Deportes

4, Decembro 2022

Un gol de Antón Escobar na primeira parte foi suficiente para que o Arenteiro sume outros 3 puntos ante os capitalinos e continúe como lider da liga na Segunda Federación outra semana máis, tras xogarse a xornada 13 do campionato nun partido no que os verdes foron superiores ao rival que visitaba Espiñedo na fria matinal deste primeiro domingo de decembro.

Con este novo triunfo, o Arenteiro alcanza os 30 puntos ao fronte da clasificación, 4 mais que o perseguidor Guijuelo e a falta aínda de 12 puntos en xogo para completar a primeira volta da competición, na que resta viaxar a Langreo e Guijuelo e recibir en Espiñedo a Zamora e Lugo B.

Vídeo-resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-reforza-o-liderado-cun-triunfo-no-derb...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/12/05/arenteiro-ejerc...

27, Novembro 2022

O novo técnico chegado esta semana en sustitución de Fran Justo entrou con bo pe no Arenteiro, que regresou de Burgos cun victorioso 1-2, grazas ao doblete asinado por Marquitos cun gol en cada parte, aínda que os locais metérnonse no partido cun gol no minuto 83 para disparar as pulsacións dos 60 afeccionados desplazados dende O Carballiño, que non pararon de animar durante toda a tarde.

Crónica do partido en "El Correo de Burgos": https://elcorreodeburgos.elmundo.es/articulo/deportes/reaccion-insuficie...

23, Novembro 2022

Javi Rey, ata o dia de hoxe técnico do Centro de Deportes Barco da terceira división, é o novo adestrador do Arenteiro, tras o acordo alcanzado por ambos clubes a primeira hora da noite deste mércores, desta maneira Frarn Justo xa ten sucesor no primeiro equipo do club carballiñés, na Segunda Federación.

Con Javi Rey chega como segundo adestrador Luis Vilachá, que xa exercia como tal no equipo valdeorrés. Ambos serán presentados á plantilla ás 9:30 h. deste xoves dia 24, e a continuación os novos técnicos xa dirixirán o primeiro adestramento do equipo na Uceira. E xa o próximo sábado dirixirán ao equipo no partido de liga en Burgos.

22, Novembro 2022

O adestrador do Arenteiro da etapa máis exitosa na historia do club, Fran Justo, da o salto á Liga de Fútbol Profesional, adestrará ao Club Deportivo Lugo na Segunda Divsión, tras alcanzarse un acordo na tarde deste pasado martes nas oficinas do estadio de Espiñedo entre ambos clubes., que además acordaron abrir unha etapa de colaboración entre ambas entidades no ámbito deportivo.

Os acontecementos sucederonse na xornada do martes e culmiraron a útlima hora da tarde tras desplazarse ata O Carballiño o presidente do CD Lugo, Tino Saqués. 

Desta maneira, Fran Justo pon fin de forma inesperada a súa etapa no club carballiñés ao que elevou as súas maiores cotas deportivas, tras dous anos e medio de continuos éxitos, proclamando ao Arenteiro por vez primeira na súa historia como campión da terceira división, ascendendo á Segunda Federación, consolidando ao equipo na primeira tempada na nova categoria e deixandoo como lider en solitario na actualidade.

Ademáis, Fran Justo conseguíu para o Arenteiro o primeiro título nacional da súa historia, o da Copa Federación, proclamándose como campión este pasado dia 2 de novembro en Alzira. E ademáis, en apenas un ano conseguíu que 3 equipos da primeira división xogasen en Espiñedo en partido da Copa do Rei, o Valencia o ano pasado, o Almeria este ano ao que ademáis conseguíu eliminar o Arenteiro, o que propicia que veña a Espiñedo en segunda ronda desta competición o Atlético de Madrid, o dia 22 do próximo mes de decembro.

Fran Justo lévase con el a Lugo ao segundo adestrador, Millán Fernández, mentres que o resto do seu corpo técnico van continuar no Arenteiro, que realiza xa xestións para fichar de forma inmediata un novo adestrador coa idea que viaxe xa co equipo a Burgos o próximo sábado.

20, Novembro 2022

O Arenteiro-Compostela non respondeu as expectativas creadas e foi de largo o pior partido do que vai de tempada no estadio de Espiñedo, e no que o Arenteiro perdeu a súa condición de invícto, paradóxicamente, ante un cativeiro Compostela que se aproveitou do penalti para levarse tres puntos para Santiago, eso sí, o árbitro madrileño Gonzálo González Páez -para non desentonar- tamén a pior arbitraxe do ano en Espiñedo non quixo pitar outro claro penalti na área do Compos cometido sobre Romay.

Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-compostela-remata-coa-serie-triunfal-do-arenteiro

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/11/21/arenteiro-inter...

17, Novembro 2022

A Real Federación Española de Fútbol deu a coñecer o calendario para a segunda ronda da Copa do Rei, competición na que o CD Arenteiro recibirá no estadio de Espiñedo ao Club Atlético de Madrid, será o xoves dia 22 de decembro ás 21 horas, partido que ofrecerá en directo Movistar+

14, Novembro 2022

O Sorteo celebraráse este mércores dia 16 de novembro na sede da Real Federación Española de Fútbol, ás cinco da tarde, será cando o Arenteiro coñeza o rival para a segunda ronda da Copa do Rei, que deberá saír entre un dos 14 equipos da primeira división que estarán no bombo.

Coa excepción dos 4 equipos que xogan a Supercopa de España e que non se incorporan ata a terceira ronda, asi como os dous que resultaron eliminados nesta primeira ronda, Cadiz e Almeria, ao Arenteiro pode corresponderlle recibir en Espiñedo o dia 21 de decembro calquera destes equipos: Mallorca, Osasuna, Elche, Valladolid, Villarreal, Espanyol, Atlético de Madrid, Girona, Rayo Vallecano, Celta, Sevilla, Getafe, Athletic Club de Bilbao e Real Sociedad.

10, Novembro 2022

O árbitro grancanario Juan Luis Pulido Santana, colexiado da primeira división, será o encargado de dirixir o Arenteiro-Almería da Copa do Rei, que se xogará no estadio de Espiñedo este domingo 13 de novembro a partir das 21 horas, o partido será ofrecido en directo por Movistar + Liga de Campeones BAR.

A práctica totalidade dos socios e abonados do CD Arenteiro, preto dos 1300 para a actúal tempada, retiraron a entrada que tiñan reservada polo club para este partido. O resto de entradas dispoñibles, serán postas a venda a partir do venres, e ata completar o aforo que se sitúa para este partido nas 2..000 persoas.

 

6, Novembro 2022

Este Arenteiro continúa a dar alegría tras alegría aos seus afeccionados, que cada vez son máis, desta vez e tras unha semana intensa na que se proclamou campión de España da Copa Federación, os verdes non acusaron o cansancio no seu desprazamento desta fin de semana a Asturias e regresan a O Carballiño con outros 3 puntos tras derrotar ao Marino de Luanco cun gol de Curro Rivelott no minuto 67 de partido.

O Arenteiro continúa asi firmando a súa mellor etapa histórica, acumulando xa 20 partidos invicto en competición oficial, sumando os partidos da Segunda RFEF e a Copa Federación, que tan brillantemente gañaou. O próximo partido en liga será o domingo 20 en Espiñedo ante o Compostela, antes este próximo domingo dia 13 ás 21 horas xogará a Copa do Rei ante a UD Almeria, da primeira división.

Vídeo resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/vinte-partidos-sen-perder-catapultan-ao-arenteiro

Crónica do partido no dixital "Fútbol Asturiano": https://www.futbolasturiano.es/noticias13/0621.htm

30, Outubro 2022

O Arenteiro sigue pulverizando os seus rexistros en categoria nacional e acumula xa 16 partidos consecutivos como equipo invicto tras derrotar aos santanderinos do Raio Cantabria en Espiñedo, apenas 24 horas antes de emprender viaxe cara terras valencianas onde o mercores xogará ante o Alzira a final da Copa Federación.

Desta vez, os verdes tiveron que remontar o marcador xa que o filial do Racing de Santander adiantouse cun gol no minuto 25, aínda que xa antes do descanso o Arenteiro deulle a volta con goles de Marquitos e e Alex Fernández. Na segunda parte, Pibe sentenciou cun terceiro gol.

Agora, sen tempo para o descanso, o Arenteiro súbese ao autocar este lúns ás 23:00 horas para viaxar toda a noite ata Valencia. O martes pola tarde adestrará na cidade deportiva do Valencia C.F, velando armas para a gran final da Copa Federación, que se xogará no estadio Luis Suñer ante os locais da UD Alzira, o mércores dia 2 ás 19:30 horas, en partido que será ofrecido en directo pola G2, a segunda canle da Televisión de Galicia.

Vídeo-resumen do partido na G24.gal: https://www.g24.gal/-/remontada-de-lider-acadada-polo-arenteiro-3-1-

Crónica do partido en "La Voz de Galcia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/10/31/arenteiro-remon...

Crónica do partido en "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-quien-tosa/2022...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes