Deportes

16, Outubro 2009

(Redacción. Lolo Carril) Marquitos xa ten decido o once inicial que desde as cinco da tarde do domingo sairá en Espiñedo para enfrontarse ó Cruceiro de Hio. Na portería segue a alternacia, sendo turno desta vez para Zafra. Na defensa, regresa Xurxo no lateral dereito tras cumplir o partido de sanción, con Alfredo na parte esquerda e Valeiras e Jorge polo centro. Iago e Diego Soto no medio centro, Nicol e Oliveira polos extremos, Fran na media punta e Martín como xogador maís adiantado. Completan a convocatoria Iván, Marcos Castro, Padín, Nacho Currás e Tacón. Enfronte, un Cruceiro de Hio que despois dun inicio de liga titubeante xa acumula agora tres victorias consecutivas, as que veñen de lograr ante Ribadumia, Covadonga e Marín. Tampouco chega en mal momento o Arenteiro, que o pasado domingo recuperaba o liderato da categoria grazas o seu triunfo na Lomba de Vilagarcia ante o Arousa.

11, Outubro 2009

O Arenteiro volve ser o lider da categoria tras a traballada victoria conseguida hoxe polos verdes no campo da Lomba de Vilagarcia, onde se impuxo ó Arousa por 1-2, con goles de Oliveira e Martín. O Arenteiro controlou en todo momento o partido. Tras unha primeira parte na que os carballiñeses estiveron mellor asentados que o seu rival no terreo de xogo chegaríase o dencanso sen que se movese o marcador. Na reanudación, ós poucos minutos chegaría o gol do Arousa que se adiantaba no marcador no lanzamento dunha falta e nun clamoroso fallo da barreira verde. Tras o gol, o Arousa pasou a facerse momentáneamente co control do partido, pero só por unhos minutos, porque sería novamente o Arenteiro quen pasou a dominar o xogo e crear as mellores ocasións de gol ante a portrería do Arousa. Aínda co 1-0 no marcador o árbitro escamoteou un claro penalti cometido sobre Nicol, antes de que chegaran os dous goles de Oliveira e Martín que finalmente farían xustiza no marcador. O mesmo Martín e Nicol terían dúas boas oportunidades para incrementar a ventaxa carballiñesa, mentres que o Arousa apenas chegou a crear perigo ante a porteria defendida hoxe por Iván. O Arenteiro foi máis equipo que o Arousa e polo tanto xusto vencedor.

9, Outubro 2009

O adestrador carballiñés prepara unha revolución no equipo titular que o Arenteiro presentará este domingo dia 11 de outubro, desde as cinco da tarde, no campo da Lomba de Vilagarcia, ónde agarda o líder da categoria, o Arousa. Seguramente, o once que comezará o partido presentará varias novidades, unhas por necesidade debido a lesións ou a ausencias obrigadas coma a de Xurxo, sancionado, e outras por disposición táctica. Asi, con Zafra na portería, para os laterais contase de inicio con Gil e Padín, e con Nacho Currás e Valeiras para o centro da zaga, serían pois tres novidades na liña defensiva que atá agora viña sendo habitual. Outro dos cámbeos estará na demarcación que pasará a ocupar Diego Soto, que volverá o seu posto do ano pasado no centro do campo, xunto a Iago, Nicol e Alfredo. E tamèn haberá novidades na dianteira, xa que Marquitos apostará desta vez por dous dianteiros, optando por Oliveira para acompañar ó pichichi Martín. Con este equipo, o Arenteiro tratará de sorprender ó Arousa, se consigue a victoria, os carballiñeses volverán recuperar o liderato na clasificación da preferente autonómica, que perderon o pasado domingo en Espiñedo trala derrota ante o Barbadás.

26, Setembro 2009

O Arenteiro viaxa co equipo titular ó completo, e coa idea -adiantada polo adestrador Marquitos- de saír ó campo do Alivio cun 4-3-3, que sería o integrado por Iván na portería, unha defensa con Xurxo, D.Soto, Jorge e Nacho Currás; no medio centro estarán José Juan, Iago, Marcos Castro e Alfredo, e na punta o goleador Martín, con Tacón -que entraría no equipo titular- facendo labores de enganche e media punta. Completarán a expedición Valeiras, Victor Oliveira, Fran e Nicol. O obxetivo é volver acadar os tres puntos, sería entón a quinta victoria consecutiva en liga, sendo conscientes de que enfronte agarda un Tomiño que ofrece sempre o seu mellor nivel como locatario. O partido na vila do Baixo Miño comezará ás cinco da tarde do domingo.

13, Setembro 2009

Con dous auténticos golazos, o primeiro de Martín cun zurdazo desde o borde da área grande que se colou polo ángulo da portería, e o segundo de Alfredo, ó executar de forma maxistral unha falta e cando o partido entraba na súa recta final, foron suficientes para ganar esta tarde no campo do Revel ante os locatarios do Sanxenxo, que marcou o seu gol por medio dun penalti que se inventou o árbrito do encontro. O mellor deste segundo desplazamento consecutivo dos verdes foron os dous goles e a victoria, xa que o Arenteiro xogou un partido moi irregular, sobre todo na segunda parte. Consumidas tres xornadas de liga, o Arenteiro conta os partidos por victorias e suma nove puntos que o manteñen líder, agora xa en solitario, e con dous puntos de avantaxe sobre Estradense e Arousa, que son segundo e terceiro.

12, Setembro 2009

(Redacción. Lolo Carril) 17 xogadores forman a expedición do Arenteiro para desplazarse este vindeiro domingo atá Sanxenxo, ónde xogará no sintético do Revel desde as seis da tarde o segundo partido consecutivo da liga fora de Espiñedo. Por primeira vez, entrou na convocatoria o centrocampista Fran, que sufrira un pequeno percance nun dedo no primeiro partido da pretemporada fronte ó Sp. Celanova. Se o árbitro o permite, xa que tería que xogar cunha protección, Fran sería entón titular no lugar de José Juan, que foi sancionado cun partido de suspensión trala súa expulsión o pasado domingo en Ribadumia. En canto o resto do equipo, xogarán os mesmos que golearon ó Ribadumia a domicilio, cunha úncica salvedade, xa que Marquitos  podería dar entrada a Valeiras na liña defensiva en sustitución doe Jorge, xa que o colombiano non pudo adestrar con normalidade durante a semana. Desta maneira, Martín sería o úncio dianteiro e repetiría o resto do equipo. Enfronte, un Sanxenxo moi correoso no que a forza física é a súa baza principal para equilibrar as súas debilidades técnicas.

6, Setembro 2009

Con dous goles de Martín, ún deles de penalti, e outro de Alfredo, o Arenteiro ganou en Ribadumia o seu primeiro partido de liga a domicilio. A victoria verde fraguouse na primeira media hora de partido, e tras quedarse o Ribadumia con dez xogadores no campo por vermella directa a ún dos seus futbollístas, se bastante rigurosa foi a expulsión do xogador local, non o foi menos a de José Juan polos carballiñeses, nunha clara "lei da compensación" do árbitro, que deixou ós dous equipos con dez xogadores sobre o campo da Senra. Ademáis, na parte negativa do partido, tiveron que abandoar o terreo de xogo Jorge e Nacho Currás, ambos con molestias. Tras esta victoria, o Arenteiro é o novo lider da categoria, con seis puntos, que tamén teñen Estradense e Tomiño, desputadas as dúas primeiras xornadas de liga, aínda que os carballiñéses son líderes polo seu mellor coeficiente, con seis goles a favor e cero en contra.

4, Setembro 2009

 (Redacción. Lolo Carril) Atrás queda o 3-0 ante a A.D. Covadonga no partido que abríu a liga en Espiñedo. Este domingo, 6 de setembro, chega o primeiro desplazamento, que será tamén o primeira das dúas saídas consecutivas á comarca pontevedresa do Salnés, ónde haberá que volver cara a fin de semana seguinte atá Sanxenxo. De momento, para esta primeira cita da tempada a domicilio agárdanos un remozado Ribadamia, que moi kpouco tén que ver co equipo que coñecimos nas dúas úlltimas tempadas, con repecto ás que perdeu gran parte do seu potencial, como o goleador Vixo ou o adestrador Ricardo Fernández, agora no Arousa. O partido está fixado para as seis e media da tarde e atá o Novo Senra de Ribadumia viaxará un Arenteiro ó completo, unha vez que xa se recuperou a Nacho Currás tras sufrir un pequeno percance nun ollo, e tamén adestrou durante  a semana Fran, tras reincorporarse ó equipo despois do seu casamento. Asi que Marquitos poderá presentar en Ribadumia un equipo competitivo e cun úncico obxetivo, regresar Ó Carballiño cos tres puntos.

24, Agosto 2009


Situación actual pola parte de atrás da portería

(Redacción. Lolo Carril)  A falla de compromiso dos políticos locais e os supostos incumprimentos de certos organismos oficiais -Deputación e Xunta- están facendo posible que o campo de Espiñedo amose esta penosa imaxe de desolación. Pasaron oito meses dende que en xaneiro e por mor daquel temporal parte do muro perimetral, xunto cos carteis publicitarios, se viñera abaixo. Dende aquela e ata hoxe absolutamente nada se fixo encol de arranxar este muro que aparte de ser un descalabro estético é un perigo constante para todos os que se acheguen ata o campo de Espiñedo. A situación segue sendo inquedante ante a falla de claridade que seguen a amosar sobor da futura obra de execución dende a propia casa do concello. O Concelleiro de Deportes, Manolo Dacal, non ten nada claro nin quén, nin cando, nin cómo se vai solucionar o problema. Deste xeito só queda agardar que non haxa que lamentar ningunha desgracia e armarse de paciencia. En canto ó proxecto de iluminación outro tanto do mesmo, uns polos outros,  a casa sen barrer e Espiñedo case que a escuras mantendo o tipo cunha iluminación de candil que nin sequera abonda para poder levar a cabo os adestramentos da semana. A todo isto, hai que subliñar que fai xa días que expiraba o famoso prazo de execución e recepción de dita obra, fixado para os primeiros días de agosto. Desgraciadamente, Espiñedo segue como estaba, nin iluminación nin arranxo do muro e a sufrida parroquia cada día máis cansa de que se lle tome o pelo.

14, Agosto 2009


Martín e Lolo Carril

Un ano máis, Lolo Carril, Director de Deportes de Cope O Carballiño, fixo entrega dos trofeos que levan o mesmo nome que o programa diario que emite esta misma emisora, "O Tirachinas". Deportivo diario que voltará á parrilla de emisión tralo descanso estival a partires do vindeiro un de setembro. Este ano os trofeos "Tirachinas" concedéronselle a Walter Martín (C.D. Arenteiro) e César Gallardo (Javiar Paz F.S.). Os trofeos recaen nos dous futbolistas, que a criterio deste programa, resultaron ser os xogadores máis destacados da comarca na pasada tempada 2008-2009 tanto en fútbol como na Liga Local de Fútbol Sala.

Méritos: Walter Martín, 25 goles. Máximo realizador da tempada na preferente autonómica do Grupo Sur e xogador con mellor valoración en doce das 38 xornadas das que contsta o campionato de liga.

Méritos: César Gallardo, 16 goles. Máximo realizador do seu equipo e xogador con mellor valoración personal na maior parte das xornadas das que consta o campionato de liga da primeira local de Fútbol Sala.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes