Deportes

22, Outubro 2022

Segunda visita da tempada a Cantabria e segunda victoria dos verdes, se antes foi en Torrelavega desta vez foi en Laredo onde o Arenteiro volveu facer un partido completo e regresando a O Carballiño con outros 3 puntos que o sitúan como líder provisional do grupo 1 da Segunda Federación, á espera do que fagan este domingo Valladolid Promesas e Guijuelo.

Tras derrotar o mércores ao Real Unión de Irún en Espiñedo e gañarse un sitio na final da Copa Federación, en menos de 72 horas o Arenteiro volveu dar unha lección fútbolística, en seguridade defensiva, en control no medio campo, e con veloces transicións que poideron traducirse en máis goles que o marcado por Antón Escobar no minuto 39 de partido, de feito Manín gozou por partida doble de inmellorables ocasións, mentres que o Laredo víase impotente para, polo menos, crear perigo ante Diego García.

Cronica do partido en "La Voz de Galicia": htps://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/10/23/arenteiro-gana-duerme-l...

19, Outubro 2022

Espiñedo vive en estado de felicidade, tras outra noite máxica, e nun partido no que o Arenteiro brindou a súa afección un fútbol primoroso, logrou o pase para a final da Copa Federación, polo tanto o Arenteiro optará por vez primeira na súa historia a un título nacional, que desputará ante o Alzira valenciano no seu estadio o próximo dia 2 de novembro.

Pouco importou que a Espiñedo chegase un equipo de superior categoria como é o Real Unión de Irún, o Arenteiro foi moi superior e nunha primeira parte na que bordou o fútbol os verdes cimentaron a súa victoria con goles de Alex Fernández de penalti e Rafa Mella, foron dous e mesmo poideron ser outros tantos.

Vídeo do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-carballino-festexa-o-pase-a-final-da-copa-federa...

16, Outubro 2022

Este Arenteiro dirixido por Fran Justo non parece ter límite, pouco importa que acumulen xa 7 partidos en apenas 3 semansas, a un ritmo frenético de partido cada 3 dias dias, nin a acumulación de lesionados, nin que a Espiñedo veña o que era o lider da competeción, da igual, este Arenteiro é moito Arenteiro.

Desta vez, chegaba a Espiñedo o talentoso Valladolid Promesas dirixido no banco polo mítico Julio Baptista, que levaba cinco victorias consecutivas, pero encontrouse cun Arenteiro que volveu marcar o ritmo do partido, e pudo gañar por máis difencia que o 1-0 que conseguido na primeira parte tras unha gran xogada en ataque dos verdes que culminou Manín.

Agora, sen tempo para o lecer, a pensar xa no Real Unión de Irún, ao que o Arenteiro recibirá este mércores dia 19 ás 20:30 da tarde en partido correspondente ás semifinais da Copa Federación.

Vídeo resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/no-carballino-estan-de-festa-perpetua

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/10/17/arenteiro-borro...

12, Outubro 2022

Festa en Espiñedo, no medio dun gran ambiente, para celebrar o triunfo ante os canarios da Panadería Pulido San Mateo, que clasifica ao Arenteiro para a Copa do Rei, e tamén ás semifinais da Copa Federación, tamén en eliminatoria a partido único, o próximo mércores dia 19 no Carballiño ante o histórico Real Unión de Irún, equipo da Primeira Federación.

O rival dos verdes neste partido que, de gañalo, levaría ao club carballiñés á gran final da Copa RFEF, desputaráse o próximo mércores dia 19 deste mes de outubro, en previsible horario das 20:30 horas. O equipo vasco militou en catro temporadas na primeira división e gañou o título de campión en catro ocasións da Copa de España, a prededente da actúal Copa do Rei.

No partido que ademáis era chave para recibir a un primeira división, o xogado na tarde deste mércores 12 en Espiñedo, o Arenteiro non fallou e goleou aos canarios por 3-0 con goles de Marquitos, Manín e Escobar.

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/10/13/arenteiro-goleo...

Video cos 3 goles do Arenteiro na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-estara-no-bombo-da-copa-do-rei

9, Outubro 2022

A este Arenteiro dalle igual que tivese que xogar 5 partidos en apenas 15 dias, e que as lesións deixen ao equipo mermado, da igual, este Arenteiro acumula xa 11 partidos oficiais entre liga e copa e aínda non coñece a derrota.

Nesta sexta xornada do campionato de liga na Segunda RFEF, no estadio da Balastera ante o Palencia, o Arenteiro volveu facer un gran partido facendose acreedor da victoria, como asi recoñece a prensa local. Agora a pensar no transcendental partido deste mércores dia 12 ás 18:00 horas en Espiñedo ante o equipo canario Panadería Pulido San Mateo, transcendental por dous motivos, porque o Arenteiro colaríase nas semifinais da Copa Federación e ademáis, gañaríase o dereito a xogar Copa do Rei cun equipo de Primeira División, ao que recibiría en Espiñedo.

Crónica do partido no Diario Palentino: https://www.diariopalentino.es/Noticia/Z6D9667ED-EA7E-C087-E35EB339EB11E...

Video-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/un-penalti-transformado-por-alex-manten-a-serie-vi...

5, Outubro 2022

O Arenteiro está a tan so 90 minutos de volver facer historia e por segundo ano consecutivo recibir no Carballiño a un equipo da primeira división, para elo será necesario gañar o próximo mércores dia 12 en Espiñedo ao equipo canario Panadería Pulido San Mateo.

Noutra noite absolutamente máxica en Espiñedo onde volveu escenificarse a gran comunión existente entre o equipo e a afección, que acudíu en gran número, o Arenteiro conseguíu avanzar a cuartos de final da Copa Federación ao eliminar ao Zamora CF por 2-1 con goles de Manín e Germán Nóvoa.

Video resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-esta-a-un-partido-de-xogar-a-copa-do-rei

3, Outubro 2022

A eliminatoria, de novo a partido único, xógase dende as 20:30 horas deste mércores dia 5 de outubro no estadio de Espiñedo, no caso de superar aos zamoranos ao Arenteiro  quedaríase a un partido de entrar na Copa do Rei, onde tería como premio gordo recibir a un equipo de primeira división, tamén en Espiñedo.

Tras proclamarse campión galego da competición, e eliminar a pasada semana ao Naval de Reinosa, o próximo rival do Arenteiro xa en octavos de final é o Zamora CF,  que gañou na final de Castela León a un equipo da Primeira RFEF, a Cultural Leonesa, mentres que xa na primeira eliminatoria da fase nacional venceu en Carballo ao Bergantiños por 2-3. 

Trátase, o Zamora CF dun equipo recén descendido á categoria na que milita o Arenteiro, a Segunda RFEF, e aínda que tivo un mal inicio nesta competición, todas as apostas o sitúan como un dos firmes candidatos ao ascenso, cun planten plagado de bos futbolistas.

O enfrontamento deste mércores ten o seu precedente no ano 1993, cando ambos equipos xogaron a fase de ascenso á Segunda B, daquéla cun formato de liguiña, no que ambos compartian grupo co Real Madrid C e Club Siero. No partido de Espiñedo empataran a dous goles, e tamén igualaran 0-0 no partido de Zamora, un partido non exento de polémica por un intento de suposto amaño que salpicara ao Arenteiro, e que saltara á palestra no programa radiofónico "Supergarcía", que dirixía o mítico xornalista deportivo José María García.

2, Outubro 2022

Reparto de puntos na matinal de Espiñedo, nun partido moi táctico por ambos equipos e no que  concederon poucas ocasións ante as porterías rivais, nesta quinta xornada de liga na Segunda Federación.

Os dous goles chegaron na segunda parte, primeiro Vitra adiantou ao Arenteiro no minuto 53 e pouco despois o Avilés logrou o gol da igualada, que sería definitiva. O Arenteiro xa pensa no partido de octavos e final da copa RFEF ante o Zamora CF, tamén en Espiñedo, este mércores dia 5 de outubro ás 20:30 horas.

Vídeo do resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-e-o-aviles-empatan-no-espinedo-nun-par...

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/10/03/arenteiro-cede-...

27, Setembro 2022

O campión cántabro da Copa Federación que xa está dende a tarde do martes no Carballiño non estará so este mércores en Espiñedo, xa que serán máis dun centenar de afeccionados desprazados en autocar dende Reinosa os que apoiarán neste partido ao Naval, rival do Arenteiro en dezaséisavos de final da Copa RFEF.

O encontro comezará as 20:30 horas e a última hora do martes o Club carballiñés xa despachara máis de 250 entradas en venda anticipada, polo que se agarda que Espiñedo presente unha boa entrada para animar aos verdes, que chegan a este partido en bo momento, e tras gañar os dous últimos partidos no campionato da Segunda Federación. Pero xa se sabe que os partidos de copa son diferentes, e por eso as confianzas deben ser mínimas ainda que desta vez o Arenteiro parte coa vitola de favorito nesta eliminatoria a partido único.

24, Setembro 2022

Arenteiro e Real Oviedo Vetusta brindaron un vibrante partido de fútbol á afección verde, que abarrotou o graderío de Espiñedo no que era o regreso do equipo local ao templo do fútbol carballiñés.

Nunha primeira parte de bo nivel por ambos equipos, o Arenteiro dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, aínda que os ovetenses tamén ensinaron os dentes neste primeiro periodo. Na segunda parte o partido xa foi un monólogo do Club Deportivo Arenteiro que se fixo merecedor dun resultado favorable máis amplo que o 1-0 final, conseguido grazas ao golazo de Antón Escobar nunha extraordinaria acción persoal.

Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/escobar-culmina-o-acoso-do-arenteiro-sobre-a-porte...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/09/25/arenteiro-renta...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes