Deportes

Punto e final á tempada para o Club Deportivo Arenteiro, xa é oficial, a RFEF da por cancelada a competición na terceira división, non haberá descensos e xogarán un playoff exprés os catro primeiros clasificados na xornada na que quedou suspendida a liga.
A Comisión Nacional de Presidentes Territoriais, reunida baixo a presidencia de Luis Rubiales, decidiu por unanimidade trasladar á Xunta Directiva e á Comisión Delegada a seguinte proposta para a resolución da competición na terceira división atendendo ao comunicado na materia tanto polo Ministerio de Sanidade e o Consello Superior de Deportes.
A proposta estará condicionada á evolución da pandemia e ás recomendacións do Ministerio de Sanidade e do Consello Superior de Deportes.
Para evitar problemas de saúde, atendendo ao protocolo recomendado polo CSD e ou Ministerio de Sanidade, o playoff de ascenso a segunda división B dos 4 primeiros clasificados (Compostela, Ourense CF, Arousa SC e Barco) realizarase entre eles na sede que determine a Federación Galega de Fútbol, da seguinte maneira:
Fase Final playoff: 2 eliminatorias – 3 partidos totais:
Semifinais: 2 partidos - 1 partido 1º vs 4º // 1 partido 2º vs 3º Final:
1 partido entre vos vencedores dás semifinais.
Esta fase final realizarase en dous fins de semanas consecutivos. Finalizada a fase final, a RFEF adxudicará dúas prazas adicionais entre os primeiros clasificados que non ascendesen.
En función do número de primeiros clasificados que non ascendesen, a RFEF buscará o sistema de competición para asignar as dúas prazas adicionais.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, promove a iniciativa Adestra #NaCasa, un espazo dentro da páxina web da propia Secretaría, unha ferramenta que nace das reunións que o Goberno galego está a manter cos responsables do tecido deportivo galego sendo os técnicos do Centro de Tecnificación Deportiva os pioneiros no seu uso.
Deste xeito configúrase un repositorio de arquivos, documentos, ligazóns e material de diversa índole orientado ao adestramento na casa en tempos de confinamento. O obxecto deste espazo é axudar a todos os deportistas galegos neste período, así como optimizar os efectos positivos e minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma no eido deportivo.
Na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte pódense consultar a día de hoxe os plans de traballo para os deportistas das federacións galegas de atletismo, bádminton, balonmán, fútbol, karate, judo, loita, natación, piragüismo, remo, salvamento e socorrismo, taekwondo, tríatlon e péntatlon moderno, xadrez, ximnasia e vela. Ademais da planificación deportiva de cada federación durante o período de confinamento amosada con exercicios físicos para realizar na casa e vídeos explicativos, as federacións tamén achegan unha serie de pautas psicolóxicas a seguir na casa para non perder o ánimo e manter a concentración. Cómpre salientar o esforzo dalgunhas federacións que ademais do seu plan de adestramento achegan unha serie de exercicios a realizar na casa adaptados ao nivel de cada deportista. Tamén se achegan pautas nutricionais, recomendacións para alimentarse correctamente e consellos para facilitar a corentena.
Emisións na CRTVG
No marco do convenio establecido entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a CRTVG “para o fomento do deporte base, feminino e alternativos”, e ante a excelente resposta dos técnicos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e das distintas federacións deportivas, a canle emite a partir de hoxe imaxes de vídeo nas que os técnicos galegos indican as pautas que seguen os deportistas de alto nivel durante o confinamento. Ademais créase, dentro da programación da CRTVG, o microespazo Adestra #NaCasa no que se emitirán de modo íntegro estas pezas realizadas polos técnicos do CGTD e das federacións deportivas de Galicia.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, valorou a boa resposta de federacións, clubs e deportistas ante o período de confinamento decretado polo estado de alarma polo coronavirus e destacou a importancia de ter “un espazo común ao que os deportistas de cada modalidade ou especialidade poidan referirse para manter o seu estado de forma físico e psicolóxico”. Do mesmo xeito, dixo o mandatario galego, Adestra #NaCasa é unha mostra do traballo continuado e a creatividade dos responsables do tecido deportivo de Galicia porque “ante a situación que estamos a vivir, o deporte galego non se para, aínda que quedemos na casa”.
Con respecto ao espazo televisivo para Adestra #NaCasa, o secretario xeral apuntou que deste xeito envíase á poboación galega en xeral e aos deportistas galegos en particular “unha mensaxe de optimismo co obxectivo de animar a que todos e todas nos manteñamos activos durante o confinamento”.

A Deputación de Ourense, na súa estratexia de apoio á cidadanía nos diferentes ámbitos sanitario, social, deportivo e de servizos fronte á pandemia do coronavirus ( Covid-19), lanza un programa de adestramento deportivo denominado "En forma", a través de Internet, que ten como obxectivo favorecer o mantemento activo de toda a familia nestes días de confinamento no domicilio.
O programa que se desenvolverá de luns a venres, en dúas sesións: ás 10 e ás 19 horas, e que os usuarios poderán seguir en liña a través das redes sociais do Pazo dos Deportes: Facebook (@ PazoPacoPazDeputaciondeOurense), Twitter (@ PazoPacoPaz) e Youtube (@ PazoPacoPaz).
A sesión das 10 horas estará orientada a acondicionamento físico en xeral e a das 19 horas, a adestramento en familia.
Con esta iniciativa, a Deputación de Ourense ofrece un amplo programa de actividades, que van desde ximnasia de mantemento a baile, pasando por pilates, ioga, step e gap.
Os horarios son os seguintes: -
Luns: "En forma", con Fernando Alonso" (10 horas) e "Bailando en familia", con Ana Fernández e Jenina Alonso (19 horas).
-Martes: " Mantente activo, con Diego Seara (10 horas) e "Pilates para todos", con Paco Bermejo (19 horas).
-Mércores: " Step", con Hugo Alonso (10 horas) e "Ioga para todos", con *Álex Díaz (19 horas).
-Xoves: " Gap", con Eva Gómez (10 horas) e " Tonifica á túa familia", con Hugo Alonso (19 horas).
-Venres: "Ioga", con *Álex Díaz (10 horas) e "Familia en forma", con Diego Seara (19 horas).
Esta iniciativa deportiva da Deputación de Ourense manterase mentres dure o estado de alarma, coa finalidade de favorecer un confinamento máis activo e saudable para a poboación ourensá.

A idea é manter unha rutina coas distintas actividades diarias e planificar os días intentando seguir un horario nun orden lóxico, facer unha série de exercícios físicos básicos para manter unha condición física axeitada e funcional.
As sesións físicas deberían ter un mínimo de 25-30’ pero ideal sería que pasase de 50’ tódolos días da semana (Ou un mínimo de 4 días alternando ditos días) para aumentar o gasto metabólico qué será fundamental para manternos ACTIVOS E MOTIVADOS.
A poder ser a estructura será Como nas clases de Ximnasia,..
*Quecemento* A través de Camiñar suave 5’ e Mobilidade Articular variada esto é mover tobillos, rodillas, Cadeira, Columna, hombros, Cuello( seguindo un orden dos pes á cabeza ou ó revés da Cabeza ós pés) entre 10-15’ logo *Estiramentos* : principais músculos, os máis grandes entre 5-8’ en total e de forma suave (20-30 “ por grupo muscular).
*Parte Principal*: elexir mínimo 3 opcións
1) 5’ Exercicios de Forza ( Planchas frontais e laterais , Flexións de Rodillas e Codos , Bíceps, Hombros,…con algo de peso Mancuernas ou mesmo un kg de arroz en cada Man,…)
2) 3-4’ Equilibrios corporais ( levantamos unha perna e mantemos a posición 5,10,15” ou que se vos ocurra estando en desequilibrio corporal; camiñar lento e levantar as rodillas lentamente, saltos á pata coxa, camiñar seguindo unha Liña no chan,…
3) 5’ Exercicios Incrementando a Velocidade por exemplo 3 -4 veces 30” descanso ó final de cada repetición 20” movemento de pés rápidos (de marchas a Correr no sitio, pequenos saltiños no sitio, logo con desplazamento ou toco un lado da parede desplazamento rápido a tocar o outro lado 2mtrs, tronco ( agachámonos tocamos chan e levantámonos rápido,…) , brazos ( puñetazos simulando un combate de Boxeo 1’ e recuperamos ,…
4) 5-10 Coordinación Dinámica xeral como xogar con Pelotas cos Nenos, lanzamentos e recepcións , a unha parede,…partidos de voleyball con globos ,…movemos o mesmo tempo brazos e Pernas,…
5) 5-10’ traballo do rítmo a través de música e movemento, Bailar ,… sesións por internet de Aeróbic básico ou avanzado según o caso, mandamos enlaces,… Logo desas opcións sempre deberíamos rematar camiñando no pasillo Ou se podemos fóra da casa a un rítmo medio que nos coste un chisco,…e decir facer un traballo Cardiovascular ó final. Que sexa superior ós 30’ pois fantástico e se só facemos 10-15’ pois incrementamos entón a intensidade. *Volta a Calma * 5’ de exercicios Moi suaves; camiñar lento, bicicleta estática, bachatas lentas,… o que se vos ocurra e poidades facer claro. Logo entre 8-12’ estiramentos máis intensos que durante o Quecemento *mínimo* 30-40” por grupo muscular e acompañados dunha boa respiración.
Recomendación na parte final das sesións, sentados ou tumbados, facer un un traballo de RESPIRACIÓN PROFUNDA E LENTA 5’ tipo IOGA observando só a respiración (inhalación Exhalación ) de forma CONSCIENTE,… algo que sin duda nos Vai calmar.

A alerta sanitaria deixou en suspenso todas as competicións deportivas, e despóis a declaración do estado de alerta, motivou unha absoluta incertidume sobre o futuro de todas as competicións, e mesmo fálase xa como o máis probable que se dea por rematada a tempada.
Está por ver que acontece e cál é a decisión que no seu momento adoptan as distintas federacións, no caso do CD Arenteiro, será a Real Federación Española de Fútbol a que deberá decidir, pero comeza a coller forza a posibilidade de que a tempada non se reanude xa que a mesma tería que rematarse antes do 30 de Xuño, e non parece que eso vai ser posible.

No fútbol quen ten ocasións e non mata os partidos remata sufrindo e pedindo a hora, e esto foi o que lle pasou ao Arenteiro para conseguir a cuarta victoria do curso en Espiñedo ante o equipo de As Pontes, que no último suspiro do partido perdoou o empate.
Púxose moi pronto o partido de cara para o Arenteiro, cando aos 4 minutos de partido Joni aproveitou unha doble indecisión da defensa e o porteiro de As Pontes para marcar a porta baleira. Apenas 10 minutos despóis empataron os visitantes na primeira ocasión que tiveron para facélo.
O gol fixo espabilar ao Arenteiro, que pasou a ter claramente o control do partido, e as mellores aproximacións á área rival, pero Joni non estivo acertado e co porteiro xa batido desperdiciou una enorme ocasión de volver poñerse por diante no marcador, mentres que esta primeira parte cerrábase con outra clara ocasión, ésta a favor de As Pontes, pero afortunadamente o longueiro repelía o balón.
Na segunda parte, Javi Rei fixo o 2-1 aos 61 minutos, despois ao Arenteiro faltoulle decisión e acerto para evitar o sufrimento final, non materializou as ocasións que tivo, unha moi clara e a piques estivo de pagálo, porque afortunadamente para os intereses verdes, e xa no tempo de desconto, o virus do empate volveu sobrevoar por Espiñedo, cando o equipo de As Pontes derperdiciou unha inmellorable ocasión para igualar o resultado.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614920&cod_acta=614920

O grupo de goberno socialista renuncia desta maneira ao proxecto que anunciara dias atrás para instalar céspede sintético no terreo de xogo do Estadio Municipal de Espiñedo, e a corporación decide aprobar a proposta do Partido Popular, que conservará a herba natural.
Agora, o concello, e tal como se propuxo na moción, solicitará a colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia para a execución do proxecto de reforma integral do terreo de xogo, que non se acometía dende principios dos anos 90 do século pasado.
Ademáis, na proposta dos populares, tamén se inclúe a mellora da iluminación do recinto deportivo, instalando luminarias Led, e tamén se acordou a construcción dun campo de fútbol-8 axexo ao campo de fútbol da Uceira.

Non sabemos en qué posto acabará o Arenteiro a tempada, pero si aventuramos que conseguirá un record en canto a número de empates, con este da Estrada xa son 14 en 26 partidos, e aínda quedan 12 para que remate a competición.
Neste partido da Estrada, sen dúbida o mellor foi o resultado, noutra tarde gris do Arenteiro, a única ocasión foi un balón que Fran Monroy enviou ao pau, e para de contar. Pola contra, as mellores e máis claras ocasións do partido foron para os locais, que tamén estrelaron un balón na portería ben defendida por Borja.
Na primeira parte, os verdes tiveron algo máis de control do balón, pero sen xerar ningún tipo de perigo ante a portería local, na segunda parte nin balón nin ocasións, salvo a comentada de Monroy. Pouca pólvora para tanta mecha, que se lle supón a este equipo.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614909&cod_acta=614909

Se houbese que xogar a un fixo na quiniela, sen dúbida que a maioria apostaría por un empate neste partido entre Arenteiro e UD Ourense e houbesen acertado, xa que os verdes sumaron o empate numero 13 do campionato, con algo de fortuna da súa parte.
E esto porque as únicas ocasións de gol claras do partido foron dos unionistas, pero enviaron o balón, na primeira ao poste e na segunda ao longueiro, cando os afeccionados visitantes cantaban o o gol na bancada, ambas na segunda parte.
Antes, nos primeiros 45 minutos chegaron os dous goles, por certo, nos dous únicos tiros reseñables entre os tres paus. O primeiro en golpear foi o Arenteiro por mediación do defensa Fajardo, e empatou a UD Ourense de libre directo por medio de Hugo García enviando un balón a media altura da portería do debutante Borja, que se quedou inmóvil.
Ambos equipos reeditaron practicamente o partido tostón da primeira volta no Couto, de escasa proposta futbolística por ambas partes, e que resultou bastante decepcionante para o público.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614899&cod_acta=614899

O concello do Carballiño, a través da área municipal de Deportes, elabora un proxecto para cambiar o césped natural do estadio de Espiñedo por césped artificial. O motivo desta iniciativa "é mellorar o deficiente estado do terreo de xogo, cun elevado custo do mantemento, que é de entre 30.000 e 40.000 euros anuais" aseguran dende o concello do Carballiño.
"Malia a este importante investimento, e incluso destinando máis diñeiro, non se garante que o césped estea nas mellores condicións durante toda a tempada, polo que, tras consultar aos especialistas na materia, considérase que a solución máis factible é cambiar o césped natural por outro artificial de última xeración, semellante ao que se instalou recentemente noutros estadios", indican nunha nota informativa difundida dende o concello do Carballiño.
E engaden que esto permitirá, ademáis, poder usar o estadio prácticamente todos os días, entrenar e xogar os partidos dos equipos da escola municipal de fútbol, algo que non acontece na actualidade".
En canto á financiacón do proxecto, que non cuantifican, pero que indican "que terá un custo importante, efectuarase por un sistema de renteing ou leasing, a pagar nun período de seis anos, co que podería ser asumido cos orzamentos municipaiis". Finalmente, aseguran que "a área municipal de Deportes, que coordina Silvia Baranda, e tras consultar a especialistas nesta materia, crese que este proxecto é o único que pode garantir un uso continuado e satisfactorio do terreo de xogo de Espiñedo, e ao mesmo tempo, rentabilizar o investimento".
Outros proxectos semellantes estanse levando a cabo en campos de fútbol de vilas e cidades de Galicia, e desde esta área municipal considerase que é o momento oportuno para tomar esta iniciativa.
O Carballliño quedaríase asi sen un campo de fútbol con herba natural, que sí manteñen a maioria das grandes vilas da provincia de Ourense, e tamén do resto de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »