Deportes
Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades. Sen embargo, desta vez quen mellor definíu foi o Arenteiro. Na primeira parte, un balón de ouro de Marcos Castro sobre a frontal da área foi aproveitado por Martín, deixando atrás a defensa e cruzando o balón de forma impecable ante a saída do porteiro visitante. Na reanudación, o segundo gol cos mesmos protagonistas, galopada de Martín atá atá o fondo e centro sobre a área pequena que cabecea Marcos Castro. E aínda tería o Arenteiro algunha ocasión maís para ampliar o resultado nunha xogada persoal de Nicol, o seu tiro saíu rozando a portería. Tras esta victoria, e tendo en conta o resto dos resultados da xornada, o Arenteiro sitúase quinto na clasificación, a catro puntos dos dous postos de ascenso que agora ocupan Estradense e Choco.
Fin de semana para esquecer para os equipos máis representativos do deporte carballiñés, ambos resultaron goleados nos seus respectivos desplazamentos. O Arenteiro colleitou unha incontestable derrota por catro goles a cero na súa visita á parroquia canguesa de Aldán, onde se atopou cun Rápido Bahía moi superior desde o principio ó remate do partido, os cangueses non deron opción a un Arenteiro outra vez incapaz de crear nin xiquera unha ocasión de gol. O recén ascendido Rápido Bahía, dando unha lección de fútbol moderno, borrou do campo ós carballiñeses, que volveron estar apáticos e sen ideas do qué facer no campo. Un caos na defensa e unha parsimonia total no resto do equipo explican unha derrota que só as boas intervencións do porteiro Iván González evitaron que o resutado fora aínda máis escandaloso. O Arenteiro, que xogou a última media hora con dez pola expulsión por doble amarela de Oliveira, volveu amosar a súa pior cara desta tempada, desta vez esqueceuse incluso que non xogaba en Espiñedo.
Tampouco foron ben as cousas para o Carballiño F.S, no seu desplazamento ó lider da categoria. O Parrulo do Ferrol endosou un severo 8-2 ós carballiñeses, un excesivo castigo para o visto na cancha, e truncando así a case inmaculada marcha do equipo de Colmenero nesta competición da primeira A do fútbol sala. Malia esta derrota, o Carballiño F.S. conserva a segunda posición na táboa clasificatoria, a cinco puntos do lider.
Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada. O partido correspondia o campionato de liga na preferente, e fora aprazado no seu dia debido o elevado número de baixas por lesión e enfermidade no equipo carballiñés. Tras o patinazo do pasado domingo ante o Nogueira, poucos eran os optimistas neste desprazamento ante o líder e neste partido nocturno no que o Arenteiro demostrou que fora de Espiñedo é un equipo moi distinto. Malia que o Porriiño afrontaba o partido mermado polas baixas de cinco titulares, por lesión e expulsiós, comezou adiantandose no marcador no minuto 41 de partido, tras unha indecisón en defensa entre Michel e Tacón, e asi se chegou o descanso. Na segunda parte o Arenteiro foi quen de remonatar o partido. No minuto 48 Martín lograba o empate a pase de Oliveira, e cando xa se xogaba o tempo de desconto, no m. 94 Tacón lograba o gol da victoria tras executar unha falta directa. Tres puntos de ouro para este sorprendente Arenteiro.
En 94 minutos de partido o Arenteiro foi incapaz de tirar nin tan xiquera unha vez con perigo entre os tres paos da portería rival, e eso que enfronte tiña ó colista da categoria, o Nogueira de Ramuín, que polo visto no municipal de Espiñedo é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente. Pois este endeble rival foi capaz de tutear ó Arenteiro e, se temos en conta as ocasións que creou nos primeiros vinte minutos de partido, tampouco sería unha inxustiza que se houbese levado os tres puntos, e se non aconteceu asi foi pola candidez dos seus dianteiros e tamén, nun par de ocasións, polas excelentes intervencións do meta local Iván, acaso o único que pode salvarse do grotesto espectáculo que ofreceu este Arenteiro. Sen entrar a valorar que no equipo faltaban por lesión varios titulares, o certo é que sobre o terreo de xogo, os que sairon estiveron completamente perdidos e sen saber qué facer co balón, sen dar sensación de equipo en ningún momento. Na defensa, un coladeiro que non soubo aproveitar o Nogueira; un obtuso centro do campo e adiante un ataque romo ou practicamente inexistente, salvo dúas xogadas personais e ailladas, unha de Oliveira e outra de Martín, na que estivo a punto de soar a flauta. Foi todo o que ofreceu este paupérrimo Arenteiro que nos últimos seis partidos como local suma dous puntos, con catro derrotas e dous empates. E aínda así os máis fieis seguen achegandose a Espiñedo, eso si, unha afección tan decepccionada e fria como a tarde deste domingo 13 de decembro, festividade de Santa Lucía, a protectora da vista, á que deberiámos encomendarnos porque a este Arenteiro parece ser que a vista élle a dun "tuerto" .
Xusto reparto de puntos no campo redondelán de Santa Mariña, nunha tarde de sábado típicamente invernal, con chuvia durante todo o partido e un terreo de xogo en moi deficientes condicións para a práctica do fútbol. Con este panorama, non quedaba outra táctica que xogar ó pelotazo e eso foi o que fixeron unhos e outros que, asi e todo, puderon marcar algún gol. Para o Arenteiro, a mellor oportunidade foi para Martín, sen embargo xa nos últimos suspiros do encontro o meta Iván, nunha extraordinaria intervención, impedíu que Kennedy sentenciase o partido a favor do Choco. No Arenteiro, os mellores volveron ser Diego Soto e Iago, asi como o regreso de Nacho Currás,dando maior solvencia á liña defensiva, que despois de varias xornadas por fin consigue deixar a porteria a cero.
Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas. O equipo segue sendo incapaz de dar unha alegría á sufrida parroquia carballiñesa, e eso que desta vez o Arenteiro púxose por diante no marcador grazas a un gol de Diego Soto e atá conseguíu irse ó descanso por diante no marcador. E incluso nos primeiros vinte minutos da reaunudación, o Arenteiro foi controlando o partido, aínda que os da Estrada, moito mellor posicionados no campo, xa avisaran da súa perigosidade en varias ocasións. Sen embargo, e despois de que Martín fallase cando tivo a oportunidade de sentenciar o partido, todo se veu abaixo tras unha desgraciada xogada na que Valeiras marcou en propia meta e empatou o partido. A partir de entón, o Arenteiro desapareceu do partido e un Estradense con maior oficio aproveitou para gañar o partido con dous novos goles. Con este resultado, os da Estrada abren unha brecha de seis puntos sobre o Arenteiro, que descende atá o séptimo posto na táboa de clasificación.
A imposiblidade de reunir once xogadores, ante a avalancha de baixas na plantilla, unhos por lesión e outros por enfermidade, levou o C.D. Arenteiro a solicitar a suspensión do partido de liga que este domingo dia 22 tiña que desputar ante o líder Porriño Industrial, no campo do Lourambal de Porriño. Atá catorce baixas no parte médico das últimas horas obrigou o equipo carballiñés a solicitar ante o Porriño e a Federación Galega de Fútbol a suspensión deste encontro correspondente á 13ª xornada do campionato ligueiro, que queda pendiente de nova data para a súa desputa.
O Arenteiro xogou por vez primeira na súa historia un partido campo de futbol da Uceira, onde se enfrontou en partido de liga ó Caselas, e perdeu por 0-2. O mal estado no que se atopaba o terreo de xogo do campo de Espiñedo, onde tería que xogarse o encontro, levou a directiva do club a adoptar esta decisión na mesma mañá do domingo, e despois de comprobar a gran cantidade de auga que se acumulaba no terreo de xogo de Espiñedo, que parecía maís unha piscina que un campo de fútbol. Por este motivo, o encontro trasladouse o novo campo de herba artificial da Uceira, onde malia as fortes e continuas chuvias caídas no Carballiño durante toda a fin de semana, pudo celebrarse o partido con absoluta normalidade. O bó estado no que se atopaba o moderno terreo de xogo da Uceira sorprendeu e mesmo recolleu os eloxios dos aproximadamente 150 afeccionados que desafiando a desapacible tarde achegaronse a presenciar o encontro. A magoa, o resultado, novamente adverso para un Arenteiro empeñado en perder na casa o que gaña fora. A victoria visitante fraguouse na primeira media hora de partido, xa que o Caselas saíu máis metido no encontro ca un Arenteiro que non espabilou atá os últimos dez minutos da primeira parte. Xa na segunda metade, o partido foi practicamente un monólogo verde, con atá media ducia de ocasións fallidas ante a meta do Caselas, que conseguiría o seu segundo gol xa no minuto 90. O resultado, desta vez, pudo ser atá algo inxusto se se quere, pero tamèn é certo que o equipo que non é capaz de facer gol tampouco merece gañar un partido. En definitiva, terceira derrota nesta liga do Arenteiro, e as tres como local, que deixan os carballiñeses en terceira posicicón na clasificación, a dous puntos do Estradense, segundo calsificado, e a cinco do líder Porriño Industrial e próximo rival do Arenteiro no desplazamento do vindeiro domingo.
Un cativeiro Arenteiro, como cativeiro foi o partido, logrou traer os tres puntos para o Carballiño. Os verdes fixeron desta vez da necesidade unha virtude e malia as numerosas baixas no equipo titular, aprobeitaron as contadas ocasións e primeiro Fran, e despois Martín, e xa a once minutos para o final Diego Soto, conseguiron os tres goles para neutralizar os dous marcados polos cambadeses. Un partido gris, igual que a tarde, o visto no campo de Burgans e ante un Cambados que moito terá que traballar se quere manter a categoria. Mentres, o Arenteiro, case con un equipo de circustancias, tivo desta vez a sorte de cara e conseguíu unha victoria que lles permite os verdes seguir a estela de Porriño, o líder a catro puntos, e o Estradense, segundo clasificado do que o Arenteiro se sitúa a ún punto ocupando a terceira posición na táboa clasificatoria, e aínda a tiro deses dous primeiros postos que dan dereito ó ascenso á terceira división. Claro que se ese fose o obxetivo, este Arenteiro tén moitísimo que mellorar.
Terceiro tropezón consecutivo do Arenteiro en Espiñedo, tras a derrota ante o Barbadás e o empate có Cruceiro, chegou unha nova derrota e desta vez ademáis de forma contundente por cero a tres ante o Portonovo. O equipo das rias baixas non fixo nada do outro mundo, simplemente aprobeitar as dúas ocasións que tivo de gol, e un penalti para impoñerse desta maneira a un Arenteiro con alarmante falta de pegada, e fallón nos últimos metros. O Arenteiro atragántaselle os partidos na casa, ante unha parroquia que volveu ser numerosa pero bastante decepcionada pola evolución do equipo en Espiñedo. A verdade é que a afeccíon permanece bastante apática, e máis que animar ó equipo -apenas o fixo- censurou coas súas protestas a labor arbitral, que pudo influir decisivamente no resultado, xa que o segundo gol do Portonovo estivo precedido dun fora de xogo e antes, xa concedera un penalti ós portonovenses por unha posble falta de Jorge sobre Cebreiro, que inicialmente pitou fora da área e tras as protestas visitantes cambeou de opinión e sinalou o punto dos once metros. O árbitro principal, da delegación de Lalín, un tal Soto, mellor que se dedique a outra cousa, porque o seu non é a arbitraxe. Nefasto. Claro que unha mala arbitraxe non pode ser desculpa nunha derrota merecida pola escasa capacidade de reaccón do Arenteiro. O domingo que ven, en Cambados, a recuperar o perdido.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- seguinte ›
- última »