Deportes

25, Marzo 2012

A falta de definición dos dianteiros locais e as boas intervecións do cancerbeiro visitante condicionaron un partido que o Arenteiro debeu deixar sentenciado  no primeiro tempo, e que ao final incluso pudo perder cando A Peroxa desperdiciou no tempo de desconto a ocasión más clara das que dispuxo.durante todo o partido.

Aos 8 minutos, Gele recibe libre de marca un balón dentro da área e  coloca zurda  o balón no fondo da portería da Peroxa. Ata o final da primeira parte sucederíanse as mellores ocasións do Arenteiro para ampliar a renta no marcador, asi nos minutos 16 e 20 primeiro Alén e despois Gele protagonizan sendos remates que repelía o meta visitante, moi inspirado nesta primeira parta, con outras dúas extraordinarias intervencións aos 40 e 42 minutos, evitando goles que xa se cantaban na grada.

Tras o descanso todo cambeou e a pior, o Arenteiro -que fixera unha moi boa primeira parte- volveu ao tono gris de outras tardes e perdeu ese caudal atacante que o caracterizou durante os primeiros 45 minutos, o baixón foi aínda maior cando se tivo que retirar do campo Cancelas. E disque no fútbol quen perdoa acabao pagando, asi que a máxima cumpliuse cando no minuto 68 A Peroxa facía o seu gol nun dos dous tiros entre os tres paus durante todo o partido. Quedaba aínda tempo, de feito o Arenteiro aínda tería varias aproximacións á portería rival, pero foron eso, maís aproximacións que ocasións manifestas de gol.

Oportunidade perdida para o Arenteiro de afinazarse no segundo posto na clasificación tras a derrota do Ramirás co Covadonga. Quen non fallou foi o C.D. Allariz , que tras sumar unha nova victoria situase, igual que o Ramirás, a  2 puntos dos carballiñeses. E o próximo donningo o Arenteiro xoga no campo do líder Nogueira de Ramuín, un partido que pode resultar clave para as aspiracións carballiñesas..

18, Marzo 2012

O Arenteiro empatou en Ramirás no tempo de desconto un partido que comezou gañando e que despois chegou a ir pendendo por 3-1. Ao final, o fútbol foi xusto e os carballiñeses regresan cun valioso punto conseguido un campo moi dificil, e ante un rival directo na clasificación.

Partido emocionante para o espectador, tal como foi desenvolvendose no marcador. O Arenteiro adiantouse no marcador cun gol de Iglesias e asi rematou a primeira parte, con ventaxa carballiñesa. No primeiro periodo, e incluso nos primeiros compases da segunda o Arenteiro xogou máis e mellor que o seu rival, e incluso tivo algunha ocasión para ampliar a súa renta no marcador, pero todo cambeo tralo primeiro cuarto da segunda parte. O árbitro deixa ao Arenteiro con 10 xogadores ao expulsar con doble amarela a Prada, aos poucos minutos chegaría o gol do empate do Ramirás nunha volea sobre a portería de Pachi, éste quedase como unha estatua e o Ramirás atópase cun empate que non merecía ata eses momentos. O gol deu alas aos locais e desconcertou por completo aos carballiñeses, sobre todo en defensa, tal foi asi que en duas chegadas do Ramirás á área carballiñeses chegarían o segundo e terceiro gol do equipo local, e asi pasamos do 0-1 ao 3-1 en pleno descorcento do equipo de Dacosta.

Todo parecía perdido, e tamén que o resultado fose demasiádo premio para os locais, cando Gele acortou distancias para o Arenteiro. Os carballiñeses volvían meterse no partido e xa no tempo de desconto aparecia providencial Kennedy para empatar o partido. Xa non había tempo para máis.  

 

11, Marzo 2012

Un gol de Marcos Sotelo no minuto 90 decidiu para o Arenteiro un partido ante a S.D. Valenzá, cando xa parecía que o marcador sería inamovible, o dianteiro ourensano do Arenteiro conectou un zurdazo desde o borde da área e aínda que o porteiro visitante chegou a tocar o balón, éste foise o fondo da rede.

Asi, cun golpe de fortuna co tempo xa cumplido, o Arenteiro conseguia que os 3 puntos se quedasen en Espiñedo, algo que antes non pudera lograr durante 90 minutos de partido. Os locais volveron xogar un partido moi gris, e cando a afección -que en bó número volveo acudir a Espiñedo- se resignaba co empate do Arenteiro, polo menos de esta vez tería a súa recompensa tras outro partido no que o tedio futbolístico foi indo a máis conforme pasaban os minutos.

Unicamente a incertidume no marcador fixo que o interés da afección se mantivese ata o final. Asi e todo, si algún equipo dispuxo de oportunidades para desequilibrar o marcador foi o Arenteiro. Na primeira parte, por dúas veces, nos minutos 17 e 36, Iglesias gañaba a posición sobre a defensa da S.D. Valenzá, e nas dúas ocasións mandaba o balón fora de portería. Xa no segundo periodo, aos 5 minutos era tamén Iglesias quen cabeceaba ao segundo pau un balón que era medio gol pero o que Prada non conseguíu chegar.

4, Marzo 2012

O Arenteiro volveu desperdiciar outra oportunidade de afianzarse no segundo posto da clasificación, ao non pasar do empate sin goles no partido xogado no campo de Oira ante a A.D. Covadonga. O equipo de Eiroás, moi mermado, tan so contaba cun xogador no banquiño para posibles cámbeos, non so plantou cara aos carbaliiñeses, senón que incluso tiveron as súas ocasións para gañar o partido.

Tamén é certo que pudo facélo o Arenteiro, se aproveitase as súas oportunidades, sobre todo unha moi clara aos 30 minutos da primeira parte, tras unha boa combinación da dianteira carballiñesa, Alén puxo un balón a media altura sobrre a portería local e xa co porteiro batido, Iglesias non pudo cabecear por moi pouquiño. No segundo periodo, aos 10 minutos e ao sace dun córner, Kennedy conectou un cabezazo que se foi fora por moi  pouco. Xa no tempo de desconto Alén controlou un balón na área pero o seu disparo saíu demasiádo cruzado e foise fora. Antes, o meta Pachi evitou coa súa intervención que a A.D. Covadonga se adiantase no marcador tras unha xogada de Roberto Dacosta.

Ningún dos dous equipos foi capaz de facerse co control do partido, nin co peso do xogo, polo que o reparto de puntos pode considerarse bastante xusto. Con este resultado, o Arenteiro so logra sumar un punto, mentres que o Ramirás -tras a súa victoria ante o Maceda- situase a 1 punto do Arenteiro e amenaza a segunda posición na clasificación que sigue sendo de momento para os carballiñeses. O líder Nogueira, que tamén gañou, amplia a diferencia con respecto ao Arenteiro en 7 puntos.

26, Febreiro 2012

Unha primeira parte na que o equipo amosou unha total indolencia, e unha segunda na que os carballiñeses careceron de resolución ante a portería rival, condenaron ao Arenteiro. Os de Taboadela teñen a medida collida a este Arenteiro, se na primeira volta da liga derrotaron aos carballiñes por 3-0, hoxe volveron gañarlle en Espiñedo, desta vez 1-2.

Igual que en partidos anteriores, o Arenteiro volveu ser un equipo cun xogo deslabazado, sen un esquema de xogo definido a estas alturas da liga, e asi é complicado gañar os partidos se non tes a fortuna que sí tivo en anteriores partidos pero que lle faltou hoxe.  O primeiro periodo volveu ser un cúmulo de despropósitos por parte dos verdes, o Arenteiro exercía unha presión que en ningún momento chegou a ser efectiva, pola contra a U.P. Taboadela aprobeitaba para adiantarse no marcador cun balón á escadra da portería carballiñesa inalcanzable para Pachi. Aínda terían os visitantes unha clara oportunidade de incrementar a súa ventaxa no marcador, nun balón que Pachi regalou a un atacante visitante, pero apareceu providencial  Carlos Escudero para enviar a córner.

Na reanudación, a U.P. Taboadela seguíu plantexando o partido ao contragolpe, mentres os carballiñeses trataban de asediar a portería visitante, non obstante sería a U.P. Taboadela quen conseguía marcar o 0-2 noutro bonito gol do seu dianteiro Camba. O Arenteiro lograba meterse no partido a 10 minutos do final ao cabecear Alén un centro desde a dereita, no tramo final o Arenteiro seguíu a intentalo, pero unhas veces a ansiedade dos xogadores locais e nun par de ocasións as intervencións do meta visitante, condenaron aos carballiñeses a unha derrota que é un paso atrás na súa loita pola ascenso.

 

19, Febreiro 2012

O Arenteiro sigue rentabilizando ao máximo os goles de Iglesias, que marcou aos 11 minutos o único que subíu ao marcador no partido do domingo de antroido desputado en espiñedo fronte ao Melias.

O dianteiro do Arenteiro aprobeitou un fallo da defensa do Melias, Iglesias adiantouse os defensores visitantes e ante a salida do meta Aarón conectou unha volea que enviou o balón ao fondo da portería. Nesta primeira parte hai que anotar outra oportunidade para os locais de ampliar o marcador ao seu favor cando Kennedy burlou á defensa visitante dentro do área e o seu tiro a media altura foi respondido cunha extraordinaria intervención polo meta visitante.

No segundo periodo, o partido, continuou bastante equilibrado. Aos 23 minutos o árbitrou deixou de sinalar un penalti sobre o carballiñés César, e aos 35 minutos o éx- xogador do Arenteiro agora no Melias, Oliveira, mandou un trallazo desde fora do área que petou no longueiro da portería defendia por Pachi.

Nova victoria dos carballiñeses, que siguen sumando de 3 en 3 puntos, aínda que o equipo sigue xogando moi agarrotado, e sacando adiante os partidos con moitas dificultades, conta con bós e incluso moi bós xogadores para esta categoria da 1ª autonómica, pero o equipo non acaba de entonarse en canto ao xogo que ofrece domingo tras domingo. Ante o Melias, máis do mesmo, o mellor o resultado.

12, Febreiro 2012

Un regalo en forma de autogol dos macedanos cando aínda se xogaban os primeiros minutos encarrilou a favor dos carballiñeses un partido que sentenciaría despois Alén logrando o segundo e defintivo gol do Arenteiro.

Partido con moi pouca historia, paupérrimo de fútbol, o que se viu no campo do Cardenal Quiroga de Maceda, cun terreo de xogo de terra, no que o Arenteiro cumplíu o trámite, sumar 3 puntos ante o vicecolista da categoria. A victoria do Arenteiro fraguouse nos primeiros minutos de partido, cando os carballiñeses asediaron a portería local e conseguiron unha renta no marcador que sería suficiente para gañar o partido. A partir de ahí, o resto practicamente sobrou, o Arenteiro limitouse a a ver como pasaban os minutos atá o pitido final, sen pasar por ningún tipo de apuro, xa que os locais eran incapaces de achegarse con perigo á área carballiñesa.

Cos 3 puntos desta tarde ante o C.D. Maceda, o Arenteiro afianzase no segundo posto da clasificación, aínda que non logra abrir brecha có terceiro clasificado, o Ramirás, que goleou a domicilio ao Monterrei por 0-5. Non obstante, trala derrota do Nogueira de Ramuín en Barbadás, os carballiñeses consiguen recortar a ventaxa do líder, que queda agora a 4 puntos na clasificación da 1ª autonómica.

 

6, Febreiro 2012

O concello do Carballiño, a través da  Concellaría de Deportes ven de felicitar ao deportista Florindo González, que acaba de finalizar este pasado fin de semana un dobre Ironman na illa de Lanzarote, chegando á meta en 6ª posición, e como segundo mellor español. Esta dura proba consistía en 7,6 quilómetros nadando, 360 quilómetros en bicicleta e 84 a pé.
O carballiñés Florindo González foi dos poucos galegos en atreverse cunha proba tan dura, que require unha gran concentración, forza de vontade e preparación física, para poder simplemente finalizala, canto máis para rematar entre os 6 primeiros. Por este esforzo, por levar ataterras canarias o nome do Carballiño, e por facer gala dun espírito deportivo admirable, o edil de Deportes Rodrigo González Hermida felicitaba públicamente a ese deportista carballiñés.

5, Febreiro 2012

O Arenteiro volve ocupar postos de ascenso despoiis de vencer 2-1 en Espiñedo ao Polígono San Cibrao e aproveitarse da derrota do Ramirás ante o Allariz, desta maneira os carballiñeses recuperan o segundo posto na clasificación a 7 puntos do líder Nogueira de Ramuín, que non fallou e venceu no seu partido ante a Ponte Ourense.

O Arenteiro, aliado co factor sorte, pudo sumar os 3 puntos ante o Poligono San Cibrao que enviou por dúas veces o balón ao traveseiro da portería carballiñesa, defendida nesta ocasión por Pachy. A sorte estivo de parte dos carballiñeses, e por dúas veces o longueiro repelou o balón, a última a 5 minutos do final cando o Poligono máis estaba apretando.

Os goles locais foron obra de Kennedy, que dun trallazo desde fora da área adiantou ao Arenteiro nos primeiros compases do partido, e o segundo obra de Marcos Sotelo ao transnformar un golpe franco sobre a portería visitante cando se consumía a media hora de partido. Antes, o Polígono empataría provisionalmente ao aproveitar un saque de esquina que colleu a defensa do Arenteiro dormida.

O Arenteiro xogou a maior parte do partido con 10 xogadores por expulsión de Iglesias, ao que o árbitro ensinou a vermella directa á instancias do línea, supostamente despóis de que o dianteiro recriminase a un defensor do Polígono unha fea entrada, que foi sancionada con falta pero que nin xiquera mereceu a amonestación do árbitro do encontro. Xa no tempo de desconto expulsaría a un xogador visitante. Non aplicou o mesmo criterio nas faltas para os dous equipos, favorecendo as máis das veces ao equipo visitante.

O Arenteiro volveu xogar outro cativeiro partido, certo é que gran parte do encontro xogou con 10, pero certo é tamén que un equipo que conta cun grupo de  bós xogadores tén que dar moito máis de sí. O Arenteiro sigue carecendo de patrón de xogo, e con inmensas lagoas no centro do campo, practicamente inexistente. Asi é moi dificil que o equipo funcione.

3, Febreiro 2012

A área de Deportes do concello do Carballiño invita a todos os afeccionados ao futbol sala ás semifinais e a final do campionato de seleccións locais bases, que terá lugar o domingo 5 de febreiro. A esta fase final acoden un total de 16 seleccións nas categorías de Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete, representando a 10 das 12 localidades que disputaron a primeira fase, a saber: A Mariña Lucense, Lugo Sur, Ferrol, A Coruña, Cambre, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense, quedando ausentes Lambre-Mandeo e Deza.

A competición celebrarase o domingo, en xornada de mañá para disputar as semifinais, e xa pola tarde xogaranse as finais.

Os encontros xogaranse nos polideportivos de Cea e O Carballiño, no caso deste nas dúas pistas do Paco Chao.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes