Deportes

3, Novembro 2012

Ramón Dacosta xa non é adestrador do C.D. Arenteiro, tras o partido do pasado xoves en Lalín o club prescinde dos seus servizos.

O Presidente José Antonio "Cadavid" volve confiar o futuro do equipo a Francisco Romero, tal como xa fixera fai dous anos cando o actúal presidente xa o chamara para dirixir aos verdes, daquéla, xa coa competición bastante avanzada, non poidera reconducir a situación e o equipo consumaba o descenso de categoria. Ademáis de Romero, que é finalmente o elexido, tamén se fixeran contactos co adestradror ourensano Peluso.

Agora, tras once xornadas de competición ligueira, e co equipo clasificado no antepenúltimo lugar e xa eliminado do torneo de copa, os responsables do club esperan que o cámbeo de adestrador sexa o revulsivo que necesita o C.D. Arenteiro.

1, Novembro 2012

Dezanos e carballiñeses enfrentabanse nun partido marcado polas urxencias de ambos na táboa clasificatoria, ao final repartiron os puntos nun partido que estivo bastante igualado e cun marcador final que pode considerarse xusto polo visto no terreo de xogo.

C.D. Arenteiro: Macía, Cote, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel ( Iago), Bardelás ( R. Dacosta ), kennedy, Tazos ( Cancelas ), David Soares e Marcos Sotelo ( Prada ).

Goles:

1-0. Minuto 26, falta sobre a portería do Arenteiro, o balón cólase axustado áo pau dereito da portería de Macia.

2-0- Minuto 35, a mellor xogada do partido, Tazos centra un balón medido aos pés de David Soares, éste xira sobre sí mesmo e cruza maxistralmente fora do alcance do meta local.

Comentario: Partido igualado tanto en xogo, bastante cativeiro por ambos equipos, como en ocasións de gol ante a portería contraria, un par de oportunidades por parte tanto de lalinenses como dos carballiñeses, ambos terán que mellorar bastante se non queren verse abocados ao fracaso nesta liga. Na tarde de hoxe deixaron ver bantantes carencias e xustificaron os postos que ocupan na clasificación.

 

28, Outubro 2012

Os carballiñeses non levantan cabeza e caen novamente derrotados en Espiñedo, desta vez ante o Valadares Vigués, aínda que nesta ocasión o Arenteiro mereceu algo máis, pero non tivo sorte ante a portería visitante.

C.D. Arenteiro: Pachy; Cote, Escudero, Dabarca, Pana (Iago), Gabriel, Bardelás (Cristián), Dacosta, Kennedy, Soares e Marcos Sotelo (Tazos).

Goles:

0-1: Minuto 77. Corner sobre a portería local e os carballiñeses repiten o mesmo erro que no partido anterior ante a A.D. Atios, ninguén cubre o primeiro pau e por alí entra un dianteiro do Valladares que remata un balón que Pachy non pode evitar que entre na portería.

Comentario: Unha pena que outra xogada de estratexia se leve os 3 puntos de Espiñedo, unha derrota que non se mereceu esta tarde o Arenteiro. Na primeira metade o Valadares dominou territorialmente, aínda que a única ocasión de gol foi para o Arenteiro tras cabecear Soares dentro da área e salvar Adrián. Na segunda metade os carballiñeses xogaron máis que o rival, tras o gol do Valadares, Kennedy pudo empatar o partido, pero o seu remate de cabeza salvouno prodixiosamente o meta visitante Adrián.

O PARTIDO EN LALÍN XOGASE O XOVES ÁS 16:30 HORAS

O encontro de liga que dezanos e carballiñeses desputan correspondente á 11ª xornada de liga adiantase ao xoves dia 1 de Novembro, festividade de Todos os Santos, o partido xogaráse no Miguel Anxo Cortizo e comezará ás 4,30 da tarde.

Os carballiñeses recuperan para este partido aos sancionados polas expulsións de O Grove, Xurxo, Prada e Cancelas.

O partido de Lalín presentase como un importante test para os carballiñeses, necesitados con urxencia de sumar puntos para sair canto antes dos postos de descenso. Enfronte terá a un Lalín que vive tamén horas baixas, polo que será unha boa oportunidade para puntuar por parte dos carballiñeses.

21, Outubro 2012

Atraco arbitral en toda regla ao Arenteiro no Grove, de onde regresa derrotado por 3-2, tras sufrir 3 expulsións, a derradeira de Xurxo no minuto 95, que supuxo o penalti da victoria grovense.

A arbitraxe foi determinante neste partido. O arenteiro quedouse moi pronto con 10 xogadores no campo, xa que no minuto 9 Prada víu a vermella directa. No 68 é cancelas quen ve a segunda amarela e ten que abandoar o terreo de xogo.

A traca final chegou no minuto 95, co 2-2 no marcador, un xogador local abalanzase sobre Xurxo e increiblemente o árbitro sanciona a xogada con penalti, que resulta transformado e birla un punto ao Arenteiro.

O Grove adiantouse no marcador xa no primeiro periodo con 2-0, que logo neutralizaron os goles de Roberto Dacosta e David Soares, atá que chegou a falcatruada arbitral.

17, Outubro 2012

Asi o confirmaba a Deportes Cope O Carballiño o Presidente da entidade, José Antonio Cadavid, que sigue traballando na posible contratación doutros reforzos.

O C.D. Arenteiro está en postos de descenso directo, o equipo viña dando unha pobre imaxe e fixo saltar as alarmas. Os movementos non se fixeron esperar, Iglesias recibe a baixa por faltas reiteradas de comparecencia nas convocatorias, e optase por recuperar a Kennedy, do que se se prescindira despois de facer a pretempada co equipo. Estará xa a disposición de Dacosta o próximo domingo para o desplazamento ao Grove.

A Xunta Directiva sigue buscando posibles reforzos, e entre eles ven apuntandose o nome do ourensanista Rubén Arce, aínda que as reticencias do adestrador do C.D. Ourense, Luisito, están facendo que se complique a fichaxe, aínda que os responsable carballiñeses non renuncian aínda a súa incoporación.

14, Outubro 2012

Outra derrota dos carballiñeses ante a súa afección, desta vez coa atenuante da desastrosa actuación arbitral, que perxudicou ao Arenteiro, con dous xogadores locais expulsados no segundo periodo, ademáis de premiar aos visitantes cun moi dubidoso penalti.

C.D. Arenteiro: Macia; Escudero, Xurxo (Adrián), Dabarca, Pana, Iago, Gabriel (Tacón), Bardelás (Cristián), Cancelas (Manuel), Soares e Dacosta.

Goles

0-1. Minuto 22, a U.D. Atios bota un corner e o seu dianteiro centro, entrando no primeiro pau como perico pola súa casa, mete a cabeca e adianta aos visitantes.

0-2. Minuto 58, xogada sen ningún perigo ao borde da liña de portería do Arenteiro, o árbitro decreta penalti, que transforma o lanzador visitante.

1-2. Minuto 74, balón sobre David Soares, que acorta distancias no marcador.

Comentario: O Arenteiro desaproveitou por completo a primeira parte, non obstante tras o descanso os carballiñeses saíuron con máis decisión, exercendo unha presión directa sobre o rival, desta maneira o Arenteiro equilibrou un encontro antes e despois de que chegase a xogada do discutido penalti que puxo en franquicia o marcador ao equipo pontevedrés. Mención aparte merece a actuación do trio arbitral, que cargou de tarxetas aos xogadores do Arenteiro, expulsando do campo a Tacón e Dabarca, cando aínda faltaban 10 minutos para o final.

 

 

12, Outubro 2012

Dous goles conseguidos polo Verín C.F. no segundo periodo liquidaron ao Arenteiro da segunda ronda da Copa Deputación, en partido a eliminatoria única xogado no campo do José Argiz de Verín.

Os carballiñeses volveron amosar a súa pior cara e quedan apeados da competición copeira, na que so lograron superar a primeira ronda ante A Peroxa.

No partido desta tarde ante outro dos equipos de Preferente, o Verín C.F., os verdes non deron a talla e caeron eliminados con toda xustiza. O Arenteiro xogou un partido que podemos calificar de "desastroso", o pior non é quedar fora do torneo copeiro, que podía entrar dentro do posible, senón a paupérrima imaxe que ofreceu o equipo carbaliñés.

7, Outubro 2012

Marín e Arenteiro, dous clásicos da categoria, xogaban no campo municipal de San Pedro un partido marcado polas necesidades, que resolveron os carballiñeses nunha boa segunda parte, dandolle a volta ao marcador.

C.D. Arenteiro: Macía; Tazos, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca; Gabriel, Roberto Dacosta, David Soares, Javi López; Cancelas e Iglesias. Bardelás, Pana e Cristián sustituiron -respectivamente- a Javi López, Gabriel e Cancelas.

Goles:

1-0: minuto 26. Erro infantil da zaga carballiñesa á saída dun córner que aproveita André para adiantar os locais.

1-1: minuto 50. Centro de Dabarca e David Soares remata a gol adiantandose ó central do Marín.

1-2: minuto 65. David Soares habilita un balón ás costas da defensa local, Iglesias vaise por velocidade e bate ao meta local na súa súa saída.

Comentario: Vironse dous Arenteiros ben distintos, o do primeiro tempo indolente e sen ideas, e outro moi diferente no segundo tempo, valente, sen complexos, tocando e abrindo o fútbol polas bandas, claramente superior ao seu rival, o Marín, un dos equipos máis floxos de cantos se enfrentou o Arenteiro no que vai de competición. Carlos Escudero evitou baixo paus o gol do empate no minuto 90 de partido.

30, Setembro 2012

Un gol na segunda parte valeu ao Gondomar para levarse os 3 puntos de Espiñedo ante un Arenteiro que continúa indo a menos nesta liga, na que os carballiñeses parecen decididos a instalarse en zona de descenso.

C.D. Arenteiro: Macía, Carlos Escudero, Xurxo, Dabarca, Tazos ( Marcos Sotelo, m. 45 ), Gabriel ( Bardelás, m.75 ), Iago, Roberto Dacosta, Cancelas ( David Soares, m. 45), Iglesias e Javi López ( Manuel, m. 75).

Goles:

0-1. Minuto 66 de partido, tiro cruzado desde o borde da área grande que bate a Macia.

Comentario: Outro mal partido do Arenteiro que xenerou unha única ocasión de gol en toda a tarde, no minuto 42 cando Javi López se plantou so ante o meta visitante, pero éste arrrebatoulle o balón nunha magnífica interevención. Na primeira parte o Arenteiro xogou a empuxós esporádicos sobre a área rival, na segunda metade nin xiquera eso, os carballiñeses desapareceron do partido, que controlou en todo momento o Gondomar.

22, Setembro 2012

O Pontevedra B derrotou aos carballiñeses por 4-0, con dous goles en cada parte na quinta xornada de liga,  no partido xogado este sábado no sintético do Centro Deportivo da Xunqueira., nunha tarde de fútbol aciaga para os carballiñeses, que foron dominados de principio a fin polo equipo local.

C.D.Arenteiro:  Pachi, Carlos Escudero, Xurxo, Dabarca, Tazos, Gabriel, Bardelás (Cristián, m.69 ), Cancelas (Marcos Sotelo, m. 45), Roberto Dacosta, Iglesias e Javi López.

Goles:

1-0. Minuto 6, Collazo sorprende a Pachi cun tiro a media altura .

2-0. Minuto 42, falta sobre a portería  do Arenteiro e Yago gaña a acción á defensa carbaliñesa enviando o balón sobre o pau dereito.

3-0. Minuto 78, xogada do Pontevedra que entra como quere na área carballiñesa e resolve Buba facendo a placer o terceiro.

4-0. Minuto 83, outra vez Buba aproveita o desconcerto e despiste da defensa e o meta carballiñés, e marca sen oposición.

Comentario: O partido so tivo unha cor sobre o terreo de xogo, o granate dos pontevedreses, o Arenteiro ofreceu a súa pior cara no que vai de tempada, coas baixas de Iago e David Soares, éste último lesionado, saíu ao campo sen actitude para encarar o partido, e foi barrido literalmente  do terreo de xogo polos rapaces do filial pontevedrés. Moi mala imaxe do equipo, que volveu presentarse -como en Arousa- con tan só dous xogadores de campo suplentes, polo que Dacosta so pudo realizar dous cámbeos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes