran parte do paseo fluvial, na zona semi-urbana do Carballiño. Como pode comprobarse na foto, na zona entre O Cornuval e Toscaña, resultaron anegados tanto o camiño como as fincas colindantes. As inundacións tamén afectaron a outras zonas, como o bañiño de Arcos, a área recreativa do Cuco ou a piscifactoria, asi como a avenida do parque municipal. O aspecto era tamén imponente na desembocadura do río Marañao, no límite dos Concellos de San Cristovo de Cea e O Carballiño, ónde varias estradas locais estiveron cortadas ó tráfico.
A Xunta xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" tén moi claro que deberán chegar a Espiñedo futbolistas contrastados para complir o obxetivo de salvar a categoria, e con esta idea están a traballar contra reloxio, para poñer a disposición de Mindo ó menor tempo posible novas pezas para un Arenteiro que se quere seguir o ano que vén na preferente terá que gañar 12 dos 20 partidos que lle restan á competición, para deste maneira estar a salvo tanto dos postos directos de descenso directo como dos posibles arrastres. A marxe de erro para a segunda volta é bastante limitado e por eso os novos rectores do club saben que teñen que acertar coas fichaxes e buscar eses novos xogadores, que unidos ó grupo xa existente, deberán loitar para ir remontando postos na táboa de clasificación. Asi que ás últimas incorporacións que xa vimos en Espiñedo no partido contra o Verín, como foron o meta portugués Pedro Velho e o mediocampista marroquino Munir, poderían unirse de forma inminente novos futbolistas, que xa este pasado martes tomaron parte no primeiro adestramento da semana e con bastantes boas sensacións, trátase de futbolistas que proceden de equipos da 3ª división andaluza e asturiana, e da 2ª división portuguesa. Ademáis, o Presidente da Xestora mantiña esta semana contactos na Coruña para traer Ó Carballiño "un xogador relevante". Xa está tamén confirmado o regreso ó Arenteiro de Takón, que xa militou no club durante as últimas temporadas. En canto a nova cúpula directiva, acompañan a Cadavid, Antonio Nogueira, Maximino González e Toni Mateo, axudados polo resto da anterior directiva.
A asociación ecoloxista "Matar por matar non" considera que este proxecto é "contaminante e pestilente e toda a vila de Maside está no radio de acción das súas consecuencias perniciosas", polo que invita á veciñanza de Maside a presentar alegacións para non permitir a instalación de estas plantas "ás que traerán os lodos fecais de toda a provincia". As advertencias ecoloxistas coinciden coa apertura do prazo de 20 dias hábiles para a presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra este proxecto, a contar desde o dia 5 de xaneiro, data posterior á publicación do Edicto do Concello de Maside no BOP, no que se da conta da petición de licenza promovida pola UTE Sercoysa-Tesagua para a instalación de 2 plantas"depuradoras nodrizas para augas residuais", no lugar coñecido como "As Varandillas", na estrada da Estación de Maside. A infraestructura está financiada pola Deputación Provincial de Ourense, dentro dun plan no que tamén están previstas outras plantas similares nas comarcas da Limia e Valdeorras. O proxecto pode examinarse na Secretaría Municipal do Concello de Maside.
Asi deste maneira escenificaron os 3 portavoces da Corporación Municipal a mensaxe unitaria na busca do consenso para o proxecto da praza no entorno da Veracruz, facendo un brinde -as copas estaban baleiras- simbólico, transmitindo á opinión pública unha postura común dos grupos políticos do Concello do Carballiño. O Alcalde, Carlos Montes, decía que "a pelota está agora no noso tellado, e a nosa responsabilidade será agora buscar o maior consenso posible". Tamén destacaba este espírito de unidade O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recalcaba a necesidade de darlle a Xunta unha resposta consensuada polo conxunto da sociedade carballiñesa. Amil congratulábase do feito de que O Conselleiro garantise persoalmente a execución do proxecto, para o ano que vén co remate dos viais e o acondicionamento provisional do espazo no que xa se actúou, e tamén -sobre todo- a continuuidade do proxecto unha vez que se chegue a esa situación de consenso. O Portavoz nacionalista espera "que ningúen pretenda sacarlle rédito político a este proxecto e que sexamos capaces de actúar con espírito de grandeza". Pola súa parte, Argimiro Marnotes agradecía "o compromiso da Xunta e do Conselleiro con esta obra, como se demostrou desde o principio". O Portavoz do Partido Popular decía, finalmente, que "este debe ser o proxecto de todo o pobo do Carballiño".
Desde a "Platoforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" acolleuse con satisfacción o anuncio de suspender a execución do proxecto que estaba previsto. Desde este colectivo cidadán, Jose Luis Alves agradeceu a través de esta emisora de radio "os apoios recibidos" e anuncio que desde a plataforma están na mellor disposición posible para chegar a ese consenso que pide a Xunta.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 724
- 725
- 726
- 727
- 728
- 729
- 730
- 731
- 732
- …
- seguinte ›
- última »