(Redacción. Belén González) Este vindeiro sábado 22 de agosto a partires das 20.30 horas da tarde a Igrexa Parroquial de Maside contará coa actuación do Grupo Xalundes de Maside de recente creació. Os integrantes deste grupo Xalundes pertencían á Banda de Música de Maside, a Coral Solera Berciana de Ponferrada, a Coral Mestre Pacheco de Mondoñedo e a Coral A Torre de Maside. Estes concertos realizánbanse en decembro coincidindo coa Ponte da Constitución, pero por motivos de acollida trasladouse a este sábado 22 dando entrada ás festas do San Vitorio.
(Redacción. Belén González) As festas na honra de San Cibrao xa están á volta dunhas semanas e por iso o alcalde, Carlos Montes, presentaba esta mañá na Casa do Concello o libro de festexos para este ano. Montes resaltou a merma do orzamento con respecto ós anos anteriores e o esforzo especial para sacar adiante estas festas. Este ano contan con 115.000 euros de presuposto. O máximo representante do concello fixo un chamamento á poboación para que colabore o máximo posible coa comisión para recaudar fondos e non crear déficit. A cuota mínima voluntaria son 10 euros e cada un dos colaboradores levará unha identificación que indicará a axuda prestada ás festas patroais da vila do Arenteiro. Tamén destacou que unha parte importante da subvención para estas festas irá adicada ós máis cativos, posto “que son os que máis desfrutan nas festas” e para iso contarán con talleres, obradoiros e un cine exterior que irá viaxando polas diferentes rúas de O Carballiño. Este San Cibrao preséntase coas actuacións de Navajitá Plateá, Cómplices e o grupo vasco-carballiñés Zenttric. Ademáis actuarán como teloeiros deste grupo, os carballiñeses Pygmalion. Tamén O Carballiño contará coa aportación da Banda Escola de Marín que acompañará á procesión do santo. Haberá actividades deportivas e andainas como a organizada polo Clube de Sendeirismo Rillamillas para o 6 de setembro. A andaina, “Vila do Carballiño”, sairá dende o Pavillón Paco Chao e percorrerá nove pobos.
Entre os días 7 e 10 celebraráse o "Festival de Teatro Galego do Carballiño" no Auditorio. O sábado día 12 a "Coral do Casino" ofrecerá un concerto no Salón de Actos do Casino. Para o 14, o cine móbil deleitará ós máis cativos cunha obra na Praza Maior ás 11.00 horas da mañá ademáis as rúas estarán animadas polos gaiteiros "Os Renovados do Carballiño". Ás 17.30 horas, un "Home orquesta" fará as delicias dos máis novos e ás 22.00 horas terá lugar a inauguración do alumeado artístico deste ano. Ó día seguinte, ás 10.00 horas celebraráse o LXV Concurso de Gando Raza Rubia Galega na Uceira. O pasarrúas correrá a cargo da "Charanga Entre Amigos". Ás 11.30 horas, as rúas estarán amenizadas pola "Banda Escola Municipal do Carballiño". Dende as 16.00 horas, a tarde será adicada ós nenos; ás 19.00 horas celebraráse un concerto da "Banda Escola Municipal do Carballiño" na Praza Irmáns Prieto. A partires das 20.30 horas, a "Orquestra Tequila" tocará na Praza do Balneario e na Praza Maior estará a "Orquestra Millenium".
O mércores, a xornada de festa comezará ás 10.00 horas con pasarrúas a cargo da "Tuna Universitaria Compostelán" e ás 11.30 horas, a "Banda de Música de Noia" percorrerá as rúas da vila. A tarde estará centrada nos cativos e a partires das 18.30 horas haberá unha exhibición de Hap Kido e de Kick Boxing con Cipri Gómez. A "Banda de Música de Noia" dará un concerto na Praza Irmáns Prieto ás 19.00 horas e amenizarán a verbena ás orquestras "Oca" e "Noche de Estrellas". A charanga do "Dr. Anchoa" percorrerá as rúas ás 10.00 horas do xoves 17 e ás 11.30 horas a "Banda da Escola Naval de Vilamarín" acompañará a procesión do San Cibrao. A misa solemne celebraráse ás 12.30 horas co "Orfeón do Carballiño" e despois deste acontecemento, a "Banda da Escola Naval de Marín" dará un concerto no exterior da Veracruz e tamén ás 19.00 horas deste mesmo día na Praza Irmáns Prieto. Ás 17.00 horas, o C.D. Arenteiro ofrecerá un partido e durante a tarde haberá dous pasarrúas para animar a vila. A orquestra que amenizará a verbena será "París de Noia" e ás 23.30 horas o grupo "Cómplices" ofrecerá un concerto na Praza do Emigrante. Ó redor das 01.00 horas da madrugada faráse a tirada do fogo voador a cargo da piroctecnia "La Gallega".
O venres a "Charanga Chunda Chunda" percorrerá ás rúas a partires das 10.00 horas da mañá e ás 13.00 horas a "Banda de Vilanova dos Infantes" animará ós carballiñeses cun concerto na Praza Irmáns Prieto. A verbena correrá a cargo da orquestra "Jerusalén" e a partir das 23.30 horas a Praza do Emigrante acollerá o concerto de "Navajita Plateá". O sábado día 19, ás 10.00 horas comezará a romaría da "Virxe da Saleta" con posterior xantar na Carballeira da Saleta. Ás 18.30 horas a Praza Maior estará ocupada por unha exhibición de Taekwondo. A Praza do Emigrante contará cun Festival Rock nos que estarán o grupo "Efecto Pygmalion" e "Zenttric". Come remate dos festexos, o domingo día 20, será adicado ós nenos e ás 00.00 horas rematarán as festas deste San Cibrao 2009.
Inmaculada Ucha na presentación das Xociviga
(Redacción. Belén González) As Xornadas de Cine e Video de Galicia inaugúranse este vindeiro sábado 22 ás 21.30 horas da noite no Auditorio a cargo de Carlos Sante e Xaquín Domínguez. Ademáis contaráse coa proxección da película "Espías en la sombra". Este ano, as Xociviga inclúen varias estreas e máis de trinta filmes de diferentes temáticas, tamén estarán presentes numerosos directores galegos que lle presentarán ó públicó as súas obras. Estas xornadas contarán cunha exposición que leva por título "O cartelismo das actividades cinematográficas en Galicia. Arte e deseño 1973-1989". Esta vixésimosexta edición recupera os espazos adaptados para proxectar os filmes como son o Auditorio Municipal e a Casa da Cultura. Haberá un total de sete seccións: Gran cine que inclúe filmes para adultos de recente estrea; cine para nenos nas que se poderán ver diversas películas recentes; cine de autor adicado ós máis cinéfilos; cine en galego no que se inclúen longametraxes, curtametraxes e documentais e un longo cartel.
O domingo 23, ás 17.00 horas proxectaráse a curta "The Werepig", ademáis de "Kika superbruja", adicada ós máis cativos. ás 20.00 horas, o Auditorio acollerá o filme "Un bo Home" e ás 23.00 horas a saga de Harry Potter pechará a xornada. Por outra banda, na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas, os asistentes poderán ver "Vacaciones de Ferragosto". O luns 24 a xornada comezará ás 11.00 horas no Auditorio coa película de "Hanna Montana" e continuará ás 17.00 horas con "O espíritu do bosque", a curtamentraxe "O espello" e "Huidos", ás 20.00 horas e ás 23.00 horas a curta "Mínimo común múltiplo" e "Ángeles y demonios" pecharán este día. Mentres tanto, na Casa da Cultura, ás 20.00 horas haberá dous documentais como "Afranio" e "O clube dos sen teito". O día 25, o Auditorio proxectará ás 11.00 horas a película "Monstruos contra Alienígenas" adicada ós máis novos e ás 17.00 horas será "Harry Potter y el misterio del príncipe" o filme que faga as delicias dos nenos. ás 20.00 horas a curta "X Nada" e "Coco, de la rebeldía a la leyenda de Chanel". Ás 22.30 horas faráse entrega da insignia de ouro e ás 23.00 horas, o director Alfonso Zarazua presentará "A noite que deixou de chover". O mércores 26, o Auditorio presenta ás 11.00 horas "Corazón de Tinta" e ás 20.00 horas, a curtametraxe "Coser e cantar" e "Los girasoles ciegos". Ademáis a partir das 23.00 horas, "Millenium, los hombres que no amaban a las mujeres" pechará a xornada. Na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas estará o documental "Bata por fora" e "Malta Radio". O xoves, día 27, ás 11.00 horas pasará "Ice age 3: el origen de los dinosaurios"e ás 20.00 horas "Pedro e o capitán" que estará presentado polo seu director Pablo Iglesias. ás 23.00 horas, entregaráse a Xociviga de honra 2009 e pasaráse "Os mortos van ás presas". A clausura estará marcada polo espectáculo de maxia Luis Boyano e o seu espectáculo "Mi movida máxica". Ademáis tamén haberá exposicións da historia das Xociviga, os carteis das actividades, cinematografía en Galicia, e carteis dos 26 anos destas Xociviga. Un cartel de filmes que este ano conta con trinta mil euros, dez mil menos que nas edicións anteriores.
(Redacción. Belén González) A Praza Maior do Carballiño acolle durante esta semana o 1º Festival de Títeres. Durante os días 17, 18, 19, 20 e 21, os máis pequenos desfrutarán dunhas xornadas de diversión con monicreques moi orixinais. Haberá diversas actuacións e o día de hoxe, luns 17 de agosto, actuará a compañía títeres "Falcatrúa" coa obra "O espíritu do bosque". A comedia fala do que acontece nun bosque que é invadido polo lixo e os residuos urbanos. Para o día 18 representaráse a obra "Do, re, mi, Mozart xoga aqui" a cargo de títeres "Cachirulo". Esta obra estará representada por unhas marionetas de fío talladas en madeira. O mércores a compañía "Ni fu ni fa Animación" traerá á Praza Maior C@nto. Unha obra que versa sobre cantar un conto ou contar unha canción. O xoves, "O ferreiro e o diaño" narrará a longa vida dun ferreiro que un día recibe a visita de Xesucristo e ó outro a do demo. Para rematar esta semana "Dhantea Teatro" traerá a obra "Carapuchiña Vermella ou o cono do lobo", unha historia que narra dúas versións diferentes sobre un mesmo tema. Tódolos días o espectáculo comezará ás 19.30 horas e vai adicado ós máis pequenos e non tan novos.
Fina Mari López Gil, veciña do nº 44 da rúa Calvo Sotelo do Carballiño, resultou gañadora do coche que sorteou o centro comercial aberto do Carballiño, dentro da súa campaña de verán "o rali do comercio". Foron miles de puzzles que os clientes do comercio carballiñés completaron durante os dous últimos meses, reunindo as 10 pezas do puzzle nos 91 establecementos que na actualidade forman parte do Centgro Comercial Aberto do Carballiño. Tras o sorteo, celebrado na praza maior do Carballiño, e unha vez que pudo comprobarse que a gañadora do peugot 107 non se atopaba entre o pubíco asistente, foi entón o propio Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño, Adolfo Nogueira, quen comunicou a boa nova a través do teléfono á afortunada, ésta respondeu desde Canarias onde se atopa de vacións e nun primeiro momento amosouse incrédula, pensando que se trataba dunha broma a través do móbil. Fina Mari López Gil traballa como profesora no Colexio Sagrado Corazón do Carballiño e próximamente faráselle entrega do coche, nin xiquera terá que pagar os gastos de matriculalción, que tamén corren por conta do Centro Comercial Aberto. Enhoraboa.
Martín e Lolo Carril
Un ano máis, Lolo Carril, Director de Deportes de Cope O Carballiño, fixo entrega dos trofeos que levan o mesmo nome que o programa diario que emite esta misma emisora, "O Tirachinas". Deportivo diario que voltará á parrilla de emisión tralo descanso estival a partires do vindeiro un de setembro. Este ano os trofeos "Tirachinas" concedéronselle a Walter Martín (C.D. Arenteiro) e César Gallardo (Javiar Paz F.S.). Os trofeos recaen nos dous futbolistas, que a criterio deste programa, resultaron ser os xogadores máis destacados da comarca na pasada tempada 2008-2009 tanto en fútbol como na Liga Local de Fútbol Sala.
Méritos: Walter Martín, 25 goles. Máximo realizador da tempada na preferente autonómica do Grupo Sur e xogador con mellor valoración en doce das 38 xornadas das que contsta o campionato de liga.
Méritos: César Gallardo, 16 goles. Máximo realizador do seu equipo e xogador con mellor valoración personal na maior parte das xornadas das que consta o campionato de liga da primeira local de Fútbol Sala.
(Redacción. Belén González) O líder do PP do Concello de Carballiño, Argimiro Marnotes, ven de contestarlle ó comunicado feito fai uns días pola Interventora do concello, María Fé González. "O grupo municipal do PP non comprende as palabras da interventora do concello contra este grupo e, máis en concreto, contra o seu portavoz. Foi o mesmo alcalde no pleno do catro de agosto quen falou de que foi o departamento o que detectara o erro e falou sempre do servizo de tesourería", aclara Argimiro Marnotes. Dende o PP do Carballiño afírmase que nese pleno o alcalde, Carlos Montes, falou da coordinación entre os departamentos. Así mesmo, entre as confusións ocasionadas xurden máis, posto que as explicacións ofrecidas pola Interventora contradicen ás palabras do alcalde e mesmo ós informes que aparecen no expediente do pleno. Ademáis, o grupo municipal do PP non entende porque María Fé González -interventora de O Carballiño- pensa que os populares están perseguindo a algún traballador para favorecer a outros. Marnotes manifesta que o que fan e seguirán facendo é denunciar tratos a favor do equipo de goberno con algún traballador, ben sexa por incumplimento de horario, falta de rigor no traballo... Segundo o representante do PP, "Intervención é o servizo mellor pagado do concello e xa dixemos e seguiremos dicindo que non é normal que o servizo funcione igual cando está a interventora titular que cando viña o interventor sustituto unhas horas á semana. Outras prazas como o técnico en urbanismo foron eliminadas por esa razón". Do mesmo xeito, o PP entende que isto "é unha pataleta" da interventora porque non se entende con algúns membros do departamento do concello e pídelle á interventora que cada un faga o seu traballo, porque os veciños serán os beneficiados.
Casa Consistorial do Concello de Beade
(Redacción. Belén González) No programa deste venres 14 de agosto, emitido desde Beade, tivemos como invitados ó alcalde deste Concello, Senén Pousa; ó artista e membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Ridimoas, Pablo Oitavén, e a un dos representantes da Comisión de Festas deste ano, Germán. Tamén participou en directo no programa Camilo Bahamonde Rodríguez y Alonso, promotor da "Encomenda Templaria de Beade", pertecente a ONG Templarios del Mundo, unha nova ONG que pretende a recuperación e restauración dos castelos e encomendas templarias para darlle un uso social. Durante a entrevista co alcalde fíxose un percorrido polo concello abarcando numerosos temas como a vendima, obras e infraestructuras, subvencións… As previsións do alcalde -que ademáis deste cargo tamén é agricultor- con respecto á vendima deste ano son optimistas ó afirmar que os viñedos de Beade están case o 80% no Xerez, mentres que na uva autóctona, o alcalde prevé que a colleita será inferior a outros anos. Beade é un dos concellos do Ribeiro que mantén unha actividade principalmente agrícola, xa que os seus viñedos marcan a identidade deste concello de pouco máis de 6 quilometros cadrados. Houbo tempo para lembrar os anos mozos do alcalde, posto que formou parte da Banda de Música de Beade durante anos. Unha banda que tivo moita importancia e que estivo composta por cincuenta persoas ata que no ano 1963 se desfixo. Pousa afirmou que dende sempre en Beade houbo unha verdadeira paixón pola música de banda e que se durante as festas hai tantas bandas é porque o pobo as reclama. Noutra orde de cousas, un dos proxectos pendentes deste concello é a reforma da Rectoral da Encomenda; unha reforma que foi paralizada polo bipartito ó afirmar que quedaban suprimidas tódalas subvencións para Beade. Senén Pousa mostrou a súa disconformidade co goberno galego bipartito, porque ademáis desta obra tamén paralizou e negou o orzamento de tres millóns de euros para arranxar as beirarrúas e estradas.
Outro dos que pasou polos micrófonos do programa foi Pablo Oitavén, encargado de deseñar a alfombra floral que se fai co gallo das festas. Esta alfombra realízase dendo o ano 2000 e cada ano trata unha temática diferente. "Metamorfose" é o título da alfombra floral deste ano que fai alusión á rotura dos cruceiros por un acto vandálico. O debuxo mostra unha bolboreta coas ás que ten o corpo dun cruceiro; uns cruceiros que se puideron restaurar e que quedaron case como estaban inicialmente. Esta alfombra estará exposta durante a xornada de hoxe e mañá para o procesión; unha procesión que percorre todo o pobo no seu día grande. Ademáis de ser o deseñador da albombra floral, Pablo Oitavén é membro do bosque autóctono de Ridimoas. Este bosque require moitos coidados como herbicidas contra a maleza, coidado da fauna, controlar as parcelas que se adquiren cada certo tempo, comunicarse cos socios e un longo etcétera. En Ridimoas refúxiase todo o que é a flora e a fauna do que é esta subcunca do Avia. Hoxe en día, o bosque conta con socios de Mallorca, Sagunto e mesmo de fora de España. Este bosque caracterízase por poder pasear por el e ver especies como raposos, teixugos, aves... Hai 32 anos que Pablo comezou con este proxecto na Universidade Laboral de Ourense e no ano 1989 inicióuse como Asociación Cultural e Ecolóxica. Un dos proxectos que ten en mente a Asociación é un Centro de Interpretación e do posible aluguer do antigo Cine Principal de Ribadavia para situar este centro.
A Comisión de Festas tamén estivo representada no programa por Germán un dos dous integrantes de organizar este ano as festas. Unhas festas que declarou Germán que dan moito traballo e que contan que saian ben. O programa para os catro días de festa é o seguinte: hoxe venres actuará a Banda de Música "Vilanova dos Infantes" e ás 20.00 horas celebraráse a baixada da Virxen en procesión dende a Capela da Misericordia ata a Igrexa. A noite estará amenizada pola orquestra D´Noche e a partires das 00.30 horas actuará a famosa cantante galega Sabela. Mañá sábado día 15 tocará a Banda de Música "La Libra de Ribadavia"; ás 12.30 horas celebraráse a misa solemne con procesión e xa pola tarde ás 18.00 horas haberá a exhibición dun mago para os nenos no Campo da Festa. Despois de cear, a noite estará amenozada pola orquestra Verano Azul e a partir das 00.30 horas actuará o recoñecido fillo de Dyango, Marcos LLunas. Xa o día 16, a Banda de Música de Vilatuxe tocará pola mañá e a misa solemne con procesión celebraráse ás 12.30 horas. A festa e a verbena estará amenizada pola orquestra Ría de Betanzos. Para rematar estes catro días, o luns 17 ás 20.00 horas terá lugar a subida da Virxen en procesión dende a Igrexa ata a Capela da Misericordia. Despois da subida da Virxe haberá unha gran sardiñada para tódolos asistentes e a noite estará amenizada polo dúo Ases.
Así foi o percorrido polo Concello de Beade; un concello pequeno pero que ofrece infinitas posibilidades para que ninguén se aburra. Unha localidade enmarcada en pleno Ribeiro bañada polas augas do Avia e por un bosque autóctono que alberga especies da zona.
(Redacción. Belén González) A interventora do Concello de Carballiño,María Fé González, mostra a súa discorformidade antes unhas declaracións verquidas polo líder dos populares, Argimiro Marnotes, na "Mañá de Cope O Carballiño". Segundo ela,as declaracións dos integrantes políticos da corporación municipal cuestionan o traballo realizado polo departamento de Intervención do que é responsable en relación ó Pleno Extraordinario celebrado o pasado 4 de agosto -pleno no que se procedeu á corrección de erros nas facturas do concello-. No comunicado, a interventora recoñece o erro que existía na duplicidade de tres facturas e a non coincidencia de cifras noutras tres do total das 700 facturas pendentes que contiñan un importe de 1.160.583,05 euros. Así mesmo tamén informa que foi o Departamento de Intervención o que se deu conta de que os datos non coincidían; estes fallos foron detectados polo Axuliar Administrativo da Intervención e seguidamente a interventora informou tanto ó alcalde, Carlos Montes, como á Tesoureira Municipal para que non se produciran pagos duplicados ou por importes erróneos. A interventora afirma que ó día seguinte de suceder todo, ela foise de vacacións e que se enterou despois de que tivera lugar un pleno para correxir os erros ademáis das declaracións dos partidos políticos. Ante tal situación,a interventora aclara que "o expediente de erros estivo en mans do grupo de goberno e dos grupos da oposición antes da celebración do pleno e, nin antes nin despois, o detectaron e que probablemente nunca chegarían a ter coñecemento do mesmo se o Departamento de Intervención non o houbese detectado e posto en coñecemento do Alcalde e da Tesoureira". A interventora non considera xusto cuestionar o traballo do seu departamento tal e como o fixo o portavoz do PP. Con referencia ás declaracións feitas polo portavoz do PP na "Mañá de Cope O Carballiño", María Fé González aclara que o erro non foi detectado pola tesoureira senón que foi o Departamento de Intervención, do que ela é responsable, o que se deu conta disto. Por último, a interventora di que "non entende a actitude de ataque a determinados funcionarios que, neste concello, lévase a cabo polos representantes políticos. Parece que no lugar de facer oposición contra o grupo de goberno faise oposición contra determinados funcionarios mentres se trata de favorecer ós outros".
(Redacción. Belén González) Ás primeiras horas desta mañá unha particular daba a voz de alarma á Policía Local ó avistar dende o seu establecemento unha sospeitosa maleta. O feito tiña lugar na Rúa Xoán de León, máis coñecida por situarse alí o Bar Casablanca e Talleres Adolfo. Ás 12.00 horas chegaban numerosas brigadas da Policía Local e da Garda Civil ó lugar que foi acordoado na súa totalidade por motivos de seguridade e ó que non deixaron entrar en ningún momento a nadie, activandose o protocolo de seguridade previsto para estos casos. A Garda Civil asegurou dende un primeiro momento que se trataba dun acto sen trascendencia. Preto das 12.45 horas chegaban dende Vigo os especialistas en explosivos da garda civil para abrir a maleta e saber cal era o seu contido. Minutos máis tarde dábase por finalizado todo o despliegue ó confirmar que se trataba dunha maleta con roupa. O alcalde, Carlos Montes, confirmoulle ós veciños e traballadores da zona que podían voltar ó seu posto. En apenas uns minutos a zona foi desacordoada e recuperouse a normalidade na circulación e tamén nos establecementos que alí se atopan.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 762
- 763
- 764
- 765
- 766
- 767
- 768
- 769
- 770
- …
- seguinte ›
- última »