Deportes

20, Xullo 2013

Arranca o novo proxecto de C.D. Arenteiro para competir a vindeira tempada na 1ª autonómica coa presentación de xogadores e técnicos, seguidamente Miki López dirixirá o primeiro adestramento que consistirá na desputa dun partidiño.

Os que acudan o lúns 29 ás 20,30 da tarde ao municipal de Espñedo, encontraránse cunha primeira e agradable sorpresa: o novo aspecto que presenta o terreo de xogo, moi recuperado tras mes e medio de intenso traballo executado pola empresa "Agroestévez", empresa especializada á que o concello do Carballiño  encargou este traballo. Realizouse un plan intensivo de recuperación dun terreo de xogo que estaba moi deteriorado e esperase que agora coas labores de mantemento poida conservarse o magnífico aspécto que xa ofrece.

Ademáis, contando coa colaboración do concello do Carballiño, van acometerse diversas melloras, que se fan moi necesarias, tales como o acondicionamento da valla na zona de tribuna e na instalación eléctrica, asi como nos vestiarios. Tamén se vai melloar o sistema de megafonía e dar unha capa de pintura tanto a vestiarios, como o túnel da tribuna e a entrada principall.

CARNÉS DE SOCIOS A 5O EUROS PARA A PRÓXIMA TEMPADA.

Tal como se anunciou por parte do novo presidente na asemblea celebrada o pasado dia 12, o prezo dos carnés de socio baixará dos 80 euros da pasada tempada aos 50 euros para a tempada 2013-2014. Con esta medida, esperase dar un importante estirón na masa social do club, moi mermada nos últimos anos.

A nova directiva marcouse o obxetivo de acadar os 400 socios durante este primeiro ano de mandato. Ademáis, crease o socio infantil -10 euros- coa idea de crear un vínculo co club dende cativiños, de tal maneira que conserven o número correspondente de asociado unha vez sexan adultos.

Doutra parte, os directivos do club traballan xa para acadar o obxetivo anunciado na pasada asamblea de socios, cubrir o orzamento fixado para esta tempada, cifrado en 64.500 euros, e no que se incluíu o primeiro pago da amortización da débeda recoñecida pola asemblea aos anteriores rectores do club.

9, Xullo 2013

Coa incorporación da última fichaxe, o dianteiro Diego Quiroga, a nova Xunta Directiva da practicamente por cerrado o plantel de efectivos cos que contará o adestrador Miki López para competir na Primeira Autonómica, tras consumarse o descenso de categoria do club carballiñés.

En relación ao plantel de Preferente do ano pasado causan baixa no club 8 xogadores: Iago Garrido e Xurxo que retornan ao Verín, Macia que vaise ao C.D. Barco, Soares que regresa ao Lalín, Pablo Piñeiro que se vai á súa terra como novo xogador do Ribadumia, Tazos, que comunicou o club que se vai o fútbol danés, Gabriel que fichou no Ourense B, e Kennedy, de momento sen equipo.

O club renovou a 7 xogadores da anterior tempada en Preferente: Pachi, Prada, Marcos Sotelo, Pablo Dabarca, Escudero, Bardelás e Walter Martín. Tamén se lle ofreceu a renovación a Tacón, aínda que por motivos de traballo o xogador non poderá incorporarse ata avanzada a tempada.

As altas que durante os últimos dias se foron confirmando son as seguintes: Lois, Canexón e Perdiz(  AT. Barbantes ) e Adrián Cancelas, que regresa ao Arenteiro despois do seu paso polo Ourense B. Tamén volve ao C.D. Arenteiro Alex, procedente do Melias. Do equipo xuvenil da E.M. F. incorporanse Omar e Manu, e ademáis farán a pretempada Joel, Rubén, Franki, e Miguel. Ademáis, o club tamén levou a cabo contactos para a reincoporación dos ex-Arenteiro Pana e Samuel, pero ambos xa estaban comprometidos con outros equipos.

Finalmente, confirmanse tamén a fichaxe de outros catro xogadores: Meji ( Club Lemos ), Luis Chamo e Adrián Núñez ( C.D. Velle )  Victor Gallego ( Verín C.F. ) e Diego Quiroga ( Club Lemos ).

Como segundo adestrador e preparador físico o club contará cos servizos de Borja Quintas.

ASEMBLEA DE SOCIOS O VENRES DIA 12 ÁS 21 HORAS

A nova Xunta Directiva expoñerá ante os socios o novo proxecto deportivo, económico e social para a vindeira tempada. A convocatoria está fixada para o venres dia 12 de xullo ás 21 horas no salón de actos da casa do concello do Carballiño.

8, Xullo 2013

O anuncio por parte dos responsables municipais de separar a actividade semanal do que é a competición dos fines de semana abre unha nova etapa na Escola Municipal de Fútbol Arenteiro.

Neste contexto, o Sporting Carballiño, club de fútbol que milita na 3ª autonómica, traballa nunha proposta aos pais e nais de alumnos, que se presentará ó lúns dia 8 de Xullo ás 21 horas na Sala de Exposicións do Casino do Carballiño, na rúa Tomás Maria Mosquera.

25, Xuño 2013

Os novos responsables do club apostan por un adestrador moi xoven, 31 anos de idade, e con apenas dous anos de experiencia nos bancos nos que dirixíu ao C.D. Ramirás en 1ª autonómica.

A sala de trofeos do club, no municipal de Espiñedo, acolleu o acto de presentación de Miki López como técnico do C.D. Arenteiro para esta nova etapa que agora comeza, aínda sen saber en que competición participará, se en Preferente ou 1ª autonómica, a expensas do que fagan os equipos galegos na eliminatoria final de ascenso a 2ª B.

A elección de Miki López foi presentada polo Presidente Xan Pinal como "unha aposta decidida pola xente nova, e se nova é esta etapa, decidimonos por un adestrador xoven, con gañas de traballar e progresar, e comprometido con este novo proxecto que pasa por poñer en valor a identidade do Arenteiro e do Carballiño",

"Estou na miña casa, eu considerome do Carballiño" foron as primeiras palabras do novo adestrador do C.D Arenteiro, carballiñés pola súa familia materna, que comprometeu "traballo e máis traballo, son consciente que veño a un club histórico do fútbol galego e a un dos máis importantes da provincia, asi que esto para min é un reto persoal que espero superar con boa nota", suliñou.

18, Xuño 2013

O veterano deportista proclamouse campión galego en 100 e 200 metros lisos, no campionato celebrado en Santa Uxía de Riveira.

Chema Ferreiro sigue en forma, e colleitando éxitos, aínda que agora non son políticos senón deportivos. Proba delo foi o seu triunfo nas finais das carreiras de 100 e 200 metros lisos, na categoria reservada para maiores de 60 anos.

13, Xuño 2013

O club carballiñés ten asi garantida a súa continuidade como institución, tras a celebración dunha asamblea extraordinaria celebrada no salón de actos da casa do concello e a que asistiron 32 socios.

No transcurso da mesma Cadavid entregou o relevo na presidencia do club a Xan Pinal, que adquiríu o compromiso ante os socios de convocar unha nova asamblea extraordinaria nun prazo apróximado de 20 dias, na que presentará o seu equipo directivo e o proxecto social e deportivo, unha vez que se resolva tamén a incognita de saber en que categoria competirá a próxima tempada o club, na preferente ou en autónimica.

Cadavid deu conta das negociacións que culminaron unhas horas antes da asamblea, e que permiten entregar o relevo a un novo equipo directivo. O xa Expresidente condonou unha parte importante da débeda, que ascendia a 55.000 euros. Cadavid S.L. e Construcciones Balgón publicitaránse nas camisetas do equipo durante as próximas tempadas, é a única condición que puxeron para condonar 31.000 euros desa débeda. Desta maneira, a nova directiva asume unha débeda de 24.000 euros que deberán abonar durante o seu mandato.

 

 

8, Xuño 2013

O Presidente José Antonio "Cadavid" e o seu grupo directivo presentaron a dimisión irrevocable ante a asamblea de socios, anunciando que o Club ten unha débeda actúal de 55.000 euros "que se lle deben a este Presidente, o Club non debe a ninguén", asegurou.

Ante un grupo de 17 socios que acudiron a esta convocatoria, Cadavid anunciou que a súa decisión non ten marcha atrás "porque neste momento non podo dedicarlle o tempo que este Club necesita, ademáis, teño que decilo, estou bastante decepcionado, con esta casa -referíase ao concello, onde se celebrou a reunión-, e incluso con exxogadores do Arenteiro cos que me encontrei e non foron capaces de coller o carné de socio".

Cadavid presentou un balance da súa xestión recordando que "collín o Club  a mediados da tempada 2010-2011 empuxado por unhos amigos cunha débeda de 46.000 euros, pero despois foron aparecendo outras débedas anteriores a miña chegada ás que eu fixen frente que elevaron a débeda total a 68.000 euros, na tempada 2011-2012 rebaixamola a 54.000 euros". O Presidente explicou que en 2012 perdeuse a subvención do concello -9.000 euros- "porque entregamos os papeles seis dias fora de plazo, por culpa do retraso da documentación que necesitabamos da Federación e da Axencia Tributaria, e cando entregamos todo contestousenos que xa era tarde, se quixeran arreglar podían facélo, pero non quixeron", suliñou.

Na última tempada o orzamento en Prefrente foi de 76.000 euros de gastos  e os ingresos de 66.450 euros, según o balance económico presentado ante os socios, que aprobaron as contas. O número de socios que esta tempada pagaron 80 euros do carné foron 117, aos que hai que sumar os que se repartiron publicidade, en total o Presidente cifrou en 251 os carnés repartidos, precisamente os ingresos por publicidade é aportacións -35.000 euros- representou mmáis da metade dos ingresos.

 O Presidente comprometeuse a condonar 10.000 euros da actúal debeda e aplazar o pago da débeda en varias anualidades "a próxima directiva terá toda a miña colaboración", remarcou.

Finalmente, e ante este desolador panorama que amenza a viabilidade do Club, o Presidente convocou unha nova Asamblea para a posible presentación de candidatos para o xoves dia 13 de xuño ás 8 da tarde no salón de actos da casa do concello do Carballiño.

31, Maio 2013

A homenaxe o que foi ata fai unhos dias o Presidente do Arcos C.F. celebrase o domingo dia 2 de Xuño ás 7 da tarde no campo municipal de Espiñedo.

Victor De Francisco Fernández, de 34 anos de idade, falecía repentinamente o pasado dia 20 de Maio. A familia deportiva do Arcos C.F., equipo que milita na 3ª Autonómica, rindelle unha homenaxe póstuma no transcurso do partido de fútbol que con tal motivo xogarán o propio Arcos C.F, reforzado con xogadores doutros equipos que queren participar nesta homenaxe, e o C.D. Arenteiro.

19, Maio 2013

Estéril victoria (4-2) dos carballiñeses en Espiñedo xa que os descensos de Céltiga e Vilalonga dende a terceira, condenan ao Arenteiro ao descenso e xogar o ano que ven na 1ª autonómica. De nada valeu aos verdes o triunfo no derradeiro partido de liga, únicamente para chafarlle o ascenso ao Portonovo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos (Prada), Gabriel (Tacón), Iago, Piñeiro, Kennedy (Bardelás) David Soares e Marcos Sotelo (Martín).

O Partido: Xogado no municipal de Espiñedo ante a mellor entrada da tempada, con unha moi numerosa presenza de siareiros do Portonovo que viron como ao seu equipo escapouselle o ascenso con esta derrota, acaso demasiado castigo para o visto sobre o terreo de xogo. Pero asi é o fútbol, o Arenteiro tivo hoxe a fortuna que se lle negou outras tardes e en dous inspirados minutos, 25 e 27 de partido,  púxose con 2-0 ao seu favor, tras o goles de Xurxo e David Soares. O Portonovo reducía distancias no derradeiro minuto da primeira parte. Trala reanudación, os portonovenses foronse a polo partido, aínda que o empate -minuto 65- tivo que chegar por medio dun gol do defensor local Tazos en propia meta. Con 25 minutos de partido parecía que o Portonovo, empuxado pola súa afección ía darlle a volta ao marcador, pero no Arenteiro obtiña premio ao seu derroche de pundonor Pablo Piñeiro, él so fabricou o terceiro gol que volvía adiantar aos verdes. Xa no minuto 89 claro penalti sobre David Soares, que o propio xogador encargase de transformar.

 

 

 

12, Maio 2013

A Federación Galega de Fútbol Sala deu a cifra de 1.500 espectadores asistentes, o que representa unha das entradas de público históricas no pazo de deportes carballiñés. A selección Galega senior gañou na gran final a de Extramadura por 5-3, remontando un partido que perdian os galegos ao descanso por 2-3.

A selección galega adestrada polo carballliñés Antonio Colmenero revalida asi o título de campión que xa acadara o ano pasado en Valladolid, e volve conseguir agora no Carballiño. Tamén o combinado galego femenino senior gañou o título, ao impoñerse con contundencia á Castela León por 9-0. Finalmente, na categoria xuvenil masculina os extremeños levaronse o título ao impoñerse a Galicia por un apretado marcador final de 7-6.

A organización agasallou con 300 camisetas conmemorativas aos asistentes a esta gran festa do fútbol sala vivida este fin de semana nos polideportivos de Cea e O Carballiño. Ao rematar os actos de entrega de trofeos, o alcalde do Carballiño posou cos campións galegos.

 

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes