Deportes

21, Novembro 2021

Reparto de puntos en Oviedo entre LLanera e Arenteiro, nun partido cunha parte para cada equipo no que o Arenteiro adiantouse cun golazo de Renan Zanelli aos 13 minutos e conseguiron empatar os asturianos xa co partido moi avanzado, no minuto 82, nun campo de moi reducidas dimensións no que se xoga a algo parecido ao fútbol.

Crónica do partido en "Fútbol Asturiano" https://www.futbolasturiano.es/noticias12/0743.htm

18, Novembro 2021

A derradeira bola do bombo dos equipos da Segunda RFEF no sorteo da primeira ronda da Copa do Rei 2021-2022 era a do Arenteiro, que xogará como local ante a SD Logroñés, o equipo da capital da Rioxa que compite no grupo primeiro da Primeira RFEF e que ocupa na actualidade postos de promoción de ascenso nesta categoria.

Trátase dun club de accionarado popular fundado en Logroño en 2009, tras a desaparición do histórico Club Deportivo Logroñés. A eliminatoria xogaráse a partido único e o Arenteiro exercerá como local en partido que deberá desputaráse entre os dias 30 de Novembro, 1 ou 2 de Decembro.

16, Novembro 2021

O Arenteiro será un dos 32 equipos da Segunda Federación que entren no sorteo da primeira eliminatoria da Copa do Rei, faino na súa condición de campión do grupo 1 da terceira división da pasada tempada, título que o Arenteiro gañou por vez primeira na súa historia, nesta primeira ronda xogará como local e a partido único ante un equipo de superior categoria.

Aos 32 equipos de Segunda RFEF, entre eles o Arenteiro, quedarán emparellados mediante sorteo cos 21 equipos da Segunda División da Liga de Fútbol Profesional, con 9 equipos de Primeira RFEF e con dous equipos de Primeira División. Dez equipos de Primeira enfróntase aos equipos da primeira categoria territoral (No caso de Galicia, a Preferente), e os outros catro equipo de Primeira enfróntanse aos semifinalistas da Copa Federación. Finalmente, 20 equipos de Primeira RFEF enfróntanse entre sí.

O sorteo celebraráse o xoves dia 18 de NOvembro ás 16:30 horas na sede da Real Federación Española de Fútbol. Esta primeira eliminatoria xogaráse os dias 30 de Novembro, 1 e 2 de Decembro.

Os equipos clasificados para esta Copa do Rei, son os seguintes:

- Primeira división: Sevilla, Real Sociedad, Betis, Villarreal, Celta, Granada, Osasuna, Cádiz, Valencia, Levante, Getafe, Alavés, Elche, Espanyol, Mallorca e Rayo Vallecano. Quedan exentos nesta primeira eliminatoria os catro equipos que xogaron a Supercopa de España, que son Barcelona, Real Madrid, Atletic Bilbao e At. Madrid, que sí entrarán xa na segunda eliminatoria.

- Segunda división (excluida a Real Sociedad B por razóns de dependencia da Real Sociedad): Huesca, Valladolid, Eibar, Leganés, Almería, Girona, Sporting Gijón, Ponferradina, Las Palmas, Mirandés, Fuenlabrada, Málaga, Oviedo, Tenerife, Zaragoza, Cartagena, Alcorcón, Lugo, Burgos, Amorebieta e Ibiza.

- Primeira RFEF: Sabadell, UD Logroñés, Castellón, Albacete, Zamora, Unionistas Salamanca, Leonesa, Rácing Ferrol, Calahorra, Tudelano, SD Logronés, Real Unión, FC Andorra, Gimnástic Tarragona, Alcoyano, Cornellá, Linares Deportivo, UCAM Murcia, San Fernando Isleño, Algeciras, Atlético Sanluqueño, Badajoz, San Sebastián de los Reyes, Extremadura, DUX Internacional de Madrid, Talavera de la Reina, Rayo Majadahonda, Deportivo Coruña e Atlético Baleares.

- Segunda RFEF: Arenteiro, Ceares, Cayón, Gernika, Europa, Eldense, Unión Adarve, Gimnástica Segoviana, Vélez, Xerez Deportivo, Ibiza Islas Pitiusas, Mensajero, Águilas, Cacereño, Peña Sport, Rácing Rioja, Teruel, Marchamalo, Montijo, Palencia Cristo Atlético, Atlético Pulpileño, Náxara, Bergantiños, San Roque Lepe, Brea, Andratx, Llanera, Alzira, Calvo Sotelo Puertollano, San Juan, Atlético Mancha Real y Panadería Pulido San Mateo.

- Semifinalistas Copa RFEF: Ebro, Guijuelo, Leioa y Córdoba. Ademáis dos 10 equipos de categorias territorias que saen dunha previa que xogan esta semana, estes 10 equipos enfrontaráse a 10 equipos de primeira división.

13, Novembro 2021

O Club Marino de Luanco aproveitouse dos piores minutos do Arenteiro no que vai de liga na Segunda Federación, os asturianos xa gañaban por 0-3 os 35 minutos e asi conseguiron chegar ao descanso, na segunda parte os verdes reaccionaron e foron quen de meterse no partido cun 2-3 no marcador pero non conseguiron a remontada.

O Arenteiro saíu como sempre mandando no campo e dominando ao rival, pero os asturianos conseguiron marcar na primeira aproximación á area do Arenteiro, pudo empatar o Arenteiro pero volveu ser o Marino quen golpeou novamente co 0-2, un gol -éste si- que deixou descomposto ao equipo de Fran Justo, que por minutos estivo noqueado sobre o terreo de xogo, e asi foi como chegou un novo mazazo dos asturianos que, cun 0-3 aos 35 m. poñian terra de por medio cun resultado que era xa unha lousa para un Arenteiro irrecoñecible.

Pero todo cambiou tras o descanso, no que o adestrador local introducíu tres cámbios, e Espiñedo volveu ver o Arenteiro recoñecible doutras tardes, encerrando ao rival na súa área. Renan Zanelli recurtou distancias e chegaron novas ocasións que salvou o meta visitante. O Marino perdía canto tempo podía e a posibilidade de remontada parecía irse apagando, aínda que no m. 85 un penalti sobre Marquitos serviu para que Renan fixera o segundo e a afección volvese creer na remontada. Pero pouco durou a esperanza verde, xa que apenas un minuto despóis un discutido penalti no que ademáis se reclamou fora de xogo do dianteiro asturiano, o Marino sentenciou co 0-4 que xa sería definitivo.

ARENTEIRO: Diego García; Germán Novoa, Vitra (Cassio 70’), Daniel Portela (Rubén Arce 46’), Manu Mariña (Joseca 46’), Álvaro Naveira (Sobrido 84’); Renan Zanelli, Álex Fernández, Adrián Cruz (Marquitos 46’); Adrián Castro e Raúl Blanco.

MARINO DE LUANCO: Buru; Iván Fernández, Morilla, Trabanco, Guaya, Julio Delgado (Omar Álvarez 70’); Lora, César Suárez (Adolfo González 70’), Guille Pinin; Steven (Sergio Ríos 73’) e Diego Díaz (Miguel Prendes 80’).

Goles: 0-1 Steven 8’, 0-2 Julio Delgado 16’, 0-3 Steven 35’, 1-3 Renan Zanelli 55’, 2-3 Renan Zanelli 83’, 2-4 Lora 88’.

Árbitro: Omar Álvarez Rodríguez (Comité castelan-leonés). Auxiliares: Sergio Álvarez Pardo e Santiago Quirce Lorenzo.

Amonestacións: Adri Cruz (Arenteiro) 32’, César Suárez (Marino de Luanco) 35’, Lora (Marino de Luanco) 65’, Morilla (Marino de Luanco) 83’, Miguel Prendes (Marino de Luanco) 90’.

10, Novembro 2021

O Arenteiro volve xogar por segunda xornada consecutiva en Espiñedo, e desa vez para recibir a todo un clásico do fútbol asturiano, un equipo plagado de bos xogadores, algúnhos como Luis Morán ou Lora acumulan varias tempadas na máxima categoria do fútbol español co Sporting de Gijón.

Con moita experiencia na extinta Segunda B, o Club Marino de Luanco non arrancou ben a actúal tempada na nova Segunda RFEF, e chega a este encontro no furgón de cola, en postos de descenso, con 7 puntos. Pero ten mimbres máis que sufientes para despertar en calquera partido, agardemos que non sexa precisamente en Espiñedo e ante un Arenteiro que precisa recuperar sensacións trala última derrota co Palencia.

O encontro, de novo retransmitido en directo pola G2, está fixado para as 4 da tarde deste sábado 13 de Novembro.

6, Novembro 2021

Dende o dia 1 de Decembro de 2019 non perdía un partido o Arenteiro en Espiñedo, daquela en partido de terceira división o Choco impuxérase por 0-1, agora en Segunda RFEF, foi o Palencia C.A. quen doblegou aos verdes por 1-2 nun partido igualado e no que o Arenteiro volveu a perdonar en exceso ante a portería rival.

A primeira media hora foi de dominio verde ante un Palencia que pouco a pouco comezou a nivelar o partido, de feito no último cuarto fixeronse co control do xogo.

Tras o paso por vestiarios, o Arenteiro volveu sair mellor que o seu rival e froito delo foi o gol de Adri Castro que adiantaba aos verdes. Pero no minuto 73 chegaría a xogada clave da tarde, tras varios rexeitamentos na área do Arenteiro Eimil comete penalti cando o balón xa se colaba na portería, expulsión que deixa ao Arenteiro en inferioridade e empate para o Palencia. Apenas 3 minutos despóis os visitantes consiguen remontar cun segundo gol. Mazazo para un Arenteiro que asi e todo a piques estivo de empatar por mediación de Joni, pero o seu remate de cabeza foise fora cando estaba nunha moi boa posición.

Arenteiro: Diego García; Eimil, Ger, Portela, Vitra (Markitos 85’), Joseca; Cruz (Naveira 76’), Cassio, Renan; Raúl Blanco (Joni 65’), Adri Castro (Sylla 65’).

Palencia CA: Guíller; Silva, Abel, Sellés (Álvaro 59’), Morante (Obispo 86’); Erik (Gallego 59’), Josua, Javi Bueno, Edu Gallardo (Juan Moreno 86’); Adri, Frodo (Torres 93’).

Goles: 1-0 (52’): Adri Castro. 1-1 (75’): Álvaro, de penalti. 1-2 (77’): Álvaro.

Árbitro: Aranda Bujedo (cántabro). Cartón amarelo a Raúl Blanco, Sylla; Sellés, Edu Gallardo, Guíller y Josua. vermella a Victor Eimil (73’).

5, Novembro 2021

A Segunda Federación chega este sábado 6 de novembro (TVG 2, 16:30 horas) á décima xornada do campionato e faino cunha visita histórica no municipal de Espiñedo, que visita por vez primeira un equipo palentino, neste caso o Palencia C. Atlético. Agarda un Arenteiro que acumula xa seis jornadas sen perder.

Partido importante para ambos equipos, toda vez que ambos levan unha traxectoria parella, que é a que se reflicte na táboa de clasificación, con carballiñeses e palentinos empatados a 11 puntos.

30, Outubro 2021

Os verdes fixeron méritos para regresar cos 3 puntos da súa visita a Carballo, o Arenteiro fixo un partido moi completo pero faltoulles rematar a faena cun segundo gol, que ocasións para elo tiveron e perdonaron. Tamén perdonou o árbitro un penalti clamoroso na área do Bergantiños.

Con este empate, o Arenteiro suma o sexto partido consecutivo sen perder cando van xa consumidas nove xornadas na Segunda RFEF. Agora, tocan dous partidos seguidos en Espiñedo, ante Palencia (Sábado 6 ás 16:30 horas) e Marino de Luanco (Sábado 13 ás 16:00 horas).

Crónica do partido en dxt campeón: https://www.dxtcampeon.com/texto-diario/mostrar/3266272/bergantinos-bata...

Crónica do partido en "El Correo Gallego" https://www.elcorreogallego.es/deportes/lamelas-anota-a-tiempo-de-salvar...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia" https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2021/10/30/bergantinos/00...

Crónica do partido en "La Región" https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-olvida-sumar/20...

23, Outubro 2021

Con esta vitoria ante o equipo madrileño o Arenteiro suma cinco partidos consecutivos sen coñecer a derrota na Segunda División RFEF, con tres empates e dous triunfos, cando van desputadas oito xornadas dun campionato de liga ata o de agora dominado pola igualdade.

Na tarde deste sábado, os verdes foron protagonistas durante unha primeira parte na que tiveron unha saída irresistible para o equipo pepinero, que se vía amplamente superado polas acometidas do Arenteiro ante a portería visitante. A calquera afeccionado que seguise o partido en Espiñedo ou na pantalla da Televisión de Galicia non houbese extrañado que os carballiñeses chegasen ao descanso cun marcador moito máis favorable aos seus intereses que o 1-0, logrado por Adrián Cruz no minuto 23. Porque o Arenteiro tivo varias ocasións claras, incluida un tiro ao poste, para ampliar o resultado, corto para os méritos dos verdes.

Na reanudación, o Arenteiro dedicouse a protexer o resultado e propiciou que o Leganés se fixera co control do xogo, aínda asi o equipo de Fran Justo tivo varias oportunidades de marcar o segundo gol e evitar a incertidume dos últimos minutos nos que os madrileños buscaban o empate, pero o marcador permanecería inalterable.

A nota negativa, Alex Fernández, que tivo que retirarse do terreo de xogo, tocará estar pendientes do alcance da lesión. Ademáis, para o partido de Bergantiños tampouco estará Adrián Cruz, que hoxe viu cartón amarelo e completa o primeiro ciclo de sancións.

22, Outubro 2021

Participación recor cun total de 90 pilotos que chegan a O Carballiño dende distintos puntos das xeografías portuguesa e española, entre eles, os mellores especialistas da especialidade, que aseguran un espectáculo ao máis alto nivel tanto para participantes como para o público que gosta desta modalidade de motociclismo levada a súa máxima difitultade.

As verificacións e parque pechado serán no campo da festa de Mesego. O Sábado comezarán as competicións desde as 11 de mañá e nesta primeira xornada destacamos o circuíto urbano nun solar á beira da rúa Ben Cho Sei do Carballiño, dende as cinco da tarde en adiante co espectáculo do Superenduro.

Xa o domingo en horario matinal, celebararáse a carreira principal desta competición, cun recorrido de case 25 quilómetros pola zona de Pena Cobertoria en Sagra e o Inferniño, en Moldes. A meta será no campo da festa de Mesego.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes