Deportes

O gardameta local Tejero foi o mellor do equipo mostoleño con tres grandes intervencións, impedindo os goles dun Arenteiro que tan so a súa falta de acerto ante a portería do Móstoles ve como volve resistírselle o triunfo, asi e todo os verdes acumulan xa catro partidos consecutivos sen perder en 2ª RFEF, cunha vitoria e tres empates.
O partido no estadio do Soto de Móstoles deixounos unha primeira parte igualada e con apenas ocasións, eso si, a única e clara foi para o Arenteiro nunha boa triaungulación que rematou cun pase de Raúl Blanco a Renán, o brasileiro culminou a xogada dende dentro da área cun bo chut con marchamo de gol pero o porteiro local fixo o primeiro paradón da matinal.
Na segunda metade, o Arenteiro pudo volver adiantarse con outras dúas boas ocasións, pero como deixamos dito, o gardameta do equipo madrileño foi o mellor do Móstoles e volveu salvar ao seu equipo. E menos mal, porque sabido é que no fútbol quen perdoa acabao pagando caro, aínda que desta vez polo menos o Arenteiro consigue sumar un punto, e todo o que sexa sumar -e máis a domicilio- non é un mal resultado.
Crónica do partido en: http://elgoldemadriz.com/mostoles-0-0-arenteiro-se-pudo-ganar-y-perder/

Espiñedo rexistrou a mellor entrada en moitos anos para ver este Arenteiro-Compostela (1-1) correspondente á 6ª xornada do campionato de liga na Segunda División RFEF, un reparto de puntos que deixou máis satisfeitos aos santiagueses que aos carballiñeses.
Tras unha primeira parte igualada e na que ambos equipos tiveron as súas ocasións para adiantarse no marcador, a máis clara un zambombazo que Adrián Cruz enviou sobre a portería de Pato e repeleu o poste. Pero chegou un deses goles que decimos sicolóxicos, cando os dous equipos agardaban polo descanso no prolongado desconto da primeira parte, Primo adiantou ao Compostela.
Nada máis reaunudarse o partido tralo paso por vestiarios empatou o Arenteiro por mediación de Renan Zanelli, que enviou un tiro axustado ao pau imposible para o gardameta compostelán. O gol espoleou aos verdes que forónse polo partido ante un Compostela que se vía superado, aínda asi chegaron un par de veces con perigo aos dominios de Diego García, non obstante foi o Arenteiro o que levou o peso do partido durante toda esta segunda metade e tivo ata 3 claras ocasións para darlle a volta ao marcador, non houbese sido inxusto.
FICHA TÉCNICA:
CD ARENTEIRO: Diego; Eimil, Ger, Portela, Mariña, Joseca (Naveira, m.84); Alex Fernández, Adrián Cruz (Markitos, m.71), Renan; Sobrido (Raúl Blanco, m.77) e Adri Castro (Sylla, m.77).
SD COMPOSTELA: Pato; Roque (Saro, m.72), Álvaro Casas, Guille Torres, Salado; Pablo Antas; Rafa Mella (Parapar, m.18), Samu (Joel, m.60), Josiño (Jordan, m.60 (Pablo Durán, m.72)), Escudero; e Primo.
GOLES: 0-1: Primo, min.45+4; 1-1: Renan, min.46.
Árbitro: O galego Quintairos Rial. Moi protestado pola afección local, cometeu numerosos erros de apreciación que perxudicaban casa sempre ao Arenteiro, tamén se lle reclamou un penalti na área do Compostela por man dun defensor visitante. Amonestou a Adrián Cruz, Naveira e Mariña no Arenteiro, e Millán Fernández no banco local; asi como a Rodri (adestrador), Salado e Jordan, polo Compos.

Calquera afeccionado do Arenteiro daría a priori por moi bo un empate en Pasarón, logo, facendo unha soberbia primeira parte e gañando 0-2 a 20 minutos para o final, o reparto de puntos co Pontevedra (2-2)deixa un sabor agridoce, en todo caso un punto que cobra un valor especial porque o Arenteiro logrouno nun dos estadios míticos do fútbol.
Crónica do partido no Diario de Pontevedra:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/deporte-local-pontevedra/2-2-...
Crónica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2021/10/04/c...

Un golazo de Victor Eimil no minuto 76 de partido foi suficiente para que o Arenteiro lograse a primeira vitoria no campionato de liga na Segunda Federación Española, derrotando a un dos grandes da categoria, o Salamanca CF UDS, que sofre a primeira derrota en liga.
O encontro iniciouse cos charros moi ben posicionados no campo e impedindo que o Arenteiro poidese ter a posesión, como nos anteriores partidos dos verdes, que pouco a pouco foron buscando ocos no entramado defensivo do Salamanca, un equipo que se presentaba en Espiñedo acumulando 6 meses sen perder en partido de liga e sen encaixar aínda no presente campionato.
Tralo do paso por vestiarios, o Arenteiro deu un paso á fronte e súas foron a mellores ocasións de gol do partido, ata que chegou a xornada clave da tarde: Vitra porfía por un balón que se leva finalmente pola banda esquerda Joseca, éste e saca un centro que caza Victor Eimil para enviar unha volea imparable para o gardameta do Salamanca. Un gol histórico que desatou a euforia nunha afección que estivo de 10 levando ao equipo en volandas toda a tarde.
A partir do gol, o Arenteiro atrincherouse atrás a defender a súa renda e conseguiuno no resto do partido, incluidos os 7 minutos que decretou de prolongación o árbitro asturiano que dirixíu o encontro.
CD ARENTEIRO: Diego, Ger, Portela, Álex Fernández, Joni (Sobrido, min. 68), Renan, Cruz (Marquitos, min. 57), Naveira (Joseca, min. 68), Eimil, Adri Castro (Cassio, min. 78) e Vitra.
SALAMANCA CF UDS: Benítez, Arencibia (David Segura, min. 70), Murua, Kristian, Bouba (Palomares, min. 53), Amaro, Benito (Ribeiro, min. 70), Liam (Hugo Díaz, min. 78) Espeso, Carmona (Carrasco, min. 78)e Manin. GOL: 1-0, min. 76, Eimil.
ÁRBITRO: Diego Valdes Díaz, do comité asturiano. Mostrou cartón amarelo aos xogadores do Arenteiro Adri Cruz, Naveira e Diego; e a Carmona, Arencibia, Benito, Palomares del Salamanca CF UDS. Expulsou con vermella directa nun erro monumental a Fran Justo, nunha acción á que o adestrador do Arenteiro era totalmente alleo,asi como ao segundo adestrador verde Alex Vázquez.

Espiñedo recibe dende as cinco da tarde deste domingo 26 de Setembro ao Salamanca C.F UDS, un dos equipos chamados a loitar polo campionato desta Segunda RFEF e lograr o ascenso de categoria, éste é o claro obxetivo do equipo charro, que leva seis meses sen perder en partido oficial.
Enfronte, un Arenteiro que chega a esta cuarta xornada de liga facendo bos partidos pero que precisa gañar xa para gañar confianza, aínda que neste caso terá que verse cun oso moi duro de roer, un Salamanca que chega a O Carballiño tras lograr dúas vitorias e un empate nos tres partidos xogados e aínda tendo a cero a súa portería, sen encaixar gol.
Non hai cámbios en canto a normativa covid sobre aforos nos recintos deportivos ao aire libre, asi que tamén para este partido poderán acceder 1.200 persoas ao Estadio de Espiñedo para presenciar este histórico encontro, xa que é a primeira vez que enfrontaránse Arenteiro e Salamanca, nunca antes o fixeron.

Mesmo guión en Xixón que nos dous encontros anteriores, o Arenteiro domina os partidos, crea incontables ocasións de gol que non materializa e os rivais, con moi pouco marcan e gañan o partido, esto fixo o Ceares que tirou dúas veces entre os tres paus da portería de Diego García e marcou dous goles, o Arenteiro ningún a pesar das súas múltiples ocasións.
Cronica do partido no diario dixital "Fútbol Asturiano" https://www.futbolasturiano.es/noticias12/0328.htm

Partido en horario matinal que apenas restou público, xa que Espiñedo rexistrou un bo ambiente completándose o aforo permitido, e primeiro punto logrado en Segunda RFEF polos verdes, nun partido no que o equipo mereceu bastante máis que o empate.
Porque o Arenteiro foi un auténtico vendaval nos primeiros vinte minutos de partido sometendo por completo ao seu rival, que a duras penas podi conter as acometidas do equipo de Fran Justo, que se adiantaba xa nos primeiros compases do partido cun latigazo de Mariña, que se encontrou cun balón solto na área.
E seguiron as ocasións durante toda a primeira parte de absoluto dominio do Arenteiro, as máis claras nas botas de Sylla e Raúl Blanco, que perdonaron o 2-0.
E volve cumprirse a máxima do fútbol, quen perdona acabao pagando, e esto pasoulle aos verdes nunha segunda parte que estivo xa máis nivelada, aínda asi o gol do empate dos asturianos volveu chegar -igual que en Arousa- nunha xogada de infortunio na que un balón rebotou nun defensor local e acabou introducindo na meta de Diego García.
En defintiva, o Arenteiro suma o primeiro punto da tempada deixando unha boa imaxe, sen dúbida merecedor dun mellor resultado.
Nos prolegómenos do encontro, o Arenteiro recibíu da RFGF o trofeo que o acredita como campión de terceira división na tempada 2020-2021.
CD ARENTEIRO (1): Diego García, Germán, Portela, Manu Mariña, Eimil, Naveira, Álex Fernández, Renan (Joseca, min 85), Adrián Cruz (Marquitos, min 85), Raúl Blanco (Sobrido, min 74) e Sylla (Joni, min 70).
UP LANGREO (1): Adrián Torre, Cristian, Gonzalo, Alain (Jandrín, min 79), Abel (Álvaro García, min 39), Samba, Juan López, Imad (Jorge Hernández, min 56), Dorian (Rabii, min 79), Nacho García (Júnior, min 79) e Pana.
ÁRBITRO: Crespo Puente, do comité cántabro. Mostrou cartóns amarelos a Naveira e Manu Mariña, no Arenteiro, así como a Álvaro García, Alain, Gonzalo, Nacho García Júnior no bando visitante.

Partido histórico o que se vivirá este domingo en Espiñedo, en horario condicionado polo convenio asinado polo Arenteiro coa Televisión de Galicia, que retransmitirá en directo o encontro a partir das 12 do mediodia, o visitante, un clásico do fútbol asturiano, a Unión Popular de Langreo.
Cumplénse precisamente 32 anos dende que, tamén en Segunda B, os asturianos visitaran o municipal de Espiñedo, na que fora segunda e derradeira tempada do Arenteiro a finais da década dos oitenta do século pasado militando na categoria na que agora ambos volven encontrarse, daquéla o Arenteiro vencera por 1-0 ao equipo asturiano. Duro rival este Langreo que na primeira xornada venceu no seu campo ao Bergantiños por 3-0.
Nos prolegómenos deste partido o Arenteiro recibirá o Trofeo que o acredita como campión de terceira división da tempada 2020-2021, o título histórico logrado na pasada tempada, e que lle valeu este ascenso de categoria, da que desde este domingo poden disfrutar os afeccionados verdes.

Arenteiro e Arousa ofreceron un debut na Segunda Federación pouco vistoso, nun partido de escaso fútbol e no que máis lóxico polo visto na Lomba houbesese sido un empate, pero decidíu un gol a favor do Arousa marcado tras un corner e rematado en semifallo polo local Pedro García, mentres que o Arenteiro non sacou proveito as súas claras ocasións e regresou de baleiro.
Crónica do partido na Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2021/0...
Crónica do partido no Diario de Arousa:
https://www.diariodearousa.com/texto-diario/mostrar/3120787/victoria-pic...

Unha pretempada na que o Arenteiro xogou 8 partidos ante rivais de nivel, colleitando 4 victorias (Lugo B, Celta B, Villalbés e Barco) e 4 empates (Coruxo, Fabril, Racing Ferrol e Deportivo), todos xogados durante o mes de Agosto.
Neste último partido de preparación en Calabagueiros xogado o sábado 28, os verdes foron moi superiores aos locais do Centro de Deportes Barco, aos que venceron por 1-4, con goles de Renan, Raúl Blanco, Alex Fernández e Adrián Cruz, e no que Fran Justo seguíu rotando todo o plantel dispoñible.
Agora comeza a liga, será o sábado dia 4 de Setembro, a data na que debutará o Arenteiro na Segunda RFEF no estadio da Lomba de Vilagarcía, onde agarda o Arousa. O partido está fixado para as 8 da tarde e será retransmitido pola G2.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »