Deportes
O.C.D.Arenteiro, caia eliminado na Copa Deputaciòn ante o Barbadàs (2-5), nun partido no que os de Mindo voltaron a amosar tòdalas sùas limitaciòns; encaixando 2 goles nos 2 primeiros minutos de xogo.
A endeblez defensiva segue a lastrar calquer posibilidade de progresiòn e a pesares de conquerir un resultado positivo nos Carris, a escuadra verde non foi quen de plantarlle cara a un contundente Barbadàs que simplemente limitouse a aproveitar os errores da zaga local.
Noutro orde de couas, tampoco o filial carballiñès poido solventar a papeleta, caendo goledado na Queixeira a mans do Atl. Arnoia (6-2); tamèn quedaba apeado o Maside, que tralo empate sin goles, depois dos 90 minutos regulamentarios, foi doblegado na tanda de penaltis ante o Sta.Teresita.
Mellor lle foron as cousas ò Salamonde eo Atl.Barbantes; ambos seguen adiante na Copa "B" tras superar respectivamente ò Castrelo de Miño e o Coles:
Finalmente o Leiro, disputarà a sùa eliminatoria ante o Ribadabvia Atl. o dìa 26; iste encontro aprazouse debido a merecida homenaxe tributada onte, ò gran Luis Sobrino, no propio San Bartolomeu.
Despois de perder en Sanxenxo de xeito contundente (4-0), O Arenteiro recibe, iste mèrcores, a U.D.Barbadàs no partido de volta dos oitavos de fnal da Copa Deputaciòn "A", nunha eliminatoria a priori moi aberta, tralo empate (1-1) do encontro de ida.
Para iste choque, Mindo, xa podrà contar con Diego Viñas, Iago, Tractor e Rubèn, baixas na pasada xornada en Sanxenxo. Asemade, tamèn è moi posible, que debute o gardamallas luso, Pedro Velho, se a Federacìòn Portuguesa tramita a tempo o seu transfer
Ista xornada copeira, tamèn, depararà outros atractivos encontros, xa na Copa "B"- eliminatorias a partido ùnico-:
A..T Arnoia-Arenteiro "B"
Maside-Santa Teresita
Castrelo de Miño- Salamonde
A.T. Barbantes-Coles.
Todos istes envites escomenzan às 16.00 horas
Xa de cara a pròxima xornada de liga na Preferente, o Arenteiro recibe en Espiñedo o Choco de Redondela, nun partido vital a tan sò catro partidos para o remate da primeira volta e cos deberes moi lonxe de facerse.
A Xunta Directiva de C.D. Arenteiro convoca ós socios e afecionados en xeral a unha reunión informativa que terá lugar este venres dia 26 ás 8 da tarde no salón de actos da casa do concello do Carballiño. Nesta convocatoria abordaráse a delicada situación tanto deportiva como económica que vive o club, e que pode incluso desembocar na demisión do actúal Presidente Antonio Valiñas, que se dá practicamente por segura e como primeiro paso para salvar a grave crise pola que atravesa a entidade. A actúal Directiva pretende con esta reunión lanzar un SOS entre a masa social, na búsqueda de posibles solucións, e tanto para o ámbito deportivo como para o social. En canto á parte deportiva, aínda se pensa que hai tempo para salvar a categoria, unha meta que pasa pola chegada de xogadores que lle aporten o equipo ese salto de calidade e experiencia que se necesita para reconducir a situación actúal, co equipo clasificado no penúltimo posto, pero ainda con posibilidades de salvarse do descenso si se produce esa esperada reacción. No tocante o aspe´cto social, a solución pasaría pola chegada de novos directivos que se sumen o grupo actúal, e coa idea fundamental de sanear o club, aínda que sen deixar de lado o aspécto deportivo.
Ante el éxito cosechado con la celebración del campus de verano de la Fundación Celta de Vigo en O Carballiño, el citado club de futbol optó por esta villa para celebrar uno de sus campus de invierno, que se desarrollarán en el campo de A Uceira del 27 al 31 de diciembre. Con motivo de la presentación de este campus de invierno, este miércoles, 24 de noviembre, a las 19:00 horas, estarán en la villa carballiñesa los representantes de la citada fundación, acompañados por los jugadores de la primera plantilla del Celta, Yago Aspas y Trashorras. La presentación tendrá lugar en el auditorio de O Caralliño, ubicado en la avenida del Balneario, y está dirigida a niños con edades comprendidas entre los 5 y los 14 años. Todos los interesados en vivir como un jugador profesional, descubrir las facetas y detalles del fútbol que le permitan ampliar y perfeccionar sus conocimientos y vivir una gran experiencia, deberán acudir a esta cita en el auditorio carballiñés.
Trala penosa imaxe amosada polo C.D Arenteiro ante o Nigràn o pasado domingo en Condominguez, os homes de Mindo acadaron un valioso empate ante o Barbadàs no encontro xogado no Municipal dos Carrìs (1-1), na ida da eliminatoria de oitavos de final da Copa Deputaciòn.
O vixente campiòn de Copa adiantàbase no marcador no minuto 2 de xogo, aproveitando un erro da zaga carballiñesa que durante os primeiros 20 minutos non foi capaz de controlar o potencial do seu rival.
Xa na segunda metade, o Arenteiro mudou radicalmente de mentalidade, cun xogo mais sosegado e vertical, conquerindo Kennedy o tanto do empate mediada esta etapa complementaria.
A seguinta cita do cadro verde serà iste vindeiro domingo na oitava xornada de liga, cando en Espiñedo reciba a visita do co-lìder do grupo, o Ràpido Bahia da comarca pontevedresa do Morrazo
Quinta derrota consecutiva nesta liga dun Arenteiro que segue empeñado en cometer os mesmos erros, tres pérdidas de balón no centro do campo sobraronlle a un práctico Lalín para levarse os 3 puntos de Espiñedo, os dezanos incluso poideron conseguir un marcador más abultado, ó fallar David Soares un penalti e non estar fino Matelo en dúas claras ocasións ante o meta local Samuel. Se a esto unimos que o Arenteiro amosase cada domingo como un equipo moi limitado técnicamente para a categoria da preferente, o resultado non podía ser outro que unha nova derrota, ésta vez por 1-3, que mantén os carballiñeses no antepenultimo posto da clasificación, en posto directo de descenso. O equipo entregase en cada partido, pero as limitacións e a falta de oficio son considerables. Ante este panorama non queda outra máís ca reforzar con urxencia o equipo se se quere competir na categoria. De feito, durante esta semana deberíanse concretar a fichaxe de alomenos tres xogadores, un defensa, un medio-centro e un dianteiro. Ademáis, está por aclararse a situación de Kennedy, xa que este domingo o xogador nigeriano volveu chegar tarde á convocatoria, sendo reincidente, polo que Mindo non contou co seu concurso para o partido ante o Lalín.
O Arenteiro non da a talla e na súa visita o campo porriñés de Atios colleitaba a súa cuarta derrota consecutiva no actúal exercicio liguiero, e menos mal que no primeiro partido pasou por Espiñedo A Peroxa, ó que os carballiñeses gañaban por 2-0, porque senón moi probablemente o Arenteiro faría pleno de derrotas. En Atios, o equipo de Mindo ofreceu o mesmo guión que nos anteriores partidos e en tres erros de bulto -3 goles- e entregou o partido, especialmente siñificativo foi o terceiro encaiaxado cando comezaba a segunda parte, nun balón sen perigo entre o defensa Simón e o porteiro Samuel regalan o gol ós locais, de auténtica verbena. "Apaga e vámonos", asi será complicado volver gañar un partido. A partir de entón, curiosamente, víuse o mellor Arenteiro, é un decir, porque o Atios co 3-0 no marcador, xa estaba a outra cousa, e ahí foi entón cando o Arenteiro comezou a deixarse ver no campo, xa era tarde, aínda que Kennedy recortaría distancias no minuto 60 e máis tarde os carballiñeses reclamaron un penalti na área local, pero o árbitro desentendeuse e ademáis momentos despois deixaba o Arenteiro con 10 xogadores por doble amarela a Toño. A ahí morría definitivamente un partido no que podemos salvar a César e Kennedy, e pouco máis. Ou se reforza este equipo ou o Arenteiro vai en picado para a 1ª autonómica.
Terceira derrota cnsecutiva do Arenteiro nesta liga, un discreto Barbadás, eso sí, axudado pola parcialidade arbitral, que perxudicou notablemente ós carballiñeses, acaobou goleando por 3-0 no partido xogado no campo dos Carrís, que rexistrou unha aceptable entrada no graderío. O Arenteiro aguantou ben atá a recta final do primeiro tempo, cando o ex-carballiñés Martín gañaba a posición á defensa do Arenteiro e abría a senda da victoria para os locais, corria o m. 36. Un chisco despois, no m.40 o árbitro invéntase un penalti de Tractor sobre un dianteiro do Barbadás, que nin foi penalti, e además a suposta falta, se existira, foi fora da área, as protestas do adestrador Mindo motivaron a súa expulsión. Xa nas postrimerías do encontro, un xenial Outomuro cerraba a victoria local cun golazo por toda a escadra. O Arenteiro volveu poñer de manifesto as súas carencias, sobre todo en ataque, un único tiro a portería en 90 minutos foi toda a súa bagaxe ofensiva, asi é imposible poder sacar adiante un partido. Aínda se está a tempo para poñerlle remedio a esta problemática, a solución pasa evidentemente por reforzar o equipo.
Unha desfortunada xogada cando corría o m. 80 bastaríallle ó Porriño Industrial para dobregar a un correcto C.D. Arenteiro. Os de Mindo xogaron un partido serio, no que foron de máis a menos, os primerios 45 m. de claro cor carballiñes, con dúas moi boas ocasións, unha de Kennedy e outra do portugués Joao, para poder adiantarse no marcador. Xa no reinicio, sería de novo o Arenteiro o que disfrutaría da gran ocasión do encontro, o ír parar á cruceta un golpe franco executado por Kennediy. A partir de entón, o Arenteiro baixou a intensidade e o Porriño comezou a irse arriba, coincidindo cós cámbeos feitos por Mindo, que retirou do campo a Kennedy e Joao, igual que xa fixera 7 dias antes en Espiñedo ante A Peroxa, decisión bastante criticada pola afeción carballiñesa. Nese conexto, e xa co Arenteiro que asinaba o empate, chegaría o gol do Porriño nunha xogada sen aparente perigo na que o meta Samuel mide mal o bote do balón e acaba concedendo un gol que deixaría os tres puntos no Louranbal. Nos carballiñeses destacron o lateral Martín, que remataría expusado por doble amarela, e o centrocampista Juan, auténtico baluarte do equipo.
O incerto novo proxecto do C.D Arenteiro comezaba a tempada con tres puntos e o segundo posto momentáneo na clasificación, pouco máis se lle pode pedir á primeira xornada do campionato. En canto ó encontro, pouco que resaltar dun partido cativeiro xogado baixo un sol de xustiza. A victoria carballiñesa consolidábase na segunda parte cando Iago conquería o primeiro gol no minuto 67. O definitivo 2-0 sería obra do capitán Marcos Castro no minuto 81, un sobervio gol que finiquitaba un partido no que os de Mindo mandaron de principio a fin e non tiveron excesivos atrancos para doblegar a un debutante A Peroxa certamente limitado. Non moito máis sobrado está tampouco o C.D Arenteiro que terá que mellorar moito para evitar complicacións de cara a salvar a categoría, en todo caso seguimos agardando que poida chegar algunha fichaxe máis nos vindeiros días para seguir sumando.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- …
- seguinte ›
- última »