Deportes
Tarde gris dos verdes que para colmo de males marcaron en propia meta e propiciaron un meritorio empate do At. Barbantes, na primeira visita en competición oficial do equipo ribeirán ao municipal de Espiñedo, que volveu rexistrar unha magnífica entrada, con 407 espectadores na grada.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Alex, Canexón, Victor gallego, Martín, Bardelás e Prada. Na segunda parte tamén xogaron Quiroga, Núñez e Oscar.
Sociedade AT. Babantes Estación: Samuel, Roi, Igor, Diego Viñas, Rubén, Mellado, Manuel, César, Alén, Jaime e Bulicas. Tamén xogaron Pablo, Miguel, Borja e Oscar.
Goles
1-0. Minuto13. Centro dende a banda de Victor Gallego sobre a área, Martín cede o balón atrás a Álex, que o coloca no fondo da portería visitante.
1-1. Minuto 22. Perdiz realiza unha magnífica intervención rexeitando o tiro de Jaime, pero o balón pega no defensor local Diego López e introducese na portería local.
O Partido: Mal o Arenteiro, que non soupo xogarlle a un At. Barbantes moi ben posicionado no campo, cedendolle o balón aos carballiñeses e esperando á contra. Na primeira parte os carballiñeses, a pesar de adiantarse no marcador, estiveron ausentes do partido. Na segunda, renunciaron ao fútbol e optaron por colgar balóns sobre a portería do At. Barbantes, que unha e otra vez atrapaba Samuel. Asi e todo, por dúas ocasións, Victor Gallego a piques estivo de lograr o segundo gol para os locais, pouca bagaxe para un equipo que hoxe estivo lento e espeso durante toda a tarde.
O C:D. Arenteiro encarrilou ao seu favor a eliminatoria de Octavos de Final da Copa Deputación ao vencer a domicilio ao At. Vilariño, no partido de ida, xogado no campo do Medo.
C. D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Omar, Victor Gallego, Adrián Núñez, Cancelas, Manu e Oscar. No último cuarto de partido tamén xogaron Prada, Canexón, Martín e Bardelás.
Goles:
1-0: Minuto 16, xogada á contra do Vilariño que culmina cun tiro raso batindo a Pachi.
1-1. Minuto 69, Pablo Dabarca, ao tranformar un penalti por agarrón a Lois.
1-2. Minuto 87, Fantástica internada de Prada que culmina Canexón de tiro raso e axustado ao pau.
O Partido: Dominado de principio a fin polo Arenteiro, que tivo que conformarse cunha victoria moi axustada ao fallar varias ocasións manifestas de gol, sobre todo na primeira parte, as máis claras, a cargo de Oscar e Omar, que non souperon definir. Pola contra, o Vilariño acertou no único tiro do partido sobre a portería de Pachi.
O Comité de Competición da Federación Galega de Fúlbol desestimara a reclamación do C. D. Arenteiro sobre a sanción de 2 partidos ao futbolista tras a súa expulsión no partido xogado en Xinzo de Limia contra o Boado.
O Club carballiñés presentou un recurso ante o Comité de Apelación da FGF, e éste ven de dar a razón ao C.D. Arenteiro, polo que a sanción a Victor Gallego queda sen efecto, ao considerar -tal como alegara o Club- que "cargar na espalda sobre un adversario" non é motivo de expulsión.

Cómodo partido para o Arenteiro que foi netamente superior aos locais, o C.D. Velle recortou no marcador na derradeira xogada do encontro, no minuto 96. A nota negativa, os carballiñeses remataron o partido con 9 xogadores por expusión de Quiroga e Omar.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Lois, Diego López, Dabarca, Omar, Prada, Victor Gallego, Quiroga, Bardelás e Marcos Sotelo. Aos 25 minutos Martín entrou por Marcos Sotelo, que se retirou lesionado. Xa no tramo final do partido tamén xogaron Canexón, Oscar e Manu.
Goles:
0-1. Minuto 6. Xogada persoal de Marcos Sotelo, que tras irse de dous defensores locais envia un axustado chut ao pau contrario da portería defendida por Viana.
0-2. Minuto 57. Victor Gallego envia un balón ao longueiro e o rexeitamento é aproveitado por Martin para marcar o segundo do Arenteiro.
1-2: Minuto 96. Cristian, libre de marcaxe, á saída dun córner.
O Partido: O Arenteiro pudo e acaso mereceu lograr unha victoria máis ampla, xa que gozou de varias oportunidades tanto no primeiro como no segundo tempo para poder conseguir un marcador máis claro ao seu favor. Martín -por dúas veces- e Prada tiveron inmellorables ocasións para facer gol. O pior, as expulsións de Quiroga - vermella directa por protestar, m. 68- e Omar -doble amarela, m. 89-, que empañan unha victoria merecida dos carballiñeses.

Chegaba o líder a Espiñedo, que presentou unha boa entrada de público para un partido de 1ª Autónómica, máis de 400 espectadores. Si o fútbol se xogase aos puntos, o Arenteiro sería o gañador do encontro, pero no fútbol mandan os goles, e ningún dos dous equipos foron capaces de marcalos.
C. D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Lois, Dabarca, Diego López, Alex, Canexón, Victor Gallego, Prada, Bardelás e Quiroga. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Cancelas, Omar e Oscar.
Verín C.F: Jorge, Padin, Ginzo, Xurxo, Mario, Luis Vilachá, Iglesias, Hugo, Pablo García, Quini Cotarelo e Eloy García. Tamén xogaron Saúl, Iago e Cote.
O Partido: Unha primeira parte igualada na que ambos equipos se trataron con moito respecto, e unha segunda parte para o Arenteiro, que xenerou neste periodo as mellores ocasións de gol do partido, pero atá en dúas ocasións as magnificas intervencións do meta visitante evitaron o gol, mentres que noutra Victor Gallego non chegou de cabeza cando xa se cantaba o gol. O Verín tan so foi capaz de crear perigo nun par xogadas de estratexia, nunha delas Carlos sacou un balón cando se colaba na portería local. Bo partido en xeral de todo o equipo carballiñés ao que, acaso, faltou o arrreón final para gañar o partido.
O xogador poderá xogar este domingo o partido que o Club Deportivo Arenteiro desputará en Espiñedo -17 horas- fronte ó Verin C.F., correspondente á octava xornada de liga.
O Club carballiñés presentou un recurso ante o Comité de Apelación da Federación Galega de Fútbol, contra o acordo do Comité de Competición de sancionar con dous partidos de suspensión ao centrocampista do C.D. Arenteiro.
A última hora da tarde do venres, o Club recibíu a notificación do Comité de Apelación, que acorda estimar a medida cautelar de suspensión, quedando pendiente de resolución o recurso, polo tanto Victor Gallego poderá desputar o partido ante os verinenses. O Club considera inxusta a sanción ao xogador tras a súa expulsión do pasado domingo en Xinzo de Limia, e espera que o Comité de Apelación deixe sen efecto a citada sanción.
O Comité de Competición sanciona con dous partidos de suspensión ao centrocampista do Arenteiro tras a súa expulsión no partido do pasado domingo en Xinzo de Limia.
O Comité desestima asi as alegacións presentadas polo Club Deportivo Arenteiro. Victor Gallego perderáse o partido ante o líder Verín deste domingo en Espiñedo, e o correspondente á seguinte xornada en Velle.
No partido ante o Boado C.F. tamén foi expulsado o adestrador do Arenteiro Miki López, sancionado cun partido de suspensión.

O Arenteiro suma outros tres puntos tras a súa visita a Xinzo de Limia, eso si, cunha segunda parte dos verdes difícil de explicar, complicandose un partido que gañaban aos 11 minutos por 0-3, e por 0-4 aos 47 minutos.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Diego López, Dabarca, Oscar, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Canexón, Martín e Quiroga. Tamén xogaron no transcurso da segunda parte, Omar, Prada, M. Sotelo e Manu.
Goles:
0-1. Minuto 4, Canexón.
0-2. Minuto 9, Victor Gallego.
0-3. Minuto 11, Victor Gallego.
0-4. Minuto 47, Quiroga.
1-4. Minuto 57, Pablo.
2-4. Minuto 58, Camilo Vila.
3-4. Minuto, Javier Vispo.
O Partido: Pasoulle en Celanova fai quince dias e volveulle pasar esta tarde en Xinzo de Limia, o Arenteiro domina claramente no marcador e en poucos minutos parece irse do partido propiciando a reacción rival. Pudo o Arenteiro acadar unha goleada escandalosa ao seu favor e acaba pedindo a hora, algo que so pode explicar a falta de concentración de algúns xogadores, un defecto que debería correxirse cara futuros partidos. Para máis inri, o árbitro (Alejandro Castro, do Colexio de Pontevedra, moi desafortunado, tragouse un clarísimo penalti na área do Boado e perdonou a expulsión do meta local ) expulsou con vermella directa ao adestrador do Arenteiro Miki López e a Victor Gallego, ao interpretar que deu un codazo a un contrario, perderáse o partido ante o Verín.
Prema no enlace: http://www.youtube.com/watch?v=gh_TX0GVtEc
O Arenteiro conseguíu na sexta xornada acabar coa imbatibilidade do Ponte Ourense nesta liga, nun partido no que os visitantes comezaron mellor asentados sobre o terreo de xogo, ainda que todo cambeou a partir do minuto 23, despois de que Martín inaugurase o marcador cun gol para enmarcar.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Oscar Portos, Alex ( Omar, m. 83 ), Canexón ( Prada, m. 72 ), Victor Gallego, Martín, Bardelás ( Adrián Núñez, m. 68 ), e Quiroga ( Marcos Sotelo, m. 75 )-
Goles:
1-0. Minuto 23 : Golazo de Martín, dende propio campo chuta a unhos 60 metros da portería, vendo adiantado o porteiro visitante.
2-0. Minuto 67: Quiroga anota o segundo aprobeitando un balon que lle chega tras pelexalo Martín,
3-0. Minuto 82. Marcos Sotelo, ao lanzamento dun libre directo.
3-1. Minuto 87. Martín, tamén de libre directo, por toda a escadra.
O Partido: O golazo de Martín cambeou radicalmente o signo do encontro, atá ese momento controlado polos pontinos. A partir de entón, o Arenteiro deixou atrás os titubeos iniciais e foi indo a máis conforme avanazaba o partido, que dominou con autoridade na segunda parte, na que gozou de varias ocasións para marcar, as máis claras nas botas de Victor Gallego -por dúas veces- e Quiroga. Con todo, o mellor do partido foron os catro goles que poideron verse esta tarde en Espiñedo, todos de bonita factura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- seguinte ›
- última »