Deportes

22, Agosto 2023

A empresa que resultou adxudicataria do concurso para emitir esta tempada a Primeira RFEF (ATM Broadcast) ven de anunciar os seus plans para emitir a competición, na que debuta o Arenteiro este sábado dia 26 de agosto no estadio do Nastic de Tarragona.

Os 38 partidos da categoría da Primeira RFEF na que militará o Club Deportivo Arenteiro poderán seguirse a través dunha plataforma de nova creación (www.feftv.com) que estará en funcionamento a partir do mércores dia 23 de agosto.

A operadora ofrece dous plans de subscrición: un de carácter mensual por 12.99 euros e outro de 99 euros de prezo pola tempada ao completo que inclúe todos os encontros da competición e o play off de ascenso a Segunda División. A adxudicataria dos dereitos informou ademáis que os partidos serán emitidos a través da plataforma en calidade de alta definición (HD) e que nas próximas semanas iranse comunicando as diferentes opcións de utilización a través de dispositivos móbiles e Smart TV.

A maiores, continúan as negociacíóns entre a Televisión de Galicia e outras canles autonómicas para ofrecer en aberto os partidos da categoria, polo que sería outra opción para os afeccionados do Arenteiro, que poderían ver os partidos tamén en directo tanto a través da TDT como da internet nestas televións autonómicas.

Ademáis, nas condicións da adxudicación dos dereitos televisivos por parte da Real Federación Española de Fútbol, tamen figura que o 20% dos partidos de cada xornada serían ofrecidos en aberto por parte dunha televisión, algo que de momento aínda non se aclarou.

19, Xullo 2023

O Arenteiro viaxará a Tarragona para xogar o seu primeiro partido de liga nun estadio que fai apenas 15 anos foi de primeira división, o Nou Estadi, onde os verdes debutarán na histórica tempada na Primeira RFEF para enfrontarse ao Nastic de Tarragona o sábado dia 26 de agosto ás 21:30 horas.

Na segunda xornada, o domingo dia 3 de setembro ás 12 do mediodia, o primeiro visitante en Espiñedo será a SD Logroñés, e na terceira xornada o Arenteiro viaxará ata Pamplona para xogar co Osasuna Promesas.

Na cuarta xornada, en plenas festas do Setembro no Carballiño, o Arenteiro recibirá ao Real Unión de Irún, mentres no primeiro derbi galego o Arenteiro desplazaráse ao estadio de Balaidos o 24 d setembro para medirse co Celta B. Entre outros partidos que se agardarán con máxima expectación estarán o do Deportivo da Coruña, que pasará por Espiñedo do 17 de decembro, e devolverálle o Arenteiro visita a Riazor o 28 de abril de 2024, xa na recta final do campionato.

Descarga aquí o calendario completo:

15, Xullo 2023

O balón comezou a rodar no primeiro adestramento dirixido por Javi Rei e os seus auxiliares no campo da Regueiriña de Barbantes, tras pasar nos últimos dias os preceptivos recoñecementos médicos, un total de 16 fútbolistas, incluidos os recén chegados, prepáranse xa para o desafio da histórica tempada do debút do Arenteiro na Primeira RFEF.

A falta aínda de completar a plantilla, xa están integrados no grupo os recén chegados: no corpo técnico o adestrador de porteiros Diego Rivas, e os futbolístas Thiago, Javi Moreno, Juan Delgado e o gardameta sub-23 Manu Figueroa. Xunto a eles todos os futbolistas da anterior tempada que renovaron a súa continuidade no Arenteiro: Diego García, Jordan, Vitra, Pol Bueso, Germán, Alex Fernández, Curro, Adrián Cruz, Pibe, Manín, Romay e Marquitos.

O primeiro partido de preparación será o sábado 29 de xullo en Ribadeo, tendo como rival á SD Ponferradina, recén descendido da Liga de Fútbol Profesional, e que este ano será rival do Arenteiro na Primeira RFEF. Ambos equipos desputaránse o "Trofeo do Camiño Xacobeo", os bercianos representarán ao camiño francés e o Arenteiro acude a Ribadeo como representante do camiño mozárabe, o coñecido tamén como a Ruta da Prata, que percorre pola nosa comarca a través dos concellos de Cea e Piñor.

 

1, Xullo 2023

Os cinco premios concedidos pola Asociación de Clubes Galegos de Fútbol-Proliga na categoria da Segunda Federación foron desta vez para un mesmo equípo, sendo ademáis a primeira vez que esto acontece desde que se entregan con carácter anual estes recoñecementos que premian aos mellores de cada tempada no fútbol galego.

Asi, desta maneira, e no acto celebrado no Hotel Congreso de Santiago de Compostela, o Arenteiro fixo pleno, e obtivo os cinco premios posibles, a través dunha votación na que participan represantantes de todos os estamentos do fútbol galego.

Os cinco galardóns que recolleu o Arenteiro trala súa histórica campaña na que se proclamou campión de liga, conseguíu o ascenso, tamén na que foi campión da Copa Federación, e tivo unha brillante participación na Copa do Rei, foron os seguintes:

Mellor equipo da categoria, e tamén mellor xogador (Álex Fernández),  máximo goleador (Antón Escobar), gardameta menos batido (Diego García) e mellor adestrador (Fran Justo e Javi Rey, compartido). 

27, Xuño 2023

O Arenteiro xa coñece os seus 19 rivais cos que competirá no grupo 1 da Primeira Federación, a categoria de bronce do fútbol español no que militan clubs históricos, varios deles con pasado en primeira división e míticos estadios como Riazor, Balaidos, Reino de León,  As Gaunas de Logroño ou a Nova Creu alta de Sabadell, ou outros máis modernos como Cornellá-El Prat, o estadio do Español. 

E outros menos historia pero grandes estadios, como o Nou Estadi onde xoga outro dos rivais do Arenteiro para esta próxima tempada, o Nastic de Tarragona, con capacidade para 15.000 persoas, superior á poboación do Carballiño.

E tamén estadios menos mediáticos pero de equipos que veñen da Liga de Fútbol Profesional, como o Anxo Carro lucense ou El Toralín, onde desputa os seu partidos a Ponferradina, outros dous cocos do grupo.

Estadios modernos e de recente construcción, como son os dos dous equipos madriñeños que visitarán os verdes este próximo ano, os do Rayo Majadahonda e Fuenlabrada, igual que o municipal Reina Sofía de Salamanca, onde xoga Unionistas.

E por suposto, un encanto especial para moitos afeccionados do Arenteiro será a visita o Novo Mini-Estadi, agora rebautizado como Estadi Johan Cruyff, onde xoga o filial do Barsa, o FC Barcelona B. E sen menospreciar o resto de estadios que tamén visitará esta tempada o Arenteiro, como o de Las LLanas de Sestao, histórico do fúbol vasco, o Stadium Gal de Irún, ou os modernos recintos deportivos nos que xogan os equipos filiais da Real Sociedad en Donosti ou Atlético Osasuna de Pamplona, ou os máis modestos dos dous equipos aragoneses, Tarazona e Teruel.

18, Xuño 2023

A nova categoria na que a próxima tempada competirá o Arenteiro, a 1ª RFEF, está integrada por 40 equipos divididos en 2 grupos repartidos por toda a xeografía española e tendo en conta criterios de próximidade xeográfica, en poucos dias a Federación presentará aos clubes as propostas dese reparto e decidiráse a súa composición mediante votación dos propios clubes.

Desde a creación da categoria optouse por unha división este/oeste da península, e os equipos galegos quedaban encadrados no grupo 1 xunto a castelán-leoneses, madrileños, extremeños, andaluces e Ceuta. Pero cara a próxima tempada o notable incremento de equipos andaluces -serán 9 en total- fai que gañe moito peso na decisión final, e todo apunta a que se optará pola opción norte/sur.

Está claro que calquera que sexa a decisión, o Arenteiro terá como rivais seguros a Deportivo, Lugo, Celta-B, Ponferradina e Leonesa, e incluso Unionistas de Salamanca. E apostando pola división norte/sur, ao Arenteiro tamén lle correspondería xogar con Logroñés, Osasuna Promesas de Pamplona, Real Sociedad B de San Sebastián, Sestao, Real Union de Irún, Teruel, Tarazona, FC Barcelona-B, Sabadell, Cornellá e Nastic de Tarragona. Teríase que completar o grupo con 2 equipos madrileños, que terián que sair entre Real Madrid Castilla, Alcorcón, At. Madrid B, Fuenlabrada e Rayo Majadahonda. 

No caso de optarse pola división oeste/este, o Arenteiro viaxaría a Extremadura, onde competirá un único equipo -Mérida- e Andalucía, cun total de 9 equipos entre eles os potentes Córdoba e Málaga.

Ademáis, quedarían como posibles comodíns para cadrar ambos grupos, o Ibiza, At. Baleares de Mallorca, Ceuta e Melilla. A resposta a todas estas interrogantes a finais deste mes de xuño.

14, Maio 2023

Unha despedida a unta tempada histórica que non podía ser doutra maneira nun campión, gañando con solvencia no Anxo Carro, un estadio ao que volverá a próxima tempada o Arenteiro, pero para xogar xa na Primeira RFEF co primeiro equipo do CD Lugo.

Neste partido que baixaba o telón á competición de liga na Segunda Federación, o Arenteiro agasallou a súa afección en bó número desprazada ata a cidade amurallada cun triunfo fraguado na segunda parte, na que primeiro Marquitos e despóis Antón Escobar marcaron dous auténticos golazos.

Vídeo resumen do partido na Televisón de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-celebra-o-titulo-cunha-nova-vitoria-no...

Cronica do partido en "El Porgreso": https://www.elprogreso.es/articulo/deporte-local-lugo/2-triste-adios-pol...

10, Maio 2023
7, Maio 2023

Os verdes puxeron o colofón en Espiñedo a unha tempada involvidadle, que será recordada para sempre na historia do club cun festival de goles no que anotaron Pibe, Mella, Escobar, Marquitos e Manín, ante un Guijuelo que se xogaba a vida neste partido para manter as aspiracións de entrar na promoción de ascenso., pero que se víu moi superado polo campión.

Agora, tan so queda o trámite do próximo sábado no Anxo Carro na derradeira xornada da tempada, e a festa de celebración do ascenso o próximo domingo dia 14 no parque municipal do Carballiño. 

Resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-celebra-a-entrega-do-titulo-cunha-gole...

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/05/08/campeon-arentei...

30, Abril 2023

Xustamente un ano despois o Arenteiro volve perder un partido lonxe do Carballiño, non o facía desde o 30 de abril de 2022, tivo que pasar un ano, e aconteceu neste 30 de abril de 2023 no estadio da Ruta da Prata de Zamora por un solitario gol marcado polos locais no minuto 13 de partido.

O Zamora saíu mellor de inicio e logrou adiantarse no marcador aínda cando o Arenteiro trataba de asentarse no partido, tras encaixar o gol os verdes foron indo a máis e xa no último cuarto da primeira parte impoñían o seu dominio no terreo de xogo, asi continuou tamén na segunda parte ante un Zamora que se atrincherou atrás conservando un resultado que lle da vida e buscando resolver á contra. Nos últimos minutos o Arenteiro apretou o acelerador en busca do empate ata o pitido final, pero o Zamora pudo conservar o 1-0 no marcador.

Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-perde-fora-da-casa-xusto-un-ano-despois

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes