Deportes
Os carballiñeses adiantabanse no marcador cun gol de Iago no primeiro tercio do partido e mediada a primeira parte empataba o Lalín. O marcador xa non se movería en toda a segunda parte, na que o Arenteiro tivo varias ocasións para resolver o partido ó seu favor, pero non pudo ser, xa que -igual que co Celanova-volveuse fallar nos últimos metros. De todas as maneiras, comezaron a verse cousas positivas, notandose a incorporación de xogadores como o autor do gol, Iago, ou José Juan, que deixaron destellos de calidade. A seguinte cita da pretemporada no Municipal de Espiñedo será este vindeiro domingo dia 16 de agosto a partir das seis da tarde, co triangular que xogarán os verdes cos dous equipos de primeira autonómica da Comarca. Maside F.C. e C.D. Cea. Os partidos terán unha duración de 45 minutos.
(Redacción. Belén González) O Clube Deportivo Arenteiro está de pretempada para intentar voltar á 3ª división, un desexo que fai que o Clube teña unha nova ilusión. Para esta tempada, o Clube de Espiñedo conta cun orzamento de 162.000 euros, dos cales 36.000 euros irán destinados a pagar a débeda de tempadas anteriores. O proxecto parece sólido e serio despois de que a directiva traballáse arreo para conformar un novo plantel que permite soñar cun curso de alegrías. Despois de rematar a tempada poderánse ver se se cumpliron as expectativas ou, pola contra, hai que rendirse a unha nova decepción. Esta vez a afición está chea de ilusión e expectante cun novo plantel que inspira confianza despois das nove fichaxes realizadas. Este próximo sábado, 8 de agosto, a partires das 19.00 horas, o plantel verde xoga o seu primeiro partido de pretempada contra o Sporting Celanova e isto servirá para comprobar como se pode presentar este curso 2009-2010. Ó Clube do Arenteiro chegaron novos reforzos dende o Verín como Xurxo, Nacho Currás, Fran, José Juan, Iago e Nicol e que proceden de 3º División. Para seguir reforzando o equipo de Marquitos -entrenador do C.D. Arenteiro- chegaron ó Carballiño os futbolistas Victor Oliveira, Marcos Castro e o porteiro Iván González. Ademáis destas caras novas continúan no equipo Tacón, Martin, Diego Soto, Alfredo e outros xogadores que seguirán loitando polo ascenso do clube á terceira. A pesar desta ilusión, hai proxectos que non se remataron a cabo como o famoso muro que segue derrubado a menos dun mes do inicio da competición e da falta de iluminación. Xa veremos como se arranxan estes atrancos, porque en xogo está a imaxe do Clube e da vila.
Arsenio Iglesias e Lolo Carril
(Redacción. Belén González) A II Gala do Deporte do Carballiño homenaxea ós deportistas máis sobranceiros no Auditorio ó que acudiron máis de 400 persoas. A este acto acudiron ex deportivistas da talla de Arsenio Iglesias, Manjarín, José Ramón, o ex celtista Vlado Gudelj e o entrenador do Tau, Dusko Ivanovic entre outros moitos que se encargaron de entregar os premios. Entre os galardoados estiveron o nadador Borja Fernández e a taekwondista Cristina Fernández. Tamén tivo o seu recoñecemento o equipo xuvenil da Escola Municipal de Fútbol, o ex árbitro José Fernández "Godoy" por toda unha vida adicada ó deporte, o capitán do Clube Deportivo Arenteiro, José Luis Méndez "Tacón" que tivo unha mención especial e o locutor do programa radiofónico "O Tirachinas" de COPE O Carballiño, Lolo Carril, que foi homenaxeado pola promoción do deporte local. Así ata un total de 15 galardóns serían entregados nunha gala, que a falta dalgún detalle que a mellore, resultou atractiva e inclusive por momentos emotiva.
Gudelj e Fran Noguerol, con Lolo Carril
A Fundación Real Club Celta de Vigo, en colaboración co Concello do Carballiño, organiza un campus deportivo de verán no que técnicos profesionais e figuras do celtismo ensinarán ós rapaces entre os catro e os quince ano os valores deportivos e a práctica do fútbol. Terá lugar entre os dias 13 e 18 de xullo e terá como escenario o novo campo de fútbol de herba artificial da Uceira. A matricula terá un coste de 200 euros e poderá formalizarse na área de deportes do Concello Carballiñés. No acto de presentación, a directora da Fundación Celta de Vigo, Carmela Cuevas, dixo que con esta actividade no Carballiño cumpliase co compromiso de trasladar este tipo de inicativas por toda a xeografia galega, e neste caso a unha comarca con gran sentimento celtista como é a do Carballiño. Neste mesmo acto, animaron ós rapaces a participar neste campus de verán o ex-xogador Gudelj e Fran Noguerol, xogador en activo da actúal plantilla do Celta, natural da vila de Cea, e os que agradeceu a súa presencia o concelleiro de deportes Manolo Dacal.
O vindeiro dia 26 de xuño celebraráse a 2ª Gala do Deporte Carballiñés, que terá o seu acto central no auditorio coa entrega das distincións ós e ás deportistas locais que pola súa traxectoria durante o último ano se fagan merecedores do recoñecemento do xurado, que deberá seleccionar os mellores en 10 modalidades. Mellor alumno e alumna das escolas deportivas municipais, mellores deportistas dos ximnasios carballiñes, asi como en fútbol-sala, fútbol e motor. Tamén se recoñecerán os deportistas da 3ª idade e históricos, asi como as empresas colaboradoras a través dos patrocinios e a promoción do deporte local nos medios de comunicación.
A presentación de candidaturas podese realizar tanto a nivel individual como polos clubs, asociacións ou entidades deportivas, e deberán formalizarse na área de deportes do Concello do Carballiño. Desde este mesmo departamento muncipal, que dirixe o concelleiro Manuel Dacal, xa se levaron a cabo varios contactos con deportistas de elite para que asistan a esta gala, estando aínda pendiente de confirmación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91