Deportes

19, Abril 2025

Os verdes non estiveron solos na súa visita ao Reina Sofía de Salamanca, onde os animosos e numerososos afeccionados do Arenteiro deixaron a gorxa para facer oir entre os 4.000 espectadores que se deron cita no estadio charro na tarde-noite de venres santo.

Ao final, regresaron ao Carballiño cun punto e coa sensación que poideron ser os 3 se o Arenteiro aproveitase as súas varias ocasións de gol, as máis claras na primeira parte, cando os verdes foron moi superiores aos anfitrións. Na segunda parte igualouse a contienda e ata pudo marcar Unionistas nun balón ao pau cando o partido ía rematar.

VideoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=4H7puJNuARk

Cronica do partido na Tribuna de Salamanca:

https://www.tribunasalamanca.com/noticias/401237/unionistas-vive-un-vier...

13, Abril 2025

Un moi inspirado Marqueta, o gardameta zaragozano do Ourense CF, foi coas súas grandes intervencións baixo paus o gran artífice do seu equipo para non sair derrotado de Espiñedo ante un Arenteiro que fixo méritos para máis que un empate. 

E para redondear a súa actuación, Marqueta rexeitou o penalti lanzado por Baselga, negándolle o empate aos verdes que viron como nos primeiros compases do partido o Ourense adiantabase cun dos seus contados disparos a porteria durante toda a tarde.

O Arenteiro fixo méritos para levarse maís que un punto neste partido, máis aínda na segunda parte na logrou o empate e tivo unha gran ocasíón nos minutos finais cando Marqueta volveu salvar aos seus desviando un testarazo de Baselga cando xa se cantaba o gol por parte da afección local.

Espìñedo rexistrou outra gran entrada, con máis de 2.200 espectadores, unhos 300 seguidores do equipo capitalino.

Video resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=WrHapO6eVIQ

Cronica do partido en La Voz de Galicia:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/04/14/arenteiro-ouren...

 

5, Abril 2025

Unha mágoa, porque o Arenteiro aguantou ben e sen pasar por moitos apuros ata cando faltaban apenas dous minutos para que se cumplira o tempo regulamentado, pero cometeu unha falta na preto da frontal da área e foi como a balón parado chegou a derrota dos verdes.

Atrás ía quedando un partido no que o Arenteiro plantou cara no Reino de León ao líder destacado da categoria e mesmo cunha gran ocasion de gol que salvou un defensor local baixo paus, e cando a ansiedade xa se apoderara dos máis de 8.000 afeccionados leoneses que acudiran ao estadio, chegou o mazazo para o equipo de Raúl Jardiel.

Non tivo premio o esforzo e bo traballo do equipo no Reino de León, pero sí que soubo recoñecerllo o cento de seguidores do Arenteiro que se desplazaron á capital leonesa, cunha prolongada ovación de aplausos.

Cronica do partido en Leonoticias:
https://www.leonoticias.com/deportes/cultural/cultural-resurge-ultima-ho...

30, Marzo 2025

O Arenteiro sufríu a súa segunda derrota consecutiva en Espiñedo neste aciago mes de marzo no que primeiro a Ponferradina e agora tamén o Celta Fortuna, levaronse un botín de seis puntos do templo verde.

Como na maioria dos partidos, o Arenteiro saíu mellor que o seu rival, transmitindo boas sensacións que pouco duraron porque, apenas con 4 minutos de xogo a lesión de Tarsi Aguado foi un duro golpe para los verdes, que perderon a un dos seus xogadores importantes, e vai se o notaron, porque o Celta logo se fixo co mando do partido e conseguía inaugurar o marcador aos 21 minutos, un 0-1 co que xa se chegou ao descanso.

Nada máis reaundarse o partido, o Celta Fortuna, facendo honra ao seu nome, con enorme fortuna nun rexeite de Jordan que impactou nun futbolista celtiña facía o 0-2. Aínda con moito tempo por diante, no m. 68 Martín Solar cabeceou o 1-2 que esperanza verde de remontada, pero de ahí ao final foi un querer e non poder dun Arenteiro con máis corazón que ideas.

Ademáis de perder a Tarsi Aguado, que víu a quinta amarela cando xa estaba no banco, o Arenteiro tamén perderá para o partido do próximo sábado en León ao gardameta Diego García, ao ser expulsado neste partido de hoxe con vermella directa.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=Gj5fx0Cpnp8

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/31/arenteiro-atasc...

23, Marzo 2025

Histórico primeiro partido oficial do Arenteiro fora do territorio español, o que desputou en Andorra, ante un dos equipos candidatos ao ascenso, e ao que xogou sen complexos, que pudo gañar calquera dos dous equipos e rematou en empate a un gol.

O partido púxose moi costa arriba para os verdes cando no minuto 7 o árbitro sinalou un riguroso penalti cometido por Mangel que supuxo o 1-0, o Arenteiro repúxose pronto do duro golpe e Basalega, que antes xa enviara un balón ao longueiro, aproveitou unha asistencia de Pascu e puxo o 1-1 no marcador.

Na segunda parte, houbo situacións de gol en ambas porterías pero o marcador xa non se movería,a pesar de que nos últimos minutos os locais apretaron, aínda que desta vez a valentía du Arenteiro que xogo de ti a ti ao Andorra, obtivo premio

VideoResumen do Partido:
https://www.youtube.com/watch?v=ft5JGvy7dKc

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/24/arenteiro-apret...

Cronica do partido no SPORTS:
https://www.sport.es/es/noticias/futbol-catalan/punto-115605056

15, Marzo 2025

Outra gran entrada en Espiñedo, con numerosa afección visitante e máis de 2000 persoas para ver como a Ponferradina, superada claramente polo Arenteiro en boa parte do partido,levouse para o Bierzo 3 puntos de ouro.

Esto do fútbol vai de goles e non de méritos, a Ponferradina fixo un gol na única oportunidade que tivo durante toda a primeira parte, na que o Arenteiro fixo méritos sobrados para adiantarse no marcador. Na reanudación, o equipo de Javi Rey defendeu a renda, e os verdes tardaron en pisar área, como volveron facer no último cuarto, pero o seu esforzo non tivo premio.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=vfsIhMV3p34

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/16/arenteiro-estre...

9, Marzo 2025

Chove sobre mollado,  Fernández Buergo xa era de infausto recordo para a afección verde, que xa sufrira  a este árbitro o ano pasado a pasada tempada nopartido de Espiñedo contra o Lugo, e volveuno sufrir neste partido de Irún, unha triste coincidencia.

Porque ninguén se explica o motivo de que deixara ao Arenteiro en inferioridade con máis de media hora de partido por diante, decretando vermella directa ao futbolista do Arenteiro Yac Diore, nunha xogada na que nin xiquera existíu falta. 

A expulsión puxo moi costa arriba o partido para o Arenteiro, que tan so unhos minutos antes encaixara o gol do equipo irundarra, ao tranformar un penalti cometido por Simao. 

Mereceu o Arenteiro cando menos o empate, e ocasións tivo para elo, pero desta vez o balón negouse a entrar na portería rival, asi que toca xa centrarse no partido do próximo sábado 15 ás 17 h. en Espiñedo.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=af-nIWp-uWQ

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/10/cruel-derrota-a...

1, Marzo 2025

Arenteiro e Sestao River repartiron puntos nun partido que pudo gañar calquera dos dous equipos e no que os verdes salvaron un punto no desconto tras un moi mal inicio no que os vascos adiantaronse cun 0-2 no marcador á media hora de partido.

Dous ataques mal defendidos pola defensa do Arenteiro propiciaron os dous goles sestaotarras e levaron a un Arenteiro que non tivo desta vez a súa mellor versión a remar contra corrente practicamente toda a tarde, sendo providenciais os descontos de cada unha das partes, cando Pascu -o mesmo que a pasada semana en Barcelona- fixo os dous goles do empate.

Video resumen do partido:  https://www.youtube.com/watch?v=IwiUzPFm1Dc

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/02/fe-arenteiro-en...

23, Febreiro 2025

O Arenteiro foi mellor que o filial culé e venceu con todo merececemento nun gran partido de fútbol no que houbo emoción, bo fútbol e cinco goles (2-3). e indo sempre os verdes por diante no marcador.

Os dous goles de Pascu e outro máis do pichichi Baselga, que xa suma dez no que vai de campionato, foron sufientes para derrotar ao xoven e talentoso Barsa At. no seu estadio.

Aquí podes ver o video co resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=7cZZURWlerw

Cronica do partido no SPORT: https://www.sport.es/es/noticias/barca/futbol-base/barca-atletic-vuelve-...

Cronica do partido en La VOz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/02/24/arenteiro-golpe...

19, Febreiro 2025

Un mércores laborable e as cinco da tarde, e a pesar delo, máis de 1700 afeccionados deronse cita en Espiñedo para presenciar un partido de futbol no que o Arenteiro fixo mais méritos que o rival, pero o Barakaldo lévase un punto para o País Vasco.

Balsega adiantou na primeira parte ao Arenteiro tras unha xogada de fútbol de salón dos verdes, pero no segundo tempo os vascos empataron e o marcador xa non se movería, a pesar de que o Arenteiro intentouno ata o final.

Video co resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=Qm8FFCEAkRA

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/02/20/arenteiro-sumo-...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes