Deportes

O Arenteiro saíu en tromba ao municipal de Espiñedo neste partido correspondente á 10ª xornada do campionato de liga de Primeira RFEF e aos 3 minutos Miku marcaba o primeiro dos catro goles dos verdes ante o equipo charro, xa na segunda parte chegou a goleada cos tantos de Álvaro Ramón, Manín e Vicente Esquerdo.
Mellor inicio imposible para unha semana de máxima esixencia para os verdes, con 3 partidos en 7 dias, xa que o mércores dia 1 ás 16:30 horas xogará a primeira eliminatoria da Copa do Rei a partido único no Suárez Puerta co Avilés, mentres que tres diás despóis, o sábado 4 de novembro ás 19:00 h. volverá o Arenteiro xogar en Espiñedo en partido de liga ante o Fuenlabrada madrileño.
Video-resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=J_R6o_brBx8&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
Cronica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/10/29/arenteiro-alard...

O Arenteiro, que chegaba a León con ata seis baixa, entre lesionados e o sancionado Miku, fixo un digno partido no estadio da Cultural Leonesa, que se quedou cos 3 puntos co seu solitario gol no minuto 38 de partido, o Arenteiro intentouno na segunda parte, fixo un digno partido como mesmo recoñece a prensa local, pero non lle diu para puntuar. Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/a-cultural-racha-a-boa-serie-de-resultados-do-aren... O partido contado en "La Nueva Cronica" https://www.lanuevacronica.com/deportes/cultural-1-arenteiro-0-dorian-ac...

Arenteiro e Sestao xogábanse 3 puntos moi importantes malia estar aínda na oitiva xornada do campionato por ser rivais directos no obxetivo da permanencia, e os verdes lograron superan aos vascos no útlimo minuto de partido, un triunfo para o equipo que máis o buscou nos 97 minutos de partido.
Con este resultado o Arenteiro sae do descenso e cae nel o Deportivo da Coruña. Agora a pensar xa na viaxe a estadio do Reino de León, onde agarda a Cultural Leonesa, o próximo sábado dia 21 ás oito da tarde, partido que retransmitirá a Televisión de Galicia.
Aquí tes o enlace para ver o gol de Miku.
https://twitter.com/EnXogo_tvG2/status/1713645540515197076?ref_src=twsrc...

Visita histórica do Arenteiro a Teruel, cidade que visitaba por vez primeira para medirse en partido de liga de Primeira RFEF ao equipo turolense, logrando un punto nun partido no que non houbo goles pero sí moitas ocasións que fixeron lucir a ambos gardametas.
Na primeira parte o Arenteiro foi superior e tan so as meritorias intervencións do gardameta local evitaron que o Arenteiro, que tivo ata catro boas ocasións, non se fora con vantaxe ao descanso. Na segunda metade saíu mellor o Teruel, aínda que en realidade as súas ocasións non chegaron ata os últimos minutos do partido, cando Diego García, con dúas intervencións e Vitra con outra, asinaron o empate final.
Antes de dar inicio ao partido, e a petición do Arenteiro, gardouse un minuto de silencio na memoria de José Vicente, o xoven fútbolista do Arenteiro Promesas, que o pasado domingo perdeu a vida accidentalmente nas pozas de Melón.
O minuto a minuto do partido en:
https://ecodeteruel.tv/en-juego-desde-las-19-horas-el-cd-teruel-empata-0...
Video resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-saca-un-punto-da-sua-visita-a-teruel-0-0-

Partido gris do Arenteiro ante a SD Tarazona, e equilibrado no terreo de xogo entre ambos equipos, pero foron os visitantes os que conseguiron adiantarse no marcador a 10 minutos para o final cun gol de penalti, xa no desconto Manín fixo un golazo para salvar un punto.
Os aragoneses confirmaron que son un equipo moi físico, ao que é dificil xogarlle, se a esto engadimos que o Arenteiro non tivo a súa mellor tarde e que o empate foi xa no desconto o resultado pode darse por xusto polos méritos de unhos e outros, dous equipos que traballarán cun mesmo obxetivo: a permanencia.
Os minutos de desonto foron de tolemia, e pudo gañar calquera dos dous. No Arenteiro debutou xogando unhos minutos a última incoporación, a do exfutbolista do Valencia CF Vicente Esquerdo, chegado esta semana para cubrir a baixa de longa duración por lesión de Curro.
Aquí tes o gol do empate de Manín: https://www.facebook.com/PrimeraRFEF/videos/333845919130376

Desde logo non poderán queixarse os preto de 3.000 afeccionados que se deron cita no estadio Abanca Balaídos para ver un Celta Fortuna-Arenteiro que non defraudou, con sete goles e deles 6 en apenas 20 minutos, os primeiros da segunda parte e un emocionante final no que o Arenteiro acariñou o empate.
A afección do Arenteiro, desprazada en gran número ata Vigo, volveu mostrar o seu enfado pola arbitraxe, que volveu protagonizar polémicas decisións, como un claro penalti sobre Miku non pitado na primeira parte co 1-0 no marcador.
Video resumen do partido na Televisión de Galciia:
https://www.g24.gal/-/o-celta-fortuna-sae-ganando-nun-derbi-de-tolos-en-...
Crónica do partido en El Desmarque:
https://www.eldesmarque.com/futbol/celta-de-vigo/20230924/el-celta-fortu...
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/gradario/2023/09/25/celta-b-sobrev...

Os verdes, que nunca baixaron os brazos, acabaron cedendo por 2-3 nun partido absolutamente condicionado pola lastimosa arbitraxe protagonizada polo colexiado asturiano Francisco García Riesgo, que protagonizou decisións inexplicables provocando cos seus erros que o Arenteiro quedase con 9 xogadores no campo gran parte do partido ante a indignación da afección local.
O árbitro asturiano era a segunda vez que visitaba Espiñedo e, curiosamente igual quen xa fixo tamén con decisións moi extrañas fai dous anos nun Arenteiro-Pontevedra, daquela en Segunda RFE, volveu a deixar aos verdes en inferioridade. Desta vez, as tarxetas amarelas que provocaron a expusión de Tiago son de traca, xiquera son falta, ademáis a primeira delas da lugar ao segundo gol do Real Unión. Nos primeiros compases da segunda parte o Arenteiro, que por dúas veces empatou o partido quedouse sen Tiago e a última media hora tamén sen Germán.
Equivocar pode equivocarse calquera, tamén os árbitros, pero o que é dificil de xustificar é a total falta de criterio á hora de xulgar a un equipo e ao outro, por qué ensinar cartón amarelo e expulsión nunha xogada no medio do campo que non ten ningunha trascendencia e non ensinas tarxeta ao outro equipo cando comete falta ao borde da súa área. Mellor que árbitros asi non volvan por Espiñedo porque son perxudiciais para o fútbol, estropean o que pudo ser un gran espectáculo futbolístico.
Polo demáis, ao marxe da desvengonza arbitral, o partido entre Arenteiro e Real Unión deixounas auténticos golazos, podemos decir que os cinco, pero se con algún temos que quedarno é co gol estilo Maradona de Luis Chacón, o fútbolista do Arenteiro colleu o balón en campo propio, correo 70 metros en 9 segundos e marcou un gol para enmarcar.
Video resumen do partido en g24.gal: https://www.g24.gal/-/fran-justo-leva-o-triunfo-do-carballino-2-3-diante...

No segundo desplazamento e terceiro partido de liga na Primeira Federación logrou sumar o Arenteiro o primeiro punto a domicilio, nas instalacións de Tajonar, a cidade deportiva do Osasuna, onde os verdes mesmo tiveron as mellores ocasións de gol do partido, mesmo facéndo méritos para traerse os 3 puntos para O Carballiño.
Ata en catro ocasións o gardameta pamplonica P. Valencia evitou o gol do Arenteiro con grandes intervenciós, mentres que Diego García so tivo que empregarse a fondo nunha única ocasión, xa no tramo final do partido. Bo partido dos verdes, aos que tan so faltou o gol. A nota negativa do partido foi a lesión de Curro, á espera do parte médico que determine o seu alcance.
Valoración do partido feita polo adestrador de CD Arenteiro, Javi Rei:
https://www.facebook.com/cdarenteiro/videos/6872148549507928
Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/09/10/punto-pudo/0003...
Crónica do partido na WEB Osasuna 1920: https://osasuna1920.com/2023/09/osasuna-promesas-0-0-arenteiro-los-rojil...

O debut soñado nos mellor soño posible nun Espiñedo que xa é de Primeira RFEF, o Arenteiro con goles memorables ante unha afección entregada derrotou ao máximo representante da Rioxa no fútbol español, o Logroñés foise do Carballiño cun incontestable 3-0.
A victoria verde fraguose no primeiro tramo do paartido con dous golazos de Pibe, o segundo deles para enmarcar, probablemente un dos mellores goles na historia de Espiñedo. Xa no solpor do partido Manín redondeou o resultado co terceiro gol da noite.
Video resumen do partido en g24.gal: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-acada-a-primeira-vitoria-da-sua-histor...

Os verdes foron indo de menos a máis no seu debut na Primeira RFEF, encaixou o único gol do partido aos cinco minutos, pero foi medrando despois ante un Nastic de Tarragona que perdonou o segundo e acabou sufrindo e pedindo a hora, esto non fixo máis que comezar e ao Arenteiro quédalle por diante a tempada máis ilusionante da súa historia, tamén a máis esixente.
Crónica do partido no "Diari de Tarragona"
https://www.diaridetarragona.com/deportes/despegue-exitoso-nastic-1-0-ar...
Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-debuta-con-derrota-na-primeira-federacion
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »