Deportes

27, Novembro 2011

Máis do mesmo, un Arenteiro na súa liña dos últimos partidos, incapaz de marcar un gol en 270 minutos, tampoouco hoxe no campo de Santa Marta de Velle o equipo de Dacosta ofreceu síntomas de melloría, volveu a amosarse como un equipo sen recursos e totalmente inoperante. Non é capaz de crear ocasións de gol e as poucas que fai en cada partido non acerta a resolvelas, no de hoxe apenas anotamos dúas xogadas de perigo dos carballiñeses, cando estaba a punto de rematar a primeira parte un balón que se cola polo medio da defensa local non é aproveitado por Alén, no ún contra ún, o meta local logra interceptar o balón. A outra única ocasión do partido na que o Arenteiro creou perigo foi xa na segunda parte, cando Cancelas rematou de cabeza un balón que o porteiro local Jacobo enviou a corner. Pola contra, o Velle soubo aproveitar moi ben as súas ocasións e tranformalas en goles, todas elas no segundo periodo do partido, xa que atá o descanso o xogo foi unha sucesión de imprecisións por ambos equipos sen apenas aproximacións de perigo ás dúas porterias.

Foi entón na reaunudación, aos 5 minutos, cando o Velle inaugubaba o marcador nunha xogada a balón parado, ao saque dunha falta, coa defensa do Arenteiro dormida, que deixa libre de marca ao dianteiro do Velle, que remata a placer. Os locais ampliaban a súa renda no marcador á media hora desta segunda parte, ao tranformar un penalti, e xa cando se entraba en tempo de desconto chegaría o terceiro gol do Velle, nun tiro desde fora da área que sorprendeu por completo a Samuel.

Có de hoxe en Velle, son xa 3 os partidos que suma o Arenteiro sen marcar un gol, se ademáis de esta inoperancia da dianteira verde, sumamos os despistes defensivos, como o que propicia o primeiro gol dos locais, e ademáis as evidentes carencias e desaxustes no medio do campo, é fácil concluir que asi é moi dificil gañar un partido. O Arenteiro é un querer e non poder partido tras partido, sen dar síntomas de melloria, aínda que o 3-0 de esta tarde acaso sexa un castigo excesivo para o visto no campo de herba artificial da parroquia de Santa Marta de Velle. Ou se endereza o rumbo ou a este Arenteiro se lle vai complicar e moito o ascenso de categoria, e éste e non outro é o único obxetivo de este equipo, o non logralo sería un fracaso. E visto o visto o equipo aumenta as dúbidas conforme vai avanzando a competición.

26, Novembro 2011

As verificacións técnicas levanse a cabo na tarde do sábado, aínda que será xa o domingo 27 pola mañá cando se celebre esta espectácular proba motorística de Cross Country.

A carreira está prevista a partir das 11,30 horas e as 14,30 horas será a entrega de premios. A competición será puntuable para o campionato de España de modalidade. A Actividade chega ao Irixo por medio da colaboración que o Concello da localidade mantén có "Moto-Club Móvete na moto", serán 3 horas de puro espectáculo motorístico na matinal deste derradeiro domingo de novembro.

19, Novembro 2011

E con ésta son xa catro as  xornadas consecutivas que levan os carballiñeses sen gañar un partido.  O Arenteiro sigue deixando moitas dúbidas, e ante o Nogueira volveu a repetir erros de anteriores partidos, parece que mellora en defensa, pero sigue con moitos problemas no centro do campo e no ataque, onde tanto Alén -que tivo que abandoar o campo lesionado e deixou o equipo con 10 nos últimos minutos - como Iglesias, que tan só xogou a última media hora de partido, non parecen estar no seu mellor momento. 

 Sen embargo, a alarmante falta de gol de este Arenteiro tamén tén seguramente outras causas, que pasan por un centro do campo que da escasas asistencias aos dianteiros, e asi é moi complicado marcar goles. En todo o partido, o Arenteiro dispuxo dunha única e clara ocasión fallida de gol, foi no minuto 35 da segunda metade, un balón metido polo centro sobre Alén, éste salva a saída do porteiro índose cara a dereita pero o seu tiro vaise fora de portería. A outra única vez en toda a tarde na que o Arenteiro pudo adiantarse no marcador foi no minuto 26 do primeiro periodo, nun magnifico tiro desde fora da área de Marcos Sotelo que se foi o longueiro. Esta foi toda a pólvora dos carballiñeses no partido.  Enfronte tivo a un Nogueira que chegaba e saíu de Espiñedo como líder da categoria, tampouco é que fixera máis que o Arenteiro, creou outro par de ocasións de perigo e para de contar, bastoulle estar ben plantado en defensa para levarse un punto e seguir comandando a clasificación.

  E pouco máis deu de sí un partido xogado no día de reflexión previo á xornada dominical de votaciós, tamén este Arenteiro debería flexionar un chisco sobre qué obxetivos quere para esta liga, porque desde logo facer 3 puntos de 12 posibles nos 4 últimos partidos non parece que sexa ir polo mellor camiño.

13, Novembro 2011

Nin A Peroxa nin  Arenteiro conseguiron marcar, asi que empate a cero goles, e tamén empate en canto a ocasións, as máis claras chegaron na segunda parte en ambas porterias, pero tanto o gardameta local Rubén como o carballiñés Pachy resolveron ben as situacións comprometidas que se lle presentaron.

En consecuencia, o reparto de puntos pode considerarse un resultado xusto. Con este marcador, o Arenteiro sigue fora de postos de ascenso, e ademáis acumula xa 3 xornadas sen conseguir a victoria, con dous empates e unha derrota nos 3 últimos partidos, e tan só dous puntos, unha bagaxe moi pobre para un equipo coas máximas aspiracións nesta liga e cun único obxetivo, como é o ascenso á preferente.

RESULTADOS DA XORNADA

J11 UD Barbadas B 2 - 2 CD Allariz
J11 Ponte Ourense SAD 2 - 1 CF Monterrey
J11 Maside CF 3 - 2 CF Cortegada
J11 AT Villarino 1 - 2 Poligono San Ciprian
J11 CD Velle 4 - 1 CD Maceda
J11 SD Nogueira Ramuin 3 - 2 SD Melias
J11 A Peroxa CF 0 - 0 CD Arenteiro
J11 CD Ramiranes 2 - 4 AD Covadonga
J11 UP Taboadela 1 - 1 SD Valenza

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 SD Nogueira Ramuin 24 11 7 3 1 22 12
2 UP Taboadela 21 11 6 3 2 19 11
3 CD Arenteiro 21 11 6 3 2 17 9
4 CD Velle 21 11 6 3 2 21 16
5 CD Ramiranes 20 11 6 2 3 20 14
6 CD Allariz 19 11 5 4 2 20 12
7 AD Covadonga 19 11 6 1 4 27 21
8 A Peroxa CF 18 11 5 3 3 18 11
9 Ponte Ourense SAD 18 11 5 3 3 15 13
10 SD Valenza 17 11 4 5 2 12 7
11 CF Monterrey 14 11 4 2 5 18 25
12 Poligono San Ciprian 13 11 3 4 4 13 13
13 UD Barbadas B 11 11 3 2 6 11 17
14 SD Melias 10 11 2 4 5 12 12
15 Maside CF 9 11 2 3 6 13 24
16 AT Villarino 8 11 2 2 7 13 22
17 CF Cortegada 5 11 1 2 8 12 25
18 CD Maceda 3 11 0 3 8 9 28
8, Novembro 2011

No mesmo escenario no que Manolo foi xogador e adestrador, na "Pista Roxa" do Carballiño, tivo lugar este emotivo acto que consistíu na entrega ao homeaxeado dunha placa e unha camiseta do Club Ourense Baloncesto, por parte do actúal Presidente do COB, Jorge Bermello.  Ademáis, tamén estiveron presentes numerosos ex-xogadores e compañeiros das disntintas etapas que tivo o Club Baloncesto Carballiño, do que Manolo Celta foi sempre o seu alma-mater, con él ascendeu o baloncesto carballiñés as suas cotas máis altas, chegando a competir un par de temporadas en liga EBA. A falta de apoios e axudas, sobre todo por parte das institucións, como o Concello do Carballiño, levou a desaparición do club. Sen embargo, a este acto no que se recoñeceu a labor de tantos anos de Manolo Celta, acudíu unha representación política da Corporación do Carballiño encabezada polo seu Alcalde Argimiro Marnotes.

6, Novembro 2011

O Ramirás chegou a Espiñedo co propósito de gañar o encontro e conseguíuno, cun plantexamento do partido moi valente, o Ramirás sacou a relucir as carencias que sigue amosando nesta liga o Arenteiro. Nin indo por diante no marcador os de Ramirás se botaron atrás, pola contra, seguiron practicando a súa proposta de fútbol ofensivo, e consegurion o seu obxetivo, levarse os 3 puntos en xogo.

 No primeiro minuto de partido xa se adiantaban no marcador os visitantes, aínda que logo chegaría a resposta do Arenteiro cunha combinación -das poucas desta primeira parte- que nacía nas botas de Canexón e culminaba dentro da área Marcos Sotelo, cumpliase o minuto 8 de partido, e parecía que o Arenteiro logo se faría co mando do encontro. Nada máis lonxe da realidade, porque apenas 7 minutos tardaría o Ramirás en volver situarse por diante no marcador, faciao por medio dun zurdazo que o seu lateral lanzaba desde as inmediacións da área que se colaba na portería carballiñesa. Aínda había moito partido por diante, pero o marcador sería xa inamovible. Durante toda esta primeira parte o Ramirás xogou máis e mellor, estivo moi ben posicionado no campo e xogando sen ningún tipo de complexo, multiplicando os seus efectivos cada vez que atacaban e replegando moi ben as súas liñas cando trataban de facélo os locais. Mentres, o Arenteiro era incapaz de aproximarse con perigo á portería visitante, o seu  recurso era enviar balóns aéreos a Iglesias, que pouco podía facer en solitario. 

 Xa no inicio do segundo periodo, os carballiñeses tiveron unha boa ocasión de empatar, pero o remate de Iglesias saíuse fora. Tras unhos minutos iniciais nos que parecía que o Arenteiro ía polo partido, o xogo volveu nivelarse atá o tramo final, cando o Arenteiro volveu apretar, con duas boas oportunidades que Marcos Sotelo e Iglesias non souberon aproveitar. Tralo pinchazo desta tarde, o Arenteiro perde fuelle nesta liga, e tras sumar unicamente un punto nos dous últimos partidos, situase fora de postos de ascenso.

29, Outubro 2011

O Arenteiro volveu ofrecer fora de Espiñedo a súa pior versión nesta liga, igual que 15 dias atrás en Taboadela, os carballiñeses volveron xogar un lamentable partido, desta vez no campo dos Carrís, ante a S.D. Valenzá. A diferencia entre aquél e este partdo foi que de esta vez o Arenteiro contou coa sorte ao seu favor, e tamén porque os locais fallaron varias ocasións de gol, ún par delas  moi claras, unha delas a porteria valeira, e outra como consecuencia dunha falta lanzada sobre a área carballiñesa, atá 3 dianteiros da S.D.Valenzá viron pasar por diante un balón que ningún deles acertou a rematar, indose directamente fora de portería. Ainda no primeiro periodo os da Valenzá enviaron un disparo desde fora da área que foi pegar na cruceta da porteria defendida por Pachi. O Arenteiro non era capaz de entrar no partido e o único que parecía querer ganalo era a S.D. Valenzá.

Xa na reaunudación, chegarían os dous goles do partido. Aos 8 minutos adiantabanse os locais nun balón que cun bote envenenado nin a defensa nin o porteiro carballiñeses lograron atallar e introdúcese no fondo da porteria, apenas unhos minutos despois, cando se xogaba o minuto 15 desta segunda parte empataba o  Arenteiro. Marcos Sotelo facíase cun balón, íase pola banda esquerda para sacar un centro raso que Iglesias rematou tal como viña, logrando unha igualada no marcador que xa non se movería atá o final.

Non mereceu máis este Arenteiro, acaso o punto obtido esta tarde pode considerarse un premio excesivo para o feito no campo dos Carrís, que foi moi pouco, e se gañou un punto foi porque os dianteiros da Valenzá non tiveron a súa tarde. Mentres, os carballiñeses tiveron hoxe unha altísima efectividade, xa que rentabilizaron a única ocasión que tiveron en practicamente todo o partido. Por quedarnos con algo positivo, farémolo co regreso ao equipo de Takón, que xogou o último tramo do partido, asi como de César, recuperado da súa lesión. Tamén é de xustiza salientar o traballo de Luis Vilachá no medio campo.

 A segunda parte xogouse con lúz artificial, cunha iluminación  deficiente. e bastantes afeccionados do Arenteiro na grada, que regresaron ao Carballiño decepcionados con este Arenteiro, malia sumar un punto.

26, Outubro 2011

O sábado 29 en horarios de mañá e tarde, e o domingo 30 en xornada matinal, a praza do concello do Irixo e o circuíto de trial da Pedriña, situado a carón da estrada O Carballiño-Lalíin, acollerán a última e decisiva proba do campionato galego de trial 4X4. A actividade conta coa colaboración do Concello do Irixo, o Alcalde Manuel Penedo invitaba nos micrófonos de COPE "a toda a xente para que visite o concello do Irixo, para ver este espectáculo e tamén para darse unha volta polo Irixo, onde temos bós restaurantes, bonitas paisaxes, e sobre todo, boa xente". Pola súa parte, o 1º Tenente de Alcalde, Lito Cerdeira destacaba "a continuada aposta que desde o concello do Irixo facemos en favor da promoción do deporte, con actividades como ésta do trial ou o espectáculo das motos que logo terémos e que traen moita xente atá O Irixo, e tamén co apoio que prestamos a outras actividades, como o fútbol de veteranos, o fútbol-sala, o cachibol ou a festa do cabalo".

Pola súa parte, o organizador da proba, Raúl López, comentaba que esperan a participación de unhos 20 vehículos, entre os que evidentemente se atopan os que teñen posibilidades de ganar o campionato, entre os que estarán os 2 pilotos do Irixo, o propio Raúl López e Javier González. O circuíto da Pedriña foi especialmente acondicionado para a ocasión, e ofrecerá varias novidades nas distintas zonas nas que se desenvolverá o recorrido desta emocionante competición.

23, Outubro 2011

Victoria ante a A.D. Covadonga nunha tarde de chuvia, incluso intensa por momentos, e no municipal de Espiñedo a mellor entrada nas gradas do que vai de tempada, notandose unha nutrida presenza de seguidores do equipo visitante que, malia a derrota, en ningún momento deixaron de animar aos seus. A chuvvia puxo o campo moi rápido para a circulación do balón, aínda que o céspede presentou un aspécto aceptable atá o final.

O partido tivo dúas partes nítidamente diferenciadas, unha para cada equipo. O Arenteiro presentabase cunha dianteira inédita na liga debido as baixas de Iglesias, por sancíón, e de Alén, lesionado, sen embargo, os verdes conseguirían encarrilar pronto o partido, na primeira media hora . No minuto 16 Pablo Dabarca cabecea un saque de esquina e logra o primeiro gol da tarde para o Arenteiro, tan so unhos minutos despois, no 22, Gele fai o segundo ao aporveitar un centro que lle chegou desde a dereita e  desde o borde da área grande e tal como lle viña envia o balón pola escadra da portería visitante, un gran gol moi aplaudido pola afección local. E aínda non se cumplira a media hora de partido, no minuto 28, outra bonita combinación dos verdes é culminada por Carlos escudero cun centro-chut desde a banda dereita que, coa axuda do vento, colase na portería da AD. Covadonga.

Xa na reaunadación, os visitantes tomaron o mando no xogo, sobre todo a partir do minuto 56 tras a expulsión de Pablo Dabarca, por doble cartón amarelo. Desde ese momento a A.D. Covadonga convirtese en claro dominador do encontro, pero non consigue materializar con éxito ningunha das súas numerosas aproximacións á portería de Pachi, nin xiquera de Penalti cometido polo defensor local Igor, xa que Dacosta enviaría o balón ao longueiro. Aínda asi, o Arenteiro aínda tería unha clarísima ocasión para ampliar a súa victoria, tras un mal entendemento entre o porteiro e a defensa visitante, Canexón atopouse cun balón e o seu tiro, a porta valeira, pegou nun defensor e foise fora. Cos 3 puntos logrados esta tarde, o Arenteiro recupera o liderato na táboa de clasificación, desbancando precisamente dese posto á A.D. Covadonga.

RESULTADOS DA 8ª XORNADA

J8 Ponte Ourense SAD 0 - 1 UP Taboadela
J8 CD Allariz 3 - 1 AT Villarino
J8 CF Monterrey 3 - 4 CD Velle
J8 CF Cortegada 0 - 3 SD Nogueira Ramuin
J8 Poligono San Ciprian 3 - 1 A Peroxa CF
J8 CD Maceda 2 - 4 CD Ramiranes
J8 SD Melias 1 - 0 SD Valenza
J8 CD Arenteiro 3 - 0 AD Covadonga

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 19 8 6 1 1 15 6
2 UP Taboadela 17 8 5 2 1 14 6
3 AD Covadonga 16 8 5 1 2 21 14
4 CD Ramiranes 16 8 5 1 2 16 9
5 SD Nogueira Ramuin 15 8 4 3 1 15 8
6 CD Velle 15 8 4 3 1 14 12
7 CD Allariz 14 8 4 2 2 14 8
8 A Peroxa CF 13 8 4 1 3 16 10
9 SD Valenza 12 8 3 3 2 8 5
10 Ponte Ourense SAD 12 8 3 3 2 12 10
11 SD Melias 8 8 2 2 4 9 8
12 CF Monterrey 8 8 2 2 4 13 22
13 Poligono San Ciprian 7 8 1 4 3 9 10
14 UD Barbadas B 7 8 2 1 5 7 13
15 AT Villarino 5 8 1 2 5 9 18
16 CF Cortegada 5 8 1 2 5 8 17
17 Maside CF 5 8 1 2 5 8 18
18 CD Maceda 3 8 0 3 5 7 21


 

16, Outubro 2011

Domingo para esquecer do Arenteiro en Taboadela, onde os locais foron mellores durante os 90 minutos ante un Arenteiro que en ningún momento logrou meterse no partido, quizás o esforzo do pasado mércores ante o Barbadás ou acaso que tampouco este equipo está aínda suficientemente rodado, o certo é que, tras irse con empate sen goles ao descanso, na segunda parte a U.P. Taboadela foi moi superior e cada vez que chegaba á portería de Samuel creaba perigo, tapouco é que chegase moitas veces, en realidade chegou catro veces e marcou tres goles. 

Non necesitou a U.P. Taboadela facer máis para derrotar a un pobre Arenteiro, con enormes fisuras en defensa e sen o máis mínimo control do xogo no centro do campo. Se ben durante a primeira parte ambos comxuntos repartironse as ocasións de gol, na reanudación, nos primeiros 10 minutos o Taboadela sentenciou o partido con dous goles nun breve intervalo de tempo. Por se todo esto fora pouco,  Alén tiña que retirarse do campo lesionado e Iglesias era expulsado por cartón vermello, antes xa vira o amarelo, ao enfrontarse a un xogador da U.P. Taboadela despóis de recibir un pisotón, o árbitro nin tan xiquera amonestou ao futbolista local e mandou a Iglesias ao vestiario,  tras esa mesma xogada tamèn expulsou ao adestrador Dacosta por protestarlle a decisión.

Mal partido do Arenteiro ante un Taboadela que, polo visto atá agora entre os equipos que se enfrontaron ao Arenteiro, está chamado a estar no grupo de arriba. O Arenteiro, ou ofrece outra imaxe moi distinta ou terá dificultades para optar o ascenso, que é a única meta que se lle supón nesta liga. Trala derrota en Taboadela, os carballiñeses perden o liderato en favor do Covadonga, que será precisamente o próximo visitante en Espiñedo o vindeiro domingo.

RESULTADOS DA 7ª XORNADA

  Maside CF 1 - 5 Ponte Ourense SAD
  AT Villarino 1 - 0 UD Barbadas B
  CD Velle 1 - 4 CD Allariz
  SD Nogueira Ramuin 1 - 2 CF Monterrey
  A Peroxa CF 4 - 1 CF Cortegada
  CD Ramiranes 2 - 1 Poligono San Ciprian
  SD Valenza 2 - 0 CD Maceda
  AD Covadonga 1 - 0 SD Melias
  UP Taboadela 3 - 0 CD Arenteiro

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes