Deportes

A segunda BTT solidaria do Concello de Boborás en favor da Asociación Española contra o Cancro celebrarase o vindeiro domingo, 23 de setembro, aglutinando nun mesmo evento deporte e solidariedade.
A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que ten un marcado carácter solidario e que ademais de dar a coñecer os atractivos turísticos do municipio, colabora con esta asociación que realiza un importante labor social na nosa provincia, explicou Rosendo Fernández. Neste mesmo senso, a concelleira Patricia Torres dixo que este evento pretende "dinamizar a vida deportiva de Boborás e, así mesmo, colaborar na loita contra esta enfermidade, na que a AECC fai un papel moi importante, sobre todo de apoio moral".
A proba deportiva conta cun percorrido de 40 quilómetros cunha dificultade técnica baixa e cunha esixencia física alta. A saída da proba será ás 9.30 horas. O día previo á proba, o sábado 22 de setembro, celebrarase un mercadillo solidario a partir das 17.00 horas, a favor da Asociación Española Contra o Cancro, no que haberá actividades para os máis cativos e un bar solidario. Tanto a saída da proba coma o mercadillo terán lugar no Colexio CEIP Nosa Señora de Xuvencos.
Os interesados en participar na BTT poderán inscribirse no portal web www.championchipnorte.com, por un custe de 15 euros, sendo a metade da cota destinada para AECC de Ourense.
"O ano pasado participaron algo máis de cen persoas, e por agora, nesta edición, están inscritos 70 participantes", sinalou a concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Boborás, quen lembrou que ademais dos ciclistas, "todo o mundo pode colaborar coa AECC de Ourense no mercadillo solidario que destinará o recadado para esta asociación".
Pola súa parte, a presidenta da AECC de Ourense agradeceu ao concello e aos voluntarios "que pensaran en nós por segunda vez" e dixo que o diñeiro recadado irá destinado para "a adquisición dunha grúa para o servizo de coidado de paliativos, material moi necesario e requirido".

Dúas accións a balón parado serviron ao Laracha para levarse os 3 puntos do Estadio de Espiñedo -co graderío abarrotado pola afección local- ante un Arenteiro que de inicio non entrou no partido e despóis e despois de que os coruñeses se adiantaran foi un querer e non poder constante por parte dos verdes.
Non foi a tarde do Arenteiro, que xogou con diferencia o pior partido do que vai de liga,
Cando se cumplia a media hora de partido, un córner lanzado polo Laracha, o balón ao primeiro pau e un xogador larachés conecta un cabezazo que se vai dentro da portería de Rui Santos. No primeiro minuto da segunda parte, de novo dende o córner outro balón que os visitantes consiguiron rematar dentro da área para facer o segundo e definitivo gol da tarde.
Despois, un querer e non poder dun Arenteiro ao que o ambiente festivo non prestou nada ben esta tarde de domingo. A pensar xa no próximo partido na capital da Terra Chá co Racing Vilalbés.


Competíu e competíu ben o Arenteiro ante o potente Bergantiños na súa visita a Carballo, e tiña o partido empatado 1-1 ata o minuto 79, e cando aos locais xa lle entraban as presas lograron desfacer a igualada nun marcador que despois redondearon co 3-1 final.
Crónica do partido en "la Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2018/09/10/arenteiro-solo-...

O árbitro inventouse un penalti no minuto 93 de partido, e o gardameta portugués do Arenteiro conseguíu desviar o lanzamento a córner, antes Rui Santos con duás enormes internvencións xa evitara que o Choco poidese adiantarse no marcador, que non se moveu durante os 103 minutos de xogo.
Crónica do partido en "Faro de Vigo": https://www.farodevigo.es/deportes/2018/09/03/punto-deja-sabor-amargo/19...
Crónica do partido en "La Región": http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/rui-santos-salva-arenteiro...

Dous goles de Hugo Sanmartín e Mitogo deron aos verdes os 3 primeiros puntos nesta nova liga na terceira división, nunha tarde de moita calor e na que houbo que esperar á segunda parte para ver os primeiros goles da tempada no estadio de Espiñedo, que presentaba unha boa entrada.
Crónica do partido no diario "La Región":http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/el-arenteiro-tira-de-casta...
Crónica do partido no xornal "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2018/08/27/arenteiro-arran...
Crónica do partido no diario "El Correo Gallego": https://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/rui-ejerce-heroe-changui-evi...

Arranca a terceira divisíón que será, según opinión practicamente unánime, a máis competida e de máis alto nivel que se recorda en moitos anos no fútbol galego e na que por segundo ano consecutivo está Club Deportivo Arenteiro.
Nun acto celebrado na casa do concello do Carballiño, coa presenza dos responsables da Xunta Directiva do Club e as autoridade municipais, presentouse a nova equipación que os verdes lucirán esta tempada nos mellores estadios de Galicia, e na que "valorízase un dos nosos activos, como é o pulpo á feira do Carballiño", salientaron.
Os futbolístas do club Cassio, Pachi e Mitogo, foron os "modelos" que luciron a nova equipación, que será estreada no primeiro partido de liga, este domingo dia 26 de Agosto no estadio de Espiñedo, ante o Boiro.

Montemor o Velho, Portugal, fué el escenario del Campeonato del Mundo Master de Sprint de piragüismo y en que las palistas del Fluvial Avión - Catamarán Ribeira Sacra Mónica Piñeiro y Kissy Torres representaron a España.
La primera medalla llegó de manos de Mónica Piñeiro en el K1 40-44 500 metros, donde Kissy Torres fué 7ª en 35-39, un bronce que sólo marcaba el cominezo del campeonato ya que en la siguiente carrera, el k2 mixto 500 metros 45-49 se quedaba a tan solo 805 milésimas del bronce formando barco de equipo con Alejandro Guitian, en esa misma distancia pero en 35-39 Kissy Torres quedaba 5º formando barco de equipo con Salvador Rico.
A continuación llegó la medalla de plata de Kissy Torres en K4 Mixto 35-39, 500 metros, formando barco de equipo con Salvador Rico, Laura Lee y Bruno Rodríguez para luego seguir con la plata de Mónica Piñeiro en el K4 Mixto, 500 metros, formando barco de equipo con Alfonso Rivas, Rosa Barros y Alejandro Guitian.
A puertas de otro metal se quedó el k4 dama 35-39 formado por Kissy Torres, Rosa Barros, Viktorya Dobrazh y Mónica Piñeiro que quedaba en 4ª posición.
Mónica Piñeiro y Kissy Torres pusieron la guinda del pastel como no podía ser de otra manera con un bronce en el k2 dama 35-39 500 metros sumando así cinco metales.
Mónica Piñeiro remataba la faena con otro bronce en el k1 200 metros en la categoría dama 40-44, prueba en la que Kissy Torres quedaba 6ª en la categoría 35-39.

O Arenteiro xogará a semifinal da Copa Real Federación Española de Fútbol -fase autonómica- a vindeira fin de semana co Bergantiños, a partido único en Carballo, e tras superar en cuartos ao Alondras, ao que venceu na tanda de penaltis tras empatar a un gol no partido xogado no Estadio de Espiñedo, no dia da Festa do Pulpo.
O equipo do Morrazo estivo mellor na primeira parte, na que chegou con fluidez á portería defendida por Rui Santos, que estivo moi seguro e mantivo a portería a cero.
Na segunda metade os de Cangas adiantaronse co 0-1 aos 56 minutos e partir do gol visitante apareceu a mellor versión dos verdes, que empataron cun golazo de Cassio ao 83 minutos, antes xa se cantara o gol nun disparo de Rober que saíu fora por pouco, e despois do empate tivo o Arenteiro o 2-1 nun bo disparo de Hugo Sanmartín, pero neutralizouno cunha gran intervención enviando a córner o meta visitante.
Xa na tanda de penaltis o gardameta do Arenteiro Rui Santos desviou o primeiro lanzamento do Alondras, que tamén fallaron no segundo, mentres fixeron gol os catro lanzadores do Arenteiro, Hugo Sanmartin, Mitogo, Igor Sevivas e Ross, polo que xa non fixo falta o quinto lanzamento.

Tras a boa imaxe dos verdes no Trofeo da Festa do Pulpo ante o Pontevedra CF, ao que plantaron cara e lograron un empate a cero, o Arenteiro ten este domingo novo compromiso en Espiñedo ante o Alondras CF, na eliminatoria de cuartos de final da Copa Federación que se xoga a partido único.
O Arenteiro chega a esta segunda ronda autonómica da COPA RFEF tras eliminar no Couto ao Ourense CF, agora o rival será o equipo do Morrazo, un partido ao que o Arenteiro chega coa idea de seguir avanzando no torneo copeiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »