Deportes

3, Xullo 2012

As últimas incorporacións que se suman ás xa anunciadas con anterioridade son as de Borja Lorenzo "Tazos", Roberto Dacosta e a renovación de Kennedy, que fora inicialmente descartado.

"Tazos" procede do Ourense B, ainda que este mesmo ano xogou varios partidos co primeiro equipo do C.D. Ourense, xoga de lateral e ten 22 anos. Tamén se confirma a continuidade de Kennedy, que chegou na súa segunda etapa ao Arenteiro mediada a pasada tempada.

Roberto Dacosta chega ao Arenteiro para reforzar a zona de creación do equipo, procedente da A.D. Covadonga da 1ª autonómica, aínda que anteriormente militara en categorias superiores co Ponte Ourense, e mesmo co C.D. Ourense en 3ª división, ten 31 anos.

A DÉBEDA DO CLUB REDUCESE EN 18.000 EUROS

Cerrada a contabilidade do último exercicio, o club que dirixe José Antonio "Cadavid" logrou reducir a débeda en 18.000 euros, polo que a débeda actúal queda en 53.000 euros, según os datos facilitados desde o propio club.

Xa cara a vindeira tempada, os carnés de socio terán un prezo de 80 euros para homes e 40 euros para mulleres. O orzamento previsto para a tempada 2012-2013 rondará os 120.000 euros, esperando que a xestión económica permita seguir rebaixando a débeda actúal.

3, Xullo 2012

O Carballiño contará no próximo curso futbolístico con dous novos equipos en competición federada. O Arcos F.C. e o Sporting Casino militarán na vindeira tempada na 3ª autonómica.

No caso do Arcos F.C. trátase dun regreso ás competicións, nas que xa participou atá chegar á 2ª autonómica, e chegando incluso a ser ún dos equipos punteiros da segunda categoria provincial. En canto ao Sporting Casino Carballiño, o mesmo tomará parte en competición federada por vez primeira, e nace ao amparo do Casino Cultural do Carballiño, como unha nova alternativa deportiva impulsada desde a propia entidade.

25, Xuño 2012

Os catro primeiros xogadores en asinar a súa ficha para a tempada que ven na preferente son David Soares, Cristian Dacosta, Xurxo Bouzo e Iago Garrigo.

Son os catro primeiros, e nos próximos dias chegarán máis. David Soares -dianteiro centro- de 28 anos de idade, procede do C.D. Lalín, equipo do que foi ún dos seus máximos goleadores nas últimas tempadas. Tamén é dianteiro Cristian Dacosta, que xogou esta pasada tempada no Ourense B, e que agora estará ás órdes do seu primo e adestrador do C.D. Arenteiro, Ramón Dacosta.

Regresan ó Carballiño Xurxo e Iago, defensa e medio centro, que xa xogaron no Arenteiro de fai dúas tempadas en preferente. Ambos estiveron este ano ligados ao Sp. Celanova.

En canto a baixas, están xa confirmadas as de Gele, Viñas, Vilachá, Kennedy e César. Esta relación de baixas aínda está pendiente de cerrarse, toda vez que o club quere manter a varios xogadores da tempada pasada, ainda que negocia con eles unha posible cesión a equipos da comarca.

 

11, Xuño 2012

Asi o confirmou a esta emisora de radio o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid", o técnico ourensano que ascendeu ao equipo á preferente continuará ao fronte do C.D.Arenteiro para a tempada 2012-2013.

Ramón Dacosta e o Presidente cerraron a pasada semana o acordo. Agora, traballase xa na confección do plantel, unha vez que tanto o técnico como Presidente coinciden na necesidade de reforzar o grupo para acadar un equipo de garantías cara o ano que ven.

Aínda que non quixo apuntar nomes concretos, Antonio Iglesias "Cadavid" avanzou que "vai continuar arredor do 60% da plantilla que tivemos este ano, asi que podemos decir que non continuará o 40% restante". Tampouco quixo o Presdiente adiantar nada sobre posibles fichaxes aínda que sí aclarou "que calquera reforzo que chegue este ano deberá ser de xente contrastada, que xunto o que xa temos, pensamos que farán un equipos de garantias, para non pasar apuros, e sen descartar metas máis ambiciosas se a temporada vai ben".

Eses posibles "reforzos contrastados" apuntados polo Presidente poderían chegar desde Lalín e Ourense, de feito existen contactos con varios xogadores que esta pasada tempada militaron na 3ª división, e que poderían vestir de verde no próximo curso futbolístico, de materializarse estas negociacións.

Xa no aspecto social, "Cadavid" espera poder chegar aos 500 socios para a próxima tempada. Tamén confirmou a ampliación da xunta directiva "na que causarán baixa algunhas persoas que viñan manifestandome que estaban algo cansadas".

Finalmente, o Presidente do C.D. Arenteiro avanzou que todos os socios terán a súa disposición o balance económico do club, que "arrastra un deficit de 70.000 euros, que puxemos os directivos, porque a dia de hoxe o club ten saldadas todas as débedas, non se lle debe un euro a ninguén".

13, Maio 2012

Un ano despois os carballiñeses regresan á preferente pola porta grande, tras proclamarse campións da 1ª autonómica. Fixeróno tras impoñerser no derradeiro partido de liga xogado ante o Barbadás-B no campo municipal de Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada, con máis de 700 persoas no graderio nunha tarde de calor, o partido xogouse cunha temperatura de 30 graos.

Tres goles na primeira parte certificaron o ascenso do Arenteiro, que desde o minuto ún de paritdo amosouse moi superior ao seu rival, que apenas aguantou o arreón do Arenteiro nos minutos inicias. Inaugurou o marcador o capitán Takón ao cabecear impecablemente un balón medido que lle enviou Kennedy. O segundo gol chegou por medio dunha xenialidade de Cancelas dentro da área, tras dous sutíles regates o dianteiro carballiñés cruzou o balón inalcanzable para o gardameta visitante. Un chisco antes do descanso, unha brillante xogada persoal de Marcos Sotelo deixaba o partido visto para sentencia.

A segunda parte pudo sobrar, aínda que aos 47 minutos un mal entendemento da defensa do Arenteiro parecía dar vida a un moribumdo Barbadás, non obstante o gol visitante non fixo perigar en ningún momento o resultado, cun Arenteiro que -igual que o Barbadás- acusou o esforzo e a excesiva calor, e baixou bastante no seu rendemento. Asi e todo, aínda dispuxeron os locais de dúas magníficas oportunidades para ampliar a súa ventaxa no marcador

3 puntos que fan do Arenteiro campión de liga no grupo 3º da 1ª autonómica e certifican o seu ascenso á categoria superior, a preferente, na que o Arenteiro militará na tempada vindeira. 

Ao final, ledicia nos moitos seguidores do Arenteiro, e celebración con champán entre xogadores, técnicos e directivos. A vindeira tempada, espera a preferente. 

A celebración polo ascenso do C.D.Arenteiro trasladouse á Casa do Concello do Carballiño, onde a plantilla de xogadores, corpo técnico e directiva, foron obxeto dunha recepción no salón de actos por parte do Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes, que felicitou ao club polo ascenso de categoria e desexoulles os maiores éxitos para o futuro. Tamén tomaron a palabra o adestrador Ramón Dacosta, o capitán Takón, e o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid", que agradeceron os apoios recibidos.

 

 

 

6, Maio 2012

A punto estivo de complicarse a vida o Arenteiro no partido matinal xogado no campo de Oira, e que xa gañaban os carballiñeses ao descanso por 0-2. Non obstante, as xogadas a balón parado deron vida aos locais que, aínda xogando a maior parte do partido en inferioridade numérica, chegaron a empatar a 3 goles.

Prada adiantou aos carballiñeses ao aproveitar un rexeitamento do porteiro local cando se completaba o primeiro cuarto de partido. Á media hora, o árbitro -que estivo rematadamente mal durante todo o partido perxudicando por igual a ambos equipos-  deixou aos locais con 10 xogadores. Curiosamente, a expulsión expoleou ao Ponte Ourense, atá ese momento superado polo Arenteiro, que curiosamente malia quedarse con superioridade numérica no campo, comezou a ceder terreo en favor dos locais.

Xa a piques de rematar a primeira parte, claro penalti sobre o dianteiro carballiñés Cancelas, que transformaría Igleisas.  Outro penalti, esta vez na área do Arenteiro, e dúas xogadas a balón parado  farían cambiar o rumbo do partido . Sen embargo, o Arenteiro  volvería ampliar o resultado ao seu favor co saque dun corner que Iglesias cabecea ao fondo da portería local. E apenas en 10 minutos, o Ponte Ourense empataba o partido. Ambas xogadas foron calcadas, falta do Arenteiro preto da área grande, e por duas veces balón que salva a barreira carballiñesa e cólase polo pau que cubría o porteiro Samuel.

Quedaba aínda moito partido e cando o nerviosismo parecía apoderarse dos carballiñeses, afortunadamente aparecía Pana en misión ofensiva, conectaba un zurdazo que siñificaría o gol da victoria para o Arenteiro. O marcador xa non se movería aínda que algunha ocasión máis terían os carballiñeses paa ampliar a súa renda.

3 puntos de ouro para o Arenteiro que chegan líder á última xornada ante o Barbadás B, con posiblidades de proclamarse campión e conseguir o ascenso á preferente.

 

29, Abril 2012

Plácido partido do Arenteiro, que dominou de principio a fin, cómodo triunfo dos carballiñeses que neste sprint final da liga dan un paso adiante para lograr o ascenso, mentres que para os masidaos a derrota en Espiñedo complica as súas aspiracións para manterse na categoria.

Lonxe dos clásicos partidos de rivalidade Arenteiro-Maside, nos que case sempre dominaba a igualdade, nesta ocasión o Arenteiro foi amo e señor no terreo de xogo, froito da superioridade física e táctica que demostraron os carballiñeses.

Aos 5 minutos de partido chegaba o primeiro gol do Arenteiro, ao aproveitarse Iglesias dun rexeitamento do porteiro visitante, que non foi capaz de atrapar o balón e propiciou que o dianteiro carballiñés se aproveitase da circustancia. Aos 36 minutos, outra vez Iglesias, recibe un balón ante a pasividade da defensa masidá e envia mansamente ao fondo da portería. Unhos minutos antes o árbitro anulou un gol ao Maside por fora de xogo. O terceiro gol do Arenteiro chegou no minuto 38 de partido, tras unha gran xogada persoal de Cancelas pola dereita que envia a Kennedy e éste marca a placer no segundo pau.

Na reaunudación, no minuto 48 de partido,  lograba o seu gol o Maside, que parecía meterse asi no partido. Non obstante, resultou ser un espellismo porque aos 53 minutos Kennedy cun tiro raso desde o borde da área poñía o 4-1 no marcador, resultado que xa sería definitivo, aínda que o Arenteiro tería varias ocasións no resto do partido para incrementar a súa ventaxa.

Tras esta victoria ante o Maside e a derrota do Nogueira de Ramuín en Ramirás, o Arenteiro aupase ao liderato da clasificación a tan so dous partidos para rematar o campionato. Eso si, Covadonga e Allariz non aflouxan e resolveron ao seu favor os seus respectivos partidos, asi que igual que o Nogueira de Ramuín situanse os tres equipos a 2 puntos do Arenteiro, que ten por diante duas auténticas finais, a primeira a vindeira fin de semana en Oira ante a Ponte e no derradeiro partido de liga en Espiñedo ante o Barbadás B.

22, Abril 2012

Os carballiñeses resolveron sen problemas a súa vistia ao campo do colista da categoria, e con goles de Iglesias, Tacón e Cancelas conseguiron unha victoria vital cara o obxetivo do ascenso de categoria.

O partido puxose moi pronto de cara para o Arenteiro, malia que as primeiras xogadas  de perigo foron ante a portería carballiñesa, logo chegaría o primeiro gol para os verdes. Foi nunha xogada de Kenndy que tras irse pola banda de dous contrarios puxo o balón á area pequena, alí tras dous rexeitamentos Iglesias conseguía enviar ao fondo da rede. E tampouco tardou en chegar o segundo gol carballiñés, no minuto 20 de partido, Tacón engancha desde preto da área unha volea sen que o balón tocase no solo, logrando un bonito gol.

Apenas comezar a segunda parte, outra xogada de Kennedy pola banda esquerda  da portería do AT. Vilariño,  o seu centro é rematado no segundo pau por Cancelas, subindo o 0-3 ano marcador do campo do Medo. No minuto 24 desta segunda parte marcaba o seu gol o AT. Vilariño. Despois, os locais aínda enviarían un balón ao longueiro da porteria defendida por Pachi, aínda que en ningún momento a victoria carballiñesa correu perigo. Kennedy e Bardelás tiveron inmellorables ocasións de ampliar a renta carballiñesa no marcador, pero fallaron ante a portería local.

Partido entretido e xogado con bastante intensidade por ambos equipos, sobre todo na primeira parte. Con esta nova victoria, o C.D. Arenteiro suma 3 puntos que o manteñen na segunda posición da clasficicación, agora a un so punto do líder Nogueira que non pasou do empate coa Velenzá. Non obstante, as victorias de Covadonga  e Allariz, que saldaron con éxito os seus respectivos partidos, obrigan ao Arenteiro a non fallar nos próximos partidos,  o máis inmediato, o domingo que ven en Espiñedo ante o Maside.

15, Abril 2012

O mellor do partido foi o resultado favorable, que de novo sitúa ao Arenteiro na senda das victorias, un gol en cada periodo que dan aos carballiñeses 3 puntos vitais na loita polo ascenso.

E cando decimos que o mellor ante o C.D.Velle foi o 2-0, tamén estamos concluindo que o Arenteiro volveu  a xogar un partido moi gris ante a súa afección, que en bó número volveu acudir a Espiñedo nunha tarde de ambiente invernal, cunha temperatura de apenas 7 graos.

A media hora de partido, e tras varios rexeitamentos sobre a portaría do C.D. Velle, Cancelas acertou a enviar o balón dentro da portería, abrindo o camiño da victoria carballiñesa, nunha primeira parte dominada polos carballiñeses aínda que sin grandes agobios para o porteiro visitante.

No segundo periodo o C.D. Velle foise para arriba en búsqueda do empate, dominando o partido, e cando mellor estaban xogando e máis dificultades tiña o Arenteiro para sacudirse do dominio visitante, chegaría o segundo local por medio de Iglesias, tras unha xogada na que o banquiño e os xogadores do C.D. Velle reclamaron ao árbitro que non pitase unha falta anterior, a xogada continuou e Iglesias colou o balón ao fondo da portería visitante cando xa transcorría o minuto 65 de partido.

Con esta victoria, os carballiñeses conservan a 2ª posición na táboa clasificatoria, aínda que por detrás a tan só 2 puntos Covadonga e Allariz siguen metendo presión, tras as súas respectivas victorias nesta xornada, mentres que o líder Nogueira -que perdeu precisamente có Covadonga- queda agora a 3 puntos dos carballiñeses.

1, Abril 2012

Nogueira de Ramuín e Arenteiro volveron repetir o resultado da primeira volta, en 180 minutos de xogo non foron capaces de marcar un gol válido. E incidimos no de válido porque o Arenteiro sí conseguíu esta tarde marcar un gol no minuto 80 de partido por medio de Alén, pero o árbitrou anulouno por suposto fora de xogo, privando ao Arenteiro dunha probable victoria.

O Arenteiro levou desde o principio o peso do partido, a disposición táctica dos carballiñeses desquiciou ao Nogueira, a pesar de comezar o partido os carballiñeses atá con 5 ausencias de xogadores habituais no equipo titular: César, Pablo, e Iglesias que non podían estar, e Marcos Sotelo e Alén no banquiño. Asi e todo, o Arenteiro fixo hoxe unha demostración de poderío físico, de ambición e de estilo, e só a falta de pegada -outra semana máis- condenou ao Arenteiro a un empate que, visto o visto no campo, sabe a pouco, se algún equipo mereceu gañar hoxe no campo da Tella foi o Arenteiro. O Nogueira tan só inquietou en dúas ocasións ao final da primeira parte.

Terceiro empate consecutivo do Arenteiro, 3 puntos de 9 posibles na últimas tres xornadas, fan que os carballiñeses cheguen á recta final do campionato sen apenas marxe de erro. Tralo empate no campo do líder, conserva a 2ª posición na clasificación, a tan só 2 puntos de Covadonga e Allariz, e a 3 do Ramirás.

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes