Deportes

11, Xuño 2019

A Área de Deportes do concello do Carballiño organiza unha nova edición da Gala do Deporte, na que desta vez vaise recoñecer aos mellores deportistas carballiñeses destas últimas dúas tempadadas, as que se corresponden cos anos 2018 e 2019.

O evento terá lugar o venres dia 14 de Xuño a partir das 20:30 horas no auditorio municipal do Carballiño.

Na Gala faráse un recoñecemento institucional do concello carballiñés a todos e a todas as deportistas que se viñeron distinguindo pola súa traxectoria deportiva, tanto a nivel individual como por equipos, en todas as modalidades deportivas que se practican no Carballiño.

6, Xuño 2019

O equipo campión da terceira división de fútbol sala, Pazos de Borbén; e os equipos de Vigo, Red Blue e Talleres ABC, xunto ao equipo GRI Carballiño, competirán esta fin de semana pola V Copa Terceira División F.S., que terá lugar o sábado 8 e o domingo 9 de xuño no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño.

O evento foi presentado nun acto ao que asistiron o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; o presidente da comisión galega de árbitros, Álvaro Cid Bragado, e o presidente do Gri Carballiño F.S., José Manuel Vázquez.

O sábado, 8 de xuño, pola tarde, disputaranse as semifinais; ás 16,30 h., GRI Carballiño – Red Blue Vigo, e ás 19,00 h., Pazos de Borbén – Talleres ABC de Vigo. A final será o domingo, 9 de xuño, ás 12,00 h.

Manuel Dacal resaltou a categoría desta competición e agradeceu a deferencia da Federación Galega por traela ao Carballiño. Así mesmo, incidiu unha vez máis en que os grandes eventos deportivos e o turismo camiñan unidos, por eso O Carballiño atrae cada día a máis visitantes.

José Manuel Vázquez sinalou que esta competición era un broche de ouro para a magnífica tempada do equipo GRI Carballiño, que acadou o terceiro posto na súa categoría, e dixo que esperaba que chegase á final desta copa, polo que animou aos afeccionados carballiñeses a acudir ao pavillón. Tamén destacou que o equipo feminino sénior vai disputar este domingo no pavillón de Os Remedios de Ourense, ás 10 da mañá, a final da Copa Deputación, co que a tempada para todas as categorías de fútbol sala do club carballiñés resulta increíble.

Finalmente, Álvaro Cid, que foi durante 16 anos árbitro nacional, e que leva máis de 30 anos no fútbol, expresou a satisfacción da Federación Galega de Fútbol pola celebración deste trofeo no Carballiño, e agradeceu ao concello e ao equipo local a colaboración e organización do mesmo.

30, Maio 2019

O Club Aehde O Carballiño organiza o domingo, 2 de xuño, desde as cinco e cuarto da tarde a súa Gala de clausura do curso da escola de patinaxe artística que ao longo dos últimos oito meses veu traballando a razón de dous días por semana.

O evento celebrarase no pavillón anexo do Paco Chao e contará coa participación de escolas e clubes de Celanova, Bande, Sarria e Boqueixon, e reunirá tamén a catro das seccións do clube carballiñés: o equipo de competición de patinaxe individual liderado pola súa adestradora Carla Iglesias, o de show da entidade con Erea Abalde á cabeza, o de Patinaxe en Familia, na modalidade en líña, que capitanea Xurxo Vázquez, e a propia escola baixo a dirección de Nieves González e Paula Castro. En total serán uns 170 patinadores e patinadoras os que se dean cita na convocatoria da entidade carballiñesa.

A actividade, que conta coa colaboración do Concello de O Carballiño, constará de bailes grupais e individuais e incluso unha exhibición de salto de altura con patíns. A diferenza doutros anos, non será a última actividade da tempada do Club Aehde en O Carballiño, xa que o 29 do mesmo mes de xuño celebrarase a primeira edición do Trofeo Terras do Orcellón na modalidade de grupos show.

19, Maio 2019

Os verdes comezaban o partido ante o Centro de Deportes Barco con 47 puntos no seu casilleiro, que tal como se vaticinaba resultaron sufientes para acadar o obxetivo e conseguir que o Arenteiro e a súa gran afección sigan gozando do fútbol da terceira división.

Malia que o Celta B caeu a postos de "playout", o que eleva a 7 os posibles descensos na terceira división, o Arenteiro consigue estar a salvo ao deixar por abaixo na clasificación a 7 equipos, os catro directamente descendidos Porriño, Boiro, Ribadumia e Laracha, aos que se suman os 3 descensos condicionados de Céltiga, Paiosaco e Somozas, os 3 pendientes da sorte que corra o Celta B no "playout" ou o posible ascenso dun dos catro equipos de terceira que promocionan: Racing de Ferrol, Bergantiños, Compostela e Alondras.

No partido que baixaba o telón da tempada, os valdeorreses lograron a victoria por 0-1, que lles resultou estéril para entrar en postos de promoción de ascenso, xa que o Alondras tamén gañou en Carballo o seu partido co Bergantiños.

O Arenteiro seguirá desta maneira e por terceiro ano consecutivo gozando da terceira división nacional, tras completar unha tempada 2018-2019 que estivo plagada de diversas dificultades, pero das que o equipo soubo saír a flote, cun meritorio final  de curso, cando máis necesario e determinante era, o equipo soubo dar a talla.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459802

 

12, Maio 2019

Con esta victoria por 0-2 no campo do Porriño Industrial os verdes acadan os 47 puntos a falta do último partido ante o CD Barco e prácticamente aseguran a continuidade na tercerira división por terceira tempada consecutiva.

No partido xogado en Porriño, onde polo número de seguidores na grada, o Arenteiro parecía que xogaba en Espiñedo, o equipo adestrado por Gelucho asegurou os 3 puntos que poden considerarse transcendentais para lograr o obxetivo final.

O triunfo dos verdes materializouse na segunda parte, e tras un primeiro periodo no que o Arenteiro pudo irse ao descanso con algún gol ao seu favor, xa que gozou de varias aproximacións sobre a meta local que so faltou definir, mentres os locais so conseguían chegar aos dominios de Rui en xogada a balón parado.

Tras a reanudación pronto chegaría o primeiro gol do Arenteiro, unha delicatessen de Hugo Sanmartín que cunha perfecta vaselina superou ao meta local. Tamén foi o mesmo Sanmartín o que servíu en bandexa o balón a Carlos de Dios para que marcase o 0-2 defintivo.

O Arenteiro tivo que xogar os últimos minutos do partido con 10 xogadores ao ver doble cartón amarelo o defensa Adrián Pol.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459793

5, Maio 2019

Os goles de Fajardo e Carlos e Dios deron a volta ao marcador nun partido no que a UD Ourense lograra adiantarse cun gol de Marquitos na primeira parte, noutra tarde de fútbol con ambientazo en Espiñedo e cun invitado de excepción, o futbolista do Español Borja Iglesias que onte marcou dous goles ao At. de Madrid.

Con este resultado o Arenteiro evita xa o descenso directo, agora o obxetivo sigue sendo escapar dos postos de posible arrastre polos descensos dos equipos galegos de Segunda B.

O partido estivo igualado na primeira parte como un típico derbi, marcou a UD Ourense e as mellores ocasións foron para o Arenteiro, e asi fumos ao descanso.

No minuto 57 chegou a xogada clave do partido, penalti cometido por Josu que ademáis motivou a súa expulsión ao impedir coa mán un remate de Hugo Sanmartín. Fajardo lanzou axustado ao pau por baixo e desta vez Pato non pudo facer nada para evitar o empate.

A partir dese momento, o partido pasou a ser un monólogo do Arenteiro, con varias ocasións ante a portería de Pato pero o gol non quería chegar, ata que xa no desconto unha enorme acción persoal de Carlos de Dios supuxo co seu golazo o definitivo 2-1 no marcador, e a conseguinte explosión de alegría na afección verde.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459783

3, Maio 2019

Partido decisivo este domingo en Espiñedo, xa que unha victoria dos verdes ante a UD Ourense pode achegar ao Arenteiro a lograr o obxetivo da permanencia na terceira división.

Declarado día de axuda ao club, os socios pagarán 5 euros e o público en xeral 10 euros. 

Para evitar as sempre molestas colas nas taquillas de Espiñedo antes do partido, que se inicia ás 17:30 horas deste domingo 5 de Maio, o club instalará un stand este sábado na Praza Maior para promover a venda anticipada.
 

1, Maio 2019

O Racing de Ferrol está máis preto do titulo de campión da terceira división tras vencer ao Arenteiro por 4-1 no partido xogado este mércores dia 1 de Maio no campo municipal da Malata, nun encontro no que o Arenteiro fixo varias rotacións no seu habitual once titular.

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2019/05/01/racing-cerca-titulo-campeon/00031556737826641773162.htm 

Foto: "La Voz de Galicia".

28, Abril 2019

Partido clave para ambos equipos o xogado na tarde deste pasado sábado en Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada con 1000 afeccionados no graderio, e no que os verdes apuntalaron as súas posibilidades de conseguir o obxetivo de seguir outro ano máis en terceira división.

Partido vital para ambos, para o Arousa porque a derrota fai que perda o tren da promoción de ascenso, para o Arenteiro porque coa victoria da un paso moi importante para lograr a permanencia nunha categoria tan complicada e igualada como é a terceira división.

Eso si, un 2-1 ante o Arousa con moito sufrimento, con final de infarto en Espiñedo. 

Ao descanso chegouse con ventaxa do Arenteiro tras un gol en propia porta dos arousanos, e despois de que todas as ocasións nesta primeira parte fosen para os verdes, que non materializaron, evitando asi irse a vestiarios cun marcador máis amplo.

Fajardo, con suspense, marcou o segundo gol local ao lanzar un penalti que en primeira instancia rexeitou o meta Manu Taboas, pero non pudo facer nada no posterior golpeo do xogador vilagarcián do Arenteiro.

E cando parecía que iamos ter un final tranquilo, no minuto 86, o Arousa recortou o marcador, tamén de penalti. E dahí ao final, o consabido sufrimento, con gol anulado aos visitantes no minuto 90. 

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459764

19, Abril 2019

Os verdes tiveron ata tres oportunidades, unha a porta vacia, para adiantarse no marcador pero faltou acerto ante a portería do Compos, que se aproveitou dun mal despexe da defensa do Arenteiro no tempo de engadido da prmeira parte para lograr desequilibrar o marcador. 

Unha mágoa, xa non con ventaxa, pero polo menos con empate ao descanso, seguro que o partido na segunda parte houbera sido outro.

Crónica do partido en "El Correo Gallego":  https://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/mono-trabajo-puesto-tres-puntos-jornada-menos/idEdicion-2019-04-19/idNoticia-1178006/

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes