Deportes

Ninguén en Espiñedo, nin xiquera o público visitante, se explican cómo non se pode pitar un penaltí tan claro e ademáis cando o colexiado lucense Iván Abel Bruzos estaba a apenas un par de metros da xogada para ver como o defensor do Céltiga derriba clarísimante a Hugo Sanmartín, inexplicable.
O penalti que non quixo pitar o árbitro chegou no tramo final do partido cando o marcador xa estaba empatado e co Arenteiro envorcado sobre a portería do Céltiga en pos do gol que lle dera unha victoria que finalmente non chegaría.
O Céltiga encoentrouse cun gol cando apenas ían 9 minutos de partido, e pouco máis fixo durante o resto da tarde. Tampouco o Arenteiro estivo acertado durante a primeira parte, de fútbol rácano por ambos bandos.
Na segunda parte o guión do partido foi xa moi distinto, e cun único equipo sobre o terreo de xogo, os verdes acorralaron na súa área ao Céltiga, que unhas veces con fortuna e os postes, outras pola falta de finalización dos dianteiros verdes, e noutra cunha gran intervención do gardameta Marcos Bermúdez, conseguiron sair vivos de Espiñedo e regresar a Illa de Arousa cun punto.
O Arenteiro nesta segunda parte tivo que esperar a que chegase o empate cun autogol de Capi e so lle faltou un pouco de acerto nos últimos minutos para gañar un partido que fixo méritos suficientes para conseguilo.
Espiñedo rexistrou unha entrada practicamente habitual, a pesar do Barsa-Madrid e, sobre todo, o tremendo frio desta tarde, con apenas 5 graos de temperatura ambiente no horario do partido.
Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Arenteiro é o único equipo da Terceira División que compite co horario televisivo do Barsa-Madrid, o club mantén o seu horario tradicional e recibirá dende aa cinco da tarde ao equipo arousano do Céltiga, a priori, un rival directo na loita por manter a categoria.
Os verdes terán as baixas de Adil, lesionado, e Adrián Pol, por acumulación de cartóns amarelos.

Un solitario gol do dianteiro local Escobar ao inicio da segunda parte foi sufiente para que o Arenteiro regrese a O Carballiño cunha derrota, nun partido para esquecer dos verdes que non souberon sacar ventaxa a superioridade numérica no campo, xa que o Lugo B xogou a maior parte do partido cun xogador menos por doble cartón amarelo.
Pero non era o dia do Arenteiro, que saíu mal e propiciou un carrusel de oportunidades para os locais que salvaron os postes e un outra vez enorme Rui Santos.
Tras quedar o Lugo B cun xogador menos, o partido foise equilibrando, ata que no inicio da segunda parte chegou o gol local. A partir de ahí, os lucenses defenderon a ventaxa no marcador sen grandes agobios, porque o Arenteiro estaba moi espeso e non era capaz de dar coa tecla.
Asi e todo, Mitogo dispuxo de unha clara ocasión para empatar, pero cando xa os verdes cantaban o gol, un defensor do Lugo B salvou in extremis.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

O mellor da tarde, a gran entrada no Estadio de Espiñedo con máis de 1200 persoas, o pior, a arbitraxe do colexiado Gabriel Rial Quintairos ao que o partido lle quedou demasiádo grande, lamentable labor arbitral que escamoteu dous claros penaltis na área do Ourense durante a primeira parte, e por si esto fora pouco inventouse o que pitou a favor dos visitantes e que lle valeu o empate.
Pero o máis lamentable foi a permisividade que tivo cos xogadores visitantes no transcurso do partido, permitindolle a reiteración constante de faltas sen ensinar cartón amarelo, tan so dous en todo o partido, un deles tras a durísima falta sobre Adil, que motivou que o xogador do Arenteiro tivese que ser retirado do campo e trasladado en ambulancia ao centro médico cunha lesión que pode ser grave. Pois ben, nesa xogada o árbitro nin xiquera amonesta ao xogador do Ourense, xa que a amonestación posterior é por protestar. Desafortunada arbitraxe, moi cuestionada dende a bancada.
O encontro, típico Arenteiro-Ourense CF, moi intenso e de poucas ocasións en ambas áreas, aínda que con xogadas decisivas pola nefasta actuación arbitral.
Mitogo adiantou aos verdes cun gran gol na primeira parte, e aos 11 minutos da reanudación empatou o Ourense cun penalti que cambeou radicalmente o decorado do partido, que deu alas ao equipo de Oira, e pola contra deixou medio tocado ao Arenteiro. Aínda asi, Mitogo gozou dunha clara ocasión para volver poñer o marcador favorable aos verdes, pero o seu remate ao borde da área pequena foise alto.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:
http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

O Ourense CF, cunha das mellores plantillas da categoría a pesar do mal inicio de liga, pon a proba o bo momento do Arenteiro, que ven de gañar os 3 últimos partidos.
O Partido, correspondente á 8ª xornada do campionato de Terceira División, adiantouse ás 17:30 horas do sábado, atendedo desta maneira o club varias peticións do fútbol provincial.

Un gol de Carlos de Dios no minuto 67 de partido deu ao Arenteiro unha maís que merecida victoria no Complexo Deportivo Alcalde Manuel Candocia de As Somozas.
O Arenteiro volveu facer un partido moi serio no que se fixeron acreedores a un resultado máis amplo que 0-1 que reflectia ao final o marcador.
Se ben a primeira parte resultou igualada e ambos equipos dispuxeron de ocasións, na segunda o Arenteiro foi dono e señor do partido.
Nos primeiros 45 minutos o Arenteiro xa dispuxo de tres magnificas ocasións para desnivelar o marcador, un cabezazo de Adil que se se foi alto, un man a man de Rober co gardameta local, e un tiro de Carlos de Dios que se foi fora por moi pouco. Pola súa parte, os locais tiveron dúas ocasións que Rui Santos se encargou de neutralizar.
Tras o descanso, o Arenteiro fíxose co control absoluto na parcela ancha e pasou a ser claro dominador do partido. Xa no primeiro minuto, presaxio do que sería toda a segunda parte, Igor sacou un chupinazo sobre a portería de Marcos Souto, que respondeu cun gran despexe, o rexeite chegou a Rober que enviou ao fondo da portería local, pero o gol foi anulado por suposto e moi dubidoso fora de xogo.
No minuto 67 chegou o gol de Carlos de Dios, e de ahí ao final, o Arenteiro aínda tivo varias ocasións de ampliar o marcador ao seu favor.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...
Crónica do partido no "Diario de Ferrol": https://www.diariodeferrol.com/articulo/deportes/somozas-prolonga-mal-mo...
Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/as-somozas/2018/10/08/duro-...

Arredor de 500 ciclistas, procedentes de toda Galicia pero tamén de provincias limítrofes como León e Zamora, participarán esta próxima fin de semana na VIII Ruta Os Mosqueteiros MTB Bike & Trail “Desafío Moskepower”, que organiza o club ciclista carballiñés. Nesta edición percorreranse diversos lugares dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.
O sábado 6 terá lugar o trail, con saída ás 17,00 h., da praza da Veracruz e un percorrido de 25 km Haberá como alternativa un trail curto de 15 km.
O domingo disputarase a maratón MTB Bike, de 65 km de percorrido, que sairá ás 09,30 h., da praza da Veracruz. E haberá tamén unha ruta curta alternativa de 42 km. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a concelleira de Cultura, Deportes e Turismo Boborás, Patricia Torres; o concelleiro de Deportes e Turismo do Carballiño, Manuel Dacal; o presidente do Club Ciclista Os Mosqueteiros, Nelson Costa, e os directivos desta entidade, Rubén Cerdeira e Javier Rocha.
Francisco Fumega comezou felicitando ao club ciclista organizador por conseguir consolidar esta proba así como a práctica deste deporte no Carballiño. Resaltou o gran nivel acadado e o feito de que estea xa considerada como un referente das competicións de ciclismo de montaña en Galicia.
Patricia Torrres tamén destacou a importancia desta ruta no ámbito provincial e autonómico, e a promoción que supón para o deporte, a cultura e o deporte na comarca. Así, dixo que o feito de que transcorra polas terras do Carballiño, O Irixo e Boborás permite dar a coñecer o patrimonio natural e paisaxístico, así como incentivar o turismo. Por todo isto, agradeceu o traballo que realiza o club ciclista Os Mosqueteiros.
Polo club interveu o secretario, Rubén Cerdeira que, ademáis de agraceder aos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, Deputación provincial e patrocinadores a súa colaboración, lembrou o traballo que supón organizar un evento de tanta trascendencia e participación, asegurando que tras oito anos esta ruta está xa considerada como unha das máis relevantes de Galicia. Neste sentido, amosou a súa satisfacción por contribuir á práctica deportiva así como a difundir o patrimonio natural e os recursos turísticos do Carballiño e da comarca.
Finalmente, Manuel Dacal agradeceu o labor de Os Moqueteiros a nivel deportivo e de promoción turística, e animou á xente a seguir estas probas que ffiguran entre as máis importantes da provincia e de Galicia.

Os do Salnés, que viñan de gañar tres partidos consecutivos, adiantaronse no marcador aos 12 minutos ao transformar un penalti, despois habería que agardar preto do final do partido para que o Arenteiro conseguíse darlle a volta ao resultado, tras xogar unha gran segunda parte no que os verdes foron moi superiores ao Ribadumia.
Tras unha primeira parte sen apenas ocasións en ambas porterias, agás o gol de penalti, e tras o paso por vestiarios o partido pasou a ter un claro dominador e éste foi o Arenteiro, que incluso foi merecedor a un resultado máis amplo que o 2-1 final.
E esto porque os verdes tiveron un carrusel de ocasións sobre a portería visitante, aínda que tan so por dúas veces conseguiron facer gol. Foi o do empate no minuto 55 ao executar maxistralmente Hugo Sanmartín unha falta introducíndo o balón pola mesmísima escadra, e de novo Hugo Sanmartín no 86 ao rematar de cabeza un bo centro de Adrián Pol.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Hinchables, animación musical con DJ, salchichas e cervexa alemás, forman parte da oferta da II OKTOBERFEST que organiza C.D. Arenteiro esta fin de semana na Praza do Emigrante. Para isto estase instalando unha carpa na “pista roxa”.
O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o directivo de C.D. Arenteiro, Manuel Sotelo.
Trátase de pasar un momento de divertimento, degustar bos productos e contribuir a xerar fondos para o club, segundo manifestou Manuel Sotelo, que expresou o desexo de que esta festa acadase tanto éxito como a primeira edición, celebrada o pasado ano.
Diego Fernández resaltou o esforzo que realiza a directiva do equipo de fútbol carballiñés para conseguir fondos adicionais con que sufragar os elevados custos do equipo nesta tempada, e que é unha festa para todo tipo de público, incluso familiar, pois os nenos disporán dunha zona de xogos hinchables.
A festa comezará este venres, 28 de setembro, ás 19,00 h.; continuará durante o sábado, e rematará o domingo. O horario de peche será ás 02,00 h., e o de apertura o sábado e o domingo será ás 12,00 h.
O domingo 30, no que se disputa en Espiñedo un novo encontro de Terceira División, enfrontándose C.D. Arenteiro ao conxunto do CD Ribadumia, anímase dun xeito especial á afección para achegarse ata a carpa e xantar salchichas e outros pinchos antes de dirixirse ao estadio. “É unha forma de axudar ao club compartindo o xantar coa afección”, dixo Manuel Sotelo.

O Arenteiro logrou sumar os 3 puntos na súa visita a Vilalba tras un partido con unha primeira parte igualada, mentres que tras a reanudación os verdes xogaron unha gran segunda parte na que superaron amplamente aos locais, marcaron dous goles pero poideron ser incluso máis, xa que por dúas veces o poste da portería local repeleu sendos tiros de Hugo Sanmartín e Igor Sevivas.
E foron precisamente os dous citados xogadores os que lograron marcar nesta segunda parte, primeiro Hugo Sanmartín, e logo foi Igor Sevivas, ambos en dúas brillantes accións personais, os que materializaron a victoria do Arenteiro no campo da Magdalena, na capital chairega, aínda que xusto é recoñer -sobre todo na segunda parte- que todo o equipo estivo a un bo nivel.
Especialmente reseñable é o traballo defensivo que desenvolveu o equipo verde -hoxe laranxa- durante os 95 minutos de xogo, e como mostra pódese decir que o meta Rui Santos pasou hoxe practicamente desapercibido no partido.
Para ver a ficha do encontro sigue o enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »