Asi deste maneira escenificaron os 3 portavoces da Corporación Municipal a mensaxe unitaria na busca do consenso para o proxecto da praza no entorno da Veracruz, facendo un brinde -as copas estaban baleiras- simbólico, transmitindo á opinión pública unha postura común dos grupos políticos do Concello do Carballiño. O Alcalde, Carlos Montes, decía que "a pelota está agora no noso tellado, e a nosa responsabilidade será agora buscar o maior consenso posible". Tamén destacaba este espírito de unidade O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recalcaba a necesidade de darlle a Xunta unha resposta consensuada polo conxunto da sociedade carballiñesa. Amil congratulábase do feito de que O Conselleiro garantise persoalmente a execución do proxecto, para o ano que vén co remate dos viais e o acondicionamento provisional do espazo no que xa se actúou, e tamén -sobre todo- a continuuidade do proxecto unha vez que se chegue a esa situación de consenso. O Portavoz nacionalista espera "que ningúen pretenda sacarlle rédito político a este proxecto e que sexamos capaces de actúar con espírito de grandeza". Pola súa parte, Argimiro Marnotes agradecía "o compromiso da Xunta e do Conselleiro con esta obra, como se demostrou desde o principio". O Portavoz do Partido Popular decía, finalmente, que "este debe ser o proxecto de todo o pobo do Carballiño".
Desde a "Platoforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" acolleuse con satisfacción o anuncio de suspender a execución do proxecto que estaba previsto. Desde este colectivo cidadán, Jose Luis Alves agradeceu a través de esta emisora de radio "os apoios recibidos" e anuncio que desde a plataforma están na mellor disposición posible para chegar a ese consenso que pide a Xunta.
A solución definitiva chegará, moi probablemente, coa redacción dun novo proxecto, que sexa de consenso municipal, será entón cando a Xunta retomará as obras no entorno da Veracruz. Foi éste o compromiso que o Conselleiro de Medio-ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, transmitíu á comitiva municipal integrada polo Alcalde Carlos Montes, O Concelleiro de Obras, Manuel Amil, e o Portavoz do Partido Popular Argimiro Marnotes. Tras esta reunión, quedou claro que atá que se chegue a ese acordo que deberá promover o propio concello, non se acometerá o proxecto para o acondicionamento deste praza. O Conselleiro reiterou que desde a adminstración autonómica sempre se actuou desde a colaboración e o diálogo, e recordou como o pasado 14 de setembro a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas xa se desplazarara atá O Carballiño para atender as reclamacións dos gobernantes municipais. Tamén lembrou Hernández que o proxecto que se estaba a executar foi aprobado polo Concello, previo informe favorable da comisión territorial de patrimonio. Trala reunión có Conselleiro, os 3 portavoces dos grupos políticos carballiñeses que se desplazaron atá Santiago, xantaron xuntos, e acordaron seguir colaborando conxuntamente, agora, para buscar ese consenso que permita a continuidade das obras, que estaban adxudicadas en 1,1 millóns de euros.
A "Plataforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" volverá a convocar ós carballiñeses o vindeiro dia 30 de decembro, ás oito da tarde, de esta vez será a un acto informativo que se celebrará no Casino do Carballiño. Tratáse, asi pois, dunha nova convocatoria trala exitosa concentracón celebrada o pasado dia 8, e na que centos de carballiñeses amosaron o seu rexeitamento ó proxecto de urbanización no entorno da Veracruz, que está executando a Xunta de Galicia. Nesa reunión do vindeiro dia 30 os membos da plataforma irformarán ós asistentes das xestións promovidas durante as últimas semanas desde este colectivo e tamén as últimas novidades en relación a esta polémica. Ademáis, para ese dia xa se coñecerá o resultado da reunión que o lúns 27 van manter en Santiago o titular de medio-ambiente, territorio e infraestructuras, Agustín Hernàndez, e os representantes dos 3 grupos políticos da Corporación Carballiñesa, O Alcalde Carlos Montes, O Voceiro do Partido Popular, Argimiro Marnotes, e o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil. Éste último, en declaracións a esta emisora de radio, apelou "o espírito do nadal, que é o espírito da concordia" para chegar a unha solución de consenso, que pasaría inevitablemente "polo reformado do proxecto". Amil considera "unha boa señal" que se convocase esta reunión por parte do Conselleiro e agarda que desa reunión regresen Ó Carballiño có compromiso "de que se vai manter o investimento previsto por parte da conselleriía para a execución deste proxecto",
O adxudicatario da concesión deberá satisfacerlle ó Concello do Carballiño un canon fixo anual mínimo de 10.608 euros, asi como un canon variable que virá dado pola cantidade que resulte a favor do Concello pola aplicación dunha porcentaxe que, como mínimo, será do 50% sobre o posible superavit económico que se obteña na concesión, e que deberá acreditarse a través da liquidación que o concesiorario deberá presentar no Concello. O servizo público da ORA nas rúas carballiñesas, cos prezos que xa no seu dia fixou o pleno da Corporación Municipal, prestaráse mediante expendedores de tickes ou con tratamento de tarxetas ou similar. O Adxudicatario da ORA tamén prestará o servizo municipal de guindastre, que desta maneira pasa a privatizarse no Concello do Carballiño. O Prazo para a presentación de ofertas será de 15 dias naturais, a contar desde o pasado sábado dia 18. Previsiblemente, no vindeiro mes de xaneiro de 2011 poderá reunirse a mesa de contratación, que resolverá o concurso. No BOP e na Secretaría Municipal do Concello do Carballiño poden consultarse as bases que rixen a oferta pública para esta concesión administrativa.
As xestións que desde fai varias semanas se estivron levando a cabo para buscar una solución á situación transitoria que vive a Directiva do C.D.Arenteiro tras a renuncia presentada polo Ex-Presidente Antonio Valiñas, parece que se confiman como fructíferas e no transcurso da semana que ven faráse pública por parte da actúal directiva a proposta que será presentada ós socios do club. A fórmula elexida será a da constitución dunha Xunta Xestora que se fará cargo de inmediato da xestión da entidade deportiva e coa entrada na mesma dun grupo de empresarios da Comarca do Carballiño relacionados có sector da construcción, con eles integraránse na nova xestora os membros da actúal Directiva. O obxetivo inmediato do novo equipo rector do club será reforzar o equipo para salvarse do descenso de categoria na preferente sur do fútbol galego, aínda que a intención inicial vai más alá e pasaría por un proxecto sólido e ambicioso para o futuro inmediato do C.D. Arenteiro.
O PSdeG preguntará no Parlamento a razón pola que o pasado 7 de decembro non houbo médico de primaria no concello de Leiro. A parlamentaria María del Carmen Acuña lembra que no día laborable en medio da ponte da Constitución o Centro de Saúde de Leiro non dispuxo de ningún médico de atención primaria, pese a que habitualmente conta con dous facultativos para atender as necesidades sanitarias dese concello. Explica que a ausencia de médico durante tantos días trouxo graves molestias aos veciños, e algúns deles incrédulos ante a ausencia do médico esperaron pacientemente a que mandaran algún doutro punto, xa que eles tiñan cita. Engade que outros veciños, con máis presa, foron desprazándose para lograr ser atendidos por médicos de concellos limítrofes, aínda que os profesionais sanitarios non entendían nada porque nin sequera foron avisados e protestaban por este incremento de pacientes, xa que ben lles chegaba cos que lles correspondían ese día das súas propias cotas. Acuña salienta que o máis grave foi que en Leiro xurdiu ese día unha urxencia vital coa conseguinte desesperación do enfermo e dos seus familiares, urxencia que foi desprazada polo 061 sen valoración facultativa previa. A deputada presentou unha pregunta para a súa resposta por escrito sobre como se resolveu esta situación, cantos pacientes se desprazaron e a que puntos, e cantas urxencias e de que natureza se presentaron en Leiro ese día. Ademais prguntará cal é a media de demanda diaria de consulta do médico de atención de primaria no centro de saúde de Leiro, e se está adaptado para a atención e acceso de minusválidos, así como se conta con aseos adaptados a este colectivo.
Os mesmos problemas plantexados nas obras do entorno da Veracruz relativos á propiedade dos terreos nos que se pretende actúar por parte da Consellería de Medio-Ambiente, Territorio e Infraestructuras, reproducense agora de forma similar na obra de acondicionamento da Praza da Igrexa de Avión. A Secretaría Xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio ven de remitir ó Concello de Avión un escrito no que lle pide que aporte a documentación que acredite a titularidade dos terreos nos que se executa o proxecto, que financia a adiministracción autonómica cun investimento que ronda os 300.000 euros. A petición da Secretaria Xeral manifesta que a mesma faise en atencion"a inquedanza manifestada polo Bispado en relación a afectación que terían estas obras sobre os terreos que son da súa propiedade". En declaracións a esta emisora de radio, o Alcalde de Avión, Antonio Montero, asegurou que non tiña coñecemennto de esta inquietude por parte do Bispado, aínda que xa solicitara unha estrevista cos responsables da Igrexa para aclarar esta situación e facerlle ver a necesidade de executar este proxecto na súa totalidade, mesmo naquela parte que afecta á propiedade da Igrexa. Montero tamén afirmou que según a él lle consta "o 99% proxecto executase en terreos que son de dominio público". Si admitíu o Alcalde que algunhos veciños lle manifestaran o seu desacordo con algunhos aspéctos técnicos deste proxecto "aínda que a maioria está dacordo con esta actuación porque vai mellorar moito o aspecto da zona".
A Policia Local do Carballiño levará a cabo unha campaña de controis de alcoholemia que se vai desenvolver durante toda esta semana, e atá o vindeiro domingo dia 19 de decembro. Os controis realizaránse preferentemente dentro do casco urbano, tanto nas rúas do Carballiño como nos principais accesos ó centro urbano do Carballiño, facendose coincidir esta campaña con estas datas de celebracións de comidas e ceas de empresa, nas que aumenta o consumo de bebidas alcohólicas. Os controis da Policia Carballiñesa forman parte da campaña promovida a nivel estatal pola Dirección Xeral de Tráfico, que prevé a realización de 20.000 controis diarios. Os axentes da Policia Local do Carballiño non só se farán polas noites, senón tamén polas tardes, nos horarios máis próximos ás comidas.
Un penalti executado no minuto 63 polo visitante Calo, a raìz dunha man do local Martìn nun remate que non albiscaba perigo algùn, foi bagaxe suficiente para que O Choco se levarà de Espiñedo os derradeiros 3 puntos do ano.(0-1).
O cadro de Redondela vencìa polo mìnima nun encontro parello e cativeiro ante un Arenteiro, que puxo moito esforzo fìsico e moi pouco talento. Os xogadores do cadro pontevedrès tampouco realizaron un partido brillante, mais tiveron a fortuna de decidir o choque nunha xogada illada.
Onte empezaba a conta atràs para os homes de Mindo de cara a sumar puntos suficientes para salvar a categorìa.
A vindeira cita ca permanencia è o vindeiro domingo no municipal de San Pedro ante o Marìn C.F., outro rival que se move pola parte intermedia da clasificaciòn.
O.C.D.Arenteiro, caia eliminado na Copa Deputaciòn ante o Barbadàs (2-5), nun partido no que os de Mindo voltaron a amosar tòdalas sùas limitaciòns; encaixando 2 goles nos 2 primeiros minutos de xogo.
A endeblez defensiva segue a lastrar calquer posibilidade de progresiòn e a pesares de conquerir un resultado positivo nos Carris, a escuadra verde non foi quen de plantarlle cara a un contundente Barbadàs que simplemente limitouse a aproveitar os errores da zaga local.
Noutro orde de couas, tampoco o filial carballiñès poido solventar a papeleta, caendo goledado na Queixeira a mans do Atl. Arnoia (6-2); tamèn quedaba apeado o Maside, que tralo empate sin goles, depois dos 90 minutos regulamentarios, foi doblegado na tanda de penaltis ante o Sta.Teresita.
Mellor lle foron as cousas ò Salamonde eo Atl.Barbantes; ambos seguen adiante na Copa "B" tras superar respectivamente ò Castrelo de Miño e o Coles:
Finalmente o Leiro, disputarà a sùa eliminatoria ante o Ribadabvia Atl. o dìa 26; iste encontro aprazouse debido a merecida homenaxe tributada onte, ò gran Luis Sobrino, no propio San Bartolomeu.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 724
- 725
- 726
- 727
- 728
- 729
- 730
- 731
- 732
- …
- seguinte ›
- última »