Deportes

O Arenteiro sumou tres puntazos a domicilio na súa visita ao histórico estadio do Malecón, onde xogou moitos partidos na súa etapa en Torrelavega -estaba cedido polo Santander- o mitico futbolista carballiñés José Benito "Cucala".
O equipo cántabro adiantouse no marcador cun gol no minuto 28, e o Arenteiro remontou na segunda parte con dous goles de Alex Fernández, éste de penalti, e Antón Escobar, nun partido no que os carballiñeses poideron marcar máis goles, xa que súas foron varias e claras ocasións para gañar cun resultado máis amplo.
Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-reacciona-a-tempo-e-remonta-en-torrela...
Ficha e acta do partido no enlace da RFEF: http://actas.rfef.es/actas/RFEF_CmpPartido?cod_primaria=1000144&CodActa=...

A sorte acompañou desta vez ao Arenteiro no sorteo da fase nacional da Copa RFEF á que chega como campión galego, toda vez que xogará como local e a partido único a primeira ronda da fase nacional ante o campión cántabro, o Naval de Reinosa, será o mércores 28 de setembro en Espiñedo.
Ademáis, e por eso deciamos que a sorte acompañou ao Arenteiro neste sorteo, porque no caso de superar aos cántabros tamén xogaría en Espiñedo os octavos de final ante o vencedor da eliminatoria entre Bergantiños e Zamora CF. E no caso de que o Arenteiro volvese gañar ese partido, tamén xogaría cuartos de final e semifinais, que seguirán sendo a partido único, sempre como local no estadio de Espiñedo. Ademáis, no caso de ser semifinalista o Arenteiro clasificaríase para a primeira ronda da copa do rei, con premio gordo, xa que xogaría -tamén en Espiñedo- ante un equipo de primeira división.

O equipo carballiñés viuse obrigado a xogar o seu primeiro partido como local no estadio do Couto de Ourense, mentres apura a renovación do terreo de xogo de Espiñedo, á espera de poder utilizalo xa no partido ante o Oviedo Vetusta da cuarta xornada na Segunda RFEF.
Non soubo o Arenteiro cerrar o partido en tempo, despois de adiantarse no marcador mediada a primeira parte cun gol de Lamelas, desaproveitou as ocasións que tivo para marcar o segundo, tampouco soubo sacar ventaxa ao quedarse o Bergantiños con inferioridade no campo tras a expulsión dun dos seus futbolístas, e permitíu desta maneira que o equipo de Carballo leváse un punto tras empatar no minuto 86 cun riguroso penalti co que o árbitro sancionou unha desputa na área entre Joseca e un dianteiro visitante.
Vídeo resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/un-bergantinos-con-dez-rabuna-un-punto-do-campo-do...
Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/09/12/arenteiro-regal...
Crónica do partido en "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/empate-que-deja-mal-sabor...

Se no fútbol fose como no boxeo, o Arenteiro tería gañado aos puntos neste partido que abría a tempada na Segunda RFEF no campo vigués do Vao ante o equipo locatario do Coruxo, porque no cómputo dos noventa minutos os verdes dominaron no xogo e crearon as mellores ocasións para desnivelar o marcador.
Boa afluencia de afeccionados do Arenteiro desprazados a Vigo para ver o debut do equipo en liga, nun partido no que sacou boa nota e superou en xogo e ocasións ao Coruxo, pero faltou o gol para redondear a faena.
Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/09/04/arenteiro-sumo-...
Roda de prensa post-partido: https://www.youtube.com/watch?v=QUIXuBwP9hc&ab_channel=CoruxoFC

Gran partido do Arenteiro ante o Compostela, ao que logrou derrotar por 2-1, na final galega da Copa Federación, o que lle abre as portas ao equipo carballiñés para xogar agora a fase nacional desta competición.
Intenso partido o presenciado no campo portonovés de Baltar, no que os verdes foron moi superiores a un Compostela que sempre foi a remolque durante todo o partido, dos que fan afección, vibrante e de bo xogo en varias fases de ambas partes, e alegría final para numerosa afección do Arenteiro desprazada ata Portonovo, onde o Arenteiro proclamouse por vez primeira como campión galego desta competición, sumando asi un novo título deportivo.
O vídeo de resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-gana-o-sector-galego-da-copa-federacion
A crónica do partido en "Faro de Vigo": https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/08/28/arenteiro-fase-nac...
A crónica do partido en "Muchacalidad.com": https://muchacalidad.com/2a-rfef/el-arenteiro-derrota-al-compostela-y-se...

O Arenteiro xogará por vez primeira na súa historia a final da fase galega da Copa Federación, será o sábado 27 de agosto ás 20:00 horas no campo de Baltar, en Portonovo, onde terá como rival ao outro finalista, a S.D. Compostela, que igual que os carballiñeses militan na Segunda RFEF.
O Arenteiro chega a esta final tras superar as eliminatorias ante Ràpido de Bouzas e Estradense. Se chegase a proclamarse campíon da fase galega, o Arenteiro pasaría a desputar a fase nacional da Copa RFEF, no caso de ser semifinalista desta competición, accedería á Copa do Rei, onde tería como rival a un equipo de primeira división. Para elo sería preciso que o Arenteiro superase tres eliminatorias dentro da fase nacional.

O Arenteiro iniciará a liga 2022-23 na Segunda Federación a primeira fin de semana de setembro visitando o campo do Vao de Vigo para enfrontarse ao Coruxo, na segunda xornada recibirá ao Bergantiños nun partido para o que previsiblemente aínda non estará dispoñible o Estadio de Espiñedo, probablemente pida xogálo no Anxo Cortizo de Lalín.
Xa na terceira xornada o Arenteiro viaxará a Cantabria para medirse coa Gimnástica de Torrelavega, e de cumplirse as previsións do club o primeiro partido no renovado Espiñedo sería na xuarta xornada do campionato, o 25 de setembro ante o Real Oviedo Vetusta.
Para ver o calendario completo, podes facélo descargando o arquivo adxunto:

Dende o 26 de xullo xa está en marcha a pretempada do novo curso 2022-23 para un Club Deportivo Arenteiro que, tras o seu debut con éxito na categoria na pasada tempada, encara agora a que ven para que sexa a da consolidación na Segunda RFEF, unha categoria importante e con equipos de moitisimo nivel e a que lle colleu o gusto a afección verde.
Crónica de "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-vuelve-verde/20...
Crónica de "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/07/27/arenteiro-quier...

O Club de Patinaxe Aehde sumou o seu terceiro podio da tempada en grupos show noutros tantos torneos ao rematar na segunda posición, en grupos pequenos de segunda categoría, no II Trofeo Terras do Orcellón.
Unha cita na que o club carballiñés era o anfitrión nunha cita onde o gran protagonista foi o CPA Gondomar ca súa coreografía , que a menos dunha semana de afrontar o Campionato de Europa en Italia puxo patas arriba o pavillón Paco Chao ca súa posta en escena, que obtivo a mellor puntuación dos 30 grupos participantes: 57,2.
O Gondomar impúxose na Primeira categoría de grupos pequenos por dediante duns estupendos Axel e Brion, e tamén gañou en grupos grandes de segunda categoría con , co Ourela e o Patín Noia completando o podio.
En grupos pequenos o triunfo foi para o Arealonga Chapela ca súa coreografía . O campión galego da categoría impuxose con 49,3 puntos por diante do Aehde e do Ourela, que completaron o caixón.
Nos cuartetos, o Axel, campión galego a categoría impúxose ca súa coreografía e nunha atractiva competición ao Brión e o Patín Oroso, club que repetiu en categoría júnior.
O evento celebrado en O Carballiño reuniu a preto de 300 patinadoras e Paco Chao rexistrou unha excelente entrada ao longo de toda unha tarde que significou a recuperación do trofeo de patinaxe artística na modalidade de grupos show de O Carballiño.

Leiro celebrará este domingo, día 3 de xuño, a súa clásica carreira popular, unha das máis antigas de Galicia, alcanzando este ano as 38 edicións.
A competición foi presentada esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial, coa presencia do vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; o teniente alcalde de Leiro, Ramón Álvarez; o edil de Deportes do Concello de Leiro, Luis Iglesias e o membro da organización da proba Jorge Janeiro.
A XXXVIII Carreira Popular de Leiro, patrocinada pola Deputación de Ourense a través do Inorde, xa pechou o prazo de inscrición con máis de 550 participantes, un completo éxito segundo remarcan dende a organización.
A Carreira Popular de Leiro, incluída dentro do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, consta duns 10 quilómetros na súa categoría absoluta e diferentes distancias para o resto de categorías, que comprenden dende os 5 quilómetros ata os 250 metros na categoría de pitufos. Esta proba permitirá a participación por equipos na máxima categoría, debendo rematar a proba como mínimo seis corredores do mesmo equipo para optar á clasificación.
O calendario de actividades enmarcadas dentro desta carreira popular tamén contempla o sábado a celebración de xogos populares e unha festa da escuma na Praza do Cruceiro de Leiro, ademais do propio domingo dun concurso fotográfico e animación polas rúas durante o percorrido da proba.
A carreira popular poderá ser seguida vía streaming a través deste enlace https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/, con retransmisión en pantalla xigante dende a Praza do Cruceiro de Leiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »