Deportes

19, Xaneiro 2014

Os verdes desaproveitaron as numerosas ocasións que tiveron ante a portería rival, e a falta de acertou pagouna o equipo deixando escapar dous puntos de Espiñedo nunha tarde infernal de frio, choiva e vento e co terreo de xogo moi pesado que perxudicou o xogo do Arenteiro ante un rival, o Ramirás, que sigue sendo a besta negra dos carballiñeses.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, Lois, Oscar, Alex, Bardelás, Gallego, Prada, Manu e M, Sotelo. Tamén xogaron Quiroga, Martín, Canexón e Omar,

O Partido: Faltoulle esta tarde ao Arenteiro a sorte que acaso tivo noutros partidos. Na primeira media hora os carballiñeses sumaron ata catro ocasións de gol, pero non era a tarde dos dianteiros , igual aconteceu na segunda parte, sobre todo na recta final do partido, cando primeiro una volea de Canexón encontrase ao porteiro vistante e un cabezazo de Martín vaise ao poste e o rebote as mans do porteiro. Con todo, a ocasión máis diáfana chegaba no minuto 89 cando V. Gallego senta ao guardameta do Rámirás e despois falla a portería vacía cando xa se cantaba o gol na grada.

12, Xaneiro 2014

Os verdes comezan a segunda volta do campionato sumando outros tres puntos que os afianzan no liderato da 1ª autonómica,  tras gañar un partido no que a S.D.C. Arrabaldo vendeu cara a derrota.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Quiroga, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Prada, Canexón, Omar e Martín.

Goles:

0-1: Minuto 47. Xogada por banda de Marcos Sotelo que centra medido sobre o punto de penalti, Quiroga engaña ao porteiro deixando pasar o balón e Manu marca a placer.

O Partido: Comezou moi forte o Arrabaldo, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, pero por dúas veces Pachi evitou o gol. Tras o arreón inicial dos locais, o partido, nos primeiros minutos moi incomodo para o Arenteiro, que non lograba adaptarse as reducidas dimensións do terreo de xogo, foise nivelando. Tras o descanso, o Arenteiro fíxose co control do partido, e o Arrabaldo apenas logrou chegar un par de veces á área carballliñesa.

6, Xaneiro 2014

Club Deportivo Arenteiro e a Selección do Ribeiro xogaron na tarde de reis un partido de fútbol de carácter solidario, a beneficio das actividades que desenvolve a Cruz Vermella. Os carballiñeses gañaron 3-1, aínda que desta vez o resultado era o de menos, porque en realidade quenes gañaron en solidariedade foron os preto de 50 fútbolístas que partiparon nesta acción benéfica.

Ainda que nun principio o partido estaba programado no Estadio de Espiñedo, o calamitoso estado no que se atopaba o terreo de xogo tras as fortes chuvias dos últimos dias, finalmente decidiuse xogar o encontro no campo sintético da Uceira.

A Selección do Ribeiro, dirixida polo adestrador do At. Barbantes, Paco, presentou un bo combinado, entre os que figuraban os exarenteiros Gabriel, Julio Alén e Pana.

Miki López, o adestrador carballiñés, dispuxo dous equipos, un en cada parte, dando entrada a varios xuvenís, tan so o defensa Pablo Dabarca xogou os 90 minutos. Os goles do Arenteiro foron obra de Quiroga (2 ) e Borja (1).

22, Decembro 2013

Os alaricanos, que demostraron ser un bo equipo, adiantaronse cun gol aos 8 minutos e o Arenteiro, que afrontaba o partido con varias baixas, contestou con resposta de líder dándolle a volta ao marcador antes do descanso. Os carballiñeses despiden o ano como líderes, con 41 puntos.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dabarca, Óscar ( Lois, m. 64 ), Alex, Bardelás ( Canexón, m. 72 ), Victor Gallego, Quiroga, Manu ( Tomás, m. 81 ), e Marcos Sotelo ( Esteban, m. 84 ).

Goles:

1-0. Minuto 8. Magíífica xogada de toque da dianteira local, Pachi rexeita en primeira instancia, pero Beto marca a porta vacía.

1-1: Minuto 31. Combinación entre V. Gallego, Manu e Bardelás que éste último culmina dun chut colacado ao pau.

1-1. Minuto 39. O golazo da tarde. Carlos Escudero recolle o balón a unha distancia de 30 metros e saca un chupinazo que se cola por toda a escadra.

O Partido: Tras un inicio no que o Allariz marcou o seu gol, logo conseguiría o Arenteiro asentarse no campo, dominando tanto na posesión do balón como o tempo do partido ata que chegou o descanso. Na reanudación, os locais volveron saír máis entonados, mentres que o Arenteiro buscaba á contra  o gol da sentencia, que a punto estiveron de lograr ata en tres ocasións noutros tantos disparos a portería de Quiroga, M. Sotelo e V. Gallego. Sen embargo, sería o Allariz o que pudo empatar xa no tempo de desconto - o árbitro prolongou o partido 8 minutos- pero o meta carballiñés Pachi, que estivo sensacional con dúas intervencións nos minutos 91 e 96, salvou os 3 puntos para o Arenteiro.

15, Decembro 2013

O C.D. Arenteiro sigue lanzado na recta final da primeira volta do campionato de liga na 1ª auotonómica, desta vez os verdes fraguaron a victoria ante o Monterrei nunha intensa primeira media hora de partido na que o equipo carballiñés foi un autentico vendaval de xogo ante a portería visitante. 

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dabarca, Oscar, Alex,  Bardelás ( Canexón, m. 61 ), Victor Gallego ( Alex Santiago), m. 69, Diego Quiroga ( M. Sotelo) , Walter Martín ( Manu ) e Prada. 

Goles:

1-0: Minuto 10: Corner que saca Quiroga e acrobático remate de Walter Martín.

2-0: minuto 13. Pase en profundidade de Quiroga sobre Prada, tapa o porteiro pero o rexeite é aproveitado polo propio Prada para marcar dende 30 metros cun chut suave e colocado.

3-0. Minuto 28: Golazo de Quiroga, que aproveita un gran centro de Prada para, tal como viña o balón, golpealo á escuadra.

3-1. Minuto 47. Regalo da defensa verde e Seoane marca a placer.

4-1. Minuto 77. Corner que saca Marcos Sotelo e Manu, de cabeza, fai o cuarto da tarde.

5-1. Minuto 90. Outro golazo de Manu tras un gran pase de Alex.

O Partido: Saíu o Arenteiro decido a resolver o partido pola vía rápida, exercendo unha abafante presión que apenas deixaba tocar o balón aos xogadores do Monterrei, con varias ocasións durante o primeiro periodo para irse ao descanso cun marcador aínda máis favorable. Xa con 3-0 a favor dos carballiñeses no minuto 35, o porteiro visitante Siero -o mellor do seu equipo ata que foi expulsado- detivo un penalti lanzado por Dabarca. Na segunda parte, os carballiñeses non sairon coa mesma intensidade, ainda que o partido quedaba practicamente visto para sentencia no minuto 65 pola expulsión do meta visitante, que tocou o balón coa man fora da área cortando unha manifesta ocasión de gol para Iago Canexón.

8, Decembro 2013

Prácido partido para o Arenteiro na súa visita ao campo da Moreira de Xinzo de Limia, os carballiñeses dominaron o partido de principio a fin, e suman unha nova victoria a domicilio que lles permite colocarse como líder da liga na 1ª autonómica.

C.D. Arenteiro: Pachi, Escudero, Lois, Diego Lopez, Dabarca, Omar, Bardelás, Gallego, Quiroga, Martín e Prada. Omar, lesionado no m. 17, tivo que deixar o campo e no seu lugar entrou Alex. No último tramo do partido tamén xogaron Canexón, Oscar e M. Sotelo.

Goles

0-1: Minuto 7. Martín, a pase de Bardelás.

0-2: Minuto 59. Penalti sobre Victor Gallego que transforma Dabarca.

1-2. Minuto 69. Penalti cometido por Lois, marca Samu para os locais.

1-3: Minuto 71. Centro medido de Quiroga que remacha Martín.

1-4. Minuto 92. Balón que sirve Gallego sobre Quiroga que marca a porta baleira.

O Partido: De moi pouca historia debido a abrumadora superioridade do C.D. Arenteiro nunha tarde na que os verdes poideron acadar unha goleada moito máis ampla, xa que tanto na primeira como na segunda parte Martín e Quiroga dispuxeron de ocasións moi claras para incrementar a renda de goles. 

1, Decembro 2013

Outra sufrida victoria dos verdes en Espiñedo, desta vez ante un bo Covadonga. O Arenteiro quedouse dende os inicios da segunda parte con 10 xogadores no campo tras ver cartón vermello directo Manu ao tocar o balón coa man para evitar o gol visitante. Pachi detivo o penalti e a partir de ahí o Arenteiro aguantou ben o resultado.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Lois, Dabarca, Oscar, Omar, Manu, Gallego, Quiroga, Martín e Prada. Tamén xogaron Canexón, Alex, Sotelo e Cancelas.

Goles:

1-0. Minuto 10. Internada de Prada pola banda que se planta ante o porteiro do Covadonga e sirve o balón en bandexa a Manu, que marca.

2-0. Minuto 78. Desta vez é Marcos Sotelo quen coloca a pelota na área, Victor Gallego toca o xusto para que Quiroga remate ao fondo da portería.

O Partido: Vistoso e entretido no primeiro periodo con ocasións en ambas porterías. Na reanudación, e tras a expulsión de Manu o Covadonga desaproveitou a oportunidade de empatar o partido o despexar Pachi o balón no penalti lanzado por Toni. A partir de ahí, o Arenteiro, sabedor da súa inferioridade numérica pola expulsión de Manu, defendeu con acerto a exigua ventaxa no marcador ata que chegou o gol da sentencia xa na parte final do partido. O árbitro Iván González anulou dous goles, ao Arenteiro no minuto 12 e ao Covadonga no 84, en ambos casos por suposto fora de xogo.

Adiante na Copa Deputación

Os carballiñeses superaron sen problemas a eliminatoria de oitavos ante o At. Vilariño, ao que volveron derrotar en Espiñedo co mesmo resultado que no partido de ida, 2-1.

24, Novembro 2013

Efectivo partido dos carballñeses  que endosaron ao líder Nogueira de Ramuín a primeira derrota da tempada no seu campo da Tella, o  que lle permite ao C.D. Arenteiro continuar coa súa racha de imbatibilidade nas últimas 9 xornadas de liga, sumando 2 empates e 7 victorias. 

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Oscar, Omar, Bardelás, V. Gallego, Quiroga, Martín e Prada. No último cuarto de partido tamén xogaron Canexón, Manu, Núñez e M. Sotelo.

Goles

0-1. Minuto 50. Diego Quiroga executa maxistralmente unha falta enviando o balón á escuadra da portería local.

0-2. Minuto 71. Walter Martín, de cabeza, ao máis puro estilo Carlos Santillana. 

0-3. Minuto 84. Outro libre directo sobre a portería local, desta vez é Manu quen protagoniza un magnífico lanzamento, salvando a barreira e enviando o balón axustado o pau.

O Partido: Con dúas partes moi diferentes, a primeira na que o líder dominou e a segunda na que o Arenteiro sentenciou con solvencia. O momento clave do partido pudo ser o minuto 39, cando o Nogueira quedouse con 10 xogadores no campo por expulsión de Meleiro, que víu doble cartón amararelo. Atá ese momento o Nogueira controlaba o partido cunha presión no medio do campo que impedía aos carballiñeses poder progresar cara a área local. Na segunda parte, o partido mudou sustancialmente, sendo entón o Arenteiro o que pasou a controlar o partido e a gozar das mellores ocasións, e froito delas chegou a victoria.

17, Novembro 2013

Outros tres puntos para o casilleiro do C.D. Arenteiro, que suma desta maneira oito partidos consecutivos imbatido en liga, con dous empates e seis victorias nas últimas oito xornadas. Ante o Polígono San Cibrao os carballiñeses volveron sufrir, sobre todo ao  xogar a última media hora de partido con 10 xogadores por expulsión de Alex.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Oscar, Alex, Bardelás, Núñez, Quiroga, Martín e Prada. Tamén xogaron Canexón, Omar, M. Sotelo e Dabarca.

Goles:

1-0. Minuto 1. Internada de Prada pola banda que o propio xogador culmina cun tiro raso.

2-0. Minuto 46. Outra vez Prada aparece para aproveitar un rexeite do meta visitante Alberto.

2-1. Minuto 76. Gustavo, de cabeza, bate a portería de Pachi.

O Partido: O mellor, o resultado. Ao Arenteiro cóstalle sacar adiante os partidos en Espiñedo, desta vez pudo facélo aproveitando os dous goles "sicolóxicos" marcados no minuto un de cada periodo, pero volveu estar moi espeso no seu xogo. A atenuante, que xogou dende o minuto 62 en inferioridade pola expulsión de Alex, que víu dúas tarxetas en apenas 10 segundos, a segunda por protestar.

9, Novembro 2013

Unha xogada "delicatessen" da dianteira verde culminada por Victor Gallego deu os tres puntos ao C.D. Arenteiro  no campo dos Carrís ante o Barbadás B nun partido no que se xogaban algo máis que 3 puntos e no que o equipo carballiñés cumplíu, e con boa nota, xa que xogou un dos partidos mais serios no que vai de liga.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Oscar, Alex, Bardelás, V. Gallego, Quiroga, Martín e Prada. Tamén xogaron Canexón, Cancelas, A. Núñez e Omar.

Goles:

0-1. Minuto 21. Xogada de tiralíneas da dianteira do Arenteiro que inicia un centro de Prada que Martín deixa pasar, logo toca sutilmente o balón Quiroga e finalmente Victor Gallego golpea ao fondo da portería.

O Partido: Controlado de principio a fin polo Arenteiro, que pudo lograr na parte final do encontro incrementar o marcador ao seu favor, xogado con moita intensidade por ambos equipos, gañou o que tivo máis ocasións e fixo méritos suficientes para quedarse cos 3 puntos, calaquera outro resultado houbese sido inxusto. O  Arenteiro estivo moi serio en defensa, lixeiramente adiantada, ben no medio do campo e incisivo en ataque.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes