Deportes

Por segunda fin de semana consecutiva a Televisión de Galicia volve elixir un partido do líder do grupo 1B da terceira división para emitílo íntegro e en aberto na G2, de de forma simultánea na WEB da CRTVG. Será dende ás 16:30 horas deste domingo 28 de Febreiro no partido que CD Arenteiro xogará ante a UD Ourense no campo da Regueiriña de Barbantes Estación.
A retransmisión será de novo especialmente celebrada pola afeccion do Arenteiro, e desta vez tamén por parte da ourensanista, toda vez que o partido será a porta pecha, sen público, como no resto dos campos de fútbol de toda Galicia.

Segunda visita da tempada ao estadio do Couto e segunda victoria do líder Arenteiro ante os equipos capitalinos, desta vez por 0-2 ante o Ourense CF nun partido no que os de Fran Justo fixeron valer os tantos de Alex Fernández e Victor Eimil, afianzando ao Arenteiro como líder da terceira división no grupo 1B.
Dúas notas negativas no partido, unha o calamitoso estado do terreo do xogo do Couto e a outra a actuación do colexiado que dirixiu o encontro, Jesús López, cun innecesario recital de cartóns, 12 en total, a maioria excesivamente rigurosas nun partido no que case non houbo unha patada.
O Ourense apenas foi capaz de inquietar aos verdes durante os 90 minutos, tan so na primeira parte o exarenteirista Cassio pudo empatar nun remate dentro da área pero Diego García estivo enorme de reflexos desviando un balón que despóis repelería o poste, o gardameta do Arenteiro tamén tivo outra feliz intervención xa no solpor do partido nun gran disparo de Borja Dominguez que enviou a corner con outra gran intervención, foron as únicas ocasións do Ourense nos 95 minutos de xogo.
Aos 7 minutos, Renan Zanelli ao saque dunha falta sobre a portería ourensanista puxo un balon que aproveitou Alex Fernández para adiantar ao Arenteiro. Despois, o Ourense intentouno pero encontrouse unha e outra vez coa solvencia defensiva dos verdes.
Apenas 8 minutos despóis da reanudación, Victor Eimil deixaba o partido practicamente visto para sentencia, cunha xogada cos mesmos protagonistas do primeiro gol do paasado domingo co Alondras, centro dende a esquerda de Naveira e Victor Eimil fusilaba cun tiro raso e cruzado a porteria do equipo local. Pudo o Arenteiro ampliar a ventaxe no marcador e dispuxo de varios ocasións para facelo, e a punto estivo de conseguilo cun soberbio dereitazo Victor Eimil, que repeleu o longueiro da portería do Ourense CF
Con esta victoria, o Arenteiro continúa líder con 36 puntos, a falta de xogar cinco partidos para completar esta primeira fase do campionato, na que o equipo carballiñés camiña con paso firme para poder clasificarse para o grupo no que se desputará o ascenso de categoria.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

A Televisión de Galicia elexíu para a tarde deste sábado dia 20 de Febreiro o partido de terceira división que enfrontará no estadio do Couto a Ourense CF e Arenteiro, será ofrecido íntegramente en aberto pola G2, con inicio marcado para as 17:00 horas.
A afección do Arenteiro e os afeccionados ao fútbol galego en xeral, poderán asi seguir en directo un dos partidos máis atractivos da xornada, xa que non o poderán facer no estadio toda vez que os partidos continúan desputandose a porta pechada, sen público, como ven acontecendo dende o pasado mes de Xaneiro cando se agravou a situación da pandemia.
No plano deportivo, o Arenteiro visita o Couto como líder na clasificación tras gañar ao Alondras en Cangas. O partido deste sábado correspóndese coa xornada 13 e fora adiado debido ao foco de coronavirus que afectara ao equipo a principios de Xaneiro.

Era un partido no que se xogaban algo máis de 3 puntos, xa que se enfrontaba o primeiro -Arenteiro- co terceiro -Alondras- cunha diferencia de 6 puntos na clasificación, de gañar o Alondrás quedaría a 3 e un partido menos, agora a distancia pasa a ser de 9 puntos a favor do Arenteiro máis o golaverage.
Por eso foi un golpe sobre a mesa do Arenteiro, e pecha con nota unha semana moi esixente de tres partidos ante Estradende, Arousa e Alondras, cun balance final de dúas victorias e un empate.
E por diante, seis partidos -incluído o adiado co Ourense CF- para rematar a primeira fase do campionato de liga na terceira división. No partido xogado esta tarde no campo do Morrazo o Arenteiro deixouno pronto encarrilado, xa que aos 8 minutos Victor Eimil pisou área local e aproveitou un pase de Naveira para marcar o 0-1, aos 16 minutos chegaría o segundo gol dos verdes, obra de Sylla ao cazar na área pequena un balón que lle servíu de cabeza Joni. E asi ao descanso.
Na segunda parte o Arenteiro defendeu ban o resultado sen pasar por apuros, deixando pasar os minutos, xa no tempo de tempo de desconto -minuto 93- o Alondras aproveitou o único fallo defensivo do Arenteiro para marcar o seu gol. Pero xa sen tempo para máis que ver como os 3 puntos eran para o equipo carballiñés, tras o 1-2 que sinalaba o marcador final no campo do Morrazo.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

O encontro xogado no campo da Regueiriña de Barbantes non defraudou aos preto de 3.000 afeccionados que o seguiron a través da canle de Youtube do Arentero, e elo a pesar de ser dia laborable, ambos equipos tiveron ocasións para levarse un partido que pudo caer de calquera bando, pero evitárono os gardametas Diego García e Alex Cobo e remataron empatando sen goles.
O Arenteiro saíu co seu esquema habitual, mentres que o Arousa sorprendeu coa súa poboada defensa. As dáus primeiras ocasións foron para o Arenteiro, primeiro nunha gran acción persoal de Javier Pazos que servíu un balón de ouro a Sylla, pero o remate do senegalés encontrouse cun inspirado Álex Cobo na portería arousista. Case a renglón seguido os verdes fabricaron unha nova e moi clara ocasión de gol na que Javi Pazos non culminou cando tiña todo ao seu favor e despóis de que o árbitro non pitase un claro penalti sobre Sylla. Nesta primeira parte o Arousa lanzou un balón ao traveseiro da portería do Arenteiro, e por suposto a gran ocasión desperdiciada, o penalti que executou o brasileño Pedro Beda pero que conseguíu desviar Diego García (Na foto de Manuel Cid).
Na segunda parte o Arenteiro saíu mellor que o seu rival, e varias foron as ocasións que tivo para adiantarse no marcador, nunha delas tras unha internada de Victor Eimil que a defensa arousista consiguíu desbaratar in extremis, e un tiro de Javi Pazos no que volveu aparecer un gran Álex Cobo para desviar a corner cando se cantaba o gol. A partir do minuto 70, os cámbeos non sentaron desta vez ben ao Arenteiro, e aproveitouno un Arousa que dispuxo de dúas oportunidades de gol, unha desperdiciada polo seu dianteiro e outra desbaratada con outra intervención prodixiosa e unha mal salvadora de Diego García. Aínda asi tería o Arenteiro unha última oportunidade de levarse o partido pero Presas tardou en tirar a portería dando tempo aos defensores do Arousa para enviar a corner o balón. Un bo partido de fútbol, ao que so lle faltou os goles.
Con este empate o Arenteiro sigue líder con 3 puntos de ventaxe sobre o Arousa, ademáis os verdes gañan o coeficiente particular, xa que en Vilagarcia gañaran 0-1.
Para ver a ficha do paritdo sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Primeiro e segundo clasificado xóganse o liderato na clasificación no campo da Regueiriña de Barbantes, igual que no resto do fútbol galego, a porta pechada por culpa do coronavirus, o partido será retransmitido en directo dende as 16:30 horas a través do canal de Youtube de CD Arenteiro.
Ademáis, o Xuíz Único de Competición ven de acordar fixar o domingo 21 de Febreiro como xornada de "recuperación" dos partidos adiados polo Covid, polo que ese dia xogará o Arenteiro no Estadio do Couto o outro partido que ten atrasado, ante o Ourense CF. Desta maneira, desprázanse no calendario as xornadas seguintes en orde correlativa, polo que a primeira fase da liga que tiña previsto o seu remate o dia 21 de Marzo non concluirá ata unha semana despóis, o domingo 28 de Marzo.

O Arenteiro suma 3 puntos e sigue líder da terceira división Grupo 1-B, eso sí, tivo que sufrir e agardar ao minuto 89 de partido para que Sylla batise ao gardameta dun combativo Estradense que, finalmente, acabou sucumbindo ante o asedio dos verdes sobre a alfombra do campo da Regueiriña de Barbantes-Estación.
O Arenteiro entrou mellor no partido e o balón rondou varias veces con perigo a portería visitante con Arce entrando pola banda dereita e xerando xogadas de perigo, nunha delas Eimil a punto estivo de acertar pero o seu remate foise un chisco alto. Pouco a pouco o Estradense foise asentando e dificultando o xogo do Arenteiro, que tiña problemas para conectar coa liña de dianteiros.
Tralo paso por vestiarios, o Estradense tivo a súa clara ocasión pero o poste repeleu o remate de Javichu, a seguinte xa sería do Arenteiro e outra vez por medio de Eimil que lanzou un tiro con marchamo de gol que despexou un defensor a corner. No minuto 69 foi expulsado por doble cartón amarelo o visitante Óscar, co partido xa nun acoso constante do Arenteiro sobre a área do Estradense, sucedíanse as ocasións, Sylla obrigou a facer un paradón a Cascallar, tivoa Naveira nun remate de cabeza que se foi por riba do longueiro por moi pouco, ata que outra vez Sylla fabricou xunto con Arce a xogada do gol, o senegalés abríu á dereita sobre Arce que meteu sobre a área un balón que o mesmo Sylla rematou ao fondo da portería. E final. Decepción no Estradense e ledicia no Arenteiro.
Agora, o mércores dia 10, tamén na Regueiriña partidazo ante o Arousa, que fora adiado polo foco de coronavirus que afectou ao equipo carballiñés.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Foi na xornada 15 e con dous partidos pendientes de xogar (xornadas 12 e 13) cando o Arenteiro perdeu a súa condición de invicto no campionato de liga de terceira división, e foi na súa visita ao campo do UD Atios nun partido soporífero no que gañou o equipo que tivo a fortuna de marcar un gol. O Arenteiro non tivo a súa mellor tarde, levou a iniciativa na maior parte do partido pero non foi capaz de superar ao conxunto do Porriño, que continúa sen perder como local.
Con esta primeira derrota da tempada o equipo carballiñés perdeu unha gran ocasión de distanciarse dos seus perseguidores na clasificacion, aínda que non impide ao Arenteiro seguir outra semana máis como líder da clasificación no subgrupo B do grupo 1 da terceira división.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...
Por diante, unha semana de 3 partidos
O Arenteiro ten agora por diante unha semana na que xogará tres partidos. O Club solicitou ao Estradense adiantar o partido da xornada 16 ao sábado dia 6 de Febreiro, xa que a RFGF fixou para o mércores dia 10 ás 17 horas o partido adiado ante o Arousa. Completaráse a semana o domingo 14 visitando o campo do Morrazo para enfrontarse ao Alondras. Unha semana moi esixente e que pode resultar trascendental para o futuro inmediato do Arenteiro nesta liga.

O RC Celta e CD Arenteiro confirmaron que o futbolista Souleyme Cisse xogará cedido ata final de tempada no club carballiñés. Trátase dun defensa central que acaba de cumplir os 22 anos e que ten aínda 3 anos de contrato co Celta, ao que chegou en Xullo de 2019, destinado ao filial celtista.
Souleyme Cissé foi internacional Sub-20 con Senegal, desde o seu país chegou directamente ao Celta de Vigo, que se fixou nesta promesa do fútbol senegalés, que destaca pola súa envergadura física. No Arenteiro coincidirá agora co seu compatriota Sylla.

O equipo dirixido por Fran Justo consolídase como líder do seu grupo na terceira división trala victoria ante o Choco no partido xogado no exilio de Barbantes-Estación, o Arenteiro é ademáis o único equipo invicto no que vai de tempada en todo o fútbol galego de Segunda B e Terceira, e mesmo incluída a pretempada, aínda ningún equipo conseguíu gañar aos verdes.
Era este partido ante o Choco moi complicado, non so pola entidade do rival ao que os carballiñeses aínda non conseguiran gañar dende o seu regreso á terceira división, senón que desta vez engadíase a dificultade de facélo despóis de máis dun mes sen competir, primeiro polo parón de nadal e despóis polo parón motivado polo coronavirus, con apenas catro sesións de adestramento esta semana. Aínda asi, o Arenteiro conseguíu superar o partido con nota e sumar 3 importantes puntos que o sitúan como líder en solitario nesta xornada 14, e tendo aínda pendientes os encontros adiados correspondentes ás xornadas 12 e 13.
O partido púxose moi ben para o Arenteiro aos 9 minutos cando unha avanzada de Victor Eimil pola súa banda propiciou que o xogador chairego enviase un medido centro ao sgundo pau onde Sylla, libre de marcaxe, so tivo que empurrar o balón ao fondo da portería choqueira. Foi suficiente para gañar o partido, aínda que o Choco puxo empeño en lograr o empate e algunha ocasión tivo, tamén o Arenteiro tivo as súas para sentenciar, as máis claras na segunda parte cun balón de Adrián Presas que se foi ao poste, e outro remate de Joni que resolveu prodixiosamenteCortegoso enviando a corner o balón.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »