Deportes

18, Agosto 2021

O Arenteiro, aínda imbatido nesta pretempada, recibirá en Espiñedo este venres dia 20 de Agosto ás 19:00 horas ao Deportivo da Coruña no que será o último partido que xogarán os verdes ante a súa afección en Espiñedo antes de que no próximo mes de Setembro se inicie a liga de Segunda RFEF, na que competirá o equipo carballiñés.

A este partido co Depor chega un Arenteiro que aínda non conseguíu derrotar ningún dos equipos aos que se enfrontou nesta pretempada, precisamente tamén en Espiñedo recibíu a outros dous rivais -que igual aos coruñeses-  militarán mesma Primeira RFEF, como foron o Celta B ao que o Arenteiro derrotou por 3-0, e este mércores 18, no que os verdes empataron 1-1 ante o Racing de Ferrol, en ambos partidos deixando moi boas sensacións. Tamén en Espiñedo, o Arenteiro empatou 1-1 co Coruxo, co que se encontrará este ano na mesma categoria. Nos outros dous partido de pretempada o Arenteiro gañou en Barbantes por 4-0 ao Lugo B e empatou 1-1 co Fabril Deportivo en Abegondo.

Neste novo test ante un rival de gran nivel como é un Deportivo, os socios que xa retiraron o seu carné terán de novo entrada gratís, mentres que para o resto do público o prezo da entrada será de 15 euros, podendo adquirirse desde este xoves dia 19 no local de atención ao público na rúa Rosalía de Castro, e tamén o propio dia do partido na taquilla de Espiñedo.

Para a última semana de Agosto, outros dous amigables para completar a posta a punto do equipo, ambos a domicilio, co Racing Vilalbés e o Centro de Deportes Barco, respectivamente.

 

13, Agosto 2021

A competición comezará na tarde do venres dia 20 coa disputa do tramo da Saleta, co percorrido habitual da proba en sentido ascendente. Xa para a gran xornada do sábado dia 21 correránse catro tramos a dobre pasada por estradas dos concellos de Cenlle, Piñor, Boborás e Amoeiro.

O rally do Lacón, que regresa ao calendario do automobilismo galego 15 anos despóis, contará cunha gran participación, xa que son 134 os equipos participantes. A Escudería "García Eiriz" do Carballiño é a artífice deste rexurdemento da histórica proba carballiñesa, tras recuperar o ano pasado a tamén histórica Subida Automobílística á Saleta, agora fai o mesmo co Ralli do Lacón.

O acto de presentación celebrado na Praza Maior do Carballiño contou coa presenza dos alcaldes de Maside, Leiro, O Irixo e Boborás, asi como dos concelleiros de deportes de Cea e O Carballiño.

2, Agosto 2021

Esta fin de semana celebrouse no centro deportivo David Cal o campionato de España absoluto de paracanoe no que o carballiñés e deportista integrado no Club Fluvial Avión Francisco Manuel González conseguiu a décima primeira posición na categoría KS nas distancias de 500 m e 200 m.

Foi a súa primeira participación nesta competición. O paracanoe é unha modalidade de piragüismo reservado para palistas con algunha limitación funcional.

Na foto, Franscico Manuel González "Fran" co seu adestrador Pedro Andrés.

20, Xullo 2021

O sorteo do calendario para o campionato de liga do grupo 1 da Segunda RFEF deparou unha cousa ben curiosa, o Arenteiro comezará a competición no mesmo escenario onde o fixo a tempada pasada, na Lomba de Vilagarcica ante o Arousa, será o domingo dia 5 de Setembro.

O primeiro rival en Espiñedo será o equipo asturiano da UP Langreo o domingo 12 de Setembro, despóis viaxará a Xixón para enfrontarse ao Ceares e rematará o mes de Setembro recibindo en Espiñedo a un dos galos da categoria, o Salamanca CF

O primeiro domingo de Outubro o Arenteiro terá o desplazamento máis curto da tempada, será a Pasarón, onde agardará outro dos favoritos para o ascenso, o Pontevedra CF. No segundo domingo de Outubro chegará a Espiñedo o Compostela, para enfrontarse seguidamente a dous equipos madrileños, ao Móstoles en Madrid e ao Leganés B en Espiñedo, para completar o mes visitando ao Bergantiños.

Novembro iniciaráse con dous partidos consecutivos en Espiñedo, primeiro ante o Palencia Cristo Atlético e despóis ante o Marino de Luanco. O desprazamento a Oviedo, para xogar co LLanera e de novo en Espiñedo para recibir á Segoviana.

Xa no mes de decembro outro desprazamento de proximidade para xogar no Vao co Coruxo, despóis chegará a Espiñedo o equipo madrileño da Unión Adarve e xa para despedir o ano antes do parón do nadal, o Arenteiro volverá a Madrid para enfrontarse desta vez co Navalcarnero. 

Xa no primeiro partido de 2022 e derradeiro da primeira volta do campionato, o domingo 9 de Xaneiro, o Real Avilés será o visitante dos verdes en Espiñedo.

 

14, Xullo 2021

Os dous primeiros, os futbolístas vigueses IIago Dominguez e Vitra asinaron en Espiñedo o seu compromiso co Club Deportivo Arenteiro, para integrarse no equipo dirixido por Fran Justo e que desta maneira sigue completando o seu plantel para competir na Segunda RFEF.

O gardameta Iago Domínguez é aos seus 19 anos  unha xoven promesa saída da canteira do Celta, a pesar da súa xuventude xa suma dúas tempadas no Celta B e mesmo varias convocatorias esta pasada tempada no equipo da primeira división.

Diego Rodríguez "Vitra" tamén conta con experiencia en Segunda B co Rápido de Bouzas, equipo no que tamén xogou esta pasada tempada en terceira. Ten 26 anos e xoga no centro da defensa.

Sobrido, o próximo en chegar

O dianteiro José Sobrido, natural de Ribeira e criado futbolisticamente na canteira do Celta, tamén xogará no Arenteiro a vindeira tempada, o acordo xa é firme para que Sobrido, que militou na última tempada no Alavés B da Segunda B, se incorpore  á disciplina do Arenteiro co inicio da pretempada.

 

9, Xullo 2021

O dianteiro Adri Castro chega dende o Deportivo, no que xogou na útlima tempada, mentres que o carrileiro José Carlos Márquez tamén conta con experiencia nas dúas últimas tempadas en segunda b, tralo seu paso por Getafe B e Villarrobledo. A terceira fichaxe confirmada é a dun vello coñecido para a afección verde, xa que para o centrocampista  Cassio -que chega do Ourense CF- será a súa segunda etapa no Arenteiro. Súmanse á fichaxe do ex-Pontevedra Adrián Cruz, anunciada polo club de Espiñedo dias atrás.

Desta maneira, a dirección deportiva comandada por Alex Vázquez continúa traballando na confección do plantel cara a próxima tempada en Segunda RFEF, un plantel no que con estas catro incoporacións xa son 16 os futbolístas que se comprometeron co club, tendo en conta as 12 renovacións do equipo que conseguíu o ascenso.

 

7, Xullo 2021

"Agradecemos ó Comite de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe por apostar por sacar á periferia dos grandes feudos da patinaxe en Galicia", indicou no acto de presentación da Copa Galega de grupos show Uxío Álvarez, o presidente do Club Aehde O Carbaliño.

O Concello do Carballiño foi o escenario da presentación da Copa Galega de grupos show de 1ª e 2ª categoría que se celebrará de venres a domingo no pavillón Paco Chao con preto dun milleiro de patinadores, 33 clubes de toda Galicia y 60 coreografías diferentes.

"Seguimos a estela do noso traballo durante estes anos e somos quen de organizar un evento a nivel autonómico, a base de sementar conseguimos poñer a O Carballiño no mapa da patinaxe", indicou Uxío Álvarez, presidente do Club Aehde, no acto de presentación do evento

O presidente do club, que estivo acompañado de varias patinadoras do equipo de show, destacou que para a entidade é todo un reto organizativo que pon a proba a súa capacidade.

Silvia Baranda, a concelleira de deportes, pola súa banda, salientou que "o Club Aehde está facendo un gran traballo polo deporte, neste caso feminino o 95%, coñezo dende dentro o seu labor e quero darlle públicamente as grazas. É moito traballo a cambio de nada todos os días".

O evento arrancará mañá venres cos grupos show júnior e os cuartetos, seguirá o sábado cos grupos pequenos de show de Segunda categoría e rematará o domingo cos grupos grandes de segunda e cos grandes e pequenos de Primeira. Será a porta pechada e poderase seguir por streaming na canle de Youtube do Club Aehde O Carballiño. Os adestramentos oficiais serán polas mañáns e a competición polas tardes.

A entidade organizadora, tamén aproveitou para darlle as grazas ó Concello do Carballiño, e en especial a concelleira, pola súa colaboración, e tamén os patrocinadores e restaurantes da vila que prepararon menús especiais para os clubs participantes, reservando tamén aforo para eles. Ademáis de fomentar e dar visibilidade a unha modalidade tan vistosa dentro da patinaxe artística, a Copa Galega tamén quere actuar de axente dinamizador no Carballiño.

No eido deportivo, o Club Aehde competirá o sábado na Copa galega de Segunda categoría de grupos pequenos co aval do terceiro posto no Trofeo Salvaterra Milenaria e ca esperanza de facer un bo papel, pero sobre todo de disfrutar do momento como anfitrións.

1, Xullo 2021

O centrocampista Adrián Cruz, procedente do Pontevedra, no que xogou o último ano, convértese na primeira fichaxe do CD Arenteiro para reforzar o seu plantel cara o súa histórica participación na 2ª División RFEF. 

Trátase dun experimentado futbolística natural de Moaña, de 33 anos de idade, que chega ao Arenteiro tras militar en equipos importantes, ademáis do Pontevedra, o novo xogador verde militou, entre outros, en equipos como Racing Ferrol, Real Burgos ou Osasuna.

A dirección deportiva do club traballa en novas incorporacións para unha plantilla na que continúan 12 fútbolistas do equipo que conseguíu o ascenso proclamándose campión de terceira división por vez primeira na súa historia.

 

28, Xuño 2021

O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral. Os detalles da proba foron presentados esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e os concelleiros de Deportes e de Cultura, Luis Iglesias e Ramón Álvarez.

A carreira, que marcou un récord ao esgotar nun só día o número de dorsais, conta coa colaboración do club Atletismo Arenteiro, formando parte ademais do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estando baixo o control do Comité Galego de Xuíces. O formato empregado será o de contrarreloxo, con saídas escalonadas de cinco en cinco atletas cada vinte segundos para evitar aglomeracións e manter así as medidas de prevención fronte á covid-19.

24, Xuño 2021

O Club Ciclista Os Mosqueteiros recuperan, dous anos despóis, o Maratón MBT, este ano con participación limitada a 350 ciclistas por causa da pandemia, será na matinal deste domingo 27 de Xuño e percorrerá camiños e sendeiros no termo municipal dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.

A zona cero estará na Praza da Veracruz, onde sairán os participantes ás 9:30 horas, para regresar aproximadamente dúas horas despóis, sobre as 11:30 da mañá do domingo. Entre os participantes, deportistas de primeiro nivel desta modalidade ciclista tanto do ámbito nacional como internacional.

Na media maratón correránse 40 km, e na maratón 65 km en total. Haberá avituallamento en ruta, e aperitivo ao finalizar a competición. Tamén se ofrece aos participantes servizo de duchas e lavado de bicis.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes