Deportes

Por dúas veces tivo que remontar o Arenteiro este partido ante os valdeorreses nunha tarde de sábado xélida en Espiñedo, con apenas 3 graos a temperatura ambiente, que non impedíu á parroquia carballiñesa gozar dunha victoria, e unha tarde de goles, nada menos que seis e todos eles de bela factura.
Entrou ben o Arenteiro no partido e dos verdes foron os primeiros minutos cando Sylla malogrou unha boa ocasión para inaugurar o marcador, e non obstante foron os visitantes os que golpearon primeiro na primeira chegada que tiñan ante a portería de Diego, cun inapelable cabezazo do dianteiro gaditano Juanito Bazo. Pero pouco despóis un bo centro de Renan foi tamén maxistralmente rematado de cabeza por Sylla para empatar un partido con un alto ritmo, e no que o Barco volvía outra vez poñerse por diante no marcador no minuto 37, un chisco antes Ger tivera nas súas botas a ocasión de marcar para o Arenteiro, que se foi ao descanso por detrás no marcador, 1-2.
Pero na segunda parte o Arenteiro foi un vendadal de fútbol e en apenas 15 minutos culminou a remontada. Primeiro foi Naveira quen estivo a punto de marcar pero o seu tiro desviouno nunha gran intervención o gardameta barquense Iván Oviedo, a renglón seguido unha asistencia de Adrián Presas sobre Renan foi aproveitada polo brasileño para empatar, tras unha gran acción persoal na que se foi no medio de dous defensores e unha definifición perfecta. O Barco apenas pasaba do medio campo e o Arenteiro era un torbellino, víase vir a remontada, que chegaba cando se consumia o primeiro cuarto desta segunda parte, tras pisar área Victor Eimil e servir un balón de ouro que aproveitou Javi Pazos para marcar outro bonito gol. Xa co tempo cumplido, Rubén Arce redondeou o resultado con outro tanto, igual que todos os anteriores, dos que merece a pena ver na repetición.
Agora, dous partidos na semanda entrante, o martes o Arenteiro xoga no Porriño ante o Pontellas e o próximo domingo de novo en Espiñedo ante o Rápido de Bouzas.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:
http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

Tivo de todo o derbi xogado no estadio do Couto, catro goles, tres penaltis,un deles parado, unha arbitraxe polémica, e ata un desafortunado lance do xogo no que resultou lesioando o xogador local Amin que tivo que ser evacuado nunha ambulancia que se atascou no terreo de xogo e que motivou que o partido estivese parado máis de 10 minutos.
Tras practicarlle un TAC no centro médico descártase que revista gravidade. E por si todo esto fose pouco, tampouco a TVG tivo a súa tarde e "motivos técnicos" impediron a ambas afeccións, probablemente as máis numerosas da categoria, seguir unha "accidentada" retransmisión, con continuos cortes. En todo caso, durante o tempo que si houbo imaxe do partido, pudo verse como o colexiado do partido pitaba dous "extraños" penatis contra o Arenteiro, o primeiro deles nada máis comezar o partido e desviado nunha gran intervención polo gardameta Diego García, que nada pudo facer no segundo igual que o primeiro lanzado polo veterano Rubén Durán, e que siñificaba que o Ourense se adiantase no marcador, 1-0 no minuto 29.
Tan so tres minutos despóis Portela empatou o partido nun acrobático remate de cabeza que enviou o balón á escadra da portería ourensanista tras unha falta executada por Renan Zaneli. E Asi chegouse ao descanso, tras unha primira parte na que os locais entraron mellor no partido pero que logo se foi igualando por parte do Arenteiro. Na segunda parte o Arenteiro foise a polo partido, sobre todo a partir do doble cámbeo que ordenou Fran Justo dando entrada no terreo de xogo a Presas e Javi Pazos, que sería o autor dos dous goles que voltearon o marcador, o terceiro xa co tempo cumplido ao transfomar o terceiro penalti da tarde.
Tres puntos importantes que permiten ao Arenteiro seguir no pelotón de cabeza na táboa de clasificación e a espera do Centro de Deportes Barco, que chega a Espiñedo o próximo sábado dia 5 de Decembro.
Para ver a ficha do partido, segue a seguinte ligazón. http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

O derbi entre UD Ourense e Arenteiro, correspondente á 7ª xornada do campionato nacional de terceira división de fútbol, que se xoga este domingo 29 de Novembro dende as cinco da tarde no Estadio do Couto poderá seguirse a través da retransmisión que realizará en directo a TVG2. Será o terceiro partido do Arenteiro que ofrece a canle autonómica no que vai de liga.
O partido ten aforo reducido a 150 persoas por culpa do coronavirus, socias do equipo local, polo que non poderá asistir ningún seguidor do Arenteiro. Pero sí poderán ver o partido en directo na retransmisión da TVG2, retransmisión íntegra na WEB da canle autonómica e en formato de carrusel, con conexións intermitentes que se alternarán con outros partidos, na TVG2.

Igualdade entre ambos equipos no terreo de xogo de Espiñedo e igualdade tamén no marcador final a con empate a cero goles, xa que non Arenteiro e Alondras foron capaces de ver portería nas escasas ocasións que xeraron, asi que ambos continúan como os dous únicos equipos invictos no sub-grupo B da terceira división.
E tamén son con diferencia sobre o resto os que menos goles teñen en contra, o Alondras leva dous e o Arenteiro so un, o encaixado na anterior xornada na Estrada. E neste partido víuse o por qué, solventes atrás concederon poucas oportunidades ao rival, apenas un par delas por bando, acaso as máis claras as do Arenteiro e as dúas a cargo de Sylla, unha en cada parte, na primeira de cabeza enviou o balón desviado cando se cantaba o gol, e na segunda xa no tramo final cando so ante o meta visitante cruzou demasiádo o balón na que foi a gran oportunidade dos verdes para gañar o partido. A maiores, un par de chutazos de Marquitos que se foron altos, e para de contar. Ao Arenteiro fáltoulle pólvora para poder desnivelar o marcador ao seu favor. Asi que toca seguir mellorando en ataque, e pensando xa no Couto e no próximo partido ante a UD Ourense.
Para ver a ficha do partido, sigue a ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

O Xuíz Único de Competición estima as alegacións presentadas polo Arenteiro e deixa sen efecto disciplinario a primeira tarxeta amarela mostrada polo colexiado do Estradense-Arenteiro ao defensor verde Adrián Pol, que polo tanto estará en condicións de xogar o próximo partido ante o Alondras.
Dase a circustancia que, despois desta primeira amonestación que agora invalida o Xuiz de Competición, o xogador do Arenteiro víu un segundo cartón amarelo pouco antes do descanso, o que motivou a expulsión e que o Arenteiro tivese que xogar toda a segunda parte en inferioridade no campo ante o Estradense, co que finalmente rematou empatando a un gol.
Doutra parte, os socios -desta vez do número 300 en adiante- terán preferencia para facerse cunha das entradas dispoñibles para o partido deste próximo domingo ante o Alondras. Deberán retiralas durante esta semana e ata completarse o cupo nas taquillas de Espiñedo, o continuar con aforo superreducido a 75 persoas, aínda que como xa sucedeu ante a UD Atios agárdase que se autorice unha ampliación de aforo a 150 persoas.

O partido púxoselle moi pronto en contra ao Arenteiro porque apenas ían 7 minutos xogados cando o Estrandense logrou adiantarse no marcador, o primeiro gol que encaixa o gardameta Diego Garcia, que nada pudo facer para evitalo, e tiveron que agardar os verdes ata os minutos finais para que o dianteiro Sylla, cun golazo de cabeza, rescatase un punto.
Cun gol tan cedo, ao equipo local encontrouse moi pronto co partido de cara, co mellor guión posible para buscar un segundo gol que lle houbese posto en franquicia o marcador, aínda que nesta primeira parte as ocasións foron escasas ante ambas porterias, aínda que os verdes reclamaron con vehemencia un penalti sobre Rubén Arce na área local, pero o árbitro desentendeuse da xogada. E un chisco antes do descanso, outra xogada clave, o Arenteiro quedábase en inferioridade no campo por expulsión de Pol, tras ver o carballiñés o segundo cartón amarelo nunha acción innecesaria sobre un dianteiro local que nin xiquera tiña o balón. O partido complicábase aínda máis.
Pero todo cámbeou tras pasar por vestiarios, o Arenteiro comezou a facerse claro dominador do partido, co Estradense metido no seu campo e esperando poder sentenciar á contra, mentres os verdes asediaban a portería local con varias ocasións para lograr o empate, que non chegaría ata o minuto 89 cando Sylla, cun gran cabezazo, fixo inútil a estirada do meta Cascallar, que apenas unhos minutos antes evitara o gol do Arenteiro cunha incríble man á cepa do poste nun remate de Renan. Antes, Javi Pazos, por dúas veces, e mesmo Álex Fernández, a balón parado, estiveron preto do gol, que se lle resistía aos verdes. Unha meritoria segunda partde dos verdes, xogando en inferioridade númerica, e non perdendolle a cara o partido en ningún momento.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:
http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

Os seguidores do Arenteiro están de enhoraboa, xa que por segundo domingo consecutivo poderán seguir a retransmisión en directo do partido dos verdes na Televisión de Galicia, esta vez dende o Novo Campo da Estrada, correspondente á 5ª xornada da terceira división que xogará ante o Estradense.
Igual que o pasado domingo ante a UD Atios, a TVG ofrece a retransmisión íntegra na súa páxina WEB. Ademáis, tamén poderá seguirse na TVG-2 en formato carrusel no programa "A Liga das Cidades", no que o Estradense-Arenteiro alternará con outros dous encontros, Arousa-Choco e Vilalbés-Fabril Deportivo. A partir das 16:30 horas deste domingo dia 15 de Novembro.

A boa nova é que o gardameta do Arenteiro Diego García sigue imbatido tras xogarse 360 minutos de liga, e a mala é que o Arenteiro non foi capaz de abrir a lata dun combativo Atios, ben plantado atrás, e deixando que pasaran os minutos para non sair derrotados de Espiñedo.
Os do Porriño cederon o balón ao Arenteiro para facerse fortes atrás, os verdes movérono con criterio na maior parte do partido, pero foron incapacaces de acertar en algunha das numerosas aproximacións que tiveron sobre a portería visitante no transcurso da tarde. Non acertou o Arenteiro nos últimos metros e elo propiciou que o marcador non se movese ao final dos 90 minutos.
Con este resultado o Arenteiro cede o liderato ao Arousa, que agora encabeza a clasificación da terceira división con 9 puntos por 8 do Arenteiro, que é segundo.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:
http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

O club da preferencia aos socios, con número do 1 ao 300, para que recollan o seu pase no despacho de entradas do Estadio de Espiñedo este sábado dia 7 de Novembro en horario de 11 a 13 e de 17 a 19 horas, ata agotar as 150 entradas dispoñibles para completar o novo aforo autorizado polas autoridades sanitarias.
Según este sistema, no próximo partido daríaselle preferencia aos socios con número a partir do 300, e asi mentres dure esta situación debido ás restricións motivadas pola pandemia. A boa noticia para os afeccionados do Arenteiro é que o partido ante a UD Atios a partir das 16:30 horas deste domingo 8 de Novembro será retransmitido íntegramente na WEB da Televisión de Galicia na ligazón https://is.gd/hxojQA Ademáis, en formato carrusel tamén poderá seguirse na TVG-2, alternando o partido de Espiñedo co Barco-Arousa e o Bergantiños-Vilalbés.

Luz verde para o regreso do Arenteiro a Espiñedo tras verse obrigado a xogar co Ourense CF en Barbantes, debido ás restricións no Carballiño por culpa do coronavirus, este domingo (16.30 horas) poderá facélo en Espiñedo, e con público, pero con aforo superreducido a 75 persoas, aínda que a Xunta podería autorizar unha ampliación a 150.
O club comunicará a través das súas RRSS de qué maneira vai repartir entre os socios as 75 entradas inicialmente dispoñibles para este encontro que xogará ante a UD Atios na cuarta xornada da terceira división, e que os verdes afrontan como o líder da categoria. A boa noticia é que a TVG retransmitirá integramente o partido na súa páxina WEB, ademáis de conexións intermites en directo a través do carrusel da TVG-2, que o Arenteiro-Atios compartirá co Barco- Arousa e Bergantiños-Vilalbés.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »