Deportes

O Carballiño Centro Comercial Aberto fixo entrega de 43 sudadeiras seregrafiadas ao equipo Balonmán O Carballiño.
Desta maneira, o CCA continúa mostrando o seu compromiso co deporte local, e cos distintos equipos e entidades que representan a O Carballiño nas competicións deportivas.
No acto de entrega, no polideportivo Paco Chao, estivo presente o Presidente do CCA Julián Garriga e a Xerente Cristina González, que felicitaron aos integrantes do Balonmán O Carballiño pola súa actividade.

Nunha mañá de duro e puro tempo invernal, preto de 400 atletas desafiaron á meteoroloxía para convertir nun novo éxito de particpación estas probas deportivas organizadas polo concello de Boborás na matinal deste domingo 18 de Xaneiro.
O cross popular de Boborás chegaba este ano a súa 15ª edición, e o gañador na categoria absoluta foi o atléta ourensano Javier Paredes.
O vencedor absoluto na competición senior de canicros foi Victor Conejo, do Club Deportivo San Paio, de Santiago de Compostela.
Os verdes prolongan a súa racha negativa de resultados tras perder o primeiro partido da segunda volta do campionato de liga en Baiona, nun encontro no que moi pronto- minuto 3- púxolle de cara para o Arenteiro tras adiantarse no marcador por medio dun penalti transformado por Sanginés. O árbitro pontevedrés Vilar Álvarez perxudicou ao Arenteiro con dous graves erros na segunda parte.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, D. López, D. Arbo, Pana, Dafonte, Ocampo, Bardelás, Sanginés, D. Vázquez e D. Quiroga. Tamén xogaron Martín Pérez, Brais e Marcos Sotelo.
Goles:
0-1. Minuto 3. Penalti sobre D. Vázquez que executa Sanginés.
1-1. Minuto 46. O mellor xogador do encontro, Zamo, supera á defensa verde e bate sen problemas a Pachi.
2-1. Minuto 81. Erro de marcaxe da defensa do Arenteiro que aproveita Migui.
O Partido: Comezou ben o Arenteiro no primeiro tramo do partido, pero logo cedeu a iniciativa en favor dos locais, que chegaban con demasiada facilidade á area dos carballiñeses. Asi e todo, co empate no taboleiro dúas decisisións arbitrais condicionaron o partido, a primeira un clamoroso penalti sobre Sanginés cometido polo porteiro local, o árbitro pontevdrés Vilar Álvarez non quixo pitalo, o que ademáis siñificaría a expulsión do meta local. A segunda, un gol anulado a Martín Pérez por suposto fora de xogo, despois dunha falta lanzada por D. Arbo, o balón pega nun defensor local e vaise ao poste, e logo Martín Pérez remata ao fondo da portería. Á marxe da actuación arbitral, o Arenteiro non interpretou ben o partido, deixandose contaxiar co xogo vertical do Erizana, que empregando as súas armas e virtudes gañou tres puntos que sacan aos de Baiona do descenso directo.

Os verdes despiden a primeira volta da liga en Preferente cunha derrota na súa visita ao Marcón Atlético pontevedrés, probablemente no partido a domicilo máis flouxo do Arenteiro no que vai de campionato.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Carlos, D. Arbo, Pana, Dafonte, V. Gallego, Bardelás, Sanginés, Martín Pérez e M. Sotelo. No intermedio D. Quiroga saíu no lugar de M. Sotelo, e no minuto 77 triple cámbeo, Ocampo, D. López e Brais sustituiron a Sanginés, Dafonte e D. Arbo.
Goles:
1-0. Minuto 22. Desaxuste entre liñas do Arenteiro e Sapi entra sen oposición na área do Arenteiro para marcar a placer.
2-0. Minuto 75. Xogada idéntica a do primeiro gol, perde o balón o Arenteiro no medio do campo e nun único pase o Marcón At. desborda a defensa verde e Gelillo bate a Pachi.
3--0. Minuto 89. En pleno festival local Martín fai o terceiro.
3-1. Minuto 92. Victor Gallego maquilla o resultado cun tiro raso e axustado ao pau que bate ao porteiro ruso do Marcón At., Vladimir.
O Partido: A fulgurante saída dos locais encontraría pronto o seu premio, ante un decepcionante Arenteiro que non parecía o mesmo equipo doutras tardes, desdibuxado e impreciso. Tralo descanso, no inicio da segunda parte o Arenteiro xogou os únicios minutos aproveitables do partido, con varias aproximiacións ante a portería local pero sen chegar a crear perigo real, mentres que o Marcón At. dedicabase a esperar os momentos propicios para saír á contra, e asi foi como aproveitandose dos fallos no centro do campo dos verdes redondearon unha merecida e xusta victoria. Para colmo de males, na última xogada do partido o árbitro ensinaba o segundo cartón amarelo a V. Gallego, que desta maneira perderáse a próxima cita co Erizana en Baiona, no inicio da segunda volta do campionato.

O equipo da Estrada levouse de Espiñedo o premio dos tres puntos ao marcar no minuto 92 nun partido típico de Preferente, moi trabado e marcado pola igualdade no terreo de xogo. O resultado cortalle ao Arenteiro unha racha de dous meses imbatido.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Lois, D. López, Dani Arbo, Ocampo, Sanginés (Escudero, m.80) , V. Gallego, Martín Pérez (Brais, m. 80), Bardelás (D. Vázquez, m. 76) e Pana (D.Quiroga, m.73).
Goles:
0-1. Minuto 92. Jorge marca para o Estradense no tempo de desconto, un gol de ouro que vale tres puntos.
O Partido: Cunha parte para cada equipo, a primeira para o Estradense, un equipo dos equipos máis poderío físico da categoria, aínda que na segunda parte o Arenteiro pasou a dominar o partido e mesmo pudo adiantarse no marcador por medio dun remate de V.Gallego que se foi fora por pouco ou un cabezazo de Dani Arbo que se foi o poste, pero foi o Estradense -ao que antes anularan un gol- o que se levou os tres puntos cun gol nas postrimerias do partido. Mellorou na segunda parte o Arenteiro, que estivo bastante gris nos primeiros corenta e cinco minutos, por debaixo dos últimos partidos.

A Carreira superou o medio millar de participantes, aínda que o gran éxito estivo na solidariedade mostrada polos atletas, que entregaron centos de quilos de productos de alimentos, que recolleron voluntarios de Cáritas Parroquial do Carballiño e da Cruz Vermella local.
Dende a organización, a cargo do concello do Carballiño, solicitarase dos participantes que, dado o carácter solidario da carreira, entregasen un quilo de alimentos non perecedoiros, a chamada foi un éxito total e superaronse as previsións. Serán repartidos entre as familias da comarca con máis necesidade.
As clasificacións da VI Carreira Solidaria do Arenteiro, nas súas diversas categorias, pode verse en www.cronotec.es

O Arenteiro cumplíu o guión e supera a eliminatoria de octavos de final da Copa Deputación, a partido único, xogado no campo do Novo Aguillón, no que os valdeorreses plantaron cara na primeira media hora, pero que o Arenteiro sentenciou sen problemas cun gol en cada parte.
CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Lois, Pana, Dafonte, Alex Santiago, Bardelás, Gele, Martín Pérez e D. Quiroga. Tamén xogaron V.Gallego, D.López, Ocampo e Brais.
Goles:
0-1. Minuto 30. Dani Arbo de cabeza á saída dun córner lanzado por Gele.
0-2. Minuto 56. Martin Pérez remata un balón enviado por D. Quiroga.
O Partido: Típico de copa no que o equipo de inferior categoría, neste caso o CD Rúa, que sabe tratar moi ben o balón, sae a por todas e a punto estivo de meter en problemas ao equipo de superior categoría, neste caso o Arenteiro. Os valdeorreses protestaron un gol que lle anularon por fora de xogo, que pudo supoñer o empate cando remataba a primeira parte. Non obstante, foi o Arenteiro o que marcou a pauta do partido, ademáis dos dous goles, pudo marcar algúns máis, nun par de ocasións por medio de Martín Pérez que desbaratou o porteiro local Ferrer, nun balón ao pau de Pana ou nunha gran xogada persoal de V.Gallego que culminou nun tiro que se foi fora por pouco. Xa nas postrimerías do encontro, minuto 90, D. Quiroga lanzou un penalti que desviou nunha magnifíca intervención o porteiro do Rúa.

Empate sen goles no Estadio José Argiz de Verín, nunha tarde de moita néboa na que o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto que, tal como se desenvolveu o partido, case sabe a pouco. Non obstante, con éste en Verín, os verdes prolongan a súa racha e suman xa 7 partidos consecutivos sen perder na competición de liga en Preferente.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Diego López, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Ocampo ( Bardelás, m. 45), Victor Gallego (Dani Vázquez, m.63), Sanginés (Diego Quiroga, m. 67), Martín Pérez e Marcos Sotelo (Lois, m. 70).
O Partido: Clásico de rivalidade, moi trabado, e nunha primeira parte no que se xogou moi pouco tempo real, despois de que o partido estivese parado 12 minutos pola lesión do porteiro local Jorge, tras rexeitar un balón á escadra enviado por M. Sotelo. Unha vez que se reanudou o Arenteiro tivo por tres veces a oportunidade de adiantarse no marcador por medio de M. Pérez , Ocampo e D. López pero evitouno as meritorias intervencións do meta local, concluindo os primeiros 45 minutos co Arenteiro como claro dominador no terreo de xogo. Na segunda parte, no m. 53 chegaba a primeira ocasión -e practicamente única- do encontro a favor dos verinenses, despois o partido entrou nunha fase na que o xogo non tiña continuidade por ningún dos dous equipos, aínda que foi o Arenteiro -a balón parado- o que volveu estar a piques de marcar en sendas faltas ao borde da área lanzadas por Quiroga e Dani Arbo. Ambos equipos remataron o partido con 10 xogadores no campo, por expulsión de Vicente de Dios nos locais e Dafonte no Arenteiro, nos dous casos por doble cartón amarelo.
A Espiñedo, que presentaba unha gran entrada de afeccionados, chegaba o potente Lalín, un dos claros favoritos ao ascenso. Esperabao un Arenteiro sen complexos que venceu con todo merecemento, incluso o tanteo pudo ser superior ao seu favor. Os carballiñeses prolongan asi unha magnífica racha de resultados, dous empates e catro victorias nos últimos seis partidos.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Pana, D.López, D. Arbo, Dafonte, Sanginés (Lois, m. 75), Quiroga (V.Gallego, m.55), Dani Vázquez (Martín Pérez, m.55), Bardelás (Ocampo, m.70) e Marcos Sotelo.
Goles:
1-0 Minuto 8. No único fallo da tarde do porteiro visitante non acerta a atallar o balón e Diego López marca a placer.
2-0.Minuto 17. Perfecta triangulación do equipo verde que culmina Sanginés.
2-1.Minuto 30. Defectuoso despexe cara atrás de Arbo que aproveita Iker Hurtado adiantandose a Marcos Nieto fai o primeiro do Lalín.
2-2.Minuto 38. Matelo corre a banda dereita e o seu centro medido é ben rematado por Iker Hurtado.
3-2.Minuto 59. Pase entre liñas de Victor Gallego e Marcos Sotelo engancha un zurdazo que da no poste e entra na porteria visitante.
4-2.Minuto 73. Balón solto na área pequena que Sanginés axusta perfecto ao primeiro pau.
O Partido: Magnífico inicio de partido do Arenteiro superando en todas as líñas do campo ao Lalín, con dous goles en 17 minutos, e tendo a opurtunidade de ampliar a ventaxa no marcador, con media hora de dominio absoluto ante un Lalín superado e desconcertado. Pero en 10 minutos tontos dos verdes os visitantes lograban empatar o partido, logo chegou o descanso e tralo mesmo o Lalín pudo adiantarse nos primeiros compases da segunda parte, a partir de ahí o Arenteiro volveu ser o dono e señor do partido ata o pitido final. O Lalín rematou o partido con 9 xogadores, tras as expulsións de Dani Méndez e Matelo, mentres que no Arenteiro via cartón vermello o adestrador Miki López.

A partir de agora os afeccionados de Club Deportivo Arenteiro terán información en tempo real dos partidos que xogue o primeiro equipo. Para elo tan so terán que instalar unha descarga gratuíta da app gooligans no teléfono móbil, e tamén noutros dispositivos como tabletas ou ordenadores.
Desta maneira, os seguidores do Arenteiro, alá onde se encontren, recibirán en tempo real información dos goles e das principais incidencias de cada partido.
Club Deportivo Arenteiro é o primeiro club de fútbol da provincia de Ourense e o terceiro de Galicia que implanta este moderno sistema de información, que xa está dispoñible.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- …
- seguinte ›
- última »