Deportes

O 53 Rallye de Ourense volve a terras carballiñesas, será o sábado 25 de Xullo en horario de tarde e no tramo denominado "O Carballiño", que en realidade transitará polos concellos do Irixo e Boborás, e os últimos metros xa en territorio municipal carballiñés con meta nas inmediacións do cruce de Toscaña, preto da N-541, e doutra parte no tramo "Amoeiro-Maside".
A saída do tramo "O Carballiño" parte da localidade de Parada de Laviote, no concello do Irixo, e os participantes terán que mostrar as súas habilidadades nunha estrada con especial encanto para os afeccionados ao automobilismo, sobre todo na zona da capela da Saleta, antes os espectadores poderán seguir o paso do rallye ao seu paso polas localidades de Fontes, Barcia, Reádigos, Ventosa, Prado, Xurenzás, e Fondo de Vila, na parroquia de Astureses. Tamén é todo un clásico no automobilismo o tramo entre "Amoeiro-Maside".

Semana de moita actividade nas oficinas do Estadio de Espiñedo polas que pasaron a maioría dos futbolístas que a pasada tempada defenderon a camisola verde, a xeito de entrevista cos novos dirixintes do club recibiron de primeira man a información das principais claves do novo proxecto deportivo para a vindeira tempada.
Non poideron achegarse a O Carballiño para esta cita por motivos personais ou mesmo por encontrarse de vacacións fora de Galicia, Rui Santos, Ross, Wadir e Javi Pazos. O resto da plantilla do ano pasado sí o fixeron e en todos os casos mostraron a súa dispoñiblidade para renovar a súa relación co club, pendientes de que se confirme o novo adestrador que sustituirá a Gelucho.
Asi as cousas, as únicas baixas confirmadas no equipo son as de Albertito e Borja Rey, que non esperaron ningunha posible oferta de renovación e fai dias que se comprometían con outros clubs, non foi o caso de Emilio que sí agardou coñecer o novo proxecto do Arenteiro, pero que descartou ao non poder compatibilizar os horarios do seu traballo coa actividade en Club Deportivo Arenteiro.

Punto e final á etapa de Gelucho como técnico de Club Deportivo Arenteiro, a nova xunta directiva presidida por Argimiro Marnotes toma a súa primeira decisión relevante e decide comezar este novo proxecto cun novo adestrador, que responderá ao perfil dun técnico que teña dedicación profesional plena a CD Arenteiro.
O Club comunicou a Rogelio Gómez Fernández “Gelucho” que a nova Xunta Directiva decide comezar esta nova etapa cun novo proxecto deportivo no que busca un perfil de adestrador con dedicación plena ao club, unha condición coa que non pode cumplir Gelucho, xa que dende que asumíu o cargo de adestrador do equipo de terceira división viña compatibilizando a súa actividade profesional coa de adestrador do equipo de terceira división.
O Club agradece ao técnico o seu traballo nestas dúas últimas tempadas, nas que o equipo consolidouse na terceira división. Gelucho chegou a CD Arenteiro en Novembro de 2018, logrando o obxetivo de manter ao equipo en terceira división, rematando a tempada clasificado no posto nº 13. Continuou a súa labor na tempada 2019-2020, cancelada pola pandemia do coronavirus no pasado mes de marzo, cando o equipo figuraba na posición nº 12 da clasificación.
O Club traballa xa na contratación dun novo adestrador, e dacorde ao perfil que se busca para este novo proxecto, que teña dedicación profesional plena a Club Deportivo Arenteiro, non so dirixindo o primeiro equipo da entidade senón tamén toda a estructura deportiva da entidade.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, reuníronse hoxe no concello co novo presidente de C.D. Arenteiro, Argimiro Marnotes, e o directivo Manuel Cid, como unha primeira toma de contacto coa nova directiva da entidade.
Na reunión analizouse a colaboración do concello co C.D Arenteiro, así como as circunstancias relativas á escola de fútbol. Neste senso, comunicase que nos próximos días anunciarase o comezo do período de inscrición para a escola deportiva de fútbol.

O exalcalde do Carballiño asume a presidencia de Club Deportivo Arenteiro mes e medio despóis desde que se convocasen eleccións debido á dimisión de Francisco Fernández "Cachorro", que estivo tan so un ano ao fronte do club.
Toda vez que se presentou un so candidato non foi preciso ningunha votación e foi aclamado como novo presidente. Según os estatutos do club ten por diante un mandato de catro anos.
O novo mandatario do club verde terá agora que formar unha Xunta Directiva que terá ao seu cargo o novo proxecto de Club Deportivo Arenteiro que, por cuarta tempada consecutiva militará na terceira división, un tempada que chega cargada de moita incertidume debido á situación sanitaria que atravesamos, todo indica que a liga 2020-2021 non comezará ata o mes de Outubro e virá cargada de varias novidades na competición para adaptála á circustancias obrigadas polo Covid-19.

O Club ve, momentáneamente, comprometido o seu futuro, xa que nin durante o periodo de presentación de candidatos á presidencia do club nin tampouco na asemblea celebrada no Estadio de Espiñedo ningún socio presentou as súas credenciais.
Medio centenar de socios acudiron á convocotoria da asemblea na que o ata agora presidente Paco Fernández "Cachorro" presentou a súa dimisión irrevocable, ao non presentarse ningún candidato a aínda directiva en funcións acordou abrir un novo prazo que concluirá coa celebración dunha nova asemblea o xoves dia 2 de Xullo.
Antes, o vicepresidente para asuntos económicos do club Manuel Sotelo, fixo un relatorio de ingresos e gastos desta rematada tempada 2019-2020, na que os ingresos foron de 260.000 euros e os gastos de 291.000, que sitúa o deficit actúal do club en 31.300 euros, según o balance presentado.
No apartado de ingresos destacan os capítulos que corresponden a subvencios do concello e Deputación, por importe de 85.000 e 25.000 euros respectivamente, asi como a correspondente as Federacións Española e Galega de Fúbol, que aportaron 56.000 euros. O resto corresponden a aos conceptos de patrocinadores, publicidade, socios, taquillas, bar e outros pequenos ingresos.
Ante a asamblea de socios os dous mandatarios do club recoñeceron a actitude tanto da plantilla de futbolístas como de todo o corpo técnico, que condonaron "un mes de nómina e en algúns casos máis, facilitando que non teñamos un deficit máis elevado", destacaron.

O Campo do Outeiro Grande de Maside acollerá o Depor Campus de fútbol base no próximo mes de Agosto, coa organización do RC Deportivo da Coruña.
No acto de presentación participaron o director das escolas do Depor, Pablo Barros, o Director Técnico da Escola Deportiva Terras de Maside, o alcalde e presidente e secretaria da ED Terras de Maside.
Realizarase nas instalación do campo municipal de Maside do 10 ao 14 de agosto para menos e nenas de 6 a 14 anos. A inscripción faráse na páxina da fundación do depor e terán precios especiais para os asistentes que pertenzan a escola de Maside.
A este respecto o alcalde da vila, José Manuel Iglesias, manifestou que ningún neno de Maside que queira participar, quedará fora por motivos económicos. Como non podería ser doutra maneira as medidas de seguridade serán superiores ás que ordena a Xunta.
Faranse grupos reducidos con cada monitor. A organización espera contar con un número aproximado de 30 participantes mínimos contando que esta é a primeira edición e despois do confinamento.

Dende o club apuntan "motivos de forza maior" tras anunciar que as dúas asembleas de socios convocadas para este venres dia 12 quedan aprazadas para unha nova data, que será a do xoves dia 18 de Xuño.
Mantéñense os horarios de ambas convocatorias no Estadio de Espiñedo, tanto a asemblea ordinaria ás oito da tarde para presentar aos socios a memoria económica da pasada tempada, asi como a asemblea extraordinaria na que se dará conta da demisión do presidente e do resto da directiva en bloque, asi como "elección, se procede dunha nova directiva", según figura na convocatoria, que tamén comunica que "pódense presentar candidaturas ata as 21 horas do dia 17 de Xuño".

Francisco Fernández "Paco Cachorro" decide poñer punto e final como presidente de Club Deportivo Arenteiro "cuestións personais, non poder dedicarlle o tempo que esixe a presidencia do club" é o motivo que manifesta para deixar o club, tras exercer un ano como máximo responsable da xunta directiva.
Ao presentar o presidente a súa demisión, o rexime estatutario contempla a convocatoria de eleccións, e desta maneira ábrese un periodo ata o dia 11 de Xuño para que calquera socio poida presentar a súa candidatura á presidencia do club.
Para o dia 12 de Xuño están convocadas dúas asembleas, a primeira de carácter ordinario para aprobar as contas da última tempada, e unha segunda na que se dará conta da demisión e elección de novo presidente, se fose o caso.
No caso de non presentarse ningún candidato, a asamblea de socios deberá tomar unha decisión para garantir a viabilidade do club.

A área de Deportes do concello do Carballiño abrirá a partir da primeira semana de xuño as pistas polideportivas para a práctica do pádel e do tenis, anexas ao pavillón Paco Chao.
Por este motivo, a partir do luns, 1 de xuño, poderanse solicitar quendas para o uso destas pistas.
As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono do concello (988 530007), en horario de mañá, de 09,00 a 14,00 h., de luns a venres, agás festivos, onde poderán facer as súas reservas para xogar.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »