Deportes

Con este resultado os carballiñeses deixan de depender de si mesmos para o ascenso a preferente. A falta de unha xornada para o remate da competición, ao Arenteiro so lle vale unha victoria en Espiñedo ante o Allariz e esperar unha derrota do Nogueira ou un empate do Verín.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Lois, Dabarca, Oscar, Alex, V. Gallego, Breogán, Bardelás, Martin e Quiroga.Tamén xogaron Prada, M. Sotelo e Caneiro.
Goles:
0-1. Minuto 67. Penalti cometido sobre Martín, que tranforma en gol Quiroga.
1-1. Minuto 84. Centro sobre a área carballiñesa que remata Seo.
O Partido: Tras un tiro de Quiroga ao poste nos primeiros minutos, os verdes non deron sensación de perigo ante a portería local. Na segunda parte, o Arenteiro saíu con máis decisión e intensidade e fixose co dominio do partido, pero so acertou a marcar de penalti. Por si fora pouco, deixouse empatar na única aproximación do Monterrei ante a portería de Pachi.

Un gol de Bardelás no minuto dous decidiu o partido a favor do Arenteiro que, con este resultado, sigue dependendo de sí mesmo para dar o salto á preferente, a falta de dous partidos para rematar a competición. Os verdes deberán gañar ambos partidos para asegurar o ascenso sen depender doutros resultados, o vindeiro domingo en Monterrei e na última xornada en Espiñedo ante o Allariz.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, D. López, Lois, Óscar, Victor Gallego, Breogán, Alex, Martín, Bardelás e Prada. Tamén xogaron Caneiro, M.Sotelo, Quiroga e Manu.
Goles:
1-0. Minuto 2. Centro de Prada, Martín fai de pantalla e arrastra ao marcador de Bardelás, que resolve dunha perfecta volea.
O Partido: O exiguo marcador mantivo vivo ao Antela ata o final, nun partido que o árbitro ourensano Garrote, prolongou en exceso e sen motivo ata o minuto 102, foi moi protestado pola afección local durante todo o partido e expulsou ao adestrador local M. López e ao preparador físico, Borja. Xa antes do descanso os carballiñeses tiveron varias ocasións para poñer o marcador en franquicia, aínda que o Antela tamén tivo as súas, a máis clara un tiro ao pau de Samuel. Na segunda parte, o Arenteiro incrementou o dominio sobre a área visitante, pero a falta de definición dos dianteiros verdes mantivo o suspense ata o final.

Os carballiñeses foron quen de deixar fora da copa ao equipo da preferente. Os valdeorreses caeron na quenda de penaltis tras igualar o Arenteiro a eliminatoria cun gol de Victor Gallego na segunda parte.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Oscar, Lois, Dabarca, V.Gallego, Caneiro, Breogán, Martín, Bardelás e M. Sotelo. Tamén xogaron Prada, D. Quiroga, Canexón e Manu.
Goles:
1-0. Minuto 78. No balcón da área Breogán cociña a xogada cun aclarado perfecto para Quiroga, éste centra e V. Gallego remata sobre a porteria barquense.
Quenda de Penaltis:
Marcan os catro lanzamentos para o Arenteiro, por este orden, Dabarca, Quiroga, V. Gallego e Breogán. Xa non fixo falta o quinto lanzamento.
Polo Barco, marcan os dous primeiros lanzadores David Pérez e Ramos. No terceiro, Perdiz desvia o que tiraba Ramos, e no cuarto, o balón de Javi Recaman vaise o poste e recolleo Perdiz, o Arenteiro estaba clasificado.
O Partido: Unha primeira parte nivelada e sen ocasións de gol, e unha segunda -sobre todo a partir do minuto 60- na que o Arenteiro foise polo partido. Tralo gol que empataba a eliminatoria, os verdes poideron sentenciar con dúas claras ocasións de gol que tiveron Canexón e Manu, no primeiro caso o remate do dianteiro saíu alto e o cabezazo de Manu servíu a Macía para lucirse nunha gran intervención. A lotería dos penaltis fixo xustiza, porque no cómputo dos 180 minutos, o Arenteiro foi superior ao equipo da preferente.
Dende as cinco da tarde deste xoves 1 de Maio xogaráse o partido de volta de cuartos de final da copa Deputación de Fútbol. No encontro de ida desputado en Calabagueiros os valdeorreses cobraron ventaxa de 1-0. Ambos equipos chegan a este partido con sensacións ben distintas, o Arenteiro no peor momento da tempada tras a derrota en liga co Covadonga, mentres que o C.D. Barco ven de gañar o seu último partido na preferente na casa do líder Ribadumia.

Continúa a crise de resultados dos verdes. Unha derrota que é un duro golpe para este equipo ao que nas útlimas xornadas non lle sae nada e que complica e moito as posiblidades de ascenso a preferente.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, D.López, Lois, Álex, Breogan, V. Gallego, Quiroga e Bardelás. Tamén xogaron M.Sotelo, Caneiro e Manu.
Goles:
1-0. Minuto 75. Daniel Gil de cabeza tras un centro de Toni.
2-0. Minuto 86. Córner que aproveita Miguel, totalmente libre de marcas, para facer o segundo, tamén de cabeza.
O Partido: O Covadonga gañou o fútbol de corpo a corpo que se xogou nun campo de moi reducidas dimensións, que propiciou que as ocasións se sucederan en ambas porterías. O Arenteiro pudo adiantarse nun balón que enviou ao pau Gallego ou nun par de ocasións que Quiroga non acertou a culminar. O gol do Covadonga, cando o Arenteiro máis apretaba, deixou tocado aos verdes, superados polas circustancias e xa sen capacidade de reacción.

Seguramente que a maioria dos afeccionados que acudiron ao campo de Calabagueiros non houbesen extrañado que o Arenteiro gañase este partido, pero ás veces o fútbol é inxusto, e desta vez foino cos carballiñeses. Por xogo e ocasións, o Arenteiro non mereceu esta derrota. Os valdeorreses cobran asi ventaxa cara o partido de volta a xogar en Espiñedo o vindeiro dia 1 de Maio.
C. D. Arenteiro: Pachi, Prada, Carlos, Diego López, Óscar, Alex. V. Gallego, Bardeás, Quiroga, Martín e Manu. Tamén xogaron Breo, Caneiro, M. Sotelo e Canexón.
Goles:
1-0. Minuto 84. Marca o camerunés Steve Ekedi adiantandose á defensa do Arenteiro.
O Partido: Primeira parte equilibrada na que os carballiñeses poideron adiantarse nunha xogada na que Quiroga asiste a Martín que, tras gañarlle a posición ao seu par plantase ante o meta local, que envia a corner. Na reanudación, o Arenteiro minimizou ao equipo da preferente, os carballiñeses superaron aos locais e gozaron de boas ocasións para marcar, a máis clara un trallazo de M. Sotelo que se foi á cruceta. Na recta final do partido, cando máis e mellor xogaba o Arenteiro, chegou o gol local, practicamente na única oportunidade da que dispuxeron. Asi é o fútbol.

A S.D. Nogueira de Ramuín acabou coa prolongada racha de partidos consecutivos sen perder dos verdes. Tras 25 xornadas invictos na competición da 1ª autonómica o Arenteiro perdeu ante o peor rival posible nun partido no que Espiñedo volveu rexistrar un gran ambiente de afeccionados.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos ( Canexón ), Oscar, Diego López, Dabarca, Tomás ( Martín ), Manu, V. Gallego, D. Quiroga, Bardelás ( Oli ) e Prada ( M. Sotelo ).
Goles:
0-1. Minuto 3. Fantástico pase de Bruno para Guille, que supera a defensa do Arenteiro e chuta cruzado fora do alcance de Pachi.
O Partido: Outra xornada máis non pode negarselle coraxe e pundonor a este Arenteiro, pero o gol volvía ser a asignatura pendiente dos verdes. O Nogueira, que se encontrou cun gol no inicio do partido soubo nadar e gardar a roupa, levandose 3 puntos de ouro para encarar a recta final de liga.

A errática definición ante a portería rival privou ao Arenteiro dunha victoria no campo do Polígono San Cibrao. Ata oito claras ocasións de gol, incluido un balón ao poste e outro ao longueiro, tiveron os verdes para gañar un partido no que fixeron méritos para bastante máis que un empate.
C.D. Arenteiro: Pachi, Prada, Lois, Diego López, Dabarca, Alex, Manu, V. Gallego, D. Quiroga, Bardelás e Oscar. Tamén xogaron Martín e Canexón.
Goles:
1-0. Minuto 11. Corner sobre a portería de Pachi, despiste na defensa do Arenteiro e Canal, libre de marcaxe no segundo pau, remata a placer.
1-1. Minuto 46. Victor Gallego, cabecea un balón que non atrapa o porteiro local.
O Partido: Desta vez sí que mereceu moito máis o Arenteiro, que foi dominador absoluto do partido de principio a fin, pero perdonou en exceso ante a portería defendida por Alberto. Xa na primeira parte, antes e despois do gol dos locais, o Arenteiro pudo marcar pero tanto Quiroga como Manu, que enviou o balón ao longueiro co meta local xa batido, non tiveron a súa tarde. Tras o descanso, o dominio do Arenteiro aínda foi maior, cos verdes envorcados en busca do gol da victoria, que non quixo chegar, e eso que Martín por dúas veces de cabeza -unha delas ao poste- e Victor Gallego e Alex tiveron ocasións inmellorables para voltear o marcador.

Club Deportivo Arenteiro non conseguíu pasar do empate no partido correspondente á 28ª xornada de liga na 1ª autonómica xogado no Estadio de Espiñedo nunha tarde invernal, de moita choiva e pouco fútbol.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos ( Prada m. 14 ), Oscar, Diego López, Dabarca, Alex, M. stelo ( Canexón m. 66 ), V. Gallego ( Omar, m. 80 ), D. Quiroga, Manu e Martín ( Bardelás, m. 62 ).
Goles:
1-0. Minuto 65. Manu pelexa un balón rexeitado pola cobertura visitante ao borde da área grande, encara con decisión ao seu marcador e tras canealo e cun tiro preciso bate a portería do Barbadás.
1-1. Minuto 83. Vilachá, tras un rexeite de Pachi. O xogador do Barbadás, sen oposición, so ten que empurrar o balón.
O Partido: Tras o letargo inicial do Arenteiro, que tirou os primeiros 20 minutos de partido, os verdes protagonizaban un carrusel de aproximacións á portería do Barbadás, pero sen resolución cara o gol. Tras o descanso, o xogo do Arenteiro era un querer e non poder ata que chegou o gol de Manu no m. 65, tres minutos despois perdoaba V. Gallego a sentencia e a partir de ahí, incomprensiblemente, o Arenteiro foise do partido, propiciando as ocasións do Barbadás ata que chegou o empate, resultado xusto visto o cómputo dos 90 minutos.

A competición celebrouse este venres en Budapest, a capital de Hungria. Chema Ferreiro competía cos mellores do mundo na categoria de maiores de 60 anos, na modalidade de 200 metros lisos.
O atleta carballiñés acadou o posto 24 neste campionato do mundo,cun tempo de 30 segundos. Foi o segundo mellor atleta español nesta competición. Ferreiro lucíu na súa vestimenta a "Octavio",o logotipo da festa do polbo do Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »