Deportes
Poucas novidades presenta este Maside F.C., que este ano regresa á primeira categoria autonómica. O Adestrador Paco Domínguez, que ascedeu ó equipo na pasada campaña, confia no mesmo grupo de xogadores, ó que se incorporan Gallardo, procedente do C.D. Arenteiro, e tamén do desaparecido Arenteiro-B chegan a Maside, Iñaqui e Varela. En canto as baixas, está a de Alex Bardelás, fichado polo Arenteiro.
O primeiro test serio do Maside xógase este sábado dia 20 ás 18,30 horas no Outeiro Grande, recibindo ó C.D. Verín da preferente, ó que se enfrontará en partido único da fase previa da Copa Deputación. Xa nas Festas do San Vitorio, o sábado 27 ás 7 da tarde, tamén no Outeiro Grande, o Maside medirá forzas en partido amigable ante o C.D. Arenteiro, có que este ano coincidirá na mesma categoria..
Perder 0-2 contra un equipo punteiro da terceira non é un mal resultado para un equipo da 1ª autonómica, claro que neste caso o resultado era o de menos. Certo é, ademáis, que o Ourense só apretou o acelerador no primeiro cuarto de partido, nese periodo conseguíu os dous goles, o primeiro deles en propia meta, e a partir de ahí o Ourense baixou o ritmo no xogo, certo é tamén que este Ourense terá moito que mellorar se quere aspirar a dar o salto de categoria, como é a súa aspiración. Polo que respecta ao Arenteiro, foi de menos a máis, e a punto de expirar a primeira parte, Iglesias tivo unha clarísima ocasión de recortar no marcador, pero o seu tiro, só ante o meta ourensano, non atopou porta. Xa na segunda metada, o Arenteiro estivo moito mellor, e tivo atá un par de novas oacisións para facer gol. O final, boas sensacións as que deixaba nas bancadas de Espiñedo este xoven Arenteiro, que ofreceu detalles certamente positivos.
O Arenteiro abre os partidiños de pretempada o venres dia 5 de agosto ás 8,30 da tarde enfrontandose no campo dos Remedios de Ourense o equipo do Pabillón, da liga nacional xuvenil. O xoves 11, no sintético da Uceira recibirá ao Sportig Celanova, e xa na víspera da festa do polbo, o sábado dia 13 en Espiñedo, presentaráse o novo Arenteiro ante o primeiro equipo do C.D. Ourense. Como queira que o equipo quedou exento da primeira ronda da copa Deputación, están aínda pendientes de confirmarse novos amigables, antes do inicio da competición de liga na 1ª autonómica, que será o dia 4 de setembro.
Desde o pasado dia 27 de xullo, un total de 20 futbolistas están adestrando baixo as ordes de Ramón Dacosta, son os seguintes:
PORTEIROS: Pachi, que procede do Ourense B e Samuel, que continua da tempada anterior.
DEFENSAS: Continuan no equipo do ano anterior, Igor e Diego Viñas. Chegan novos Marcos Sotelo ( Barbadás), Carlos Escudero (At. Vilariño), Rubén (C.D. Barco), Luis Vilachá (Verín) e Gabriel Carballeda (Pabillón, liga nacional xuvenil).
MEDIOS: César, que continua da pasada tempada. Incorporanse, Brandan ( xuvenil da EMF), Iago Canexón (xuvenil da EMF), Miguel Prada (Melias), Pana (xuvenil da EMF), Gele (Sp.Celanova), e Alex Bardelás (Maside F.C.).
DIANTEIROS: Continúa no equipo Cancelas. E chegan este ano Julio Alén (Cortegada), Fabián (xuvenil EMF), e Adrián Iglesias.
O futbolista carioca que chegara ó plantel de Espiñedo no tramo final da pasada tempada, e incialmente ía continuar formando parte do proxecto para a 1ª autonómica, xa está fora do Arenteiro. Costa Damasceno "Marconi" causou baixa por falla de entendemento tanto có adestrador como coa xunta directiva, ó entender que o xogador non se adaptaba ás esixencias do club presidido por Antonio Iglesias "Cadavid". A baixa do central brasileiro quedaba cuberta no transcurso desta semana coa fichaxe de Rubén, ex-xogador da Ponte e o Melias, que chega procedente do C.D.Barco, no que militou na pasada tempada e acadando cos valdeorreses o ascenso á preferente autonómica. Trátase dun xogador de 22 anos moi do agrado de Ramón Dacosta, tras esta fichaxe dase por cerrada a composición do plantel, cun total de 22 fichas, salvo que como recoñecia o propio adestrador "aparezca un mirlo branco, non sendo asi estou satisfeito co que temos, e creo que será suficiente para cumplir os obxetivos".
A falta da chegada dun lateral, que está aínda por concretar, o Arenteiro 2011-2012 tén xa configurado e practicamente cerrado o seu plantel. Ramón Dacosta terá as súas ordes 20 xogadores, a metade deles da Comarca do Carballiño, ós que se suman 4 futbolistas do veciño Ribeiro, que xunto ós foráneos, forman un grupo no que en opinión do Técnico "primará o compromiso colectivo, o valor do grupo por enriba das individualidades". En canto á confección final da plantilla, ademáis das xa anteriormente anunciadas incorporacións, confirmase a continuidade do brasileiro Marconi, que será unha das pezas importantes sobre as que pivotará o equipo. En canto as novas caras, chegan ó Arenteiro Miguel Prada, un interior de 23 anos que procede do Melias; Gabriel Carballeda, mediocentro de 19 anos e procedente do Pabellón da liga nacional xuvenil; Marcos Sotelo, defensa de 26 anos que xogou a pasada tempada no Barbadás de Preferente; Michel, o xoven valor carballiñés que regresa a Espiñedo tralo seu paso polo Calasancio de Monforte, có que competíu na liga nacional xuvenil; Alex Bardelás, procedente do Maside, un mediocentro de moita calidade técnica e prometedor futuro; e xa finalmente, a falta de confirmación oficial, é moi probable a fichaxe do defensa Luis Vilachá, ex-Ourense e ex-Verín. A data de inicio da pretenpada está fixada para o mércores 27 de xullo.
Vai collendo forma o novo C.D. Arenteiro, para conformar unha plantilla con garantías, e con ese obxetivo de recuperar a categoria perdida da Preferente. Ademáis da xa anunciada fichaxe do dianteiro Julio Alén, xa podemos confirmar que Ramón Dacosta poderá contar có tamén dianteiro Adrián Iglesias, que xa militara no plantel carballiñés que fai 3 anos dirixira Jacinto Barreiro, aínda que daquéla Iglesias abandoara o club ante a dura competencia con dianteiros veteranos como Fran ou Martín. Tamén se confirma a fichaxe do porteiro masidao Pache, que chega procedente do Ourense B. En canto a xogadores que continuarán, estarán Tacón, Martín, César ou Diego Viñas, e tamén conta con moitas posibilidades o brasileiro Marconi, aínda que está pendiente de confirmación. Entre os que non continuarán, están Marcos Castro -xa novo xogador do Verín- e Iago Casas, que espera ofertas de Preferente.
O bó traballo feito no equipo xuvenil da Escola Municipal que militou na liga galega, o coñecemento do fútbol provincial e o pasado recente como xogador do propio Arenteiro, foron as claves que levaron á Xunta Directiva de Antonio Iglesias "Cadavid" a elexir a Ramón Dacosta para dirixir o novo proxecto do club, que a vindeira tempada competirá na 1ª autonómica, e cun único obxetivo, o retorno pola via rápida á categoria da Preferente. Unha vez confirmada a elección de Dacosta, será él mesmo quen inicio os contactos para a confección da plantilla, que xa conta cunha primeira incorporación, a do dianteiro centro Julio Alén, que regresa dous anos despois ó Arenteiro, despois de xogar esta última tempada no Cortegada.
No capítulo social, e tras confirmarse a continuidade do equipo que preside "Cadavid", esperase sentar as bases para un ambicioso proxecto de futuro que tería o seu destino deportivo na 3ª división, esa é a meta que Cadavid se marcou, e asi o manifestou na Asemblea de Socios, na que tamén se díu conta da situación económica da entidade, que presenta un deficit de 68.000 euros.
A victoria blaugrana no Wembley Stadium desatou a euforia dos seguidores carballiñeses, concentrados no entorno do santuario culé, a "Casa Piruxo", ónde a empanada galega e o cava catalán fixeron unha perfecta maridaxe para celebrar un novo éxito do Barça. Nada máis rematar o partido que deu os culés a cuarta Copa de Europa, centos de afeccionados sairon ás ruas do Carballiño, unha boa parte deles deronse cita na sede da Peña Barcelonista liderados polo "mítico Pituxo", que repartiu abrazos e saúdos entre numerosos amigos. Un espectáculo de fogos artificiais e clásicos cánticos como os de "boti, boti, madridista el que no boti" resoaron na noite carballiñesa. A anécdota da celebración, que transcurríu sen incidentes, foi a chamada da atención dunha patrulla da Policia Local a unhos afeccionados que se dispoñían a pintar coas coores azul e grana o paso de peóns, sen embargo pouco efectiva foi a advertencia, xa que momentos despois da retirada da dotación policial, proseguiron coa súa idea, e finalmente, materializaron o seu obxetivo no medio dos aplausos da concurrencia.
Na xornada 27 do campionato, o Arenteiro consigue forzar un empate na súa visita ó Morrazo, no campo de Aldán, fronte ó equipo local do Rápido de Bahía, con resultado final de empate a un gol no marcador. O Arenteiro volveu a dar a cara neste partido, aínda que un punto non sirve para moito na crítica situación na que se atopa o equipo, no penúltimo posto da táboa clasificatoria, e con tan so 17 puntos a esta altura da competición, só un milagro salvaría o Arenteiro do descenso de categoria. Neste partido en Aldán, o empate final non fixo xustiza ós méritos do Arenteiro, que foi superior ós locais durante os 90 minutos, desaprovietando numerosas ocasións para acadar unha victoria incluso cómoda, sen embargo a falta de definicicón condenou o Arenteiro a este inxusto empate. Iago Csas marocou o gol carballiés no minuto 21, empantando os locais no 78, con gol de Hugo.
Ante o mellor equipo que pasou este ano por Espiñedo, O Nigrán, nova derrota do Arenteiro que o deixa, aínda que non matematicamente descendido, practicamente cun pé e medio na 1ª autonómica. E eso que o Arenteiro volveu comezar ben o partido, e nos primeiros 25 minutos, atá que chegou o primeiro gol visitante, controlaba e atá dominaba ó seu rival, ó que o árbitro perdonaba no minuto 3 de partido un clarísimo penalti por mans dun defensor dentro da área, sen embargo, ó árbitro non quxo velo, unha decisión que moi ben pudo cambear o rumbo do partido. Despois, e antes do descanso viñeron os dous goles do NIgrán nas dúas primeiras chegadas á porteria carballiñesa, xa na continación, un Arenteiro sen ningúnha capacidade de reacción, entregou o partido a un equipo que, xusto é recoñecelo, foi o bloque máis sólido que pasou esta tempada por Espiñedo, e xusto vencedor deste partido. Ö final, 0-3 no marcador.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- …
- seguinte ›
- última »