Deportes

20, Febreiro 2023

O Arenteiro adiantouse o principio da segunda parte cun golazo de Pibe, que enganchou un zurdazo que sacou as tearañas da escadra da portería local, e mantivo a vantaxe no marcador ata preto do final, ata o minuto 84, cando o Avilés estableceu o empate, que sería xa o resultado final.

Desta maneira, o Arenteiro solventa con nota alta a súa doble saída a Asturias, cun saldo final de 4 puntos, tras gañar en Oviedo e agora empatar no Suárez Puerta de Avilés,no que se citaron máis de 2.000 persoas para ver ao lider da categoria.

Video do partido na G2.gal: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-saca-un-empate-de-avil%C3%A9s-1-1-e-ma...

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/02/20/arenteiro-empat...

11, Febreiro 2023

O Oviedo Vetusta era ata hoxe o equipo máis en forma desta segunda volta na Segunda Federación, pero o Arenteiro exerceu de líder na Cidade Deportiva do Requexón, e ao final pudo celebrar un gran triunfo co máis de medio centenar de afeccionados desprazados dende O Carballiño, que non pararon de animar aos verdes durante todo o partido. Co 0-0 no marcador e aínda na primeira metade, Diego García detivo un penalti.

Un golazo de Antón Escobar ao inicio da segunda parte tras unha gran asistencia de Manín tradúcese nun +3 que reforza ao Arenteiro como líder da categoria, mantendo 7 puntos de vantaxe co Compostela, que tamén gañou en Langreo.  Agora, a pensar xa noutro partido o próximo domingo, no que os verdes volverán a desprazarse a Asturias por segunda xornada consecutiva, neste caso para enfrontarse ao potente Real Avilés.

Cronica do partido en "La Voz de Asturias": https://www.lavozdeasturias.es/noticia/azulcarbayon/2023/02/11/cronica-v...

5, Febreiro 2023

O equipo cántabro chegou a Espiñedo cunha idea clara, montar unha tea de araña defensiva e deixar que pasen os minutos, e saílle ben porque ao Arenteiro, aínda que tivo algunhas ocasións de facer gol, non foi capaz de darlle a rapidez ao xogo doutros partidos e tivo que conformarse cun punto.

Agora, ao Arenteiro -que sigue líder con 7 puntos de ventaxa sobre Compostela e Valladolid Promesas- agárdalle un dobre desprazamento a Asturias, para visitar ao Oviedo Vestusta primeiro e Real Avilés despóis, antes de recibir en Espiñedo ao Palencia, para completar este esixente mes de febreiro.

Video do partido na G2:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-non-pode-superar-a-ximnastica-de-torre...

Crónica do partido en "la Voz de Galicia":
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/02/06/iniciativa-aren...

29, Xaneiro 2023

Xornada redonda para os verdes, que sumaron outros 3 puntos, esta vez na súa visita a Carballo, xa que perderon tanto o Guijuelo co que o Arenteiro xa consigue un colchón de 8 puntos, e o Compostela que ocupa a terceira posición e que se distancia a 9 puntos dun Arenteiro que xa suma 42.

O Arenteiro púxose por diante con dous zarpazos seguidos, nos minutos 24 e 26 do partido. O primeiro gol de Marquitos, que marcou de cabeza tras recibir unha gran asistencia de Joseca, e o segundo de Escobar aproveitandose dunha perda de balón dos locais. O Bergantiños logrou recortar distancias nesta primeira parte, xusto antes de que un apagón deixara as escuras o campo das Eiroas durante quince minutos.

Tras pasar por vestiarios co 1-2 no marcador, o Arenteiro volveu golpear tras volver aproveitarse outra vez Escobar doutra falla de entendemento entre a defensa e o porteiro local. O Bergantiños consiguíu volver meterse no partido co 2-3, e aínda con máis de media hora de xogo por diante, pero o Arenteiro soubo manter a vantaxe e lograr unha importantísima victoria.

Vídeo do partido na G2: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-gana-un-accidentado-derbi-das-eiroas-2-3-

25, Xaneiro 2023

O Arenteiro mantivo o 0-0 que sinalaba o marcador no minuto 65, cando se reanudou hoxe o partido que fora adiado o pasado 8 deste mes de xaneiro, desta maneira o equipo carballiñés é o primeiro que logra esta tempada puntuar no difícil campo do Guijuelo.

E moi cerca estivo o Arenteiro de regresar cos tres puntos porque as únicas dúas ocasións manifestas de gol foron as que protagonizaron German Nóvoa e Antón Escobar,faltoulles a definición para conseguilo. O empate consolida ao Arenteiro no liderato da categoria, xa que mantén a diferencia de 5 puntos sobre o Guiuelo, e amplia nun punto a puntuación sobre o resto de perseguidores.

Vídeo resumen dos minutos que restaban deste partido na TVG: https://www.g24.gal/-/arenteiro-e-guijuelo-acaban-o-partido-adiado-con-e...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia":https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/01/26/arenteiro-regre...

Cronica do partido en "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/punto-pata-negra-arenteir...

22, Xaneiro 2023

Espiñedo rexistrou outra gran entrada, a grada con capacidade para mil persoas hai tempo que se quedou pequena, e asi aconteceu tamén neste partido matinal no que o Arenteiro superou ao Coruxo vigués con dous golazos para enmarcar de Alex Fernández e Antón Escobar, ambos con duas maxistrais asistencias de Pibe e nunha xornada na que os verdes reivindíncanse unha vez máis coma o mellor equipo da categoria.

E todo esto no inicio dunha semana con 3 partidos, xa que a éste seguirálle o desprazamento a Guijuelo, onde o mércores ás cinco da tarde xogaránse os 25 minutos restantes dese encontro adiado o pasado dia 8, e xa finalmente o próximo domingo ás 7 da tarde novo desprazamento para xogar co Bergantiños a xornada 19 do campionato.

Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/escobar-decide-un-intenso-duelo-entre-o-arenteiro-...

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/01/23/arenteiro-ejerc...

15, Xaneiro 2023

O Arenteiro venceu por 1-0 ao Lugo B e remata a primeira volta do campionato na Segunda Federación -aínda co partido de Guijuelo pendiente- como líder en solitario, na matinal deste domingo nun Espiñedo que rexistrou unha gran entrada para ver unha nova vitoria dos verdes, que repetirán como locais o próximo domingo ante o Coruxo.

Video do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-remata-con-vitoria-a-mellor-primeira-v...

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/01/16/liderato-penalt...

9, Xaneiro 2023

Tremendo susto o protagonizado polo central do Arenteiro mediada a segunda parte cando despóis de golpear en solitario o balón de cabeza, probablemente como consecuencia dun mal xiro do pescozo, caeu desplomado sobre o terreo de xogo do municipal de Guijuelo.

Todo se agravou cando Pol Bueso quedou tendido no chan e non había ambulancia no campo, que anteriormente trasladara a outro xogador local que tamén resultara lesionado. Caía o diluvio universal sobre Guijuelo e tiveron que pasar 20 eternos minutos para que unha segunda ambulancia chegase para facerse cargo do traslado do central do Arenteiro, primeiro ao PAC de Guijuelo e posteriormente ao Hospital Universitario de Salamanca, onde se lle practicou un TAC e outras probas médicas que diagnosticáronlle un traumatismo cervical. Recibiu a alta hospitalaria pasada a medianoite.

Mentres, o árbitro, que suspendera o partido momentáneamente mentres non se retiraba ao xogador do Arenteiro do terreo de xogo, optou posteriormente por supender definitivamente o encontro ao considerar que o terreo de xogo estaba impracticable pola gran cantidade de auga que acumulaba, e tamén polo feito de non contar cunha ambulancia que garantizase a seguridade dos fútbolistas. O Marcador continuaba co 0-0 inicial.

Agora, a RFEF deberá fixar nova data para xogar os 25 minutos que non se desputaron, unha auténtica faena para o Arenteiro que veráse obrigado a volver a desplazarse á localidade salmantina.

18, Decembro 2022

Reparto de puntos en Espiñedo entre Arenteiro e Zamora, que permite aos verdes despedirse deste 2022 como líderes en solitario na Segunda Federación, aínda a falta de dous partidos para completar a primeira volta nun campionato que xa non se reaudurá ata o 8 de xaneiro de 2023 cando o Arenteiro visite Guijuelo.

Ante o Zamora CF, un dos equipos aspirantes ao campionato e por conseguinte ao ascenso directo, o Arenteiro tivo que remar contracorrente tras adiantarse os zamoranos no primeiro tempo e irse ao descanso con ventaxa no marcador. O paso por vestiarios siñificou un punto de inxlexión no partido, que deu paso a un Arenteiro arrollador que fixo varias ocasións de gol, viu como o árbitro anulaba un gol por man de Rafa Mella cando tiña que haber pitado penalti por falta sobre o dianteiro do Arenteiro, e logrou empatar de penalti transformado por Álex Fernández. Cando todo indicaba que o Arenteiro voltaría o marcador, un riguroso segundo cartón amarelo a Adrián Cruz deixou ao Arenteiro en inferioridade durante 25 minutos, nos que asi e todo o equipo de Javi Rey non pasou por apuros para suxeitar a un rival con superioridade de fútbolistas no terreo de xogo.

Video resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-empata-no-espinedo-contra-o-zamora-riv...

Crónica do partido en "La Región":
https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-llega-copa-rey-...

11, Decembro 2022

Empate sen goles no Novo Ganzábal de Langreo, nun dos estadios históricos do fútbol asturiano e no que o Arenteiro enfrontouse a un equipo que, según os medios asturianos, xogou ante o líder da categoria o mellor partido do que vai de tempada, 

Aínda asi, nin Langreo nin Arenteiro foron capaces de marcar nun partido igualado, e con máis ocasións dos verdes ante a pprtería local, moi ben defendida por un Adrián Torre que foi,sen dúbida o mellor do seu equipo. No tramo final o Arenteiro deu un paso adiante na busca do triunfo, forzou varios saques de esquina nos últimos minutos e tivo unha ocasión moi clara Antón Escobar, que desperdiciou.

Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-empata-sen-goles-en-ganzabal

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/12/12/arenteiro-mando...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes