Deportes

22, Xaneiro 2021

O equipo superou con éxito a cuarentena obrigada polo foco de coronavirus que afectou a 10 integrantes do plantel,  e a practica totalidade dos fútbolístas xa adestraron desde este pasado mércores e coas altas médicas correspondentes o órgano federativo incluíu na xornada deste domingo dia 24, tal como estaba fixado no calendario, o Arenteiro-Choco.

O calamitoso estado no que se encontra o terreo de xogo de Espiñedo motivou que o club pedise o cámbeo de campo, que finalmente aceptou a RFGF tras visitar Espiñedo. Desta maneira, o partido xogaráse dende as 16:15 horas no campo da Regueiriña de Barbantes-Estación, a porta pechada, ante a imposiblidade de cumplir as condicións esixidas polo protocolo anti-Covid.

O Arenteiro chegará a este partido con apenas 4 sesións de adestramento e coa baixa segura de Germán Nóvoa, que cumplirá ciclo de amonestacións. O partido será retransmiitdo en directo pola WEB da TVG.

20, Xaneiro 2021

Superada a cuarentena pola que pasou a totalidade do plantel debido ao foco de coronvarirus detectado o dia 7 de Xaneiro, unha parte do equipo regresou aos adestramentos diarios no campo da Uceira, de momento tan so o fixeron 12 futbolistas, á espera de que no transcurso da semana poidan incorporarse o resto. 

Asi as cousas, todo parece indicar que a RFGF fixará para este próximo domingo o partido correspondente á 14ª xornada de liga na terceira división que debe enfrontar a Arenteiro e Choco. Con esta posibilidade traballa xa o corpo técnico comandado por Fran Justo.

17, Xaneiro 2021

Son xa dous os partidos adiados por este motivo tras o parón do nadal, os dous primeiros da segunda volta da fase regular no campionato de liga de terceira división ante Arousa e Ourense CF, a pesar do que o Arenteiro continúa líder, tampouco o colider Arousa pudo aínda xogar, polo que o colchón de puntos que tiñan ao final da primeira volta permítenlle a ambos siguer ao fronte da clasificación

O equipo espera que no transcurso da semana vaian chegando as altas médicas para os 10  integrantes do plantel afectados polo brote de coronavirus que fora inicialmente detectado o pasado dia 7 de Xaneiro nos test de antíxenos, e posteriormente confirmados por probas PCR. Desta maneira, a intención do club é volver aos adestramentos tamén esta mesma semana, unha vez que se completa a cuarentena que todos gardaron, tanto os que afectou a enfermidade, como o resto.

O próximo partido no calendario para o Arenteiro sería o próximo domingo dia 24 ante o Choco, que tampouco está confirmada a súa celebración, á espera da evolución da situación sanitaria do equipo durante os próximos dias.

11, Xaneiro 2021

O Club confirmou este lúns 11 de Xaneiro que se eleva a 9 o número de positivos no plantel do equipo de terceira división, tras o brote de coronavirus detectado o pasado xoves dia 7 e que nun principio afectou a tres futbolistas. Todos, asi como os resto do grupo que deron negativo, encóntranse ben e nos seus domicilios, e gardando cuarentena.

Dende CD Arenteiro dan "as grazas a todos os que se teñen posto en contacto con nos para interesarse pola saúde da nosa plantilla, esperando que canto antes o equipo poida regresar aos adestramentos para reincorporarse á competición". Asi as cousas, igual que aconteceu co partido co Arousa, tampouco poderá xogarse o que estaba programado para o próximo domingo no Estadio do Couto ante o Ourense CF

7, Xaneiro 2021

O club comunica que nos test que cada semana realiza ao plantel de xogadores, corpo técnico, auxiliares e persoal de CD Arenteiro, 3 futbolistas deron esta mañá resultado positivo. De inmediato, suspendéronse os adestramentos e activouse o protocolo Covid, dando conta tanto ao Sergas como a Real Federación Española de Futbol. Os demáis integrantes deron todos eles negativo.  A última hora da tarde, O Xuíz Único de Competición decretou unha resolución na que se acorda a suspensión do partido que debería enfrontar este próximo domingo dia 10 a Arenteiro e Arousa, os dous primeiros clasificados do grupo da terceira división, que se desputará en data que fixará o mesmo Xuíz Único tan pronto o permitan as circustancias.

6, Xaneiro 2021

O calamitoso estado do terreo de xogo do Estadio de Espiñedo, agravado polas condicións meteorolóxicas, fai que o partido correspondente á liga de terceira división este domingo dia 10 de Xaneiro que o Arenteiro xogará ante o Arousa, teña que trasladarse ao campo da Regueiriña de Barbantes.

Será o segundo partido que esta tempada ten que xogar o Arenteiro en Barbantes, xa que tampouco pudo facélo en Espiñedo na segunda xornada do campionato  no pasado mes de Outubro, naquéla ocasión debido as restriccións polo coronavirus, que mantiña pechadas as instalacións deportivas.

Ademáis, este partido ante o Arousa na Regueiriña de Barbantes será sen público ao non adaptarse as instalacións para poder cumplir o protocolo anti-covid, unha mala noticia para os afeccionados do Arenteiro, que terán que conformarse con ver o partido a través da retransmisión televisiva.

20, Decembro 2020

Os verdes completan a primeira volta da fase regular no Subgrupo-B da terceira división líderando a clasificación con 23 puntos en 11 partidos, sendo ademáis o único equipo que aínda non perdeu ningún partido.Fran Justo suma xa 16 partidos consecutivos invicto como adestrador do Arenteiro, se aos 11 de liga sumamos os 5 de pretempada.

O partido xogado no campo da Senra de Ribadumia tivo dúas partes bastante diferenciadas, na primeira houbo igualdade entre ambos equipos e mesmo algunhas opoortunidades para inaugurar o marcador por ambos bandos. A segunda parte xa foi outra historia, nada máis comezar Javi Pazos nunha acción persoal marcou un golazo cun chut imposible dende a frontal da área para o outro Pazos do partido, o gardameta do Ribadumia. A partir do gol o Arenteiro foi dono absoluto do partido ante un Ribadumia que acusou o esforzo do partido de Copa do Rei desta semana co Cádiz. Ao lanzamento dunha falta Renán puxo un balón á área que cazou Sylla para marcar o segundo cun medido cabezazo a media altura,o terceiro foi obra de Joni aproveitando un balón repelido polo longueiro tras un trallazo de German.

Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Para ver a retransmisión da TVG, sigue a seguinte ligazón: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/futbol-terceira-ribadumia-c-f-c-d-arent...

18, Decembro 2020

O partido xógase dende as 16:30 horas do domingo no campo da Senra de Ribadumia e será retransmitido en directo na WEB da TVG-2, e de forma simultánea no "Carrusel de Terceira" na TDT alternando con outros dous encontros, Bergantiños-Somozas e Alondras-Arousa.

O Arenteiro chega a este último partido da fase regular no Subgrupo B da Terceira División aínda invicto e como segundo clasificado con 20 puntos. O Ribadumia, que ven de perder este xoves co Cádiz de primeira división por 0-2 en partido da Copa do Rei, é cuarto na clasificación actúal con 15 puntos.

13, Decembro 2020

Último partido do ano en Espiñedo na terceira división, no que os verdes non souberon superar o muro co que o equipo vigués defendeu a portería do exarenteirista Rui, o mellor do seu equipo con par de boas intervencións no regreso do portugués a Espiñedo, agora como gardameta do Rápido de Bouzas.

O primeiro acto do encontro desenvolveuse según o guión previsto, os vigueses encerrados atrás e o Arenteiro volcado sobre a portería tratando de abrir a lata, algo que conseguíu no minuto 44 cun chutazo de Naveira que se colou pola escadra da portería. O máis difícil estaba feito, pero un regalo do Arenteiro nun saque de esquina mal defendido permitíu a outro exarenteiro, Vitti, empatar o partido no único tiro dos rapidistas entre os tres paus durante o partido. Porque toda a segunda parte foi un querer e non poder para o Arenteiro, co equipo boucense pechado atrás e o Arenteiro sin conseguir crear perigo real nos últimos metros, cun monólogo xogado practicamente no campo do Rápìdo, pero que non resultou útil para poder gañar o partido.

O Arenteiro cerrará o ano o próximo domingo dia 20 no campo do Ribadadumia, co que se completará a primeira volta da fase regular, na que o Arenteiro -único equipo invicto do grupo- está segundo clasificado con 20 puntos, a 2 do líder Arousa e 3 sobre o Alondrás, que é terceiro.

Para ver a ficha do partido, sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

8, Decembro 2020

Decíase que podía ser un "partido trampa" por aquelo de que o Pontellas era o colista da categoria e podería levar a un exceso de confianza aos verdes, finalmente o Arenteiro solventouno sen grandes problemas, aínda que a punto estivo de complicalo nun balón regalado aos visitantes que aproveitaron para empatar momentaneamente, aínda que o gol fose en claro fora de xogo. O partido, correspondente á novena xornada na terceira división xogouse este martes, en formato "champions".

Sylla pudo adiantar ao Arenteiro aínda nos primeiros compases do partido, pero houbo que esperar a un regalo defensivo dos locais para que Javi Pazos fixera o primeiro gol da tarde. O Arenteiro non pasou por ningún apuro salvo un remate de cabeza dun xogador local que repeleu o traveseiro da portería de Diego, na única ocasión que, a maiores do gol, poideron fabricar os locais en toda a tarde. O empate do Pontellas chegou nunha xogada pouco habitual, que mesmo levou ao árbitro a non sinalar o claro fora de xogo do gol do Pontellas, Diego, varios metros fora da área, regatea a un xogador do Pontellas e cando lanza o balón éste impacta na espalda dun contrario, sae rebotado cara a área do Arenteiro pero o xogador que marca arranca en posición de fora de xogo xa que por detrás del so está Portela como único xogador do Arenteiro, é decir, o árbitro tiña que anular o gol pero non o fixo e subíu ao marcador.

Apenas cinco minutos despóis(68 de partido) o Arenteiro volve poñerse por diante, agora sí, o árbitro acerta ao sinalar como falta máxima tras tocar na área coas mans un defensor do Pontellas, Renan transfora dende os once metros. O gol da tranquilidade foi obra de Sylla tras unha asistencia de Javi Pazos. Misión cumplida, o Arenteiro regresa do Porriño cos tres puntos, agora a próxima cita o domingo dia 13 ante o Rápido de Bouzas.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes