Deportes

21, Setembro 2020

Será o sábado dia 26 de Setembro dende as 18 horas no Estadio de Espiñedo, o Arenteiro recibirá á SD Compostela, equipo recén ascendido á Segunda-B, no que será ademáis o primeiro partido da pretempada para os verdes.

Non asi para a SD Compostela, que leva adestrando dende principios de mes e xa xogou a pasada semana co Estradense. Será o primeiro partido de fútbol que se vai xogar na provincia de Ourense algo máis de seis meses despóis dende que no pasado mes de marzo quedasen paralizadas todas as competicións deportivas, que posteriormente foron canceladas. 

O partido terá aforo limitado según o protocolo que autoriza a celebración do mesmo tanto por parte da RFGF como da Xunta de Galicia, e os espectadores deberán acceder e permanecer no recinto deportivo cumplindo todas as medidas de seguridade polo Covid.

16, Setembro 2020

As instalacións da Uceira acolleron na matinal deste 16 de Setembro a presentación e primeiro adestramento do novo Arenteiro, con moitas novidades no equipo e cun inicio de pretempada condicionado polo protocolo de seguridade pola Covid-19, tras unha breve alocución e benvida do presidente Argimiro Marnotes, Fran Justo e os seus auxiliares dirixiron a primeira sesión preparatoria.

E todos coa vista posta no 18 de Outubro, data fixada para o primeiro partido de liga.

Tras realizar os test físicos no transcurso da pasada semana, un total de 19 fútbolistas tomaron parte nesta primeira sesión de traballo, con tan so catro xogadores do ano pasado, que son Padrón, Pol, Joni e Javi Pazos. 

As 15 incorporacións, por órden de fichaxe, son Rubén Arce (UD Ourense) Marquitos (UD Ourense) Diego García (Ourense CF) Manu Bardelás (Maside) Germán Nóvoa (Ourense CF) Álex Fernández (Pontevedra CF) Eimil (Fabril Deportivo) Martín Torres (Barbadás) Sylla (Coruxo) Germán Pérez (UD Ourense) Adrián Presas (UD Ourense) Manu Mariña (Ourense CF) Portela (Ourense CF) Naveira (Pontevedra CF) e Ángel Expósito (Rápido Bouzas)

Nos próximos dias e pendentes das autorizacións da Federación Galega de Fútbol poderían confirmarse ata tres amigables de pretempada no Estadio de Espiñedo, aos que poderá acceder público.

Ademáis, o club prepara o lanzamento da campaña de socios , tanto para renovación como para altas de cara a próxima tempada na que a categoria da terceira división tera tres fases, a primeira fase cos 24 equipos divididos en dous subgrupos, correspondendolle ao Arenteiro o grupo sur, no que competirá con Ourense CF, UD Ourense, CD Barco, UD Atios, CD Pontellas, Rápido de Bouzas, CD Choco, Alondras CF, CD Ribadumia, Arosa SC e CD Estradense.

4, Setembro 2020

O Arenteiro apura a composición da plantilla do equipo de terceira división e faino anunciando outra incorporación de nivel, o lateral esquerdo Álvaro Naveira, que chega procedente dende o Pontevedra CF, equipo co que competíu na Segunda-B.

Era unha das posicións que restaban por completar no esquema do equipo verde para a vindeira tempada. Álvaro Naveira ten 24 anos, criado nas categorias do Depor, xa xogou en Espiñedo vestindo fai dous anos a camisola da SD Compostela, antes de que o fichara o Pontevedra CF, co que xogou en segunda b a pasada tempada.

O club tamén anunciara a chegada do xoven gardameta búlgaro de 19 anos Vicktor Nikolov, unha fichaxe que finalmente foi descartarda polo equipo de Espiñedo, tras recibir unha oferta do Socuéllamos, equipo manchego da segunda b.

 

26, Agosto 2020

Un ano despóis de abandonar o equipo verde o central Daniel Portela regresa a Espiñedo, a onde chegara na primeira tempada do Arenteiro na actúal época en terceira división, e tanto esa tempada como a seguinte sería preza clave no obxetivo de consolidarse na categoria.

Tras un ano no Ourense CF, co que xogou a promoción de ascenso a Segunda-B ás órdes de Fran Justo, agora seguiráo estando, pero de novo defendendo a CD Arenteiro.

Doutra parte, o club tamén ven de confirmar as fichaxes do defensa Manu Mariña, que tamén chega do Ourense CF e o medio centro sub-23 Adrián Presas, que xogou as dúas últimas tempada na UD Ourense.

 

21, Agosto 2020

O novo Arenteiro continúa dando pasos para configurar un equipo de garantías cara a próxima tempada na terceira división, confirma a renovación do dianteiro Javi Pazos e a fichaxe do medio centro Germán Pérez.

O dianteiro pontevedrés chegou  ao Arenteiro dende o Pontevedra CF en Febreiro, polo que apenas que apenas desputou un mes de competicion da tempada rematada inesperadamente o domingo 8 de Marzo, antes de incorporarse ao Pontevedra de Segunda-B, fora pichichi da terceira nun Arousa no que coincidíu con Sylla. Agora volven coincidir no Arenteiro.

O outro futbolista que ven de incorporar o club tamén ten experiencia en Segunda-B, o medio centro Germán Pérez, que xogou as últimas tempadas na UD Ourense. 

19, Agosto 2020

Chega procedente do Coruxo, co equipo vigués participou na pasada tempada en 20 partidos na Segunda-B, a tempada anterior marcou 24 goles co Arousa en terceira, o Arenteiro faise cos servizos doutro futbolísta recoñecido no fútbol galego, o dianteiro senegalés Sylla.

Foi un dos primeiros obxetivos do club, fai máis dun mes que comezaron as negociacións en Pontevedra, a súa cidade de residencia, e finalmente culminaban con éxito, e Sylla convertíase este mércores 19 de Agosto en novo xogador do Arenteiro.

Non é a única incorporación ao novo proxecto verde que ven de fraguarse nos últimos dias, tamén veñen de comprometerse co Arenteiro para a próxima tempada Victor Eimil, que chega para reforzar a liña defensiva dende o Deportivo Fabril, un fútbolista de 21 anos e con moito futuro por diante, asi como o centrocampista Martín Torres, que foi un dos xogadores importantes do último ano no Barbadás.

11, Agosto 2020

O novo Arenteiro vai tomando forma e continúa asinando fútbolístas contrastados para conformar un equipo que pode dar moito que falar a próxima tempada na terceira división, desta vez todo un fútbolista "TOP" para a categoria, que chega a Espiñedo co aval de 14 tempadas na segunda b, as cinco últimas sendo un dos capitáns e xogadores destacados do Pontevedra CF.

Alex Fernández,  ourensano de 32 anos recén cumpridos, chega ao plantel que dirixirá Fran Justo co aval dunha traxectoria de 14  anos na segunda división b, en equipos como o Celta B, Lorca Deportiva, CD Ourense, Coruxo, e as últimas cinco tempadas militando no Pontevedra, no que foi un dos seus piares e capitán.

O expontevedrés ven desta maneira a sumarse ás fichaxes confirmadas polo club nos últimos dias, Rubén Arce (UD Ourense) Marquitos (UD Ourense) Diego García (Ourense CF) Germán Nóvoa (Ourense CF) e Manu Bardelás (Maside FC).

Ademáis, da anterior tempada están xa oficialmente renovados Pol, Padrón e Joni. 

2, Agosto 2020

O Club Deportivo Arenteiro fáise cos servizos dun dos técnicos xóvenes con mellor proxección do fútbol galego da actualidade. Chega a Espiñedo avaliado polo seu gran traballo no Ourense CF, equipo ao que ascendeu de Preferente a Terceira división, e no que protagonizou as últimas tres magníficas tempadas, un traballo que culminaba esta última clasificando ao equipo para a final da promoción de ascenso a Segunda-B.

O club confirma o acordo, que xa está cerrado por ambas partes, polo que Fran Justo (Ourense, 1989) convértese en novo adestrador dos verdes na terceira división. Con él, tamén se incorporan ao corpo técnico de CD Arenteiro, Alex Vázquez e Millán Fernández, como adestradores e Nico López como preparador físico.

Este lúns dia 3 de Agosto, tras asinar o contrato co que se vinculan a CD Arenteiro, terá lugar o acto de presentación oficial no Estadio de Espiñedo ás 20:30 horas.

31, Xullo 2020

A afección de Club Deportivo Arenteiro está de enhoraboa, regresa a Espiñedo un dos fútbolístas máis carismaticos da historia recente do club, o dianteiro Rubén Arce Lorenzo (Ourense, 7 de febreiro de 1991) está de volta como verde, regresa a CD Arenteiro.

Rubén Arce foi un dos piares básicos no ascenso de CD Arenteiro á terceira división logrado na tempada 2016-2017, e tamén un dos artífices de lograr a permanencia na tempada 2017-2018, cando ademáis foi elexido como o mellor xogador de terceira división polo programa da Radio Galega “Galicia en goles”.

Agora dous anos despois regresa  ao novo proxecto de Club Deportivo Arenteiro para a tempada 2020-2021. Rubén Arce asina o seu compromiso por dous anos. Nos próximos dias poderían confirmarse novas fichaxes e tamén as primeiras renovacións, todo elo aínda a falta de oficializarse a contratación de novo adestrador, unha contratación que según comentan dende o club está moi avanzada e tería que confirmarse tamén de forma inminente.

21, Xullo 2020

O 53 Rallye de Ourense volve a terras carballiñesas, será o sábado 25 de Xullo en horario de tarde e no tramo denominado "O Carballiño", que en realidade transitará polos concellos do Irixo e Boborás, e os últimos metros xa en territorio municipal carballiñés con meta nas inmediacións do cruce de Toscaña, preto da N-541, e doutra parte no tramo "Amoeiro-Maside".

A saída do tramo "O Carballiño" parte da localidade de Parada de Laviote, no concello do Irixo, e os participantes terán que mostrar as súas habilidadades nunha estrada con especial encanto para os afeccionados ao automobilismo, sobre todo na zona da capela da Saleta, antes os espectadores poderán seguir o paso do rallye ao seu paso polas localidades de Fontes, Barcia, Reádigos, Ventosa, Prado, Xurenzás, e Fondo de Vila, na parroquia de Astureses. Tamén é todo un clásico no automobilismo o tramo entre "Amoeiro-Maside".

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes